Luzes

Cultura a todas Luzes

Society GL ↓ 100 episodes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

Author

Luzes

Category

Society

Podcast website

luzes.gal

Latest episode

Jan 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CTL77: Tromso 30.01.2026

Tremenda quedada fixemos coa compañía Morraoconto! Presentan a súa primera peza, Tromsø. É unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se al...

CTL76: Isabel Vigo (APOI) 15.01.2026

Continuamos cos programas que fixemos no Culturgal con .gal! Desta volta falamos con Isabel, que coordina o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). É o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Un arquivo público e accesible que ofrece gravacións ora...

CTL75: Festivais autoedición 19.12.2025

Estivemos no Culturgal con Uxía Larrosa e Neves Rodríguez , representantes do Fun fun fun (en Santiago) e o Autobán (na Coruña), festivais de autoedición. Ofrecen a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Un pracer poder conversar no Estand 73! Co patrocinio de Punto.gal .

CTL74: Manual de Patronaxe 05.12.2025

Estamos nos momentos previos da estrea de Teatro do Noroeste! Con Eva Alonso (produtora da compañía) e Clara Gayo (directora da peza). Manual de Patronaxe é unha peza de auto ficción na que o personaxe da Escritora busca descubrir, á través das palabras, a súa identidade como muller e como creadora. Conta para isto coa axuda dunha Actriz, coa que confronta opinións sobre o acto de crear e sobre co...

CTL 73: Arturo Lezcano 14.11.2025

Arturo Lezcano (Ferrol, 1976) traballou durante 12 anos como correspondente en Latinoamérica. Colaborou en El País, Gatopardo, O Globo, Jot Down, Vanity Fair, Líbero, La Voz de Galicia e tintaLibre, entre outros. É o creador dos podcasts In situ, La Fortuna, Olafo e En el pasillo de la muerte (On corredor da morte). Dirixiu A terra onde nin o demo chegou (TVG, 2010) e escribiu o documental El últi...

CTL 72: Vero Rilo & Atenea García 01.11.2025

Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que veñen da man, un detrás do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos á boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poesía e música. Un lugar onde a tradición non é pasado, senón presente que latexa. As narradoras Atenea García e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en...

Intersección 2025: Antía Iglesias, Paula Pereira e Carlos Martínez 17.10.2025

Voltamos co programa! E desta vez orgullosas e agradecidas de contar co patrocinio de Punto.gal . Estivemos, igual que o ano pasado, no festival de cine Intersección, na Coruña. Tivemos o pracer de charlar con tres talentos da arte e da cultura galegas. Paula Pereira , cineasta, que presenta Algo novo que contar . Carlos Martínez , coa curta Maldito Espírito e Antía Iglesias , coa obra Adentro [Pl...

CTL MIT 2025 (II): Is, Brey, Godón 30.07.2025

Seguimos coa nosa visita a Ribadavia para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na segunda, estiveron con nós Ernesto Is, Nerea Brey e Fran Godón. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.

CTL MIT 2025 (I): Carrodeguas, Pérez, Vidal 29.07.2025

Voltamos a Ribadavia! Neste caso para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na primeira, estiveron con nós Esther Carrodeguas, Avelina Pérez e Roi Vidal. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.

CTL Cans 2025(II): Fefi e Ángel 30.05.2025

Seguimos cos recordos de Cans! Estivemos charlando con dous referentes do festival, que este ano filmaron un documental baixo a dirección de Juanma Lodo. Cóntannos sobre a experiencia e moitas cousas máis!

CTL Cans 2025(I): Senlle, Costafreda e Fazáns 28.05.2025

Tremendo debate montamos no Torreiro de Cans! Charlamos con estas referentes da cultura, sobre o propio festival e diferentes temas do noso contexto actual. Uxía recibiu un dos premios de honra do ano, e Claudia e Anxos foron xurado este ano. Un pracer telas con nós! E tivemos público por primeira vez no podcast, marabilla. 🥰

CTL 66 Mario G. Cortizo 17.05.2025

Falamos con Mario para celebrar as nosas letras. Compuxo As Marxes para banda sinfónica, un percorrido sonoro pola Galicia de Dorothé Schubarth a través dos seus arquivos. Aproveitamos para charlar tamén sobre a súa traxectoria e outras historias.

