Radio Municipal de Tui
Día a Día - Espazo Xove de Tui
Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Apr 21, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Espazo Xove - Martes, 18 de xaneiro de 2022 18.01.2022 5:22
O Espazo Xove de Tui mantén a actividade da Compañía Artística Interdisciplinar con Laura Villaverde. Vai dirixida a mocidade de 12 a 20 anos. Celébrase os venres de 17 a 18.30 h e é gratuíta. Está aberta a novas incorporacións coma explicaba Mónica Bugarín, directora deste centro xuvenil. É unha das actividades que explicaba hoxe, xunto ás primeiras convocatorias deste ano.
Sección Espazo Xove - Martes, 28 de decembro de 2021 28.12.2021 6:11
O Espazo Xove de Tui conta con novo material de ping pong, billar e xogos de mesa. Esta semana abre en horario de mañá e tarde, e do 3 ao 10 de xaneiro só polas mañás. O día 14 retomará a súa actividade a CAI, a Compañía Artística Interdisciplinar, aberta a novas incorporacións. Así nolo contou hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.
Sección Espazo Xove - Martes, 14 de decembro de 2021 14.12.2021 5:09
O Espazo Xove de Tui elaborou unha programa de Nadal que incluirá un obradoiro de artesanía en coiro, un campionato de ping pong, e unha exposición de banda deseñada. Así explicaba hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.
Espazo Xove - Martes 23/11/2020 23.11.2021 3:39
Este venres o Espazo Xove de Tui acolle un obradoiro de caracterización centrado no envellecemento para o que quedan prazas vacantes. Por outra parte o 21 de decembro o centro acolle un obradoiro de artesanía con Angelina Gándara
Sección Espazo Xove - Martes, 9 de noviembre de 2021 09.11.2021 5:20
Curso monográfico de Clown este venres dentro da CAI no Espazo Xove de Tui, para o que quedan poucas prazas, coma explicaba Mónica Bugarín, quen avanzaba tamén os próximos contidos.
Ent. Laura Villaverde, actriz - A CAI retoma este venres a súa actividade no Espazo Xove de Tui 05.10.2021 7:32
O venres 15 de outubro, a CAI, Compañía Artística Interdisciplinar, retoma a súa actividade no Espazo Xove de Tui. Está a cargo de Laura Villaverde, actriz e fundadora da compañía ArtesaCíA. Con ela falabamos esta mañá. Toda a información está dispoñible no facebook do Espazo Xove de Tui.
Espazo Xove - Martes, 29 de xuño de 2021 29.06.2021 10:18
Hoxe na sección do Espazo Xove de Tui falamos coa súa directora, Mónica Bugarín, do carné xove, que agora se pode activar telematicamente, e dos minicampamentos de xuventude para xullo e agosto.
Espazo Xove - Luns, 14 de xuño de 2021 14.06.2021 5:17
Até o sábado 26 deste mes pódese visitar no Espazo Xove de Tui unha exposición de pixelart a cargo de Mújica, un dos usuarios do centro. Na mesma recompila parte dos seus traballos. Por outra parte a CAI, a Compañía Artística Interdiscipliar, representará o venres 25 ás 17.30 h presentará a súa nova montaxe “A caverna de Platón.” Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui indicaba que antes d...
Espazo Xove - Luns, 31 de maio de 2021 31.05.2021 4:44
Achegámonos coma cada luns, de xeito quincenal, ao Espazo Xove de Tui. Hoxe con Andrea Ballesteros falamos do novo Carné Xove, da liña de axudas Iniciativa Xove e tamén dos campamentos de verán e das sesións de xogos de mesa que se celebran os mércores pola tarde no espazo.
Espazo Xove - Feira de Primaveira 27.05.2021 7:08
Achegámonos hoxe ao Espazo Xove de Tui. A súa directora, Mónica Bugarín, salientaba as diferentes actividades e propostas que acollerá o centro mañá dentro da Feira de Primaveira organizada pola Dirección Xeral de Xuventude. Haberá charlas pola mañá e pola tarde, entre outras actividades, unha representación teatral, un obradoiro de banda deseñada, unha mostra de graffiti ou mesmo unha sesión DJ e...
Espazo Xove - Luns, 3 de maio de 2021 03.05.2021 7:21
Achegámonos coma cada luns, de xeito quincenal, ao Espazo Xove de Tui. A súa directora, Mónica Bugarín, salientaba as actividades que ofrece o centro nas vindeiras semanas.
