Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Unha de comedia, música e artesanía 17.12.2021 55:40
As lerchas dende a Estrada, Irene Cebada ó seu violín e artesanía das flores de Greta dende Morgadáns.
A hora dos contos 10.12.2021 39:04
Un sobre a matemática María Wonenburguer. Outro sobre os que escribiu Emilia Pardo Bazán.
Plans para a ponte 03.12.2021 55:32
-Divertida e cómica. Conversamos coa actriz Diana Sieira. Cine, teatro, circo e agora, monólogos. Iso trae este domingo ata o auditorio de Valladares. -Voltiña polo patrimonio ata o Escorial galego, o colegio de Nuestra Señora de la Antigua. Aí en Monforte tamén percorremos a ponte vella e o Parador. Ademáis, coñecemos a lenda da coroa de lume.
Divulgadoras científicas 25.11.2021 55:37
Dende o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana en Burgos, a investigadora e divulgadora Marina Martínez contános canta información se atopa nun dente. Coñecemos a vida da mestra e divulgadora científica Celia Brañas. E paseamos polo xardín botánico da Fundación Sales coa bióloga Patricia Vázquez.
Galegas na ciencia & Catálogo árbores senlleiras 19.11.2021 44:11
Conversamos sobre as mulleres galegas na ciencia con Isabel Blanco, que ven de publicar un libro para achegarlle este coñecemento á xente nova. E divulgación fan tamén dende a Consellería de Medio Rural. Sobre as árbores senlleiras, o catálogo, as rutas... falamos coa directora Belén do Campo.
Dúas historias 12.11.2021 50:39
Coa Comuna Nutritiva conversamos de como se pode adaptar a alimentación ó ciclo menstrual. E para achegarnos á arte do plegado do papel, a papiroflexia, facemos unha paradiña no Museo de Pontevedra. Contemplamos mais de 200 obriñas e podemos asisitir a algún obradoiro.
Expandir a conciencia 05.11.2021 57:03
A terapia con vibración serve como instrumento a Uxía Bastos para acompañar ás persoas na última parte da vida. E hoxe comparte con nós a súa experiencia. Na selva amazónica viven a súa propia cosmovisión. Tonhito de Poi trasládanos parte dela no disco In-dios, no que reflexiona sobre o regreso dos humanos á natureza.
Tres historias para a época de Defuntos 29.10.2021 59:06
Decorar un banquete coa axuda de Floristería Lola en Mos. Comer un potaxe con Calabizo, o chourizo de cabaza que preparan en Nigrán. E ir mirar un espectáculo de títeres. Fábulas da Montaña, sobre a historia de Concepción Arenal.
As leiteiras de Zamáns 15.10.2021 1:00:47
Foron unha axuda importante á economía dos fogares. Conversamos con Esther, veciña de Zamáns, que foi leiteira “moderna”, porque daquela, nos 80, xa tiña coche.
Xela Arias, a quinta Desertora 15.10.2021 42:04
Iso din os Desertores, que están a piques de sacar o libro-disco . Achégase ata a radio Valerio Araujo a contarnos o que poida avanzar del.
Misión Biolóxica de Galicia & Gradiant 08.10.2021 53:20
Coñecemos a Misión Biológica de Galicia do CSIC e o centro tecnolóxico de Gradiant en Vigo.
Nación e Negro Púrpura 01.10.2021 58:45
Contamos a historia das mulleres na fábrica de cerámica de A Pontesa e a da xente que apañaba o cornezuelo do centeo para vendelo ás multinacionais farmacéuticas. Conversamos coas directoras de Nación e mais de Negro Púrpura. Peli e docu, que recollen estas vivencias.
Bicos de papel & Orpagu 24.09.2021 44:35
A Asociación Bicos de Papel axuda ós nenos con cancro no Cunqueiro e apoia ás familias. En menos de 5 anos de vida conseguiu un interesante recoñecemento da sociedade. A Organización De Palangreros Guardeses leva medio século de vida e acada tamén avances. Por exemplo, o salvatortugas, deseñado polos propios pescadores que se está a probar nos barcos galegos que pescan nos océanos do planeta.
