Radio Valladares

As fillas do café

Society GL ↓ 255 episodes

Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cantigas trashumantes e Museo Liste 28.08.2020

Conversamos coa música Miriam Sandoval e a responsable de didáctica do Museo Liste, Isabel Pousada.

Mulleres na música infantil galega 21.08.2020

Tertulia coas Maimiñas sobre a música infantil galega.

Centro Alto Rendemento Pontevedra 10.08.2020

Tertulia deportiva sobre o centro de alto rendemento. Experiencias de deportistas tentando entrar, as vivencias...

Mulleres invisibles na istoria 07.08.2020

Rescatalas como referentes. Através de: -visitas guiadas turÍsticas, como fai Nuria Pahino coas mulleres galegas. -congresos, como "Féminas" en Palencia, coas mulleres no medievo. -campañas, como "whatsmyname?" reinvindicando o papel das mulleres afganas, que non "teñen" nome propio.

Carga mental das mulleres & Volta ao cole co Foanpas 31.07.2020

Diso conversamos nestas Fillas do café. Da carga mental das mulleres e mais da volta ao cole, co Covid.

Atletas de alto rendemento no confinamento 23.07.2020

Deportistas paralímpicas: Desirée Vila Somos Océano: textil con deseño.

Conciliar durante o confinamento 17.07.2020

Conciliar é xa complicado na vida cotiá, mais teletraballando na casa coas crianzas estudiando, xogando... nestes tempos do covid. Conversamos con: - Sonia Hermida, que escribe no seu blog "o mundo ó revés" sobre educación, viaxes, libros... -María, monitora de campamentos de verán -E voces de diversos cativos, contando como viviron estes meses.

Reflexionamos sobre xogos 31.12.2019

Hai xogos para nenos e para nenas? Achegámonos ó valor educativo e didáctico dos diferentes xogos tradicionais e mais actuais. A importancia do xogo como instrumento socializador. Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? Tradicionalmente, os chicos son mais activos e ocupan mais espazo no que son os patios… as nenas son mais pasivas, xogan a xogos mais estáticos. Pero son así de xeito...

Aprender sobre as nosas vidas e as nosas mortes 30.12.2019

Acompañar á xente no proceso de morrer e de nacer con Luzia Titán, da Fundación Eomaia.

Agasallos navideños. Libros con referentes de mulleres 24.12.2019

Un bo agasallo neste nadal son as lecturas. Traemos libros escritos por mulleres ou que contan as súas historias. Recomendacións feministas do noso compañeiro Álex, dos rapaces de "Polo correo do vento" e da editorial asturiana Hoja de Lata. María Dueñas fixo unha versión radiofónica dun clásico dos clásicos, "Mujercitas". Rematamos así.

Cantos de arrolo en Galicia 20.12.2019

Cando somos piquirrichiños, uns bebés, adormécemos coas nanas. Ademáis do "ea ea ea", temos un catálogo de cantos de berce galegos: “Tecendo soños” da artista de Noia, Esperanza Mara. Se queremos aprender a cantalos, hai obradoiros dentro do programa "Vigo Arrólate". Conversamos coa mestra de pandeireta e canto tradicional, Margot.

Feminismo e novas masculinidades 18.12.2019

"Infamia" o novo libro de Ledicia Costas vai sobre as manadas e as vellas masculinidades. Aproveitando, charlamos sobre feminismo e novas masculinidades con Álex Araújo. El é psicólogo social que traballa en atención a persoas vítimas de violencia de xénero e colectivo LGTBIQ+.

Vogalía da muller en Valladares 13.12.2019

Dende a parte mais persoal conversamos sobre os micromachismos e situacións de violencia na familia coas mulleres da vogalía de igualdade do Centro Veciñal de Valladares.

Hotel da Natureza 05.12.2019

A Neves, o municipio que quedou prácticamente arrasado cos incendios do 2017, estase a reinventar. Camuflado entre os viñedos e montes atópase o Hotel Nande. 4 estrelas, como a natureza que o rodea. Conversamos co responsable do proxecto vinculado á bodega Señorío de Rubiós, Antonio Méndez. E tamén con Bety, a persoa que coida a horta coa que se cociñan algúns platos. Moi vitalista e moi entusiast...

Culturgal 29.11.2019

Á beira do río Lérez, na Boa Vila, entran na conta atrás para os 3 días da festa da cutura galega. Con Xosé Aldea, director do Culturgal, descubrimos o que hai no ámbito cultural en Galicia. E aí, Tanxugueiras van andar presentando o seu segundo disco "Contrapunto". Conversamos con Sabela, unha das voces doces deste poderoso trío. E outro faro que se presenta tamén no Culturgal: "Nós Diario" en pa...