Espazo Xove - Luns, 5 de abril de 2021 05.04.2021 5:17
Achegámonos coma cada luns, de xeito quincenal, ao Espazo Xove de Tui, que vai recuperando os seus servizos. A súa directora, Mónica Bugarín, lembraba a aula da informática que teñen a dispor, e tamén daba conta da convocatoria dos premios Talento Mozo e de axudas para o alugamento de vivenda para a mocidade.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 22/03/2021 22.03.2021 6:25
O Espazo Xove de Tui vai recuperando pouco a pouco a súa actividade. O centro volve ao su horario habitual. Lembramos que para o Servizo de Información Xuvenil é imprescindible solicitar cita previa.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 09/03/2021 09.03.2021 5:48
Xa está aberto de novo o Espazo Xove de Tui. De aquí a xuño irán recuperando progresivamente todas as súas actividades. Polo de agora, aforo limitado ao 30% e grupos de 4 persoas nas actividades con monitor. Aberta a sala de ordenadores, o local de ensaio e o espazo de xogos. Falamos coa súa directora tamén das probas de estudos para obtención dos títulos de ESO, Bacharelato e FP.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 22/02/2021 22.02.2021 8:53
Repasamos os servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. Actualmente o centro atópase aberto para atención individualizada
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 16/11/2020 16.11.2020 4:16
Repasamos os cursos e servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. O curso de iniciación á robótica que remata hoxe a inscrición ou a a feria Talentia Summit e o proxecto Libera
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 02/11/2020 02.11.2020 5:36
Repasamos os cursos e servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. Actividades co prazo de inscrición aberto, coma o Obradorio de emprego de marca persoal do xoves 12 de novembro ou o curso de iniciación á robótica que comeza o 19 de novembro. Tamén abertos os grupos da compañía artística interdisciplinar en teatro, baile, canto, pintura, cine, etc. Tamén falamos do...
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 19/10/2020 19.10.2020 6:46
Repasamos os cursos e servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. Actividades como o curso de iniciación á robótica ou os grupos da compañía artística interdisciplinar en teatro, baile, canto, pintura, cine, etc. Tódalas actividades ofertadas polo centro para o 4º trimestre do ano son gratuitas
Espazo Xove - Luns 05/10/2020 06.10.2020 6:38
O Espazo Xove de Tui está en funcionamento no seu horario de inverno. Ten en marcha o curso de gaita da Asociación Gaideón, e a CAI. Continúa con outros servizos con aforo limitado. A información pode ampliarse no centro na rúa Sanz ou no teléfono 886 11 07 97.
Espazo Xove - Campamentos de verán 16.06.2020 8:40
Volve o tempo do Espazo Xove de Tui con Mónica Bugarín. A directora deunos conta dos prazos de inscrición para os campamentos de verán dirixos á mocidade, da Xunta de Galicia.
Espazo Xove - 02/03/2020 02.03.2020 5:47
A Compañía Artística Interdisciplinar, CAI, continuará a súa actividade neste 2020 no Espazo Xove Tui. Así o confirmou hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Tamén deu conta do inicio esta fin de semana no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o programa de Voluntariado Medioambiental da Consellería de Política Social.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - 18/02/2020 18.02.2020 5:13
Repasamos os servizos que ofrece o Espazo Xove de Tui coa súa directora, Mónica Bugarín. Servizos como a sala de informática con ordenadores e rede wifi. Ademais, damos conta da Iniciativa Xove e do concurso en liña, Lingua de Namorar postas en marcha pola da Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove de Tui - Actividades no Espazo Xove de Tui 27.01.2020 5:15
Mónica Bugarín infórmanos das actividades que, se están a realizar no Espazo Xove de Tui. En concreto, os venres de 19 a 20.30 h teñen xogos de mesa colectivos. Deu conta tamén do prazo de solicitude para as axudas complementarias Erasmus+ e, do prazo de inscrición para o curso de Director de tempo libre, da escola Xaruma en Vigo.
Espazo Xove - Luns 13/01/2020 13.01.2020 3:36
A renovación ou realización de carnés para a mocidade, pero tamén para todas as idades coma o de alberguista ou o teacher é son trámites que poden realizarse no Espazo Xove de Tui. Así o explicaba a súa directora, Mónica Bugarín, quen lembrou a exposición “Zoom, do individuo á paisaxe”, e a CAI, a Compañía Artística Interdisciplinar, que retomou a súa actividade.
Ent. Estudantes de Belas Artes - Exposición "Zoom" no Espazo Xove de Tui 16.12.2019 8:16
Beatriz Paniagua, Samuel Rodríguez, Carla Rodríguez e Sabela Rodríguez, son os estudantes de cuarto curso de Belas Artes que, organizan a exposición “Zoom”. Unha mostra fotográfica en branco e negro que, poderá verse no Espazo Xove de Tui, a partir do vinte e seis de decembro até o sete de xaneiro e do sete até o dezasete de xaneiro. A temática trata de mostrar o corpo humano de lonxe e de preto.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.