Radio Municipal de Tui
Día a Día - Espazo Xove de Tui
Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 21, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Espazo Xove Tui - Martes, 21 de abril de 2026 21.04.2026 6:56
O Espazo Xove de Tui acollerá este venres, 24 de abril, de 17 a 20 h un obradoiro de Prevención do Ciberacoso. Combinará parte teórica e práctica, e rematará cun xogo e un torneo. Así nolo contou Vicente Fernández do Espazo Xove. Tamén lembrou que até o 29 de abril se poden solicitar as prazas para os Campamentos de Verán da Xunta de Galicia dirixidos a nenos e nenas con idades entre os 9 e os 17...
Espazo Xove | Martes, 7 de abril de 2026 07.04.2026 8:23
A apertura do prazo de solicitude das Becas MEC, obradoiro sobre ciberacoso, ligas de futbolín e billar, curso de monitor de deportes náuticos e o programa DiscoverEU son as actividades que hoxe coñecemos no Espazo Xove, con Vicente Fernández.
Espazo Xove | Martes, 24 de marzo de 2026 24.03.2026 6:36
Hoxe recuperamos a nosa sección dedicada ao Espazo Xove de Tui. Facémolo con Vicente Fernández, quen deu detalles sobre as actividades que realizarán no mes de abril e sobre as xestións que se poden realizar neste espazo da rúa Sanz.
Espazo Xove | Mércores, 23 de abril de 2025 23.04.2025 7:59
Un escape room no xardín do Espazo Xove de Tui, o obradoiro "Falando de sexualidade", os campamentos de verán para persoas con discapacidade e o programa Campas360 son as actividades que hoxe repasamos con Mariela Paz, directora do Espazo Xove.
Espazo Xove | Mércores, 2 de abril de 2025 02.04.2025 6:10
O Espazo Xove de Tui acollerá o xoves 24 de abril de 17 a 19 h o scape room "Exploradores do espazo" para mocidade de 14 a 18 anos. A próxima semana abrirán a inscrición coma hoxe explicaba Mariela Paz, directora do Espazo Xove. Tamén deu conta das bolsas de estudo convocadas polo Ministerio de Educación, que se poden solicitar até o 14 de maio, e do VII Programa Xuventude Mentoring da Xunta que t...
Espazo Xove | Mércores, 19 de marzo de 2025 19.03.2025 4:37
O próximo luns, 24 de marzo, inaugúrase a exposición “Máscaras” de Pablo Pereira, o Espazo Xove de Tui. Na mesma presenta unha serie de ilustracións realizadas en formato dixital, inspiradas na cultura asiática mesturadas coas tendencias actuais. Así nolo explicou Mariela Paz, directora do Espazo Xove de Tui. Tamén lembrou que este venres remata o prazo de solicitude de praza para os Campamentos d...
Espazo Xove | Mércores, 19 de febreiro de 2025 19.02.2025 4:32
O Espazo Xove de Tui continúa coa actividade da CAI, que se mantén ate o 20 de xuño e que se celebra os venres de 17.00 a 18.30 horas para a mocidade de 12 a 20 anos. A directora do espazo, Mónica Bugarín, deu conta desta actividade e da apertura do prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos, que comeza o 24 de febreiro. Tamén está aberto o prazo para os campos de voluntariado no estran...
Espazo Xove | Martes, 5 de febreiro de 2025 05.02.2025 6:03
O Espazo Xove de Tui acolle este venres día 7, ás 18 h, a presentación do xogo de mesa Dirkelyon. O seu creador, o tudense Daniel Pregal, deu todos os detalles desta iniciativa. A directora do espazo, Mónica Bugarín, deu conta amais da apertura da convocatoria para os cursos de idiomas durante o verán para estudantes universitarios, e do Bono Emancípate, que se pode solicitar a partir de mañá 6 de...
Espazo Xove | Martes, 21 de xaneiro de 2025 21.01.2025 4:42
O Espazo Xove de Tui xa está traballando na programación para este 2025 á que se suman os servicios de acceso a aulas de estudo, de música e de ordenadores que xa teñen. Ademais, continúa a CAI, que retomou a súa actividade o pasado día 10, tal e como explicou Mónica Bugarín, directora do espazo, que tamén deu conta da apertura da convocatoria para as subvencións dirixidas a entidades de acción vo...
Espazo Xove | Martes, 10 de decembro de 2024 10.12.2024 4:44
Xogos de mesa e un obradoiro de cociña para este Nadal son as actividades que organiza este mes o Espazo Xove de Tui. Mónica Bugarín, directora, adiantou tamén unha nova iniciativa de cara ao 2025. Será o programa de voluntariado lingüístico "Queres falar", destinado a promover o uso do galego entre a mocidade.
Espazo Xove | Martes, 26 de novembro de 2024 26.11.2024 4:05
Un obradoiro monográfico sobre cabaré e aprender a xogar ao Carcasonne son as actividades que Mónica Bugarín nos presenta para este venres e que centran a actividade do Espazo Xove esta semana. Tamén deu os detalles sobre un novo curso de cociña no que se poderá aprender a facer entrantes e aperitivos de cara a este Nadal. Será o 19 de decembro.
Espazo Xove | Martes, 12 de novembro de 2024 12.11.2024 6:12
Un obradoiro de estampación botánica e saquiños aromáticos coa cooperativa Alalá, este venres 15, protagoniza a semana do Espazo Xove. Falamos sobre esta actividade coa súa directora, Mónica Bugarín, e tamén sobre unha iniciativa da Organización Europea do Carné Xove.
Espazo Xove | Martes, 29 de outubro de 2024 29.10.2024 4:47
Un campionato de futbolín, o venres 8, e un obradoiro de estampación botánica e saquiños aromáticos coa cooperativa Alalá, o venres 15, abrirán a programación do mes de novembro no Espazo Xove de Tui. Así nolo contou hoxe a súa directora Mónica Bugarín.
