Luzes

Cultura a todas Luzes

Society GL ↓ 100 episodes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

Author

Luzes

Category

Society

Podcast website

luzes.gal

Latest episode

Jan 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CTL 27: Celso Fernández Sanmartín 14.02.2024

Di de si mesmo: Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela. Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais. Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores. Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade. De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vid...

CTL 26: As mulleres da conserva de Matria 07.02.2024

Matria, de Álvaro Gago, está presente nos últimos Premios Goya. Tivemos o pracer de poder charlar coas mulleres da conserva que saen na película e, especialmente, coa protagonista do que foi a curtametraxe e persoa na que está baseado o filme: Francis. Acompañádenos nesta charla chea de anécdotas, bromas, alegría e tamén reflexións moi necesarias. Álvaro estivo presente tamén. Tremenda experiencia...

CTL 25: Desexo, de Talía Teatro 31.01.2024

Temos con nós á compañía Talía Teatro, que veñen a falarnos dun proxecto moi interesante. Un proceso de investigación e posterior espectáculo sobre o uso da pornografía na adolescencia. Estarán en seis centros de secundaria facendo Teatro Foro cos alumnos, o que se traducirá nun espectáculo que se vai estrear este maio de 2024.

CTL 24: Felipe Lage 23.01.2024

Felipe Lage é director de Zeitun Films e presidente da AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes) chega ó noso programa para falar do filme Miguel’s War (2021), pero tamén da súa traxectoria con filmes de autor como os do seu irmán Oliver Laxe ou Lois Patiño.

CTL 23: Leticia Rey 16.01.2024

Leticia Rey, nacida en Vila de Cruces (Pontevedra), e adoptada recentemente por A Coruña, inicia os seus estudos musicais ós 11 anos, debutando coa teoría musical e piano, continuando con guitarra e armonía. En 2022 saca Lux, o seu primeiro disco, do que falaremos detidamente con ela.

CTL 22: Fernando Castro Paredes 09.01.2024

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. C...

CTL 21: Noa Presas 19.12.2023

Visita o noso programa por primeira vez unha persoa que traballa en política en Galicia. Noa Presas, ourensana e profesora, agora mesmo parlamentaria polo BNG. Falamos das obras culturais que a marcaron, da situación do sector e de moitas cousas máis.

CTL 20: Jaione Camborda 05.12.2023

Temos con nós á directora de O Corno, recente gañadora da Concha de Ouro 2023. Falamos de diferentes planos do filme, a súa estética e por suposto a temática clave na que se aventura Jaione e o seu equipo. É a primeira directora española que gaña este premio, e faino cun filme en galego rodado na Illa de Arousa principalmente.

CTL 19: Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais 22.11.2023

Desta volta, despois de superar caídas de luz e temporais, charlamos cunha familia fascinante: a xornalista (parte da tribo de Luzes) Cláudia Morán e o músico Brais Morán. Falamos do seu pasado, en que andan profesionalmente e tamén dos tempos nos que andamos últimamente. Temos pendente unha comida para seguir charlando do ben que o pasamos. Agardamos que vós tamén!

CTL 18: Sara Pérez Seijo 07.11.2023

Está con nós unha xornalista, de Salceda de Caselas, investigadora do Grupo Novos Medios, é doutora en Comunicación e Información Contemporánea por la Universidade de Santiago de Compostela e profesora axudante nesta mesma institución. Falamos de xornalismo inmersivo e da situación da profesión dende varias perspectivas.

CTL 17: Sica Romero 24.10.2023

A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última...

CTL 16: Sara Donoso 10.10.2023

Sara Donoso cóntanos a experiencia do XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13. O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas.

CTL 15: Códice K 26.09.2023

Neste programa nunca pode faltar o teatro! Chegamos algo tarde con respecto á estrea, mais Códice K está de xira. Temos con nós a parte do equipo artístico da peza. En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice...

CTL 14: Alba Guzmán Falcón 12.09.2023

Abrimos tempada cunha das novas voces da literatura galega. Ourensana, ven de gañar diversos premios. Entre eles o Xuventude Crea. A súa novela publicada en Xerais, Xoaniña de Deus, está dando moito que falar. Mais falamos con ela non só diso, senon de moito máis: o seu proceso de traballo, de onde sae a súa vocación… non o podedes perder!

VerMIT23: Producións Excéntricas. “Auto do Castromil” 23.07.2023

Falamos coa xente ProVisitamos o a oficina central da compañía. Temos con nós a Quico Cadaval (director e adaptador dos textos de Manuel María) e ás actrices Patricia Vázquez e Rocío González. Foi gañador do Certame Manuel María de proxectos teatrales, na súa 3ª edición. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais baga...

