Radio Municipal de Tui

Día a Día - Espazo Xove de Tui

Society GL ↓ 129 episodes

Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Apr 21, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Espazo Xove - Xoves, 12 de abril de 2018 12.04.2018

Mañá comeza o curso de realización de curtametraxes no Espazo Xove de Tui, coma hoxe comentaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Por outra parte aprazouse o curso de comunicación efectiva que ía comezar a próxima semana. A nova data de inicio será o 2 de maio. Tamén nos deu conta da convocatoria dun curso de axentes de cooperación transfronteriza que terá lugar en Valença do 16 de...

Espazo Xove - Martes, 3 de abril de 2018 03.04.2018

Un curso de curtametraxes e outro de comunicación efectiva son as próximas propostas que comezarán no Espazo Xove de Tui. Das mesmas e doutras actividades deunos conta a súa directora, Mónica Bugarín.

Espazo Xove - Martes, 27 de marzo de 2018 27.03.2018

Dentro da súa programación anual o 13 de abril comezará no Espazo Xove un curso de audiovisual para mozos de 14 a 30 anos. Será os venres segundo explicaba hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Mentres o 18 de abril comezará o curso de Comunicación Efectiva, técnicas para falar en público. Constará de 4 sesións os mércores.

Espazo Xove - Martes, 20 de marzo de 2018 20.03.2018

Unha semana máis a directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín, achéganos as principais novidades para os mozos. Nesta ocasión deunos conta das primeiras propostas do ano dende o propio centro tudense, pero amais tamén nos informou de tres importantes cursos formativos da Deputación de Pontevedra.

Espazo Xove - Martes, 13 de marzo de 2018 13.03.2018

Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, tráenos unha semana máis as novidades relacionadas con todas as propostas, axudas e convicatorias para os mozos.

Espazo Xove - Martes, 6 de marzo de 2018 06.03.2018

Hoxe remata o prazo para presentar as solicitudes para participar nas actividades de formación en lingua estranxeira convocadas pola Consellería de Educación para alumnado de ESO e Bacharelato. Así o explicaba a directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín, onde se pode ampliar esta información. Deu conta tamén Mónica Bugarín doutro programa de inmersión lingüística, neste caso convocado polo M...

Espazo Xove - Martes, 6 de febreiro de 2018 06.02.2018

Mónica Bugarín cóntanos as novidades desta semana dende o Espazo Xove de Tui. Hoxe explicounos que están convocadas as axudas para universitarios para facer cursos de idiomas en Europa durante o verán. Tamen para estudantes universitarios é a convocatoria que recolle hoxe o DOGA, de axudas para para alumnos con causas sobrevidas para continuar os estudos. E para rematar un prazo que remata hoxe: o...

Espazo Xove - Martes, 30 de xaneiro de 2018 30.01.2018

Mónica Bugarín tróuxonos as novidades do Espazo Xove desta semana. Aproveitou para recordar que nas súas instalacións se pode facer a inscrición en Garantía Xuvenil, aínda que é preciso ter cita previa. Amais falounos do concurso para seleccionar o cartel de Xuventude Crea, no que poden participar os mozos de 18 a 30 anos, e da convocatoria de emprego de 2.180 prazas a nivel nacional do Ministerio...

Espazo Xove - Martes, 23 de xaneiro de 2018 23.01.2018

O 1 de febreiro comezará no Espazo Xove de Tui o obradoiro de expresión oral e escrita Tírame da Lingua. Será durante dez sesións os xoves de 19.15 a 20.15. Aínda quedan prazas vacantes segundo avanzou hoxe a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín. Por outra parte Mónica Bugarín avanzou a publicación no DOGA das probas para obter o título de bacharel para maiores de 20 anos e da ESO para maiores...

Espazo Xove - Martes, 16 de xaneiro de 2018 16.01.2018

Como cada semana Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, tráenos as pincipais novidades. Esta semana a principal nova é que o Espazo Xove recupera o curso de expresión oral e escrita “Tírame da Lingua” que fora programado para decembro e despois aprazado.

Espazo Xoves - Mércores, 29 de novembro de 2017 30.11.2017

O curso de Tírame da Lingua que hoxe ía comezar no Espazo Xove Tui queda aprazado até finais de xaneiro, xa que non cubriron o número mínimo de prazas precisas, tal e coma explicou a súa directora, Mónica Bugarín. Neste centro xuvenil podemos visitar ata o 13 de decembro a mostra do certame fotográfico Viaxando. Deunos conta tamén Mónica Bugarín da convocatoria do premio literario de relato curto...

Espazo Xoves - Martes, 21 de novembro de 2017 21.11.2017

A exposición de fotografía do Certame Viaxando está xa no Espazo Xove de Tui onde esta tarde comeza un obradoiro de técnicas de estudo, e se aprazou unha semana máis o obradoiro de expresión oral e escrita. Toda a información achegóunola a directora deste centro xuvenil Mónica Bugarín.

Espazo Xove - Martes, 7 de novembro de 2017 07.11.2017

O proxecto transfronteirizo Lidera, vinculado ao emprendenmento, vai levara cabo distintas actividades no Espazo Xove de Tui. Vai dirixido a mozos de 18 a 30 anos. Chegará a Tui con dúas clases presenciais o día 15 de novembro e o 13 de decembro tal e coma explicou a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.

