AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles mediodía 15-03-2026 15.03.2026

O Deportivo Abanca caeu con dignidade por cero a dous ante O Barcelona no partido máis difícil da temporada. O Galicia en Goles na matinal do domingo estivo centrado tamén nos 4 partidos da 3ª galega e no polideportivo, co empate do Liceo ante o Noia.

Galicia en goles domingo 15-03-2026 15.03.2026

O Celta mantén o pulso co Betis pola quinta posición tras empatar co conxunto sevillano a un tanto e seguir a tres puntos de diferencia co average igualado. Mentres, na 2ª RFEF, o Bergantiños e a Sarriana venceron coma locais e a UD Ourense caeu en Langreo

Galicia en goles sábado 14-03-2026 14.03.2026

O sábado foi intenso en toda a extensión do Galicia en Goles, que comezaba con ata tres partidos de 1ª RFEF. Un deles, o Arenas - Pontevedra, non se puido desputar polas choivas caídas en Getxo. Nos outros dous o Ourense CF e o Rácing de Ferrol empataron no Couto e o Arenteiro caeu en Zamora. Logo chegou a goleada do Castilla ao Lugo no Anxo Carro. Na parte final do programa quedaba o máis salient...

Galicia en goles venres 13-03-2026 13.03.2026

O Galicia en Goles do venres estivo centrado en Balaídos, no encontro que desputaron os dous primeiros clasificados do grupo 1 da 1ª RFEF. Un gol no tempo de prolongación do líder, o Tenerife, impediu ao Celta Fortuna achegarse na clasificación. O resultado final foi de empate a un tanto. Tempo houbo tamén para repasar a ampla axenda deportiva galega desta fin de semana.

Galicia en Goles. Especial Celta 1-1 Olimpique de Lyon 12.03.2026

Narración do partido de ida dos oitavos de final da Europa League, comentarios e reaccións.

Galicia en goles mediodía 08-03-2026 08.03.2026

A edición matinal do Galicia en Goles tivo ao baloncesto como prato forte con dous encontros: a malleira do Barcelona no Pazo ante o Breogán, no regreso tras dúas semanas da ACB, e o triunfo do Basket Coruña ante Alacant no Coliseum, que reforza o liderato dos coruñeses. No fútbol houbo tres encontros da terceira RFEF que foron tamén protagonistas, asi como a Carreira da Muller de Ourense.

Galicia en goles domingo 08-03-2026 08.03.2026

Con todo de cara para rematar a xornada en postos de ascenso directo, trala derrota do Castellón o sábado, o Deportivo volveu dar a de area. Caeu de maneira xusta en Riazor por cero goles a dous e confirma as malas sensacións das últimas semanas.

Galicia en goles sábado 07-03-2026 07.03.2026

Co groso do fútbol profesional entre venres e domingo, e a gran parte do protagonismo galego da 1ª RFEF tamén para a xornada dominical, o sábado quedou nun man a man entre os partidos do Lugo e do Arenteiro. Ambos colleitaron sendos empates, o Lugo na casa do líder e os carballiñeses no Espiñedo ante o Castilla. No polideportivo caeron boas novas no triunfo a domicilio do Obradoiro e tamén do Cang...

Galicia en goles venres 06-03-2026 06.03.2026

O Galicia en Goles do venres tivo un prato principal en Balaídos, co desputado encontro que enfrontou ao Celta e ao Real Madrid. Nun igualado partido, un gol no minuto 95 dos merengues privou aos vigueses de sacar algo positivo. Asimesmo, no polideportivo destacou a xornada na liga feminina de baloncesto, con dobre derrota galega, do Uni na Malata ante o Avenida, e do Ensino na cancha do Jairis.

Galicia en goles mediodía 01-03-2026 01.03.2026

A edición matinal contou as vitorias galegas do Liceo e Uni Ferrol e estivo en dúas citas do polideportivo: na Media maratón e 5K da Coruña e na primeira proba da Transgalaica de maratón BTT en Ames.

Galicia en goles domingo 01-03-2026 01.03.2026

Celta e Deportivo conseguiron triunfos a domicilio na tarde do domingo. O equipo vigués remontou en Montilivi e venceu ao Xirona por un a dous, colocándose a tan só tres puntos da quinta posición. Pola súa banda os coruñeses tamén lle deron a volta ao marcador en contra, e grazas a un gol de Soriano no desconto remataron derrotando á Real Sociedad B por dous a tres. O Deportivo iguala agora a punt...

