As Womansplainers

As Womansplainers

Society GL ↓ 125 episodes

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

Author

As Womansplainers

Category

Society

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jul 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

S03E18 - Series 06.04.2023

O xeito no que vemos as series cambiou moito nos últimos anos. De ter que agardar impacientemente a que saíse o novo capítulo semanal da nosa serie favorita, pasamos a poder facer maratóns de tempadas ou mesmo series completas nun só día. Como cambiou a forma de narrar a consecuencia disto? Significa máis oferta mellor calidade? Implica que rematou a Idade de Ouro da Ficción Televisiva? As redes s...

S03E17 - Haters 23.03.2023

No episodio desta semana falamos con Malva sobre o fenómeno hater. Tentamos analizar os comportamentos desas persoas que espallan odio e negatividade nas redes, pondo todo en contexto e discutindo sobre se este é un fenómeno novo.  Son os haters un marcador de éxito ou isto só axuda a crear máis toxicidade en redes? Fomos nós esa hater algunha vez? Este programa contén dicas culturais e tamén un d...

S03E16 - #8M Celebración? 08.03.2023

É o #8M un día de protesta ou de celebración? Pode ser as dúas cousas? 6 anos despois da primeira folga xeral laboral feminista e tres anos despois de que a dereita acusase o 8M de provocar unha pandemia no Estado español, as Womansplainers repasamos as actividades ao redor do Día Internacional da Muller Traballadora. Batukadas e gaitas, manifestantes transexcluíntes e a Santa Compaña das defuntas...

S03E15 - Heroes 23.02.2023

Que é un heroe? É diferente o concepto do heroe clásico do que temos na actualidade? Están a desaparecer os heroes? Semella que na cultura galega carecemos destas figuras na súa definición clásica, pode que substituídas pola abundante presencia de mártires. A que se debe isto? No episodio desta semana, acompañadas pola Rita, falamos tamén dos nosos heroes favoritos e das súas historias. Cales son...

S03E14 - A idade baixo sospeita (II) 12.02.2023

Erraba Castelao afirmando que "Os vellos non deben de namorarse"? Por que ofende tanto que Madonna queira ensinar as tetas ou que as teña ou non operadas? Na segunda parte de A IDADE BAIXO SOSPEITA seguimos a discutir con Teresa Moure o rexeitamento que producen o erotismo e o desexo das persoas máis vellas e das máis novas, a sospeita permanente que sofren as relacións de parella con asimetrías d...

S03E13 - A idade baixo sospeita (I) 09.02.2023

Que é a idade? Que significa e por que hai a quen lle importa tanto? Esta semana discutimos estas preguntas coa lingüista e escritora Teresa Moure co gallo da publicación do seu novo libro " La edad bajo sospecha. Una crítica al edadismo y a las edadofobias ".  Poñemos o foco tamén sobre os termos que empregamos para referirnos ás persoas segundo a etapa da vida en que se encontran e sobre a...

S03E12 - Cabelo 02.02.2023

Neste episodio falamos sobre o cabelo entrecruzando este concepto con asuntos históricos e sociais. Nós sabemos que o cabelo non é só un adorno: é unha forma de expresión, de identidade e, ás veces, de autoestima. A sociedade aínda impón padróns ríxidos de beleza, especialmente para as mulleres racializadas e outras comunidades marxinalizadas. Xunto coa Paula Jorge exploraremos o poder por tras do...

S03E11 - Sociolingüística 26.01.2023

As tías chulísimas podemos falar do que queiramos (con gheada ou sen ela) e por iso neste episodio, acompañadas da Vera, escollemos un tema que xera amor e odio a partes iguais: a sociolingüística. Realmente evoluciona o idioma da man das falantes? As instiucións académicas chegan sempre tarde aos cambios lingüísticos xa presentes na sociedade? Ten utilidade o concepto de neofalante? Onde está a f...

S03E10 - Casas 19.01.2023

Como viviamos e como vivimos hoxe? Por que cambiaron tanto as nosas vivendas e por que idealizamos a casa tradicional galega? De que falamos cando falamos de feísmo? Acompañadas pola arquitecta María Novas repasamos as mudanzas nas vivendas, a desaparición das cociñas como corazón da casa onde se vive en comunidade, a aparición dos estudios e dos "tiny homes". Tamén despachamos a gusto contra os e...

S03E09 - Fin de ano 29.12.2022

Neste episodio falamos coa psicóloga e educadora Hadriana Ordóñez sobre a festa de Fin de Ano. O dia 31 de decembro é unha data que case nos obriga a facer balances, sair de festa, ter boa disposición e plans para o ano seguinte. Pero… e se algún deses ingredientes falta? Comentamos a nosa maneira de vivir e enfocar esta festividade con algún conselliño cultural polo medio. Podes oír o episodio en...

S03E08 - Agasallos 22.12.2022

Por que facemos presentes? Que nos move a facelos e que sentimos ao recibilos?  Como podemos compatibilizar a ilusión das crianzas cunha moderación no consumismo nestas datas? Que consecuencias teñen as historias tradicionais de agasallos só para as crianzas que sexan guiadiñas?  Seguimos facendo agasallos "con xénero"? Que acontece cando non gusta un presente? Como reaccionamos ou que &...

