As Womansplainers

As Womansplainers

Society GL ↓ 125 episodes

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

Author

As Womansplainers

Category

Society

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jul 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

S02E07: Natural🌿 11.11.2021

No episodio desta semana das Womansplainers, con Marilar Aleixandre do noso lado, introducimos o tema do “natural” desde varias perspectivas. Caseiro, artesán, sen químicos... Durante anos a publicidade ten mostrado estas cartas como reclamo. Será que todo o non procesado é necesariamente bo? Teñen as mulleres reservados unha serie de deberes naturais? Existe unha maneira natural de criar? se así...

S02E06: Animais de estimación 🐶 04.11.2021

No estado español hai 13 millóns de mascotas. A maioría son cans, pero o máis sorprendente desta cifra é que supera o número de crianzas menores de 15 anos. Neste episodio acompáñanos Iris Gestoso , bióloga, vexetariana e a maquilladora máis riquiña do TikTok en galego. Coñecemos as razóns que levaron a Iris a decidir apostar polo vexetarianismo e tamén o seu punto de vista sobre o que implica con...

S02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas. 🎃 31.10.2021

Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como "sacaban o aire". Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles con quen estamos unidas por experiencias persoais ou filias literarias. Por último, recomendámos...

S02E05: Defuntas I. A maldición as bruxas 🧙🏻‍♀️ 27.10.2021

Na primeira parte do episodio dobre desta semana, as Womansplainers discutimos as tradicións e os nomes do Samaín e dos Días de Santos e Defuntos, de como chegaron a nós estas tradicións e como vemos a súa evolución na sociedade galega e a chegada das influencias anglosaxonas a estas festas. Este é un día para falarmos do divino e do humano, da nosa relación coa morte e coas mortes. Falamos de cab...

S02E04: Tindersplaining 🔥 21.10.2021

TINDERSPLAINING, as Womansplainers explican o Tinder. Xornadas laborais interminábeis, emigración ou mesmo unha pandemia son factores que agravan a sensación de incomunicación e soidade. Cada vez é máis complicado encontrar novas amizades, por non falar de relacionamentos máis ou menos profundos. En 2020 o planeta decidiu ir a outro ritmo e o confinamento disparou o número de adhesións a apps de e...

S02E03 - Colonización 🌎 14.10.2021

O día 12 de outubro celébrase no Estado Español o chamado Día da Hispanidade. Co gallo desta efeméride en que nós non temos nada que celebrar, cruzamos virtualmente o Atlántico para falarmos coa Karina Espinoza, historiadora costarriqueña que actualmente reside no México e é unha das neofalantes máis queridas da comunidade galituiteira. 

S02E02 - Cárceres ⛓️🧱 07.10.2021

Neste episodio conversamos coa Iris Malvido, psicóloga penitenciaria.  Por que acaban as mulleres nos CÁRCERES? Que é un módulo de respecto? Que acontece coas drogradicións e as doenzas mentais nas prisións? Neste episodio haberá resposta para todas estas preguntas e máis

S02E01 - Beleza 💄 30.09.2021

Coincidindo co Día Mundial do Podcasting, as Womansplainers subimos o primeiro episodio desta segunda tempada e estreámonos en luzes.gal No episodio estivemos a discutir coa escritora Antía Yáñez sobre BELEZA. Falamos con ela sobre os cánones con que medramos, desde a extrema delgadez das actrices das series dos 90 aos peitos enormes -e con frecuencia artificiais- de Baywatch e as presentadoras de...

S01E19 - P1🍆R0🥒LAS 24.06.2021

Para rematar a tempada contamos con Susana Reboreda (Decana da facultade de Xeografía e Historia da Univ. de Vigo) e Iria Veiga (psiquiatra e divulgadora científica) para falar de p1🍆r0🥒las. Durante o programa mencionase a canción "les sucettes" de France Gall, e comentamos o seu video, mais houbo que eliminar o tema por unha reclamación de dereitos de autos e substituímolo no episodio por unha...

S01E18 - Exposición en redes 17.06.2021

Que nos acontece nas redes? Que amosamos de nós mesmes e por que? Que tipo de reaccións recibimos e como nos afectan?  Falamos de EXPOSICIÓN EN REDES con xente moza: Ner e Ione

S01E17 - Transportes🚍🚅 10.06.2021

Pasou xa o 4 pola parada? Un percorrido a pé, en bicicleta, autobús, taxi e tamén en coche pola Galicia apenovita e a do interior. Con paradas no acoso sexual e hijuelas e destino final na estación que diga a Marta Veiga Izaguirre. 