Galicia en goles sábado 28-02-2026 28.02.2026
Galicia en goles venres 27-02-2026 27.02.2026

O Galicia en Goles deste venres comezou desfrutando da vitoria do CD Lugo no Anxo Carro ante o Athletic B, que o sitúa en postos de playoff. A cara amarga chegou no futsal, coa derrota do Noia, tras sufrir a remonta do San Coloma. Houbo tempo para falar cos pilotos do Rally da Coruña e coa gala VigBay. Por suposto Roberto Carlos Carballo analizou a última hora dos equipos galegos de cara a esta fi...

Galicia en Goles. Especial Celta 1-0 Paok 26.02.2026

Previa, retransmisión e entrevistas do partido de volta da Europa League, Celta-Paok

Galicia en goles mediodía 22-02-2026 22.02.2026

Ampla despregadura do Galicia en Goles na mañá de domingo para contar o triunfo do Fabril ante o Numancia, o do Coruxo ante a Sarriana no derbi do Vao e o empate do Bergantiños en Segovia. na 3ª RFEF o Gran Peña gañou na casa ao Estradense, o Arteixo asaltou A Madalena e a gran sorpresa chegou na Grela, coa derrota do Compostela ante o Silva.

Galicia en goles domingo 22-02-2026 22.02.2026

O Celta situase sexto na clasificación tras vencer ao Mallorca por dous a cero, nun partido que tivo a Iago Aspas coma protagonista. No resto da xornada futbolística, o Ourense CF perdeu en Guadalaxara e a UD Ourense empatou a tres no Couto ante o Raio Cantabria. No polideportivo destacou a vitoria do Ensino sobre o Uni Ferrol no derbi galego desputado no Pazo e o importante triunfo do Cangas en H...

Galicia en goles sábado 21-02-2026 21.02.2026

A vitoria do Deportivo en Riazor ante o Eibar seguen mantendo aos coruñeses na zona noble da clasificación. Pero o xogo non foi bo e iso afeouno a grada e recoñeceuno o propio cadro de xogadores e corpo técnico. Na 1ª RFEF o Pontevedra e o Lugo empataron nun intenso derbi mentres que o Arenteiro perdeu co líder por culpa dun penalti no tempo extra.

Galicia en goles venres 20-02-2026 20.02.2026

O venres estivo marcado polo intenso derby que se desputou na Malata, correspondente á 1ª RFEF entre Rácing de Ferrol e Celta Fortuna, con vitoria celeste na prolongación. Asimesmo houbo un trascendental Leyma - Estudiantes, con vitoria coruñesa no Coliseum.

Galicia en Goles especial Paok 1-2 Celta 19.02.2026
Galicia en goles domingo 15-02-2026 15.02.2026

O Deportivo da Coruña perdeu a oportunidade de acadar postos de ascenso directo tras caer na casa dun rival directo, o Castellón, por dous tantos a cero. Agora os coruñeses están a catro puntos da segunda posición. Na 1ª RFEF houbo unha de cal e outra de area para os conxuntos galegos. O Lugo gañoulle na casa ao Guadalajara mentres que o Arenteiro caeu na súa visita ao Talavera. Peor foron as cous...

Galicia en goles mediodía 15-02-2026 15.02.2026

Na matinal do domingo a única boa nova chegou en Balaídos co triunfo do Celta Fortuna ante o Avilés por catro goles a dous. Peores resultados tiveron os dous equipos galegos na 2ª RFEF. A UD Ourense caeu en Soria e a Sarriana na Ribela ante a Ximnástica Segoviana.

Galicia en goles sábado 14-02-2026 14.02.2026

Longo Galicia en Goles o do sábado, que comezou ás 13:45 co encontro do Celta en Cornellá. Con alternativas no marcador e polémica arbitral incluída, o equipo celeste empatou a dous co Espanyol no desconto. Á mesma hora o Pontevedra rachaba a súa xeira positiva caendo en Cáceres. Mellor sorte tiveron o Ourense CF, que venceu ao Mérida, e o Rácing de Ferrol, que asaltou a casa do líder, o Tenerife.

Galicia en goles venres 13-02-2026 13.02.2026

Roberto Carlos Carballo analiza con tódolos protagonistas os partidos e acontecementos deportivos máis importantes da fin de semana.

Galicia en goles mediodía 08-02-2026 08.02.2026

O polideportivo trouxo grandes novas para o deporte galego coa vitoria do Liceo ante o Barcelona que o sitúa líder da OK Liga, e do Ensino ante Zaragoza. A polémica chegou co Pontevedra Castilla que rematou en empate tras un gol anulado aos granates na prolongación.

Galicia en goles domingo 08-02-2026 08.02.2026

Tras case dosus meses e medio, o Deportivo volve sorrir na casa. Venceu por dous a un ao Albacete e segue na zona alta da clasificación. Na 1ª RFEF o Fortuna empatou en Ponferrada e no derbi de Coles houbo empate entre UD Ourense e Coruxo.

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.