Recaladas no camiño 17.09.2021 23:57
Recaladas no camiño, un proxecto de Fundamar, para descubir o patrimonio industrial do mar. Conversamos con María Caldeiro e facemos unha das paradas no Museo das Salgadeiras de Moreiras no Grove
Mestras 09.09.2021 40:38
Vai de profes: unha para ensinar a cantar, Fransy González, e outra para collerlle o gusto a lectura, a profe de alemán do IES Elviña da Coruña, Josefa Rey.
Colareiras: Montse Bentanzos & Cantautoras: MJ Pérez 03.09.2021 47:22
Coñecemos a Montse Betanzos, que segue facendo colares de cunchas dende O Grove, auténtica xoiería. E estreamos as entrevistas aos grupos presentes no Revoltallo 2021 coa cantautora MJ Pérez.
Acordeireta & 13 grados submarinismo 27.08.2021 48:58
Dende Acordeireta, co seu disco Loitar cantando ata ás gafas de realidade virtual nas que traballan 13grados para coñecer os fondo das Cíes.
Amarturmar e Animosa 19.08.2021 44:21
Dúas historias que comezan por A. Coñecemos os productos de Animosa inspirados nas grandes mulleres da historia e ó mundo das profesións do mar, achegámonos co Turismo Marinero Amarturmar.
Cultura e línguas galega e portuguesa 13.08.2021 56:55
Un exemplo desta realidade compartida é o MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal, que vai ter lugar en setembro entre Tui e Valença. Conversamos con Aitana Cuétara. Na secundaria os rapaces xa teñen a opción de aprender o idioma da outra beira do Miño. Hai 65 centros dos 250 que hai en Galicia. Falamos con María José Rial, profe de portugués no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Dende o pequeno 06.08.2021 57:44
Ás veces é preciso comezar polo pequeno, como poñer en valor a nosa lingua na educación infantil. Con Marta Díaz falamos da súa tese sobre a socialización en galego. Pequeno é tamén o Chiriguito Deilán en Vilaboa. Elena entreténnos os veráns dende hai tres anos con propostas musicais de calidade.
Olimpia Valencia & A Lindona de Galicia 30.07.2021 1:01:22
Traemos dúas historias Imos coñecer a da primeira xinécologa en Vigo. “Olimpia Valencia, ocho décadas de historia desde lo ojos de una pionera” escrita pola xornalista Ana Fuentes. A da Lindona de Galicia foi adaptada recentemente ó teatro radiofónico por Tito Asorey. Trátase dunha obra teatral do s. XVII na que aparece o galego. Sobre a presenza da nosa língua nos textos desa época falamos con Ro...
Movemento veciñal no s. XXI en Vigo 23.07.2021 1:02:00
O século XXI. E agora a que retos se enfrenta o movemento asociativo? Diso conversamos cos presidentes do Cvcv deste novo milenio.
Amarelante & Panadería Desing 14.07.2021 48:01
Dous proxectos novos e dúas mulleres para contalos. Amarelante busca manter o rural de Manzaneda vivo. Natalia forma parte desta cooperativa con outros 8 socios mais. No 2013 apostaron por renovar a tradición das castañas ofrecendo novos productos feitos deste froito: fariña, doces... e por que non, bebidas. Ana Pan é o cerebro de Panadería Desing. A paixón desta arquitecta pola pintura e mais a r...
Chatbots & Arqueoloxía 09.07.2021 43:13
O de falar sós non é cousa de tolos. Hai alguén que sempre nos escoita: Siri e Alexa, pero as súas respostas parecen que quedaron no século pasado, se as miramos con perspectiva de xénero. Diso falaremos coa profesora Soledad Torres da Uvigo. Os nosos antergos si que sabían. Os castros están ubicados en lugares con moi boas defensas pero tamén cunhas vistas impresionantes. Coñecemos o de Chandebri...
Conversa con Brazolinda xogos & Iria Álvarez, consultora dixital 02.07.2021 51:52
Traemos plans para os días de chuvia: os xogos de mesa en galego de Brazolinda xogos. Creados por Irimia Fernández. E sobre o bo uso das redes sociais para as empresas e organizacións conversaremos coa consultora Iria Álvarez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.