AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles sábado 07-02-2026 07.02.2026

Non houbo tempo para aburrirse neste sábado deportivo galego. Pendentes dos moitos partidos que tiveron que ser suspendidos xa fose polo estado do terreo de xogo, polas imposibilidade de chegar dalgún dos equipos ou polas alertas laranxas, o día comezou forte coa goleada do Arenteiro e o empate no derbi da Malata. Perdeu o Ourense CF en Salamanca mentres que na 2ª RFEF o Fabril impúxose no descont...

Galicia en goles venres 06-02-2026 06.02.2026

A eficacia de Osasuna tumbou ao Celta no encontro que abrìa a xornada en primeira división. Baixo un diluvio na cidade olívica, os navarros impuxéronse por un tanto a dous, nun encontro que centrou o Galicia en Goles deste venres.

Galicia en goles mediodía 01-02-2026 01.02.2026

A xornada matinal, máis alá da vitoria de Alcaraz no Open de Australia de tenis, non deixou bo sabor de boca. O Deportivo Abanca competiu ata o final ante un dos grandes da Liga F, o Real Madrid. Dous penaltis en contra na recta final sentenciaron ás coruñesas. Mentres na 1ª RFEF o Ourense CF caeu en Getxo por dous a un. Nas citas da 3ª RFEF o Vilalbés gañou ao Barbadás e o Barco asaltou Viveiro.

Galicia en goles domingo 01-02-2026 01.02.2026

Nun gris partido no Coliseum o Celta igualou a cero ante o equipo de Bordalás. Mentres na 1ª RFEF o Lugo perdeu o derbi dos Ancares ante a Ponferradina e na 2ª RFEF houbo vitoria do Coruxo, empates de UD Ourense e Fabril e derrota da Sarriana.

Galicia en goles sábado 31-01-2026 31.01.2026

Quedou un bo sábado en xeral, coas ledicias dos equipos galegos. O Deportivo necesitou dun penalti no tempo extra para levar o triunfo de León. O Fortuna sufriu máis da conta ante Unionistas, o Pontevedra mallou en Talavera e o Bergantiños asaltou Langreo. A peor nova chegou en Zamora coa derrota do Rácing de Ferrrol. No polideportivo, dobre ledicia para o básket lucense, con dobre vitoria de Ensi...

Galicia en goles venres 30-01-2026 30.01.2026

O Arenteiro - Athletic Club B desputado no Espiñedo foi o principal partido no que se centrou o Galicia en Goles do venres. Ademais, Roberto Carlos Carballo analizou toda a fin de semana deportiva galega.

Galicia en Goles especial Estrela Vermella-Celta 29-01-2026 29.01.2026
Galicia en goles mediodía 25-01-2026 25.01.2026

O matinal do Galicia en Goles contou o triunfo do Ensino de Lugo ante o Juventut de Badalona na máxima categoría do baloncesto feminino español. No fútbol da RFEF a UD Ourense visitaba ao Valladolid Promesas. E na 3ª RFEF o Alondras vencía ao Vilalbés no único partido que rematou antes das dúas da tarde.

Galicia en goles domingo 25-01-2026 25.01.2026

Non foi unha boa xornada para os equipos galegos do fútbol profesional. O Celta caeu derrotado en Anoeta por tres goles a un, a pesar de xogar en superioridade toda a segunda metade. Tampouco foi quen de gañar o Deportivo, que perdeu en Riazor ante o Rácing de Santander por cero tantos a un. A derrota ante o líder afasta aos coruñeses da cabeza en sete puntos. As mellores novas chegaron na 1ª RFEF...

Galicia en goles sábado 24-01-2026 24.01.2026

O sábado do Galicia en Goles arrincou cun derbi galego na 1ª RFEF na Malata. que se saldou con triunfo local do Racing de Ferrol por dus goles a cero ante o Arenteiro. Na 2ª RFEF O Fabril aproveitou o agasallo do Coruxo, que venceu na casa do líder, para situarse no máis alto da clasificación tras derrotar ao cerraportelos, o Sámano. No polideportivo tivemos unha de cal e outra de area. Mentres o...

Galicia en goles venres 23-01-2026 23.01.2026

Intenso venres de fútbol na 1ª RFEF con dous encontros con presenza galega. En Balaídos o tolo encontro entre o Fortuna e o Zamora rematou cun empate a tres goles, conseguido polos celestes no minuto 97. Tamén na prolongación conseguiu a igualada o Pontevedra en Mérida.