Músicas galegas 26.11.2019

Adentrámonos nas músicas de "Turoqua", o novo disco do creador de música tradicional Marcelo Dobode. E coñecemos a Laura romero, baixista na veterana banda de rock Zënzar. Ademais, responsable do proxecto "Músicas galegas ilustradas". Obxetivo, dar visibilidade ás mulleres nas bandas de música galegas actuales. Rexistradas xa van 200 mulleres, na maioría cantantes... poucas son as baixistas e mais...

Medicina gráfica e ilustración científica 18.11.2019

Ilustracións que axudan a comprender mellor a medicina e a labor dos científicos. Conversamos con dúas ilusradoras: Mónica Lalanda explica a medicina dende a ilustración. Entre guardia e guardia debuxou as viñetas que compoñen "Con conciencia médica", un libro que recolle situacións nas que se atopa o persoal médico en consultas e en urxencias. Poucos, polo dagora, os profesionais sanitarios que s...

Divulgar a ciencia e facilitar o coñecemento 15.11.2019

Que fan nos laboratorios, para que sirve...? Facer comprensible a ciencia con actividades lúdicas na rúa é un dos obxectivos da Semana da Ciencia. Conversamos con Luisa Martínez, responsable da unidade de cultura do CSIC Galicia. E facer comprensibles textos áridos é o obxetivo da Asociación de lectura fácil. Con Elisabet Serra descubrimos que hai adaptacións de libros clásicos e novas creacións p...

Vidas para o teatro 30.10.2019

Unha viaxe ata os Balcáns sen movernos da butaca. A vida de Deborah Vukusic, metade galega-metade croata, contada en “Guerra de identidade”. A guerra dos noventa pillouna en plena adolescencia. Acompañamos a conversa con música balcánica e recomendamos algunha lectura. En Compostela XVIII Festival de Teatro afeccionado Agustín Magán. Con Manolo Dasilva a viaxe é polo teatro afeccionado e os 20 ano...

Idiomas, para que aprendelos? 21.10.2019

Conversamos sobre este mundo de aprender outras linguas coa profesora Andrea Comesaña. Para que queremos aprender idiomas? Según sexa a resposta, temos diferentes camiños. E viaxamos á vida das guerras e o exilio a través de tres biografías: a de Ara Malikian, o violinista libanés, que estrea documental "Unha vida entre as cordas"; a da historietista Marjane Satrapi e o seu cómic "Persépolis"; e a...

Camiñando cara a sociedade do coidado 14.10.2019

A través de Música en Vena, a música ten un lugar moi especial nos hospitais. Vai ser como un medicamento que se vai integrar, especialmente, nas unidades de enfermos críticos. Conversamos con Virgina Castelló, a presidenta. Veredes que bonito! Acompañar a un enfermo a unha cita médica ou durante a estancia no hospital de xeito voluntario é cada vez mais habitual. Isabel Camino, responsable de vol...

Indómita, a Greta Thunberg á galega 09.10.2019

Dúas forzas que veñen como un tsunami: a muller e a igualdade de xénero e mais o coidado do medioambiente. Isto o observamos xa en calquer aspecto da vida diaria e agora tamén nun contiño. “Indomita e a semente da inmortalidade” de Álex Mene. Tertulia a modo clube de lectura co autor.

Os muíños, a nosa primeira industria 03.10.2019

Moitas son as festas que se fan co fin de recuperar ou poñer en valor as tradicións entorno ás nosas primieras industrias, os muíños. En Valladares celébrase unha romería a redor do muiño da Senra. A idea é poñer en valor o ciclo do millo, dende que se sementa ata que se recolle, se moe e mais se transforma en pan. Un traballo no que estaban incluidos todos os membros da unidade familiar, homes, m...

Proxectos educativos na natureza 27.09.2019

Vivir, xogar e educarse na natureza. Imos coñecer algúns proxectos cercanos nas saias do Monte Alba. En Vincios: Foresta con Noa. En Gondomar: Gándara con Iago En Freixo-Valladares: Patios Vivos da Cooperativa Miudiño con Judit. Cantos proxectos de escolas na natureza hai? Ese é un dos traballos da Asociación Edna, educación na natureza. Conversamos con Paz.

A maxia da natureza como mestra 24.09.2019

Os bosquescuela… sónanvos dalgo? Jara Loira cóntanos do seu nas aforas de Madrid e destas experiencias en Europa. Vai estar no encontro Natureza e Infancia en Vigo. Conversamos cunha das organizadoras, Aida de Educaflash. E visitamos o noso pasado cunha arqueóloga, Mar Cortegoso, para coñecer a producción de sal nos tempos dos romanos por esta parte atlántica.

Listen to the As fillas do café podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.