Radio Valladares

As fillas do café

Society GL ↓ 255 episodes

Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Historias para coñecer Vigo con María Reimóndez 18.09.2019

María Reimóndez escribiu hai tempo un relato sobre o Vigo descoñecido. A protagonista, unha muller que limpa os portais a horas intempestivas pola zona das Travesas. Aproveitamos para falar de oficios. Hai moitos. Algúns invisibles, outros en extinción, parece que xa non se precisa deles, outros son novos...

Rock alternativo e Ska-punk con voz de muller 03.09.2019

Vimos musicais! E con voz de muller! Ata Boiro imos co grupo de rock alternativo Agoraphobia. Todas mulleres noviñas e moito recoñecemento na escena musical española. Outra voz, a dos coros e teclados de Liska!, Jana. Ska-punk made in Vigo, fan moita festa e vanse meter no estudio co novo disco República 2.0.

A que xogan as crianzas hoxe en día? 02.09.2019

Campamentos de verán e extraescolares. A que xogan os cativos hoxe en día? Xente variada pasa polos micros: -rapaciñas da ludoteca e unha das monitoras sobre o espacio do río nos arredores do Centro Veciñal de Valladares, onde fan cabañas, pontes, carreiras de barcos feitos con corchos... e mollan os pés, moi a gusto! -un pai e un fillo que contan de xogar ó fútbol no monte cos eucaliptos de porte...

Viaxe polos útlimos 40 anos do baloncesto en Galicia 30.08.2019

Viaxamos polos últimos 40 anos do baloncesto en Galicia cun histórico do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto Pérez. Xogador, árbito e adestrador, que creou un clube feminino no ámbito pontevedrés. Comeza o Mundial de baloncesto en China. Repasamos os grupos, os favoritos, o team que leva España e o novo sistema de clasificación.

Novas pedagoxías na escola en primaria e secundaria 29.08.2019

A educación é unha tarefa compartida: da escola, da familia e da sociedade onde conviven os rapaces. Quen está na tertulia? Unha mestra de primaria e un pedagogo, ambos menores de 30 anos e viviron catro reformas educativas, e un estudante de secundaria que, ós seus 13 anos, xa pasou por dúas no seu periodo escolar. A mellor herdanza para os adultos do futuro é unha boa formación. A pedra angular,...

Moraima. Acosada e acosador. 27.08.2019

"Moraima". Unha muller acosada por un rapaz e os seus amigos cómplices. A historia non é real pero podía selo, verdade? Ródase corto por Vigo adiante con localizacións en Valladares. Nos títulos de crédito: estes rapaces novos, encabecillados por Lara, veciña de Valladares que estuda Comunicación Audiovisual en Madrid. Para visibilizar o traballo das mulleres no mundo audiovisual naceu no 2006 CIM...

Mulleres organizando e animando as festas patronais 22.08.2019

Xogamos en casa e conversamos sobre San Campio. -os preparativos: coa presidenta da comisión de festas, Nieves. -levar á festa ós barrios: coa trompetista da Charanga Vaite Xa! -a vida nómada dos feirantes: crianzas fillas de feirantes.

Mulleres bravas do Morrazo e da illa de Ons 21.08.2019

O Morrazo e as illas de Ons. Lugares paradisíacos onde sentir a natureza e descansar. Moitas lendas inspira. Falamos de mulleres bravas, das que nos chegan a través das cantigas e a que agora se lle vai rodar unha película "María Solinha". E das que viven nas illas. Conversamos con outra María, a portavoz de Ons en Loita.

Humanización do servicio de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro 19.08.2019

Hoxe no programa imos ir ata o Cunqueiro, o hospital… Entramos por urxencias. Imos escoitar a enfermeira Ana Braña. Ela é a cabecilla dun proxecto que busca “humanizar” o servicio de urxencias.

Traíñas, mountain bike e ciclocross 13.08.2019

Conversamos con María Rodríguez, unha rapaza de 19 anos veciña de Valladares. Practica os dous deportes e, ademáis de achegarnos a estes deportes minoritarios, contános das dificultades que as mulleres atopan por ser mais minoritarias ainda. Por exemplo, para formar equipo de traíñas exclusivamente feminino, tivéronse que xuntar 3 equipos (Meira, Coruxo e o Mecos) e acabaron sendo campionas de Esp...

Os amigos e os estudios na adolescencia 02.08.2019

Que pensan dos amigos? Canto falan con eles x wasap ou instagram? Que fan cando quedan a estudiar con eles? Que pensan dos deberes? dos exames? de que lles fagan escoller tan cedo que estudiar, da amistade dentro e fora das aulas... Imos escoitalos.

