Luzes

Cultura a todas Luzes

Society GL ↓ 100 episodes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

Author

Luzes

Category

Society

Podcast website

luzes.gal

Latest episode

Jan 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CTL 13: Rebeca Montero e Marcos Orsi 21.02.2023

O CDG ten en cartel un novo espectáculo, con catro direccións diferentes. Falamos desta experiencia don dúas persoas do seu reparto. Tamén de máis cousas, como por exemplo o día da Commedia dell’ arte. Celebramos o entroido como debe ser: teatralizando o mundo. Ou como mínimo, aportando un pouco a el.

CTL 12: Álvaro Gago 07.02.2023

Continuamos coas charlas “íntimas” do CTL. Desta vez, co director de cine galego Álvaro Gago, que está a nada de estrear a súa longametraxe Matria. Estará no na Berlinale deste ano, na sección Panorama, facendo historia para o audiovisual galego. Conversamos sobre o seu proceso de traballo, o traslado da curtametraxe á longametraxe, e moitas cousas máis. Se queredes coñecer un pouco máis a este ta...

CTL 11: Guadi Galego 24.01.2023

Temos un programa moi especial. Charlamos coa cantautora galega do seu novo disco, Roibén. Unha viaxe a través de cada canción, na que aproveitamos para divagar por outros lugares e polo presente. Un traballo arriscado e íntimo, esperanzador e crítico. "Roibén acabou seendo o que é porque abrimos paso entre a escuridade", así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoció...

CTL 10: Sara Donoso e Martín Varela 10.01.2023

Facemos desta vez unha sixerxia entre mago Martín Valera e a xestora de arte Sara Donoso. Falamos de cadros, exposicións…o novo espectáculo de Martín que se chama Inventio. En que consiste o traballo que hai detrás do CGAC ou o DIDAC? Tamén conversamos sobre o proceso de traballo dun gran espectáculo de maxia actual e de xira por Galicia e o resto da península. Recomendamos movementos, museos…e ta...

CTL 9: Especial ano María Casares 27.12.2022

Isto tiña que pasar. Neste 2022 celebráronse os cen anos do nacemento da actriz galega. Temos con nós a Sabela Hermida e Nerea Brey, expertas na súa figura e tamén a levaron polos escenarios galegos e peninsulares. Conversamos, para pechar o ano, en profundidade sobre a vida e traxectoria desta coruñesa emigrada a Francia. Válido para descubrila e tamén para profundizar máis nesta persoa tan fasci...

CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira 13.12.2022

Aventurámonos a un novo encontro cultural. Abrindo unha nova porta para o programa coa cociña e o audiovisual. Visítannos a deseñadora e cociñeira Xiana, autora de As receitas de Xiana. E tamén o director Jorge Coira, que prepara nova película a estrear nos próximos meses. Charlamos destas cousas e máis, poñede a orella para descubrilo.

CTL 7: María Solar e Manu “Caamagno” 30.11.2022

Traemos desta vez dúas presentacións bastante recentes. María Solar presenta “A Culpa”, recente Premio Xerais 2022. Unha historia de tres mulleres e a evolución sorprendente das súas vidas. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega. Traen “O mundo está derrotado”; unha mestura de entusiasmo, política e humor. Un pracer xunta...

CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto 15.11.2022

Volvemos á casa. E recibimos a unha cantante e un escultor, completando o programa que fixeramos na Galería Dupla. Nastasia presenta “But Life Is Beauty Full”. Viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor? A arte véndese, aínda que vos pareza raro. Compartimos reflexións, risas. A despois unha comida preciosa, que non está gravada mais non...

CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez) 01.11.2022

Invadimos o Auditorio Municipal de Vigo. Levamos as armas perigosas de gravar e fixemos que os protagonistas de Backstage, unha comedia clown para toda a familia, nos deixasen algo do seu tempo para poder falar do espectáculo. Un músico está a punto de dar un concerto en solitario. Estase preparando. Este é o punto de partida, doses de metateatro para mostrar o que non se ve, coas peripecias varia...

CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez 18.10.2022

O programa aterriza nunha galería de arte, Dupla, recén estreada en Santiago de Compostela. A súa directora, Lucía C. Suárez, experta en arte contemporáneo sitúanos o inicio desta aventura con dous artistas que coñece ben: Lara Pintos (pintora) e Iván Prieto (escultor). Rosalía fálanos Desnortada, o seu último poemario. Falamos de arte, dos seus usos e motivacións, xusto no centro de Dupla. Tremen...

CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo 04.10.2022

Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando “Recortes, caneos e outras formas de driblar” como parte do equipo que Ainé Producións e o CDG poñen en xogo no Salón Teatro e despois en xira por Galicia. David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco Road To Balance. Facemos de punto de encontro interxeracional. Aproveitamos para charlar con eles de fútbol, raíces do j...

CTL 2: Uxía e Carlos Callón 20.09.2022

Colle impulso setembro. Temos con nós a dous referentes da galeguidade. Uxía preséntanos o seu novo disco, De tu casa a la mía, unha ponte que estableceu con Javier Ruibal para conectar a Rosalía con Lorca. Carlos fálanos do seu O libro negro da lingua galega. Xuntos, comentamos a situación actual do galego. Socioloxía, arte, poesía…mestura empática neste novo encontro de Cultura a todas Luzes.

CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo 06.09.2022

Chega o primeiro programa regular de Cultura a todas Luzes. Con cabeceira nova e figura á que lembrar: Roberto Vidal Bolaño. Vinte anos fan xa esta semana do seu pasamento (11/09/02). Un día antes do aniversario faise en Compostela un congreso para repasar a súa traxectoria vital e profesional. Aquí teredes un anaco de charla co seu fillo Roi e Nuria, organizadora do congreso. Disfrutade e descubr...

VERMIT 11: Izaskun Fernández (El Patio) & Jokin Oregi (Marie de Jongh) 25.07.2022

Último programa na MIT, cos espectáculos que se puideron ver o domingo 24 na Igrexa da Madalena e no castelo. Dúas compañías vascas e amigas. No caso de Izaskun tráennos con Conservando memoria a historia dos catro avós da actriz. Un espectàculo cercano e emotivo, co que viaxamos tentando gardar o tempo coa xente que queremos. No caso de Jokin e a súa compañía, tráennos un espectáculo sen texto co...

VERMIT 10: Pedras de cartón & Inversa Teatro 24.07.2022

O penúltimo programa na MIT 22. Con dúas compañías galegas. A primeira, coruñesa, adicada ó teatro familiar. Juan Rodríguez e Pablo Sánchez traen a Ribadavia o seu espectáculo Quixote, que fixeron na Alameda do pobo. Adaptaron as aventuras cervantinianas. A propia compañía xa naceu co obxectivo de acercar os clásicos ó público infantil e familiar. Por outra banda, temos con nós a Marta Pérez e Car...

VERMIT 09: Incendiaria & A Quinta do Cuadrante 23.07.2022

Hoxe traemos un 2x1 que son 4, dúas compañías que unen forzas da man de Manuel María. Fan unha versión contemporánea e libre de A lúa vai encuberta, obra que o lugués escribiu no 1977. A peza fai un percorrido tamén por determinados momentos da memoria histórica galega, facéndonos pensar na mentalidade galega da actualidade. Falamos con eles de política, teatro, anécdotas…quedounos nada para arran...

VERMIT 08: Alberto Conejero e Roberto Pascual 22.07.2022

Hoxe facemos unha mestura especial: o director da MIT e un recoñecido dramaturgo madrileño. Conejero presenta un espectáculo chamado EL Mar: Visión de unos niños que no lo han visto nunca, que realizou con Xavier Bobés. A idea foi levar ó teatro a historia dun mestre que foi asasinado na Guerra Civil. Tiña un método de ensinanza libre a través dunha pequena imprenta coa que levaba ó papel os escri...

