AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 106 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en xogo motor 19-10-2025 19.10.2025

Na sección de motor do #GaliciaenXogo analizaron o acontecido na ultima proba do CGR, o Rally San Froilán, no que venceu Víctor Senra, acadando o noveno título autonómico consecutivo. Escoitaron a tódolos protagonistas da cita lucense e ao alaricano Javi Pardo, explicando a súa ausencia na vindeira cita do Supercampionato, o Rallye RACC de Catalunya.

Galicia en xogo motor 28-09-2025 28.09.2025

Na sección de motor desta semana escoitaron as valoracións dos pilotos que ocuparon o podio do rally de Llanes do SCER. Tamén repasaron o mellor do programa da TVG Trata de Arrancalo, con Jorge Cagiao e Luis Penido.

Galicia en xogo motor 21-09-2025 21.09.2025

Na sección de motor desta semana o Galicia en Xogo rescatou as declaracións do patrón de Recalvi, Chema Rodríguez, realizadas na canle Rally Cast, tralo Princesa de Asturias. Tamén repasamos a interesante conversa cun mito da montaña galega, Alberto Camba.

Galicia en xogo motor 14-09-2025 14.09.2025

Nesta edición do Galicia en Xogo - Motor analizaron o acontecido no Rally Princesa de Asturias, no regreso do Supercampionato de España. Tamén falou Edgar Vigo da súa experiencia nunha proba turca, o presidente da FGA Toño Troitiño, coas novidades de cara a 2026, e Luis Penido tras proclamarse campión de Europa de montaña na súa clase.

Galicia en xogo motor 07-09-2025 07.09.2025

Esta fin de semana o Campionato de España de rallys de terra desembarcou na comarca de Bergantiños para a desputa do Terras de Galicia que se adxudicou o naronés Jorge Cagiao. Nesa mesma proba proclamouse campión nacional da superficie o catalán Gil Membrado, de 17 anos. Na sección semanal de motor falou tamén Javi Pardo do inminente Princesa de Asturias, do supercampionato de España.

Galicia en xogo motor 16-08-2025 16.08.2025
Galicia en xogo motor 09-08-2025 09.08.2025
Galicia en xogo motor 02-08-2025 02.08.2025
Galicia en xogo motor 26-07-2025 26.07.2025
Galicia en xogo motor 19-07-2025 19.07.2025
Galicia en xogo motor 12-07-2025 12.07.2025

Víctor Senra foi o gañador do Rally Sur do Condado, desputado nas estradas desa bisbarra pontevedresa. O piloto de Dumbría, copilotado por Jose Murado, impúxose á parella Alberto Meira- Avelino Mtnez e a David González, que ocupou o último chanzo do podio. Con todos eles falaron no espazo de Motor do #GaliciaEnXogo

Galicia en xogo motor 05-07-2025 05.07.2025

A cuarta cita do SCER celebrouse en Vigo e arredores, coa 58 edición do Rally Rías Baixas. A vitoria e o segundo postos foron para pilotos do equipo local Recalvi. O asturiano Jose Antonio Rodríguez sumou o terceiro triunfo da temporada por diante do líder do campionato, o alaricano Javi Pardo. Pepe López completou o podio.

Galicia en xogo motor 28-06-2025 28.06.2025

Na sección de Motor deste sábado repasamos as declaracións de Javier Pardo no programa da TVG "Trata de arrancalo", tras vencer no Rally de Ourense e converterse en líder do SCER. Tamén Iago Gayoso conversa con Aléxis Vieitez sobre a Subida á Pontenova e o resto dos seus proxectos.

Galicia en xogo motor 14-06-2025 14.06.2025

Máis de catro décadas despois, un ourensán, Javi Pardo, volveu gañar no Rally de Ourense. A proba galega., do Supercampionato de España coroou ao piloto de Allariz, por diante doutro galego: o coruñés Dani Berdomás. O madrileño Pepe López completou o podio.

Galicia en xogo motor 07-06-2025 07.06.2025

A quinta proba do Campionato Galego de Rallys, o Rally de Pontevedra , disputouse polas estradas do Salnés, con vitoria para Víctor Senra. Dani Berdomás e José Lamela completaron o podio. Tódolos protagonistas pasaron pola sección de Motor do Galicia en Xogo.

Galicia en xogo motor 31-05-2025 31.05.2025

Esta semana o espazo de motor do #GaliciaenXogo repasou as declaracións dos principais protagonistas da cita do CERA en Narón. Coma previa do Rally de Pontevedra, Iago Gayoso conversou con Iago Martínez e o seu proxecto na Clio Trophy.

Galicia en xogo motor 17-05-2025 17.05.2025

O espazo do motor analizou a cuarta cita do Campionato Galego de Rallys, desputado polas estradas da Mariña Lucense

Galicia en xogo motor 10-05-2025 10.05.2025

O circuíto Jorge Prado de Lugo acolle, por segundo ano consecutivo, unha proba do mundial de motocrós. A pesar da ausencia do heroe local, centrado na súa carreira nos EE.UU., máis de nove mil afeccionados presenciarán esta cita internacional durante esta fin de semana. Co enviado especial da TVG, Alfonso Pérez, debullamos o acontecido na xornada do sábado e as opcións do vigués Rubén Fernández de...

Galicia en xogo motor 03-05-2025 03.05.2025

Esta semana Iago Gayoso conversa con Juan Carlos Pampillón, terceiro clasificado da Copa Pirelli AMF, na previa do Rally da Mariña. Tamén repasaron o máis destacado do programa da TVG "Trata de Arrancalo", con Jose Lamela e o copiloto Javier Martínez coma protagonistas

Galicia en xogo motor 19-04-2025 19.04.2025

Neste sábado o Motor e a sección #galiciaenxogo escoitou a algúns dos protagonistas das copas máis modestas do CGR na proba desputada en Noia. Así mesmo aproveitamos para repasar cos irmáns Vallejo un mítico acabado do modelo Porsche e coa Feira do Automóbil de Vigo o fermoso Alpine

Galicia en xogo motor 17-04-2025 17.04.2025
Galicia en xogo motor 05-04-2025 05.04.2025

O Campionato Galego de Rallys celebrou a súa terceira proba nas estradas do Barbanza. Vítor Senra abandonou e deixou a vitoria en bandexa a Dani Berdomás. Escoltáronno no podio Alberto Meira e Iago Caamaño. Na sección de Motor deste sábado falaron tódolos protagonistas.

Galicia en xogo motor 29-03-2025 29.03.2025

No espazo de motor desta semana Javi Pardo explica as súas sensacións tralo segundo posto en Lorca e o próximo rali Sierra Morena. Alberto Meira analiza o comezo do CGR e Marcos Sanromán valora a súa vitoria na Pirelli AMF no Rali da Coruña

Galicia en xogo motor 22-03-2025 22.03.2025

A pesar da borrasca Martiño, non houbo quen parase aos pilotos do rali da Coruña, que desputaron unha difícil proba na que venceu Víctor Senra, por diante de Alberto Meira e Alberto Otero. Na sección de motor desta semana tamén conversaron cos gañadores das Copas Top Ten Pirelli.

Galicia en xogo motor 15-03-2025 15.03.2025

Alfonso Pérez conta cómo foi a xornada de calificación do GP de Castela Mancha dende Cózar. A fin de semana está marcada pola choiva, que converte o inexperto circuito nun inferno.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.