Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Biblioterapia e Realkiddys 25.06.2021 45:39
Non só de música se alimenta a nosa alma, tamén de libros. Hai toda una sección adicada á biblioterapia na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. E diso conversamos con Cristina García Parga. https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/documents/aviso/guia_libros_recomendados_gal.pdf Realkiddys, un proxecto que naceu dos estudios de máster de Alba Alonso sobre a igualdade de xénero. Non só...
Conversas con Naza Tilve e Noemí García 18.06.2021 55:03
Naza Tilve adícase á recuperación física da saúde, especialmente, despois de enfermidades coma os cancros de mama ou de próstata. Noemí García, profesora de lingua galega que puxo en marcha no seu instituto (Leiras Pulpeiro, Lugo) o proxecto Galego para Boomers… Mais que un xeito de traer o galego ao século XXI, definirémolo como un xeito de traer aos boomers ao século XXI.
Do 14 ao 18 xuño 18.06.2021 59:17
Leandro Lamas ten moitas historias que contar, desas que lle serven de inspiración para os seus debuxos. Andivo esta finde pintado “viñetas do camiño” no Camiño Inglés, en Narón e non deu rematado o cadro porque os cativos que por alí andaban non paraban de lle pedir un debuxo. E el facíalles un paxariño. A Leandro gústalle moito a bici e recoméndanos a serra do Forgoselo, que lembra a paixase de...
Aproveitar o que xa temos 11.06.2021 1:00:19
Tanxugueiras o fai coa música de raiz levándoo ó mais moderno. Cos alimentos que nos sobran pola casa (o 40% do desperdicio alimentario faise nos fogares) dámoslle unha volta. Ideas da man da Comuna Nutritiva.
Calcetíns divertidos e letras de cancións xeitosas 04.06.2021 53:17
Calcetíns divertidos e coloridos son os que deseña Ana Carpintero dende SomosOcéano. "Se te quixen foi polos grelos", o novo disco de 7 mulleres disapares: Timparrantela.
Conversas con Mª Xosé Porteiro e Desirée Vila 28.05.2021 1:00:06
Este ano todos descubrimos a Xela Arias, aínda que, non somos quen de nomear a outras mulleres homenaxeadas polas Letras Galegas. Sobre as causas da súa ausencia imos falar con Maria Xose Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Desirée Vila é un bo exemplo de divulgación da discapacidade. Xa acadou o seu billete para Tokio e a súa...
Proxectos integradores 21.05.2021 50:59
Sen perder o sorriso, falamos coa asociación Anedia Galicia (nenos con diabetes) e da súa labor de acompañamento ás familias e divulgativa nos coles. Tamén, das propostas de moda de Juanmariabylolola e o seu proxecto integrador.
Letras Galegas. Xela Arias 14.05.2021 1:04:20
Co gallo das Letras Galegas falamos da obra de Xela Arias e mais da programación cultural deste mes de maio no Centro Veciñal de Valladares.
Loita libre con Lydia Pérez 22.01.2021 59:38
Unha historia deportiva. A da pontevedresa Lydia Pérez. Ós 9 anos unha exhibición de loita libre no seu cole xeroulle a inquietude por este deporte. Hoxe prepárase para as Olimpiadas. Sobre estes catro pilares: actividade do corpo, a nutrición, o descanso e a mente positiva, conversamos co entrenador persoal David García Oterino. Os fisios andan desbordados nestes tempos descontracturándonos das m...
Mundos máxicos. Literatura infantil e maxia. 15.01.2021 59:27
Cantas magas, das que fan trucos de maxia, coñecedes? Buscade a Adelaide Herrmann, nos comezos do século pasado, ou a maga peruana Gisell, neste novo milenio. Ou ide ata o espectáculo, "a igualdade non ten truco", con Sara Rodríguez. E cun conto infantil, "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto, coñecemos outras historias arredor da enseada. A das mulleres que axudaban ós presos en San Simón dur...
Precariedade laboral na sanidade pública 18.12.2020 1:02:32
Enfermeiras Eventuais en Loita ilustra con historias persoais a precariedade laboral da sanidade na área de Vigo. A tendencia a eleminar os paritorios en hospitais comarcais sobrevoa Verín como hai exactamente un ano? Conversamos coa Plataforma en defensa da sanidade pública da comarca de Monterrey.
Cohousing, unha alternativa ás residencias de maiores 11.12.2020 36:54
Unha proposta cooperativa para vivir en comunidade, unha alternativa ós modelos privados e públicos das residencias de maiores. Conversamos con Ancoradoiro Cohousing en Vigo.
