AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en xogo motor 08-03-2025 09.03.2025 30:57
O Campionato Galego de Ralis abriu o pano coa desputa da vixésimo novena edición do Rali do Cocido. Lalín sufriu un día de cans, con choiva e vento que non impediu que se cumprisen os prognósticos: vitoria de Senra, segundo posto de Meira e Berdomás, con nova montura, pechou o podio. Tódolos protagonistas na sección motor deste sábado do Galicia en Xogo
Galicia en xogo motor 01-03-2025 01.03.2025 30:56
Na sección de motor do Galicia en Xogo reviviron o "Trata de arrancalo" deste mes, no que fan unha previa dos comezos dos diferentes campionatos, tanto o galego como o supercampionato estatal. Para isto contan no programa co copiloto David Vázquez e a piloto María Abalde.
Galicia en xogo motor 22-02-2025 22.02.2025 30:56
Na sección de motor desta semana Iago Gayoso conversa con Alfonso "Pisko" Ventín, trala vitoria no Rallysprint Concello de Piñor. Tamén falou Vitor Senra sobre a nova temporada 2025 e visitamos o salon Retro Auto de Vigo para coñecer máis da mítica montura Alpine.
Galicia en xogo motor 15-02-2025 15.02.2025 30:57
Na sección de motor escoitamos os novos proxectos deportivos de Cándido Carrera e do piloto, tamén de Salvaterra do Miño, Eliot Gómez.
Galicia en xogo motor 08-02-2025 08.02.2025 30:55
Na sección de Motor desta semana o piloto salvaterrán Yago Martínez, campión da Dacia no CGR, explica o seu proxecto para o ano 2025, tamén co apoio da Deputación de Pontevedra: a Clio Trophy galega. Ademáis pechamos resumo do Dakar coa experiencia de Iván Merichal e a análise de Diego Vallejo
Galicia en xogo motor 01-02-2025 01.02.2025 30:57
Esta semana o piloto de Cambre fixo un acto para amosar ao público e medios de comunicación a súa nova montura para o Supercampionato de España de Rallys. Será o Totoya Yaris, actual campión baixo os mandos de Alejandro Cachón. No Grupo Breogán, de quen recibe axuda, estiveron varios protagonistas que ocuparon gran parte do programa de motor deste semana.
Galicia en xogo motor 25-01-2025 25.01.2025 30:57
No espazo de motor conversaron con José Lamela para coñecer o seu proxecto na copa Yaris este año 2025. Tamén escoitaron as experiencias do mecánico do Barbanza Xoán Silva, presente na última edición do Dakar.,
Galicia en xogo motor 18-01-2025 18.01.2025 30:57
No Galicia en Xogo Motor deste sábado o piloto monfortino Edu Iglesias contou a súa agria experiencia no Dakar deste ano, onde abandonou tras pasar unha noite en soidade coa súa moto en medio do deserto. Ademáis Iago Gayoso entrevista ao presidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño, no arrinque da temporada 2025
Galicia en xogo motor 11-01-2025 11.01.2025 30:57
Na sección adicada ao motor analizaron xunto ao especialista Manu Varela o arrinque do campionato AMA Supermotocross, o novo reto de Jorge Prado, poucas horas antes do seu inicio. Ademáis Iago Gayoso conversa cunha galega, de Cabana, Silvia Costilla, que está traballando no Dakar na relacción cos participantes.
Galicia en xogo motor 28-12-2024 28.12.2024 30:57
Como sempre que remata o ano, a información de motor na CRTVG centra a súa atención no raid máis duro do mundo, o Dakar. Nesta edición de Galicia en Xogo Motor escoitamos o programa completo de Trata de Arrancalo da TVG, con Diego Vallejo, Eduardo Iglesias e Iván Merichal
Galicia en xogo motor 21-12-2024 21.12.2024 30:57
Nesta #GaliciaenXogo desta semana do motor escoitamos ao piloto de Salceda de Caselas Jorge Pérez conversar con Iago Gayoso. Tamén escoitamos a Fran Gómez Pallas sobre a súa ausencia no Dakar 2025
Galicia en xogo motor 07-12-2024 07.12.2024 30:57
Noite de copilotos no espazo de Motor da Radio Galega. Diego Vallejo contou a súa experiencia sudamericana no Rally Camiños do Inca, a proba máis mítica do motorsport do Cono Sur. Tamén conversamos con Elías González, tras proclamarse campión de españa de copilotos Xunior no CERA.