VERMIT 07: Glória Ribera e Guillem Vizcaíno 21.07.2022

Desta volta facemos un encontro entre dúas compañías mediterráneas: José y sus hermanas e D’es Tro. O artesanal (no caso de Guillem) e o tecnolóxico (no de Glória) como propostas estéticas. Tamén falamos do proceso individual e o colectivo. En Explore el jardín de los cárpatos, José y sus hermanas fan unha irónica crítica ó turismo actual, a través dunha posta en escena moi basada nos xogos de vid...

VERMIT 06: Alba Bermúdez & Tone Martínez (Galeatro) e Victor Hugo Pontes 20.07.2022

Desta volta temos unha fusión galaico-portuguesa. Tomamos o vermú coa compañía galega Galeatro, que presentan na MIT Arte sen guión, un espectáculo ambientado no medievo baseado en xogos de improvisación. Unha comedia fresca e directa, con cancións e Historia galega. Tamèn falamos con Victor Hugo Pontes, principal capitán da productora Nome Própio, encargada de Margem…un espectáculo de danza e tea...

VERMIT 05: Fran Sieira e Artur Puga 19.07.2022

A compañía de danza de Fran Sieira chega á MIT co seu espectáculo Demente. Froito dunha investigación sobre os trastornos mentais e a marxinalidade que producen, cóntannos o seu proceso de traballo ata chegar ó resultado final. Dende a base do baile tradicional galego mesturan tamén outros estilos para unha proposta fascinante. Presente tamèn a tanxugueira Aida Tarrío, conmoveron ó público de Riba...

VERMIT 04: Esther Carrodeguas e Xabier Castiñeiras 18.07.2022

A compañía ButacaZero volve a Ribadavia. Xa estrearan o seu primeiro espectáculo aquí, no ano 2016. Neste caso é cun espectáculo moi diferente a nivel formato. Unha “Lecture Performance” ou conferencia performativa que nos trae a investigación de Esther dun tema tan interesante como duro e silenciado: as mulleres rapadas da Guerra Civil. Rapadas trae casos que foron chegando a nós a través da memo...

VERMIT 03: Esther López e Aitor Galisteo-Rocher 18.07.2022

Temos con nós a dous intérpretes da compañía catalana La Calórica, moi acorde con estes días. Adaptaron Las Aves de Aristófanes, traéndo aquela historia simbólica ambientada na Atenas clásica á actualidade. Os conflictos das polis non cambiaron tanto ao longo dos anos. Igual que as dificultades da democracia. A dramaturxia fou de Joan Yago e a dirección de Israel Solá, aínda que nos contaron os ac...

VERMIT 02: Marta Alonso e Pablo Reboleiro. 17.07.2022

A primeira estrea desta MIT 2022. Despois do seu Bailar agora, que tivo unha gran acollida, a bailarina Marta Alonso tráenos un espectáculo a dúo que se representou na Alameda de Ribadavia. Acompañada de Pablo Reboleiro, compoñen xuntos un espectáculo híbrido de xéneros. Mesturan danza con comedia, música, circo…unha fusión entusiasta. Desta vez si tomamos vermú. Sumáronse tamén Marcos PTT (direct...

VerMIT 01: Chela de Ferrari e Jaime Cruz 16.07.2022

Chega Shakespeare ata os nosos encontros na MIT. A compañía peruana Teatro La Plaza (con xa vinte anos de traxectoria) trae a súa versión “recontralibre” ata Galicia. A súa directora (a cabeza visible dun equipo máis grande) e un dos seus protagonistas achéganse ata os nosos micros para falarnos do seu proceso de traballo. O reparto son persoas con Síndrome de Down, que aportaron a súa experiencia...

VerMIT 00: Tatán R. Cunha e Ernesto Is. 15.07.2022

Cultura a todas luzes abre o telón. Un podcast de actualidade (e non tanta) de cultura galega variada: música, artes escénicas, exposicións, literatura e audiovisual. Comezamos este novo podcast facendo unha serie de encontros á hora do vermú na MIT de Ribadavia. Charlamos con Tatán R. Cunha, titiriteiro e membro de Tanxarina (premio de honra do festival deste ano) e Ernesto Is, dramaturgo asturia...

Listen to the Cultura a todas Luzes podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.