Mens sana in corpore sano 04.12.2020 1:01:13
Exploramos o mundo do ioga, pilates... das masaxes ayurveda e a meditación. Un toque de presencia con Uxía Bastos e Suna Abreu.
Mes da ciencia. Mulleres STEM 27.11.2020 49:47
Motivar as rapazas a facer estudios STEM. Como? Con referentes. Biografías de mulleres galegas que agora mesmo andan polo mundo adiante traballando no ámbito científico ou tecnolóxico. Perfís extremadamente interesantes. https://www.agasol.gal/novas/ Con dúas submarinistas imos de viaxe polos fondos mariños ría de Vigo. Veñen de publicar un libro chulísimo, Alén do azul.
Feminicidios en México 19.11.2020 1:01:03
"La maté porque era mía", "mi marido me pega lo normal"... son parte do día a día para a sociedade mexicana. Conversamos sobre os feminicidios nesta parte do mundo con Karina, do colectivo de mexicanos en Galicia.
Arquivos e bibliotecas especializadas 13.11.2020 1:08:13
Unha volta por algunhas das que hai na cidade. Onde as atopamos? Nos hospitais, nos museos, nos clubes de montaña, nos conservatorios de música...
Carril bici en Vigo 30.10.2020 35:25
Falamos co colectivo de mulleres Bicivisíbeis e con Alexandre Mouriño, o arquitecto responsable do deseño do mesmo. E reflexionamos sobre os modelos de mobilidade, a relación co espazo público e a situación actual ante o deseño do plan director da bicicleta.
Músicas experimentais 23.10.2020 47:31
Dúas mulleres que arriscan na súa música. Mónica de Nut coa voz e Margarida Mariño co chelo.
CeibaRimas 16.10.2020 47:31
Con aprendices de maestro neste arte da improvisación en verso falamos hoxe un anaco. Álex "o jallejo" e a Rabela, finalistas de CeibaRimas. Aproveitamos para facer un percorrido polas voces femininas galegas no rap, hip-hop, reagge...
Olímpicos en Vigo. Obxetivo: Tokio 2021 09.10.2020 44:45
Como están a adestrar? A triatleta paralímpica Susana Domínguez. O decatleta David Gómez xa vai recollendo algúns froitos na súa nova faceta de adestrador. Os de Eva Queimaño e Abdel Larrinaga.
O mar como recurso 02.10.2020 1:00:00
Coñecemos o Vigo Pesqueiro. Da importancia que ten para a cidade e das actividades que se organizan para poñelo en valor conversamos con María Caldeiro. E das posibilidades dos océanos de satisfacer as necesidades alimentarias conversamos con Elena Ojea, investigadora e directora do Future Oceans Lab no Cuvi Na moda, artesáns do deseño. Descubrimos como vai ser o traxe da marquesa de Valladares. V...
Corsarias e piratas 25.09.2020 57:13
Historias de piratas na costa galega. Isabel Barreto, nativa de Pontevedra, foi a primeira mulelr almirante na historia da navegación. "Daniela Pirata e as mozas pirata". Revivir estas aventuras é o que fan cos nenos nas contadas de "Donde viven los cuentos". Xente que inspira. Como son por dentro os concursos de beleza? Conversamos coa veciña de Valladares, Silvia Vázquez, que ven de gañar Miss G...
Creativas galegas 16.09.2020 59:51
Creatividade galega. Conversamos coa costureira Patricia González do Obradoiro de costura Saians. Deseña moda galega inspirándose na tradición e adaptándoa ós nosos tempos. Creativas galegas. Un proxecto que aglutina un cento de artesáns e xente creativa galega. Compartir para crecer. Este é o seu lema e Isabel Pernas, afonda mais no que fan.
Mulleres no mar 11.09.2020 53:12
Unha volta na traiña cuns dos directivos do clube de remo de Coruxo. As redeiras da rúa Chao en Vigo, non dan volta senón que quedan no mural da nova sede da Deputación.
Premio Pedigree 2020 en Cans e roteiro das mulleres no Morrazo 04.09.2020 37:29
Manane Rodríguez, activista de Cima, productora e directora de 4 películas. Premio Pedigree 2020 en Cans. Chelo Loureiro, que tamén foi Pedigree hai dous anos, vai presentar un corto de animación "Carne". sobre o corpo da muller. E sobre as mulleres do Morrazo hai unha ruta para estes meses coa Illa dos ratos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.