Luzes

Cultura a todas Luzes

Society GL ↓ 100 episodes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

Author

Luzes

Category

Society

Podcast website

luzes.gal

Latest episode

Jan 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CTL 52: Luis Avilés 15.10.2024

Formado en Dirección e Montaxe Cinematográficos no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya). Realizador de programas de TV como Criaturas e Casamos de TVG, ambos líderes de audiencia nas suas respectivas franxas. Director de diversas curtametraxes premiadas. Realizador xunto a César Souto do documental Os días afogados presente nun gran número de festivais e gañadora de varios premios...

CTL 51: The Rapants 10.10.2024

Son unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Están con nós Xanma (voz principal e guitarra) e Xaquín (batería). Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies caracterís...

CTL 50: Pela del Álamo 02.10.2024

Está con nós o director de Curtocircuito, un festival afincado en Santiago. A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do seu traballo. Nos últimos anos, o festival evolucionou para convertirse nun evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abrangue na súa programación outras disciplinas como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura....

CTL 49: Pedro Díaz 25.09.2024

(Santiago de Compostela, 1988). Estuda dirección de cine na Escola Bande à Part de Barcelona. En 2013 dirixiu a curtametraxe Mal de Sangre, premiada en diferentes festivais nacionais e percorrendo Europa, Sudamérica e EEUU. Desde 2014 é director de Movistar+ e traballa en publicidade con produtoras como Mediapro. Dirixindo campañas publicitarias, gañou diferentes premios internacionais nos Promax...

CTL 48: Vázquez, Novas e Blanco 18.09.2024

Volvemos das vacacións! E facémolo cun encontro que se produciu no querido Festival de Cans este ano. Unha charla entre tres grandes da interpretación galega: María Vázquez, Tamar Novas e Carlos Blanco. Só avisamos que fomos sen escaleta e con liberdade. Fresco e libre para retomar as rutinas. Felices de volver e con esta sorte!

CTL 47: Araceli Gonda 20.07.2024

Neste programa facemos unha vinculación entre o número #130 de Luzes e o podcast . Trátase dunha retrospectiva da xornalista e guionista Araceli Gonda. Nacida nunha aldea de Gondomar, pasou pola TVG e moitos proxectos de televisión e cine. 4º sen ascensor, Padre Casares, Os Atlánticos…e máis recientemente Hierro, Me he hecho viral, Cuñados…viaxamos no tempo con ela.

CTL 46: Fillas de Cassandra 26.06.2024

Fin de temporada por todo o alto! Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo. Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica....

CTL 45: Pau Teixidor 19.06.2024

"ALUMBRAMIENTO" (estreada o 19 de xuño) é a segunda longametraxe como director de Pau Teixidor , a película está inspirada en feitos reais e conta a historia de Lucía, unha adolescente que queda grávida en España en 1982. Protagonizada por Sofia Milan, no seu primeiro papel cinematográfico, "ALUMBRAMIENTO" reúne a un prometedor elenco de novas actrices e xunto a María Vázquez e...

CTL 44: Su Garrido & Fran Rodríguez & Coral Piñeiro 12.06.2024

Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. Fran e Coral móvense no mundo audiovisual, e forman parte do coletivo Memoria e Cinema. Falamos do documental Patios de luz, e principalmente…da importancia das aldeas ;).

CTL 43: Lontreira 05.06.2024

Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, rúas nas que coñeceron Churruca e nas que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente. Tanto que foron elixidos finalistas na categoría...

CTL 42: As Neves 29.05.2024

Están con nós Sonia Méndez (directora), Nati Juncal (productora) e Andrea Varela (coprotagonista). As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes fan unha festa e tómanse cogomelos por primeira vez. Ó día seguinte espertan cunha tormenta de neve e a noticia de que Paula, unha das nenas da festa, desapareceu. Mentres tanto, a cidade está co...

CTL 41: Óscar Cruz 22.05.2024

Guionista por paixón e necesidade de contar historias. Comecei o meu camiño en internet con series como 'O método sueco'. Antigo alumno do Máster de Guión da UPSA e guionista da comedia de situación 'Peter Brandon'. Agora, recentamente premiado nos Mestre Mateo pola webserie “A arte de ser (mal) pai”. Comunicador tamén no Malicia Noticias da TVG.