Os cativos no tempo de ocio 02.08.2019

Imos voar coa nosa imaxinación ata a infancia e os mundos dos: -dinosaurios, superheroes, monstruos... -cumpleanos -ás tardes de verán na piscina cos amigos -ás cancións de verán E tamén achegarnos ó mundo do patinaxe coas rapazas do Clube de patinaxe de Valladares. Como son os entrenamentos? E as competicións?

Pensamento musical e pensamento crítico no teatro 23.07.2019

PENSAMENTO MUSICAL. CLARINTES. Conversamos coa directora académica, co director artístico e mais cos profes e unha alumna do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares. Unha xoia escoitar como viven a música. SAXOS. VigoSaxForum: concertos, conferencias, masterclass, obradoiros de improvisación... unha semaniña chea da música do saxofón....

Conciencia medioambiental 12.07.2019

Programa sobre o mediomabiente Sobre o xabarín e o seu cruce co porco vietnamita, o porcoril, conversamos con Inés do Santuario Vacaloura e cun amante da natureza e os animais, Xaime Villaverde. E do efecto das fábricas de celulosa, concretamente ENCE na auga da ría de Pontevedra, con Belén, secretaria executiva de ADEGA.

Literatura sobre a transexualidade infantil 28.06.2019

Contos que axudan a comprender: “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, "Piratas no recreo", "22 segundos"... Conversamos coa escritora Iria Misa e a ilustradora Luz Beloso, da súa labor como profesoras sobre a necesidade de divulgar entre os cativos e adolescentes temas que importan de verdade. Ademáis, Cristina Palacios asesorounas dende Arelas, asociación de familias de menores trans. Falamos con ela...

A arquitectura dos coles hai 50 anos. O Igrexa Valladares. 25.06.2019

Imos coñecer eses inicios e as transformacións dende o ano 63… descubrir cantas escolas unitarias había por Valladares, as dificultades coas que tivo que lidiar a Anpa do Igrexa Valladares nos anos 70 /80. E reflexionar sobre o futuro da educación. A arquitectura dos coles, dos patios, das aulas.... Hai 50 anos os colexios solían estar nos baixos das casas. Os nenos iban a unha escuela e as rapaza...

O colexio Igrexa Valladares hai 50 anos. Vivencias das mulleres 21.06.2019

50 anos ten o colexio Igrexa Valladares. Imos trasladarnos ata eses inicios coas vivencias e recordos das primeiras alumnas. As zamanexas.

IES Valadares Semana cultural III 13.06.2019

Aprender a aprender -Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "Eu protesto". Contado polos estudiantes. -Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e mais coa futura profesora e ex alumna Noa. -A charla dinámica...

IES Valadares. Semana cultural II 12.06.2019

Nesta semana cultural das rapazas e dos rapaces do IES Valadares conversamos sobre: Aprender a debuxar nun obradoiro de cómic, adestramento canino con Vai de Cans, a evolución das telecomunicacións -dende as señais de fumo ata a fibra óptica- e da excursión á Ourense.

IES Valadares. Semana cultural I 10.06.2019

Investigación científica e lingua galega Achegámonos ata a Semana Cultural do IES Valadares. Pasan polos micros alumnos e profesores de lingua galega e de bioloxía. Acompañan ó escritor galego Manuel Núñez Singala, responsable do servizo de Normalización Lingüística da USC, e á investigadora da UVigo África González, tamén presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.

Eu protesto. A forza da protesta colectiva 07.06.2019

Se a sociedade civil non protesta e non se xunta, poucos cambios se conseguen. Iso estamos a mirar na sanidade e na educación coas folgas destes meses. No IES Valadares están a fomentar este espíritu crítico co proxecto “Eu protesto”. A Plataforma mais Pediatras, que agrupa a ANPAS da comarca, á Rede Cría e mais a Teta e coliño, da apoio ás reivindicacións dos profesionais de atención primaria e o...

A cultura galega: Antonio Fraguas & Malores Villanueva 05.06.2019

Conversamos coa escritora, filóloga e investigadora Malores Villanueva sobre a nosa cultura galega, o legado de Antonio Fraguas, a lingua, a relación cos políticos... Tremendamente interesante!

Clara do Roxo e a escrita creativa 31.05.2019

Conversamos con Clara do Roxo da súa paixón por ensinar escrita creativa e da súa novela "Actrices secundarias", Finalista do Premio Torrente Ballester 2018.

Festival de Cans 27.05.2019

Imos dar unha voltiña e conversar coa directora Chelo Loureiro, que vai estar no espacio "A que andas?" conversando con outros directores sobre os bocetos dunha película antes da rodaxe. Ela anda detrás da historia de "Valentina", unha nena con síndrome de Down. Cans non é so cine, tamén é música. Escoitamos ós grupos de mulleres que van actuar nestes 4 días. E mais espacios. Lendocine, un tempiño...

Exiliadas políticas de Venezuela. 20.05.2019

20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Escoitamos o punto de vista de exiliadas políticas.

Listen to the As fillas do café podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.