S01E16 - Alimentação🍏🍉 03.06.2021

Como é a relação das galegas com a comida? Estamos gordas? Falamos de mudanças de hábitos alimentares, de sentir-nos julgadas pelo que comemos (ou não comemos). Neste programa não deixamos nenhum tema no prato com @Dietistarealist

S01E15 - Avellentamento 27.05.2021

Inexplicabelmente, as Womansplainers tamén nos facemos vellas, mais non tanto como os protagonistas de Friends. Neste episodio, falamos con Teresa Carro de Anaobregonismo, da palabra "señora", das guerra xeracional contra os Boomers, das mellores series con mulleres maduras e vellas, deixamos opinar a Ghanito e podedes oír a Amara roncar no colo da Saboridinha.

S01E14 - Oposicións 13.05.2021

Cales son as vantaxes e desvantaxes deste sistema de acceso á función pública? Que opinamos das academias? Como coidar da nosa saúde mental durante a preparación? Ademais, tamén respondemos as preguntas que deixastes no consultorio opositor e desvelamos a fantasía dos carteiristas.

S01E13 - Mulleres e emprendemento 06.05.2021

Que dificultades afrontan as mulleres emprendedoras? Agrávase esta situación no ámbito do rural? Como se concilia o emprendemento coa vida personal e familiar? As nosas convidadas Loaira e Noemi responden estas e outras cuestións no episodio de hoxe.

S01E12 - BRAGAS! 29.04.2021

Este novo capítulo vai de bragas (e outros). Vós sodes máis de braga ou de tanga? Suxeitador si ou non? Estivo conversando connosco a Laura Veiga, xornalista e educadora menstrual en Pingando.gal

S01E11 - Mulleres e poder 22.04.2021

Que fallou na visita de Ursula von der Leyen a Erdogan? Por que hai quen chama presidente a unha presidenta? Que esperamos das nosas líderes?  Falamos de mulleres e poder coa politóloga e ex deputada Luca Chao.

S01E10 - Adiccións 15.04.2021

A que son adictas as Womansplainers? Por que desenvolvemos unha adicción? Hai diferenzas de xénero nas adiccións? E como están a mudar estas nos últimos anos? Falamos de todo isto con Carmela @Biochemiss

S01E09 - Migracións 08.04.2021

Neste episódio ouvimos experiências de pessoas migrantes. Como afeta à nossa identidade a migração? Quanto da nossa personalidade é devido ao contacto e observação doutras culturas? Falamos de xenofobia, racismo e inclusão com Jenni e Bea.

S01E08 - Saúde mental 01.04.2021

No episodio 08 gravamos coa Súa Maxestade a Raiña Vermella, a nosa psiquiatra de confianza. O tema foi, naturalmente, a SAÚDE MENTAL.

S01E07 T·E·T·A·S 25.03.2021

Non finxas que non queres escoitar o programa despois de ler o título.

S01E06 Día do pai 18.03.2021

Antigos e novos modelos de paternidade, dobres estándares de esixencia entre pais e nais, exemplos de bos e malos pais na ficción, señoros que falan do parto da súa parella en primeira persoa e máis

S01E05 8 de marzo 08.03.2021

Que significa o 8 de marzo para As Womansplainers? Como chegamos ao feminismo? Quen son as nosas mulleres de referencia na actualidade? Que lecturas, música e filmes nos empoderan?

S01E04 Consentimento 04.03.2021

Serven para algo as apps de consentimento? Edúcasenos ben sobre este tema? Qué opinamos sobre o anteproxecto da nova Lei de Liberdade Sexual? Pódese vender o consentimento? De todo isto falamos, esta semana coa visita da @seicach0ve.

S01E03 Coidados 25.02.2021

Os coidados en tempos de pandemia.  Como están a afectar as circunstancias ás mulleres que coidan? E ao reparto dos coidados entre homes e mulleres? Falamos de todo isto e doutros asuntos acompañadas por Moraima.

Listen to the As Womansplainers podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.