Espazo Xove | Martes, 8 de outubro de 2024 08.10.2024 6:00
No Espazo Xove de Tui van impartir o sábado 26 de outubro e 17.30 a 19.30 h un curso de cociña de supervivencia para mocidade de 15 a 30 anos, para o que é preciso inscrición previa. Mentres non hai que anotarse para o obradoiro de decoración de Samáin do venres 25 ás 18.30 h nin para campionato de billar do venres 18. Amais o venres pasado retomou a súa actividade a CAI da man de Laura Villaverde...
Espazo Xove |Martes, 11 de xuño 2024 11.06.2024 4:55
A partir do luns 24 o Espazo Xove de Tui iniciará o seu horario de verán, que pasará a ser só de mañá O mércores 26 ás 17h celebrarán a festa Benvida o Verán con diferentes actividades. Así nolo contou a súa directora, Mónica Bugarín, quen amais anunciou que quedan 4 prazas para o curso Debuxando O Tui Urbano e Natural que impartirá Coral Martínez.
Espazo Xove | Martes, 28 de maio de 2024 28.05.2024 5:49
Hoxe con Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, falamos das actividades que quedan da Campaña de Verán da Xunta, pero tamén lembrou que este venres remata a inscrición no proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Avanzou actividades para xuño e xuño coma un campionato de Jenga, exposición de debuxo de Sonic, ou o curso Debuxando Tui, urbano e natural.
Sección Espacio Xove| Martes, 14 de maio de 2024 14.05.2024 4:45
O Espazo Xove de Tui acollerá o obradoiro Fiando Narrativas Visuais os venres 24 e 31 deste mes. O prazo de inscrición está aberto até o próximo luns día 20. Deunos todos os detalles Mónica Bugarín, directora do centro. Tamén lembrou que até o 31 deste mes está aberto o prazo de inscrición no proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Este sábado este centro xuvenil estará pechado.
Espazo Xove | Martes, 30 de abril de 2024 30.04.2024 7:26
O Espazo Xove de Tui acolle este venres ás 18 h un Campionato de Sudoku, co que abren a programación do mes de maio. Na mesma figura tamén o obradoiro "Fiando narrativas visuais" que terá lugar os venres 24 e 31. Así nolo contou hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.
Espazo Xove | Martes, 2 de abril de 20234 03.04.2024 6:52
No tempo quincenal do Espazo Xove no programa Día a Día a súa directora, Mónica Bugarín, deunos conta do Campionato de Parchís que terán este venres, do curso de xardineiría "Coas mans no xardíns. Plantas Aromáticas" que celebrarán o 12 e 19 deste mes, e da Feira de Primavera prevista para o 26 de abril. Amais daba conta que nos vindeiros días sairán os campamentos da Xunta para o verán, e daba da...
Espazo Xove | Martes, 19 de marzo de 2024 19.03.2024 4:00
Este venres ás 18.30 h inaugúrase no Espazo Xove a exposición literaria de Inés Martínez. Coincidinco coa inauguración haberá un xogo literario. Poderá visitarse até o 22 de abril. Así o avanzou a directora do centro, Mónica Bugarín, quen lembrou que este xoves ás 17 h haberá unha nova xornada do obradoiro de reciclaxe. Por outra parte avanzou que a CAI actuará na Semana de Teatro Amador de San Te...
Espazo Xove | 5 de marzo de 2024 05.03.2024 6:20
Este venres 8 de marzo haberá un campionato de futbolín no Espazo Xove de Tui. Será a partir das 17.30 h coma explicaba directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, lembrando que está aberto o prazo de inscrición. Por outra o xoves ás 17 h continúa o obradoiro “Recicla con arte” para o que non é preciso inscrición previa. Deu conta tamén da convocatoria dos campos de traballo no estranxeiro e d...
Espazo Xove | Martes, 20 de febreiro de 2024 20.02.2024 5:13
Este venres ás 18.30 h haberá unha xincana no Espazo Xove para mocidade de 12 a 30 anos. A inscrición está aberta até media hora antes. Esta é unha das actividades das que hoxe nos deu conta Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil. Tamén lembrou que arestora teñen en marcha un obradoiro de reciclaxe que se celebra os xoves, a Compañía Artística Interdisciplinar que ten lugar os venres, e os...
Sección Espazo Xove | Martes,30 de xaneiro de 2024 30.01.2024 4:07
O Espazo Xove ten este sábado un novo obradoiro de máscaras de Entroido que comezará ás 16.30 h. E a partir das 18.30 h terán unha tarde de xogos de mesa. Neste centro xuvenil a mocidade pode obter toda a información sobre as axudas para o obtención do carné de conducir. Así nolo contou a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.
Sección Espazo Xove - Martes, 16 de xaneiro de 2024 16.01.2024 5:34
Os sábados pola tarde haberá xogos de mesa titorizados no Espazo Xove de Tui, e o sábado 27 e o 3 de febreiro terá un obradoiro de máscaras e antifaces de Entroido. Así nolo confirmou esta mañá a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín, dando conta da actualidade de interese para a mocidade.
Sección Espazo Xove | Martes, 12 de decembro de 2023 12.12.2023 7:12
Hoxe acompañounos no programa Día a Día Mónica Bugarín, a directora do Espazo Xove Tui, con novas deste centro xuvenil e outras de interese para a mocidade. Así deu conta que a mocidade que vén de cumprir 12 anos está a recibir xa o seu carné xove na casa, pero debe activalo no Espazo Xove. Deben previamente contactar co centro para confirmar que está a persoa que xestiona o carné xoves. Durante a...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.