Gala Cultura Deputación da Coruña 15.04.2025

Seguimos coa pausa do programa, mais facemos unha excepción para este evento fantástico. Un punto de encontro de diferentes manifestacións artísticas galegas. Tivemos a sorte e o pracer de charlar coas premiadas e os premiados do Departamento de Cultura da Diputación da Coruña. A gala foi levada por Susana Pedreira coa música de Alana, fantástic@s. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós!!

CTL 64 Lidia Cao 21.01.2025

Nace en Santiago de Compostela en 1997. É de Ordes. Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, dende pequena debuxaba os libros e cubría calquera superficie co bolígrafo. Interesouse polo debuxo de figuras e rostros, analizando as expresións e o qué decir con moi pouco. Nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo...

CTL 63 Brenda Mondelo 14.01.2025

Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017. Graduada en Xornalismo e Ciencias Políticas, gañou entre outros galardóns o (Re)inventando Xela Arias, de 2021. En todos os anos que pasou fóra da súa ald...

CTL 62 Nerea Cordeiro 07.01.2025

Nerea Cordeiro (1999) vive e traballa entre Galicia e Madrid. Despois de cursar o grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo, trasladouse á capital para facer un mestrado universitario en Investigación en Arte Contemporánea na Universidade Complutense. Actualmente forma parte do programa de doutoramento da mesma institución. Defínese como unha artista multidisciplinar, que adoita traballar coa...

CTL 61. De Ninghures 18.12.2024

De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb. Sete mozas e mozos que se xuntan para ensinar o seu xeito de manter con vida a música tradicional nos tempos da globalizaci...

CTL 60 Fernando Ramallo 10.12.2024

Tocamos neste capítulo a situación do galego. Fernando Ramallo (Vigo, 1965) é catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022) O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas...

CTL 59: Iria Aldegunde 03.12.2024

Iria Aldegunde empezou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e, tras cursar un ano, decidiu trasladar a matricula á UNED e inscribiuse en O Garaxe Hermético para formarse de xeito profesional no mundo da banda deseñada. Adaptou (facendo ela tanto texto como os debuxos e cor) a novela clásica da literatura galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Foi editada por...

CTL 58: Brais Lorenzo & Claudia Morán & Miguel Riaño 26.11.2024

Habitar o baleiro é un proxecto xornalístico multiplataforma con vocación de longo percorrido que nace para documentar a vida no rural de Galicia. O que foi, o que é, o que nace e o que desaparece, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, son piares fundamentais que constrúen o relato, axudan a entender o pasado e tamén a explicar o presente. A través de imaxes, infografías, textos, vídeos...

CTL 57 Lúa Mosquetera 19.11.2024

Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre outras moitas cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta miñona afeita a facer dos seus recitais en directo a escusa ideal para que o seu verbo se volva salvaxe e perigoso. Desa necesidade natural de expresarse xorde un cuadrilátero poético sen medias medidas. Xa sexa acompañada por Pablo Seijas, en formato acústico, ou a través da trebo...

CTL 56: Sabela Eiriz 12.11.2024

Como artista multidisciplinar, traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Por outra banda, a súa experiencia e formación no cine e as artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos, e aumentan a narratividade das súas proposta...

CTL 55: Paula Pier 06.11.2024

Paula é actriz. Naceu na Coruña. Na súa traxectoria xa van unha chea de espectáculos e aparicións en audiovisual. Falamos con ela do seu “Eu, Fraude!”, un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Di ela: Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas d...

CTL 54: Violeta Meléndrez Doval 29.10.2024

“Bookstagrammer”, na súa conta @littera_lupa. Comenta que a súa vida é ler, e acompaña as súas lecturas na difusión con flores. Coñecemos un pouco máis a esta inqueda, que comenta que a través da difusión pode recrearse, e así coñecer xente con gustos parecidos. Confesa que é pesada recomendando autoras como Jane Austen, as Brönte ou Andrea Maceiras.

CTL 53: Festival Intersección: Gonzalo E. Veloso e Andrea Franco 22.10.2024

Festival Internacional de Cine da Coruña aposta polas correntes máis libres do cinema de autor. A súa programación acolle películas independentes creadas desde o risco e a innovación. O festival indaga nas novas linguaxes cinematográficas e alberga obras creadas dende a valentía, a diversidade e a curiosidade. Ofrece ao público a posibilidade de ver narrativas non convencionais e rupturistas, que...

Listen to the Cultura a todas Luzes podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.