CTL 40: María Reimóndez 15.05.2024

María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (Ed. Positivas, 2002). No 2013 regresou á poesía coa publicación de tres poemarios: Presente continuo (Xerais, 2013), Moda Galega Reloaded (Ed. Positivas, 2013) e kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013). No ano 2017 recibiu o Premio Johán Carballeira de p...

CTL 39: Dúo Crúas 08.05.2024

Crúas é un dúo de piano (Iria Sanmarcial) e voz (Alba Ermida) que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.

CTL 38: Revista Néboa 01.05.2024

Neste programa temos con nós a dúas das tres compoñentes dunha nova revista sobre cultura galega: Néboa. As súas artífices son María Maronho, Tatiana B.R e María González. Falamos con elas sobre inquetudes, gustos culturais…e moito máis! https://revistaneboa.wordpress.com/

CTL 37: Sara Sanz 24.04.2024

Actriz coruñesa. Estivo nos últimos anos en series como “Fariña”, “La Unidad”, “O Sabor das Margaridas”, “As Leis de Santos”…charlamos con ela sobre o seus procesos de traballos, os comezos no teatro, a estabilidade da profesión…e moito máis.

CTL 36: Jose Turvegal 17.04.2024

Temos con nós ó creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!

CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño 10.04.2024

Temos unha entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático. Charlamos do proceso, as claves da peza, o casting…non podedes perdelo! Estrean o 11 de abril.

CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal 03.04.2024

Temos a dous invitados con nós, mais esta vez por separado. Si unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. Fran Nuñez, director do CDG, cóntanos dos plans que ten o centro para os próximos meses. Roberto Casal, membro da compañía Teatro ó Cubo, fálanos do espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”, que percorrerá a xeografía galega cunhas case cen funcións.

CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí 27.03.2024

Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Comic. Temos con nós ós creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente e editada por Galaxia: “Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha dela...

CTL 32: Bruno Arias 20.03.2024

O cineasta vigués, nominado nos últimos Mestre Mateo polo documental “Os espazos en branco”, cóntanos da experiencia de falar da súa tía Xela Arias. Anteriormente participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), e mais en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Me...

CTL 31: Sara Vila e Tensi Gesteira 13.03.2024

Temos con nós á escritora Sara Vila e á creadora de contido Tensi Gesteira (@lecturafilia ). Aproveitamos este encontro para charlar sobre o libro de Sara “Oito días sen Eva Cortes”. E, xa de paso, moitas outras cousas máis. Iso si, moita literatura e xornalismo.

CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual 06.03.2024

David e Alex Penabade fundaron en 2007 Adarme Visual en Vigo. Falamos con el de “Ollar, Escolma de Fotografía Galega Contemporánea”. Son unha serie de documentais monográficos con fotógrafos galegos. Nesta primeira selección, xa que agardan facer máis, están: Manuel Sendón, Eva Díez, Javier Teniente, Raquel Calviño e Miguel Vidal.

CTL 29: Gala Dacosta 28.02.2024

Di de si mesma: “Son unha xornalista con inquedanzas, motivación e vea creativa. Na miña experiencia procuro observar, decodificar e comunicar o que acontece ao meu redor prestando atención á boa escrita e á veracidade, sempre con ollada crítica. A curiosidade lévame a seguir explorando e analizando a actualidade, especialmente nas cuestións sociais, na esfera dixital e poñendo o foco sobre os dis...

CTL 28: Academia do Teatro Galego 21.02.2024

Membros da Academia do Teatro cóntannos dos proxectos que foron presentar ó CulturGal. Observatorio do Teatro Galego, un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega que está a ser dirixido polo Prof. Dr. Carlos Caetano Biscainho-Fernandes. Máis recentemente a academia tamén ven de colaborar na creación dunha base de datos online ( https://rptg.gal/proxecto...

Listen to the Cultura a todas Luzes podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.