S03E07 - Teorías da conspiración 08.12.2022

Que son as teorías da conspiración? Existe un determinado perfil de persoa que tende a crer máis nelas? Habitan entre nós os reptilianos? Ou quizáis Hitler pasou pola Galiza na súa fuxida cara á Arxentina!  Para descubrir estes e outros misterios, acompáñanos neste novo e conspiranoico episodio das Womansplainers! Imaxe do episodio de pch.vector en Freepik

S03E06 - Soidade 01.12.2022

Oímos as vosas preces e neste episodio tratamos o tema da soidade, tanto daquela escollida que é pracerosa, como daquela outra imposta que impacta na saúde mental de tantas persoas. Debemos ter medo da soidade? Pode ser ela unha vantaxe? Como lidamos con algunhas das dificultades a ela asociadas? Escoitade este programa que fixemos con Alva Pico. Pode facervos compañía e levarvos a un lugar aconch...

S03E05 - Influencers 24.11.2022

No episodio desta tarde volve a marabillosa Iris Gestoso para explicarnos as INFLUENCERS. 💁🏼‍♀️📱 Quen merece este nome? Cantos cartos moven ao ano? Son falabaratos ou hai traballo detrás deses cartos? Cal é a fórmula do seu éxito? Que prezo persoal teñen que pagar?

S03E04 - Outono 17.11.2022

A astronomía di que levamos tempo xa no outono aínda que a meteoroloxía cada día mande menos pistas sobre os cambios de estación. Tradicións, lembranzas e dicas, damos a benvida ao tempo do outono na casa das Womansplainers e na túa se queres acompañarnos.

S03E03 - Raiñas 10.11.2022

Quen se coroou a si mesma cun tocado de froitas tropicais e foi a primeira muller en ter unha estrela no paseo da fama? Quen foi a primeira persoa en facerse chamar "the queen of drag"? Que señora toleou o París dos tempos do Rei Sol coas súas dotes de espadachina? Neste novo episodio, as Womansplainers, acompañadas unha vez máis por Marta Veiga Izaguirre, falamos de RAÍÑAS de todos os tempos e cl...

S03E02 - Sono 27.10.2022

Esta semana non foi normal. Publicamos algo máis tarde, temos un texto máis breve... Era de agardar, venceunos o sono!  Palabra chave: #sestinder

S03E01 - Amigas 👩🏾‍🤝‍👩🏻 20.10.2022

Por que precisamos amigas? É verdade que é máis difícil facermos novas amizades na vida adulta? Como mudaron a pandemia e as redes sociais as nosas maneiras de coñecer persoas e de coidar das vellas amigas? Sabemos identificar os sinais dunha amizade tóxica?

S02E39 - C🥯O🦪N🌺A🐚S 04.07.2022

Non sabemos se este foi un episodio íntimo (non debeu ser, porque foi un directo de Twitch) pero sí podemos afirmar que falamos dunha zona íntima. A cona é ese tema que até para quen escribe esta breve nota lle dá un certo pudor dactilografar, pero un final de temporada merece un asunto suculento e a verdade é que este levaba tempo a pairar. A actriz e comunicadora Neves Rodríguez e a xa coñecida...

S02E38 - Liberdade de expresión 🗣 16.06.2022

No episodio desta semana, patrocinado por PuntoGal , veu falar connosco a xornalista e deputada lucense Olalla Rodil . E que mellor sitio que un podcast onde opinamos forte para falar sobre a liberdade de expresión? Definimos este concepto e falamos de cales son os seus límites. Como lle afecta a lexislación dos delitos de odio? Como cremos que se respeta a liberdade de expresión no estado español...

S02E37 - Gordofobia 2 🤰 09.06.2022

Neste novo episodio co patrocinio de PuntoGal , contamos de novo coa presenza de Esther para seguir afondando nas manifestacións da gordofobia en diferentes eidos da sociedade e dos medios de comunicación. Revisamos os papeis e os tropos en que se ven encerradas as persoas gordas: case nunca protagonistas e poucas veces antagonistas, con frecuencia vense reducidas a seren o alivio cómico en histor...

S02E36 - Gordofobia🤰🏻 02.06.2022

Falamos algunha vez no podcast de que a forma en como a sociedade nos ve repercute directamente na nosa propiocepción. E se a sociedade actual ten unha fobia á gordura esta aversión impacta no concepto que unha persoa gorda ten de si mesma, obviamente. Esta semana contamos co testemuño de Esther, que xa estivo connosco no episodio dos Casamentos . Falounos desde unha perspectiva vital, mais tamén...

S02E35 - Visibilidade 🙋🏿‍♀️ 26.05.2022

No episodio desta semana, patrocinado coma sempre por PuntoGal , acompáñanos a tiktoker burelá Paula Jorge para falar sobre a representación de persoas racializadas nos medios de comunicación. Afortunadamente, semella que pouco a pouco a presenza de persoas racializadas nas redes sociais vai aumentando de xeito progresivo. Porén, a representación de influencers negras no mundo da maquillaxe aínda...

S02E34 - Lingua👅 16.05.2022

As Womansplainers somos laretas, lingoreteiras, bilingües, políglotas, filólogas, diglósicas e cunilingüistas. Por todos estes motivos non podiamos deixar pasar o Día das Letras sen facermos un episodio especial sobre #OdoGalego . Na compaña da xornalista do Diario de Pontevedra Chus Gómez Dorrego, discutimos algúns dos temas máis quentes da nosa lingua e volvemos sobre algunhas teimas clásicas ar...

S02E33 - Rexouba eurovisiva🎤 15.05.2022

Good Evening, Europe! It's Podgalego calling! Algunhas womansplainers somos máis eurovisivas ca outras, pero ao final -e á final- non se soubo resistir ningunha. Sen podermos animar as representantes que queriamos para o país, tiñamos diferentes favoritas. Quen nos salvou de caermos durmidas entre tanta baladona? Quen defendeu ben a proposta de folclore do s. XXI? Con quen gozou máis o noso lado m...

Listen to the As Womansplainers podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.