AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 106 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en xogo motor 05-07-2026 05.07.2026

Na revista do motor desta semana analizaron a segunda cita galega do SCER e escoitaron a tódolos protagonistas dende o parque pechado da rúa Policarpo Sanz, en Vigo.

Galicia en xogo motor 28-06-2026 28.06.2026

Os protagonistas da sección de Motor foron Néstor Casal e Miguel Gayoso, convidados do programa da TVG En Xogo - Trata de Arrancalo

Galicia en xogo motor 21-06-2026 21.06.2026

A última hora do motor galego.

Galicia en xogo motor 14-06-2026 14.06.2026

Na sección de motor falaron con tódolos protagonistas do Rally de Ourense, cuarta proba do Supercampionato de España. Venceu o coruñés Álvaro Muñiz.

Galicia en xogo motor 07-06-2026 07.06.2026

A cuarta cita do Campionato Galego de Rallies tivo lugar nas estradas do Salnés. Alí venceu Dani Berdomás, con Cagiao e Meira completando o podio. Con eles e mñais pilotos analizaron esta proba pontevedresa. Tamén falaron con Ernesto Rumbo sobre o autocross e o Rally de Galicia de terra.

Galicia en xogo motor 17-05-2026 17.05.2026

No espazo de motor do Galicia en Xogo escoitaron as voces dos protagonistas do Rally Ciudad de Utiel do SCER, das copas de promoción do Rally Mariña Lucense e do Rallysprint de Silleda.

Galicia en xogo motor 10-05-2026 10.05.2026

No espazo de motor escoitaron a tódolos protagonistas da oitava edición do Rally Mariña Lucense, terceira proba do CGR. Asimesmo falaron dous dos protagonistas da semana, o patrón de Recalvi Team Chema Rodríguez e o piloto alaricano Javi Pardo.

Galicia en xogo motor 03-05-2026 03.05.2026

Na sección deste domingo do motor falamos con Jorge Area, de JSM Competición, que leva case unha década loitando por dar visibilidade á distonía. Tamén recuperamos as conversas na TVG con Dani Berdomás, Raquel Rodríguez Triñanes e o actual presidente da FGA Antonio Rodríguez Troitiño.

Galicia en xogo motor 19-04-2026 19.04.2026

Tódolos protagonistas da segunda cita do CGR

Galicia en xogo motor 12-04-2026 12.04.2026

Na edición do motor deste domingo conversaron co piloto de montaña lucense José Antonio Alonso Liste sobre o seu novo proxecto para esta temporada. Tamén recibiron as experiencias de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro dende Nova Zelandia, trala primeira proba do Campionato Asia Pacífico.

Galicia en xogo motor 05-04-2026 05.04.2026

A TVG mergullouse nunha xornada de test en PonteCaldelas. Alí estivo o equipo Hyundai con Pepe López e David Vázquez para mellorar aspectos da suspensión. Nesta sección de motor debullamos mellor o que é un test, con sorpresa incluída para os compañeiros Alfonso Pérez e Rodrigo Pérez Pardo.

Galicia en xogo motor 29-03-2026 29.03.2026

O papel nesta fin de semana de Jorge Prado e Rubèn Fernández, xunto ao máis destacado do En Xogo Todo Motor da TVG.

Galicia en xogo motor 22-03-2026 22.03.2026

Presentamos a nova aventura de Edgar Vigo e Fátima Ameneiro no Campionato Asia - Pacífico. E escoitamos aos protagonistas do Rally La Nucía, primeira proba do SCER.

Galicia en xogo motor 15-03-2026 15.03.2026

Na sección de Motor desta semana foi tempo de repasar as dúas últimas citas desputadas en Galicia, o Rally da Coruña, do European Rally Trophy, e a cita inaugural do Campionato Galego, o Cocido de Lalín.

Galicia en xogo motor 08-03-2026 08.03.2026
Galicia en xogo motor 22-02-2026 22.02.2026

Na sección de motor desta semana lembraron a conversa cun campión de España de sim-racing de Oia, co actual presidente da FGA, Toño Troitiño, e co alma máter do circuito de Forcarei e copiloto Jose Murado.

Galicia en xogo motor 08-02-2026 08.02.2026

Tras unha semana onde o culebrón tivo un nome, o de Javi Pardo, neste espazo de motor recuperamos a conversa de Chema Rodríguez, patrón de Recalvi, e os compañeiros da TVG sobre o proxecto case pechado do alaricano cun Toyota Yaris. Asimesmo escoitamos a varios protagonistas na gala da FGA.

Galicia en xogo motor 01-02-2026 01.02.2026

Repaso do máis salientable do programa da TVG "Trata de Arrancalo", cos membros do Team Dakar Galicia, Edu Iglesias e Ricardo Ramilo.

Galicia en xogo motor 18-01-2026 18.01.2026

A última hora de Cristian Costoya, Jorge Prado e Fran Gómez Pallas. Protagonistas na gala 2025 da FGA celebrada en Ourense.

Galicia en xogo motor 28-12-2025 28.12.2025

O presidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño repasa a actualidade do automobilismo a un ano das vindeiras eleccións federativas. Tamén pasou pola CSAG Cristian Costoya. E Jorge Prado fala dos seus proxectos para 2026.

Galicia en xogo motor 21-12-2025 21.12.2025

Chega o novo ano e con el a proba por excelencia destas datas: o Dakar. O raid máis famoso e duro do mundo terá, de novo, pilotos galegos na súa salida. Pasaron os integrantes do Team Dakar Galicia pola TVG para contar o proxecto e dous dakarianos que este ano non acudirán, Edu Iglesias e Ricardo Ramilo, para debullar a proba asiática.

Galicia en xogo motor 14-12-2025 14.12.2025

Na sección de motor desta semana o gran protagonista tiña que ser o silledente Cristian Costoya, tras ser seleccionado coma piloto MacLaren. Asimesmo, achégase a gran proba destas datas, o Dakar. Con Diego Vallejo debullamos o raid máis duro do mundo e as anécdotas que ten. E por último coñecemos máis do Inclusión-on-Track Rácing Team, da man de Alberto Fernández Boo.

Galicia en xogo motor 30-11-2025 30.11.2025

Na sección de motor deste domingo Álvaro Muñiz, presidente da escudería One Seven explica o novo reto europeo do Rally da Coruña. Ademáis entramos na Gala de campións do Recalvi Team, falando con Cohete Suárez, Javi Pardo e o patrón Chema Rodríguez.

Galicia en xogo motor 23-11-2025 23.11.2025

No espazo do motor analizaron a temporada con Iván Ares e Avelino Martínez e achegaronse á figura de Andrea Lamas.

Galicia en xogo motor 16-11-2025 16.11.2025

O patrón de Recalvi Chema Rodríguez e o naronés Jorge Cagiao foron os protagonistas do En Xogo Todo Motor desta fin de semana, e no espazo de radio repasamos o máis sinalable do que contaron.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.