Galicia en Goles especial Celta 2-1 Lille 22-01-2026 22.01.2026
Galicia en goles mediodía 18-01-2026 18.01.2026

Mañá con sorte dispar para o fútbol galego. A boa nova chegou no Couto co triunfo do Ourense CF ante o Osasuna Promesas. Peor lle foron as cousas ao Bergantiños que, a pesar de comezar gañando, perdeu en Soria ante o Numancia. Tampouco puido sacar nada positivo o Deportivo Abanca na visita ao Badalona, caendo pola mínima. E na 3ª RFEF o partido máis animado estivo na Illa co derbi intenso entre Cé...

Galicia en goles domingo 18-01-2026 18.01.2026

O terceiro triunfo consecutivo do Celta en Balaídos, desta vez ante o Raio Vallecano, supuxo outro chimpo máis do equipo olívico na primeira división. Os de Giraldez empatan a puntos co Betis en posicións europeas e abren fenda cos seus perseguidores. Pola contra no fútbol da RFEF non houbo tanta sorte, coa derrota do Lugo, a primeira da temporada coma local, ante o Unionistas de Salamanca.

Galicia en goles sábado 17-01-2026 17.01.2026

Quedou un bo sábado, en xeral, co gran sabor de boca que deixaron as vitorias do Deportivo en Almería e do Breogán, in extremis e cun triple no último tiro do partido, en Andorra. Tamén no polideportivo destacou o triunfo sufrido do Liceo e do Guardés en competición europea. No fútbol da RFEF Pontevedra e Arenteiro empataron no derbi, o Fortuna tamén o fixo en Talavera e a pior nova chegou cunha n...

Galicia en goles venres 16-01-2026 16.01.2026
Galicia en Goles especial Sevilla 0-1 Celta 13.01.2026
Galicia en Goles especial Copa Dépor 0-1 Atleti 13.01.2026
Galicia en goles mediodía 11-01-2026 11.01.2026

A matinal do domingo non trouxo boas novas para o filial céltico, que caeu en Barreiro por un gol a dous ante o Barakaldo. Tampouco puido gañar o Deportivo Abanca, que empatou en Riazor a un gol co Tenerife. No polideportivo o Coruña venceu a domiclio ao Alacant, o mesmo que fixo o Liceo en Maçanet.

Galicia en goles domingo 11-01-2026 11.01.2026

Na 2ª RFEF a UD Ourense gañou no Couto, o Bergantiños empatou nas Eiroas e a Sarriana caeu en Villaviciosa. Ao remate da axenda galega o Galicia en Goles centrou a súa atención na final da Supercopa de España que se desputou en Arabia e na que venceu o Barcelona ao Real Madrid.

Galicia en goles sábado 10-01-2026 10.01.2026

O sábado do Galicia en Goles foi intenso en canto ao futbolístico e tamén no polideportivo. Se o Deportivo era quen de rabuñar un empate en Las Palmas., os moitos partidos da RFEF deixaron resultados para tódolos gustos. Mentres o Pontevedra segue coa sua xeira triunfal, con 5 vitorias consecutivas, goleando en Avilés, o Rácing de Ferrol segue deixando puntos, desta vez con derrota na Malata ante...

Galicia en goles venres 09-01-2026 09.01.2026

Este venres Roberto Carlos Carballo conversou cos representantes do fútbol galego na Supercopa de España que se desputa en Arabia. Asimesmo fixo un repaso por tódolos acontecementos deportivos da fin de semana dos conxuntos da nosa terra.

Galicia en goles mediodía 28-12-2025 28.12.2025

Mañá dominical onde o baloncesto foi o principal protagonista. Na 1ª FEB o COB caeu en Oviedo nun final pechado mentres que na festa da Malata, o Baxi Ferrol impuxo a condición de local para derrotar no derbi ao Ensino de Lugo. Asimesmo houbo tempo para estar en Maceda, nos campionatos galegos de ciclocross.

Galicia en goles domingo 28-12-2025 28.12.2025

O derbi da Primeira FEB foi o prato principal do menú deportivo deste domingo no Galicia en Goles. Dende a previa ata as declaracións post partido, o Sar foi o epicentro dun encontro que colmou as expectativas. Puntos, rebotes e moita emoción ata o final foron a tónica dun derbi que caeu do lado obradoirista.

Galicia en Goles sábado mediodía 27-12-2025 27.12.2025

O Galicia en Goles edición informativa desprazouse ata Betanzos para dar conta dun adestremento solidario organizado por Óscar Gilsanz en colaboración coa Cruz Vermella. Asimesmo, analizaron a previa do Joventut - Breogán e do derbi da máxima categoría do fútbol sala español que enfrontará a Noia e Parrulo.

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.