As Womansplainers

As Womansplainers

Society GL ↓ 125 episodes

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

Author

As Womansplainers

Category

Society

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jul 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

S02E32 - Fútbol ⚽️ 12.05.2022

Unhas veces na posición de defensa, outras na posición de ataque, o noso podcast aborda cada semana temas novos. O asunto do fútbol levaba dúas temporadas a rondar e agora entramos no xogo coa nosa convidada Vanessa , que participou en Siareir@s e falou desde Cuntis. A primeira cuestión entrou no campo con forza. Falamos do fútbol como problema social, ou como aglutinador de varios deles: misoxini...

S02E31 - Pracer 👄 05.05.2022

Na segunda parte deste dobre episodio coa psicóloga e educadora sexual Hadriana Ordóñez , as Womansplainers seguimos a explorar os interrogantes do pracer. Máis de dous milenios de xudeocristianismo impuxeron en nós fortes dicotomías respecto do noso propio pracer: De quen queremos ser, da Eva ou da Lilith? O noso desexo e as nosas necesidades desconcertaron os homes desde entón até o punto de ser...

S02E30 - Desexo 🥵 28.04.2022

Esta semana falamos de pracer e desexo coa Hadriana Ordóñez , womansplainer rianxeira e convidada repetidora que traballa como psicóloga e educadora sexual. Comecemos polo principio: Como recoñecemos o noso propio desexo? Onde aprendemos a identificar a nosa excitación sexual? Este tipo de dúbidas acostuman xurdir na adolescencia e semella que, coma en tantos outros aspectos da vida, adoita haber...

S02E29 - Lecer postpandémico🏠🎮🎯🎫 21.04.2022

Este programa pillounos escoitando un podcast, lendo un libro, xogando algún videoxogo ou estando nunha videoconferencia coas amigas. Recoñéceo, ti tamén tes vontade de espazos abertos e contacto humano, só que xa non sabemos se iso todo vai ser como antes de 2020. A maneira en que pasamos o tempo foi completamente alterada cando a pandemia e o posterior confinamento nos apañaron. O lecer perdeu e...

S02E28 - Viaxe de volta🗺️ 14.04.2022

Esta semana continuamos a nosa travesía co patrocinio de PuntoGal na compaña da Cris Terceiro de Viaxantas . Que seremos desta volta, turistas ou viaxeiras? Realmente hai algunha diferenza entre estes dous termos ou é pretensioso pensar que cando viaxamos somos diferentes da imaxe estereotipada de turista que habita no noso imaxinario colectivo? Tanto a idea de viaxeira como a de turista cambiaron...

S02E27 - Viaxe de ida🧳 07.04.2022

Emigrantes, turistas, excursionistas, domingueiras, peregrinas, viaxantas... hai moitas maneiras de marcharmos e de coñecermos o mundo, pero nós facémolo esta semana cunha guía excepcional: Cris Terceiro , a voz do podcast Viaxantas , que nos fala desde Bruxelas. Dúas? Catro? Unha ducia? Cantas mulleres teñen que viaxar xuntas para que non digan que viaxan soas? Semella que, como en cada eido da v...

S02E26 – Machos 👨🏻🧔🏻‍♂️ 31.03.2022

Esta semana, o podcast da xente que máis forte opina do Podgalego achégase á figura dos MACHOS , esa especie que está (e que non quere estar) en perigo de extinción. Onde sobreviven os machos? Cales son as súas reservas e cales as ameazas para o seu hábitat? Intentamos definir que é un macho e discutimos por que nos resulta tan doado parodiar os machos españois e de dereitas e tan difícil denuncia...

S02E25 - Casamentos👰🏼👰🏾 25.03.2022

Nesta semana fixemos reconto de estados civís e, grazas á nosa convidada Esther , o resultado foi de 3/2 con vitoria para as solteiras. Con todo, temos que salientar que se o reconto fose en número de vodas, o marcador sería outro ben diferente. Esther personifica varias mudanzas: casou varias veces, casou en pandemia e até fixo un banquete online. Con este exemplo, podemos ver que a sociedade act...