VerMIT23: Mujer en obras. “Cucaracha con paisaje de fondo”. 23.07.2023

Un balneario perdido onde as mulleres que non poden ter fillos van tomar as augas. Un lugar cutre onde residen enfermeiras e pacientes, mulleres suspendidas nun tempo de espera infinito cuxa integridade se verá en perigo pola chegada dun visitante indesexable. O desexo de ser nai e a extinción do ser humano como a máxima conclusión do ecoloxismo na Terra. Estes son algúns dos temas nos que a empre...

VerMIT23: Especial Clown (Rui Paixão, Jouse García e NegroLópez) 23.07.2023

Neste episodio especial falamos do mundo do clown da man de Rui Paixão (premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente no circo contemporáneo, participó en uno de los mayores festivales del mundo, el Fringe Festival de Edimburgo. Recientemente ha sido seleccionado para la última producción del Cirque du Soleil en China convirtiéndose así en el primer payaso portugués en conseguirlo. Al mismo...

VerMIT23: Teatro del barrio. “Homenaje a Billy el Niño” 21.07.2023

Unha obra que leva as pegadas do noso pasado: en xullo de 1977, Antonio González Pacheco, un policía máis coñecido como Billy the Kid, foi galardoado coa medalla de prata ao mérito policial. E o ministro que tivo a iniciativa, Rodolfo Martín Villa, recoñeceu os servizos prestados polo axente á patria franquista e á Transición, e mesmo pareceu albiscar que esa carreira profesional xeraría beneficio...

VerMIT23: A Panadaría. “As que limpan” 20.07.2023

"Por favor, limpa a habitación". Ó volver da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño inmaculado. As invisibles levan ás costas un precario sistema turístico. O espectáculo fala da loita organizada das empregadas de hostalería para acadar dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a voraz cobiza dos donos das cadeas hoteleiras. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendel...

VerMIT23: Matarile Teatro. “Fráxil. Handle with care.” 19.07.2023

Falamos da terceira parte da denominada “Triloxía da fraxilidade”. A compañía galega propón mostrar un saber retorcido, iluminado oblicuamente. Neste modo de pensar tan atrevido que nos caracteriza como persoas, propoñen recoñecer o que non se pode dicir e só se pode amosar sen necesidade de preguntarnos se algo é verdade ou se pasou de verdade. Do mesmo xeito que soñamos con lugares, tamén podemo...

VerMIT23: Compañía Sr.Smith. “If (La ligereza)” 18.07.2023

Neste episodio temos a visita dunha chea de xente. En concreto, parte do reparto da peza. é un xogo de ficción, un espello deformador de como serían posibles outros eus, de como se vivirían outras vidas. Ficción e realidade fúndense nun xogo de realidades onde a vida e a arte se enfrontan e conviven.

VerMIT23: Las Huecas. “Aquellas que no deben morir” 17.07.2023

Hoxe visitan o noso programa un coletivo catalán de actrices que están axitando a escena contemporánea. O seu espectáculo fala da morte. Comezaron a traballar en como lles gustaría morrer, como lles gustaría que morran os demais e como lles gustaría acompañalos no loito. Isto foron as tres patas iniciais do proceso. Descubrimos a obra con dúas delas, Júlia Barbany e Núria Corominas.

VerMIT23: Alessandra García. “Mujer en cinta de correr sobre fondo negro”. 16.07.2023

Temos con nós á gañadora do Premio Max ó espectáculo Revelación 2022. E finalista como actriz e autora ese mesmo ano. A peza é unha radiografía de diferentes cidadáns dun barrio humilde. Reflexiona sobre superprodución téxtil, capitalismo, entretemento, cultura, idiomas, alcumes e sector servizos. Mais, sobre todo, esta historia é risa e pensamento.

VerMIT23: Marina Otero e FIBA. “Fuck me” 15.07.2023

Abrimos as charlas coas compañías que actúan no Castelo cunha bailarina e performer arxentina. Os seus traballos deron moito que falar en grandes festivais europeos e latinoamericanos. Escolleu a “autoficción” como o seu xénero preferido, e afirma que lle gusta “poñerse en perigo”. “Fuck me” abre a MIT 2023, e non deixará indiferente a ninguén.

VerMIT23: Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso. Premios de Honra deste ano. 15.07.2023

Tivemos una viaxe fantástica con dúas persoas clave para a cultura galega. Podemos dicir que forman parte indispensable da creación e impulso do teatro profesional galego. Luís, xornalista, tivo boa parte da “culpa” das liñas básicas que forman agora por exemplo o AGADIC. Eduardo, con Teatro do Noroeste (entre outras moitas facetas), leva unha longa traxectoria como dramaturgo e director. Un prace...

Listen to the Cultura a todas Luzes podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.