Ent. Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui - Novidades do Espazo Xove 26.10.2017

Dende o Espazo Xove de Tui Mónica Bugarín deunos conta esta semana de varias propostas nas que poden participar os mozos. Entre elas están as xornadas sobre o tempo libre organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude ou un novo proxecto de formación e emprego en novas tecnoloxías a través de Garantía Xuvenil.

Espazo Xove – Martes 13 de xuño 13.06.2017

Foi aprazado ata setembro o obradoiro “Pon a punto o teu smartphone para a busca de emprego” previsto para este venres. Explicouno hoxe na súa comparecencia semanal a directora deste centro xuvenil Mónica Bugarín, quen tamén deu conta de que o luns 21 de xuño comezarán co horario de verán no centro, que pasará a abrir 10.15h a 14h. Tamén deu conta doutras novas de interese para a mocidade.

Espazo Xove - 30/05/2017 30.05.2017

O Espazo Xove de Tui acolle este venres, 2 de xuño, unha nova xornada formativa do programa Enredos centrada nesta ocasión en "Actividades de lecer saudables". Será en horario de 17.30h a 20.30h. Alberto Fontenla explicou cómo vai ser esta actividade, e falou tamén da becas Galeuropa.

Espazo xove - Martes 23/05/2017 23.05.2017

Mañá e o xoves celébrase no Espazo Xove de Tui un curso de cócteles sen alcol para o que quedan prazas vacantes. Este centro xuvenil impartirá un obradoiro de Danza Africana o 9 de xuño, e outro de búsqueda de emprego a través de aplicacións móbiles o 16 de xuño. Falounos destas iniciativas a directora do centro, Mónica Bugarín, quen tamén deu conta do sorteo dos campamentos de verán da Xunta e da...

Espazo Xove - 16 de maio de 2017 16.05.2017

O Espazo Xove de Tui acollerá o próximo venres, 19 de maio, de 17 a 19h un curso de cultivo cogomelos, no que hai prazas vacantes. Esta foi unha das actividades das que deu conta a directora deste centro xuvenil no espazo semanal no programa Día a Día. Tamén avanzou o curso de cócteles sen alcol que se celebrará o 24 deste mes, e informou das axudas para realizar prácticas no estranxeiro e dun pro...

Espazo Xove - 10052017 10.05.2017

O Espazo Xove de Tui acolle mañá á tarde unha xornada gratuíta sobre micromecenazgo. Mentres o venres 19 haberá un curso de cultivo de cogomelos, destas e doutras actividades deunos conta a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.

Espazo Xove - 02052017 02.05.2017

Dentro do programa Enredos o Espazo Xove acolle este venres a quinta xornada desta iniciativa sobre a creación de espazos de traballo en rede. Así o informaba Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil. Xa o 11 de maio o Espazo Xove acollerá unha xornada gratuíta sobre micromecenazgo. Para a celebración desta actividade é preciso contar cun mínimo de inscritos. Hoxe remata o prazo de inscrició...

Actividades propias e de Acción Verán no Espazo Xove de Tui 18.04.2017

O Espazo Xove de Tui ten xa publicada a oferta de actividades que realiza para os meses de maio e xuño, no que coma novidade haberá un curso sobre unha APP para búsqueda de emprego. Este é amais o punto de información para as iniciativas de Acción Verán da Dirección Xeral de Xuventude coma os campamentos de verán ou os campos de traballo.

Sesión sobre “Liderado e traballo en equipo” o 7 de abril no Espazo Xove de Tui 16.03.2017

O 7 de abril de 17.30h a 20.30h celebrarase no Espazo Xoves de Tui a cuarta sesión do programa Enredos da Dirección Xeral de Xuventude baixo o título “Liderado e traballo en equipo”. Vai dirixa a mozos de 18 a 35 anos. A inscrición xa está aberta no propio Espazo Xove. Mónica Bugarín é a directora deste centro xuvenil. Por outra parte para aqueles que estean xa facendo plans para o verán Mónica Bu...

Novidades do Espazo Xove: Programa Enredos, concursos e prazo para o título de bacharel 21.02.2017

Dende este venres, 24 de febreiro, e até o 10 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse na proba de obtención do titulo de bacharelato para maiores de 20 anos. Por outra parte, o Espazo Xove de Tui acollerá o venres 10 de marzo pola tarde a terceira charla dentro do programa Enredos da Xunta de Galicia. Por último, aínda está aberto o concurso “Lingua de namorar” dirixido a mozos e mozas de e...

A Xunta convoca 150 axudas para estadías na Unión Europea durante o verán 07.02.2017

A Consellería de Educación convoca estadías na Unión Europea durante o verán para o alumnado universitario. Cada beneficiario recibirá un máximo de 900€. Os interesados teñen até o 14 de marzo. Por outra parte, esta semana o Espazo Xove de Tui continúa co programa de difusión de actividades para a mocidade Enredos. Este venres darase conta da participación xuvenil a través do asociacionismo, como...

Segunda xornada do programa Enredos o venres 10 no Espazo Xove de Tui 31.01.2017

O Espazo Xove de Tui acolle o venres 10 de febreiro ás 17.30h a segunda xornada do programa Enredos esta vez sobre “Asesoramento para a participación xuvenil a través do asociacionismo” . Explicaba Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil, coma esta xornada pode ser de interese tanto para as persoas que teñen creada xa a súa asociación coma para las que están pondo en marcha un novo colectiv...

Listen to the Día a Día - Espazo Xove de Tui podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.