S02E24 - Non nais🚶🏽‍♀️ 17.03.2022

No episodio das Womansplainers desta semana, patrocinado por PuntoGal , acompáñanos a María Sabucedo , amiga womansplainer na diáspora que vén opinar forte connosco sobre «non nais». O 93,5% das mulleres de menos de 30 anos na Galiza non ten fillos. Ademais, as estatísticas tamén amosan que, no noso país, as mulleres teñen menos fillos dos que desexarían. Moitas mulleres que quererían ter unha cri...

S02E23 - Hixiene 🛀🚿 10.03.2022

O mundo está cada día máis porco e por ese motivo as Womansplainers decidimos que tiñamos que discutir sobre HIXIENE . Na compaña de Laura Veiga , creadora do proxecto multiplataforma Pingando, e co patrocinio de PuntoGal , traémosvos un novo episodio que cheira que arrecende.  Este é un episodio para racharmos tabús, como o imperativo da ducha cotiá, que pouca xente confesa omitir. É duchárm...

S02E22 - Medos 😱 03.03.2022

O compositor brasileiro Lenine foi capaz de definir o medo « como um laço que se aperta em nós ». A escuridade, ratos, cans grandes ou mesmo lugares fechados poden apertar moito máis ese lazo. Neste episodio cada unha das womansplainers soubo explicar os seus principais medos: algúns deles vixentes, outros superados e outros incribelmente herdados do proceso de hominización. Para desenredarmos ese...

S02E21 - Entroido 👺 24.02.2022

Chegou o momento da sátira, do humor e de botarlle un pequeno pulso ao poder establecido. Como non podía ser doutro xeito, no episodio desta semana co patrocinio de PuntoGal falamos do Entroido. Ás Womansplainers encántanos disfrazarnos. Aínda non sabemos de que nos vestiremos este ano, pero facemos unha recopilación dos nosos mellores disfraces de todos os tempos. Debatimos sobre como nestas data...

S02E20 Síndrome da impostora 🎭 17.02.2022

Tripulación: Hai unha impostora entre nós. Serás ti, serei eu, será a nosa convidada Patricia Porto Paderne? Esta semana, as Womansplainers discutimos sobre a síndrome da impostora, mal chamada con frecuencia «síndrome do impostor». Este mal, que afectaba particularmente a mulleres en posicións de liderado ou con suceso profesional e académico, foi descrito nos anos 70 pola Dra. Pauline Clance, qu...

S02E19 - Womaniversario: MATRIARCAS 🎂 10.02.2022

As Womansplainers demos a nosa primeira volta ao Sol e estamos de parabéns. Quixemos facer un episodio que recollese a nosa esencia e contase coas mellores convidadas, para te agradecer a ti, a ti, todo este tempo connosco. Marilar Aleixandre , Marta Veiga Izaguirre e Antía Yáñez repiten participación e sopran as candeas para destriparmos un dos nosos mitos fundacionais: o matriarcado.  Antes...

S02E18 - Arte🎨🖼 03.02.2022

No episodio desta semana acompáñanos a historiadora e crítica de arte Natalia Poncela para falarmos dun tema ligado á humanidade practicamente dende os inicios da súa existencia: a arte . A infancia e a creatividade son dous elementos unidos por natureza. Cando somos crianzas debuxamos, modelamos e construímos; mais non todas acabamos sendo artistas ao chegarmos á idade adulta. A presenza da educa...

S02E17 - Exercicio físico 💪 27.01.2022

As Womansplainers seguimos (máis ou menos) a máxima latina de mens sana in corpore sano . O exercicio físico e os deportes axudan a manter o corpo en boa forma e a mente despexada, pero non sempre é doado facelo. O primeiro contacto que adoitamos ter coa práctica deportiva acontece na materia de Educación Física ou nas actividades extraescolares, onde as profesoras acaban definindo a nosa relación...

