As Womansplainers

As Womansplainers

Society GL ↓ 125 episodes

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

Author

As Womansplainers

Category

Society

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jul 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Codependencia 02.07.2026

Neste episodio, o grupo e maila nosa convidada Marta deconstruímos a trampa da codependencia, unha dinámica disfuncional que vai moito máis alá das relacións de parella. Analizamos como as mulleres somos socializadas para sermos as eternas coidadoras, perpetuando mitos desde Wendy ou a Pequena Serea ata a nova romantización da nai sacrificada. Esta necesidade de compracer e de salvar os demais des...

Moda 04.06.2026

No episodio desta semana acompáñanos a Elena , lista, modista, feminista e de Cabral. Falamos do seu proxecto “Teito” e da experiencia de emprender dentro do mundo da moda dende unha perspectiva ética e de compromiso social. Debatimos sobre o nesgo de xénero á hora de consumir moda rápida e seguir tendencias. Ata que punto se aproveita a fast fashion das nosas inseguranzas estéticas para facturar?...

Neofalantes 14.05.2026

Está xustificado para unha persoa de fóra da Galiza aprender galego? E se deciden facelo, hai recursos para aprender galego? É a chegada de xente foránea, especialmente estranxeira, a responsable da caída no uso do galego? Como é a calidade do galego das persoas neofalantes? De todo isto, e algunha cousa máis, falamos neste programa con Leticia, unha arquitecta e deseñadora gráfica, residente en Z...

Sharenting 30.04.2026

Neste episodio das Womansplainers falamos do sharenting : o hábito de publicar nas redes fotos, videos e intimidades das crianzas. Onde está o límite entre compartir lembranzas e converter os fillos en contido dixital? Comentamos bebés con conta propia, familias convertidas en marca, crianzas como accesorio estético e o “pai deconstruído” aplaudido por facer tarefas básicas. Tamén abordamos os ris...

Suplementación 02.04.2026

No episodio desta semana, para falarmos de suplementación, acompáñanos a María Otero, graduada en nutrición humana e dietética.  Segundo a OCU, durante o ano 2025 o 60% da poboación tomou algún tipo de suplemento alimentar, pero existe realmente algún suplemento necesario para o noso organismo que non poidamos obter a través dunha dieta equilibrada de forma sinxela?  Falamos sobre suplementación d...

Cores 05.03.2026

No novo episodio das Womansplainers, Carme, Sara, a Malvada Profe e Ghanito reciben a Faula, investigadora do Morrazo que traballa en Glasgow, para falar sobre as cores desde unha perspectiva científica, lingüística e cultural.  O programa parte dunha pregunta provocadora: existen realmente as cores? Explícase que non son propiedades fixas dos obxectos, senón interpretacións cerebrais da luz, como...

Tempo 19.02.2026

Estragou a pandemia a nosa percepción do tempo? Houbo un reseteo global? Por que, dende 2020, todo parece ao mesmo tempo onte e hai séculos? Estivo Rihanna embarazada eternamente ou foron varios embarazos consecutivos? Esa sensación de “desintegración temporal” non é só un meme: é unha experiencia compartida. Medir o tempo foi sempre unha necesidade. Primeiro por motivos relixiosos, polas estación...

Vandalismo e acción directa 29.01.2026

No episodio desta semana, para falarmos de vandalismo, acompáñanos a Oriana, socióloga e axente de igualdade en Ferrolterra. Comezamos definindo que é o vandalismo e delimitando a orixe histórica do termo. En que se diferencia da acción directa e que motivacións pode haber detrás destes actos? Debatimos sobre o emprego da acción directa ao longo da historia como método de protesta social, sobre co...

Vergoña 15.01.2026

Neste episodio das Womansplainers reflexionamos sobre a vergoña: de onde vén, se nace connosco ou se a aprendemos socialmente, e até que punto é posible desaprendela. Analizamos tamén a relación entre vergoña, corpo e silencio, así como aquilo que deixamos de facer ou dicir por medo ao xuízo alleo. Falamos de quen sente máis vergoña segundo xénero, clase ou idade, da vergoña financeira e do seu im...

Charramangueiras 18.12.2025

O Nadal é unha boa época para espertar o noso espírito máis charramangueiro e as Womansplainers convocamos un akelarre para facermos de árbitras do mal gusto e definir os límites das charramangadas. Hai modas e gustos que veñen e van, coma as ombreiras enormes ou os estampados de leopardo, e constantes que fican, como a aversión á ostentación e os novos ricos como corporización do feo e o rechaman...

Xubiladas 20.11.2025

Ás Womansplainers xa nos tarda chegar á idade do xúbilo, mais mentres agardamos matamos o tempo gravando podcasts. Por iso, esta semana convidamos a Pepa Barreiro, actriz de teatro xubilada (pero non moito) para falar dos desafíos desta nova etapa. Debatimos con ela a necesidade de xubilarse e como vai mudar as percepción desta etapa agora que as baby-boomers chegarán a ela en masa. Tamén problema...