S02E16 - Tindersplaining🔥🔥 20.01.2022

Unha das tramas sen pechar das Womansplainers era a participación de Ascárida no programa de Tindersplaining.  Tindersplaining II ten aínda moito para dar: algoritmos, autoestima, Raya ou primeiras impresións. A colección de matches que recibimos e o feito de ignorarmos quen e cantas persoas nos rexeitan crea unha falsa sensación de éxito. Esta ilusión de aceptación pode influír na nosa propi...

S02E15 - Universidade (I) 🎓 13.01.2022

As Womansplainers inauguramos novo ano coa mellor das noticias, porque a partir de agora contaremos coa colaboración de PuntoGal, o dominio galego en internet. E para abrir o 2022 opinando forte sobre a universidade veu falar connosco a Lucía Casal: cantante, psicopedagoga, docente e investigadora no Campus de Ourense da Universidade de Vigo na área de didáctica da expresión musical. Debatimos sob...

S02E14 - Relacións non convencionais 🤹‍♀️💞 31.12.2021

Este primeiro ano de vida das Womansplainers chega á súa fin e despedímolo cun directo de Twitch , que agora podedes escoitar tamén en Anchor, Spotify, iVox e o martes en Cuac FM, na compaña da poeta e cantante Lucía Aldao. Preguntámonos, en primeiro lugar, que se considera aínda nos nosos días unha relación convencional e como mudou a percepción que temos dela desde os tempos en que o matrimonio...

S02E13: Nadal 🎄 23.12.2021

Chega o recendo a xenxibre, chocolate e acivro. Luces, música e filmes temáticos. Sorpresas no calendario de advento, entre elas un novo episodio do voso podcast de referencia.  Nesta semana festiva temos de novo colaboración de Marta Veiga Izaguirre, xornalista, profesora e opinadora en programas anteriores de enorme peso como Tetas ou Transportes. Sabemos que Marta adora o Nadal e o resto d...

S02E12: Fe 🛐 16.12.2021

No episodio desta semana opinamos sobre fe e relixión, acompañadas pola xornalista e fotógrafa freelance Charo Lopes. A pesar de que a fe e as crenzas relixiosas poidan parecer cousa de tempos pasados, a realidade é que tan só un 16% da poboación mundial se define como non relixiosa. Semella que a espiritualidade e a relixión forman parte inherente do ser humano, xurdindo ao tempo que nos nosos an...

S02E11: Maternidade 🤰 09.12.2021

TW: Gravidez, parto, violencia obstétrica, morte perinatal, ideacións suicidas. Neste episodio, a xornalista (e nai) Sonia Díaz fai fronte común coa nosa mamá residente, Saboridinha para falarnos dos seus motivos para seren nais e comentar tamén outros que se repiten na sociedade. A Sonia explícanos o xeito en que o corpo da nai xestante deixa de pertencerlle a ela mesma, que se torna unha actriz...

S02E10: Consumismo 🛍️ 02.12.2021

Compras, consumismo e capitalismo. Neste episodio fixemos exame de consciencia e até confesamos as nosas adquisicións máis inútiles. Concluímos que todas as nosas compras están arrodeadas de certa parafernalia que nos incita ao consumismo, a comprarmos produtos que poucas veces necesitamos, a que a nosa autoestima creza pola falsa sensación de exclusividade que nos dan as marcas. Estamos a romper...

S02E09: P👁️RN👁️ 25.11.2021

Canto porno consumen as crianzas e adolescentes? Que visión do sexo e do corpo das mulleres ofrece a pornografía? Pode existir un porno feminista? Perpetuación de roles, clasificacións, etiquetas, amplificación de abusos sexuais: discutimos estes temas e outros máis con Hadriana Ordóñez, psicóloga e educadora sexual.

S02E08: carne 🥩 18.11.2021

Cal é a relación entre os atributos da masculinidade clásica e o consumo de carne? Que vínculos existen entre o machismo anti-tofu e os rituais que rodean o churrasco? Por que os cuñados se converten inmediatamente en nutricionistas na presenza dunha persoa vegana? Martinha Almôndega, a nosa convidada, acompáñanos polas profundidades abisais do mundo carnívoro e ilumínanos tamén sobre as súas expe...

Listen to the As Womansplainers podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.