Bullying 06.11.2025

No episodio desta semana acompáñanos Carmen, orientadora escolar, para falarmos dun tema con estatísticas alarmantes: o bullying. Co uso das redes sociais e o auxe das IA cambiaron as formas de agresión? Cales son os sinais de alerta de que alguén está sufrindo ou exercendo bullying? Conversamos sobre os protocolos de actuación nos centros escolares, cales son os procedementos e como se activan. Q...

Diñeiro 23.10.2025

Neste episodio das Womansplainers falamos de cartos: do valor económico, social e emocional do diñeiro, e de como este condiciona o noso benestar, as relacións e mesmo o noso concepto de éxito. Preguntámonos por que segue a ser tabú falar de salarios, aforro ou economía doméstica, especialmente entre mulleres, e analizamos o impacto da fenda salarial, a desvalorización das profesións feminizadas e...

Nostalxia 09.10.2025

Tocounos vivir unha época en que breves sacudidas do sistema, como o apagón de 2025 ou o grande confinamento de 2020, alimentan en amplos sectores da poboación saudades de tempos “máis sinxelos”. Desde a EXB ao Xabarín Club, de Cóntame como foi a A vida portuguesa, a nosa cultura está chea de ficcións, marcas, movementos sociais e partidos políticos dispostos a tirar proveito da NOSTALXIA. Acompañ...

Mudanzas 08.05.2025

No episodio desta semana, para falarmos de mudanzas, non podíamos convidar a outra que non fose a Uxía Castro: xornalista, feminista e trotamundos empedernida cun total de 18 mudanzas ás costas! Como podemos organizar unha mudanza sen que sexa un pesadelo? Á hora de decidir que deixar e que levar, quizáis sexa o momento ideal para doar ou vender cousas que xa non precisamos. Unha vez empaquetadas...

Reggaeton 24.04.2025

Neste episodio adentrámonos nun xénero musical ben polémico: o reggaeton. Debatemos coa artista Pauliña sobre se este estilo é realmente mais machistda do que outras expresións musicais populares. Cuestionamos os prexuízos raciais e de clase, que moitas veces se disfrazan de crítica feminista. Falamos tamén da hexemonía global deste ritmo e da ascensión de artistas que o adoptaron ou que o imitan...

Trinta 03.04.2025

A nosa ouvinte Antía propúxonos falar sobre a trintena porque, lonxe de tópicos e lugares comúns, ela pensa que a entrada nesta década si que significa cambios e reflexións importantes. Fiando o tema arredor dalgúns deses marcos que na literatura anglosaxona chaman “os fitos da adultez” o episodio servíunos para reflexionar sobre cuestións de natureza moi diversa: traballo, parella, vivenda,... e...

Artes marciais 27.02.2025

No episodio desta semana acompáñanos a Andrea Otero, psicóloga e taekwondista, para falarmos de artes marciais. Aprendemos que son as artes marciais e en que se diferencian de calquera pelexa da rúa. Segue a ser o terreo das artes marciais un ámbito especialmente masculinizado? Como adoitan aliñarse politicamente estes espazos? É necesaria unha división por xéneros nestas disciplinas? Por suposto,...

Asociacionismo 13.02.2025

Neste capítulo falamos con Marinha Area de asociacionismo e movementos sociais na Galiza, levantando cuestións sobre o papel das asociacións e preguntándonos se ás veces son unha resposta á ineficiencia do Estado ou o reflexo dunha sociedade civil participativa. Abordamos a dependencia do financiamento público e o risco de instrumentalización política, que pode transformar en ocasións as asociació...

USA 30.01.2025

Co mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos. Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese p...

Xogos de azar 09.01.2025

No episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers. Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e cobertura informativa que se lle dá nos medios a este xogo de azar estatal? Causa isto problemas de ludopatía? Que probabilidades hai de gañar? Falamos de su...

Pés 19.12.2024

Neste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas ata a presión estética actual por ter pés perfectos. Tamén analizamos cuestións de saúde, como o impacto do uso de zapatos incómodos, e discutimos terapias...

En terapia 28.11.2024

E será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza. Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a nosa lingua cotiá, de termos da psicoloxía ou a psiquiatría que permean a nosa comunicación e acaban por perder o seu significado, axudando ás veces ao auto...

Aliados 14.11.2024

A Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados. A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades e os señores deconstruídos o novo modelo a seguir? Que opinamos do concepto "espazo seguro"? Existen realmente estes espazos? Atoparás a resposta a todas es...

Trad wives 31.10.2024

O episodio desta semana é sobre un tema que tem xerado debates acalorados: o movemento trad wife. O que significa iso de ser unha esposa tradicional nos días de hoxe? Como isto entra en conflito coas conquistas feministas que redefiniron o papel da mulher na sociedade? Baixo unha lente crítica e feminista, cuestionando “escollas libres” e explorando os discursos de romantización chegamos para abri...

Listen to the As Womansplainers podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.