Galicia en xogo motor 30-11-2024 30.11.2024 30:57
Repasamos a última hora do mundo do motor, escoitando as voces dos pilotos e copilotos galegos
Galicia en xogo motor 16-11-2024 16.11.2024 30:51
O día no que o Supercampionato de Rallys pechaba o pano en Pozoblanco, analizamos o histórico certame e a vitoria de Alejandro Cachón con David Vázquez. Jorge Cagiao tamén valora e o seu recente triunfo no CERA, e Javi Pardo anuncia a súa montura para 2025
Galicia en xogo motor 09-11-2024 09.11.2024 31:00
Tras dúas semanas de agarda, e trala descalificación dun rival, o chantandino Iago Rodríguez, de 16 anos, puido celebrar o campionato nacional de Carcross Junior, que engade ao xa conseguido título galego. Un paso máis dado cara o seu seguinte obxectivo : O Europeo. Ademais, no espazo de motor escoitaron a Edgar Vigo, tras quedar a tres puntos do European Rally Trophy, e a Yago Martínez, galardoad...
En Xogo Motor 02-11-24 02.11.2024 29:04
No espazo semanal de Motor conversaron co piloto Fran Rey, do Rally Rías Altas históricos, dos Legend e dunha das súas facetas menos recoñecidas, o papel da automoción galega no audiovisual e na ficción. Por outra banda escoitamos a Iván Ares no programa da TVG Trata de Arrancalo sobre a súa volta á competición.
En Xogo Motor 26-10-24 26.10.2024 29:16
Galicia converteuse no referente do mundo do motociclismo de monte tras a celebración do mundial oficioso da modalidade. Centos de pilotos poboaron as pistas de Silleda e contorna para o deleite dos afeccionados. Sobre esta proba falamos coa "voz" galega do motocross e enduro, Agustín Deus. Asimesmo escoitamos a Dani Berdomás tralo seu triunfo no Rally San Froilán
En xogo motor 12-10-24 12.10.2024 29:40
Sábado festivo sen competición que aproveitamos no tempo de motor do Galicia en Xogo para facer balance da temporada. Rodrigo Pérez entrevista aos pilotos Luis Penido e José Murado. Os rallies regresan o próximo sábado 19 de outubro, coa celebración en Lugo dunha proba clásica no calendario galego, o San Froilán.
En xogo motor 28-09-2024 28.09.2024 30:55
O domingo 29 de setembro pode ser outro día histórico para o motor galego. En Cózar (Ciudad Real) despútase o último GP do Mundial do motocross, ao que chega o lucense Jorge Prado con 9 puntos de vantaxe sobre o seu rival. Alí está o compañeiro da TVG Alfonso Pérez que contou cómo se viviu a xornada de calificatorias e o ambiente que se palpa a poucas horas das mangas decisivas.
En xogo motor 21-09-2024 21.09.2024 31:01
O Campionato Galego de Rallys chega ao seu fin e desputou este sábado a súa penúltima cita : O Rally Ourense Ribeira Sacra. Ante a ausencia do xa campión Víctor Senra, a loita estivo entre dani Berdomás e Alberto Meira, caendo do lado do coruñés, que suma o seu primeiro rally absoluto na súa carreira deportiva. Ambos, xunto ao resto de protagonistas, pasaron polo Galicia en Xogo Motor.
En Xogo Motor 14-09-2024 Video 14.09.2024 28:45
A provincia da Coruña acollerá a oitava edición do Ecorally, que este ano é valedeiro para o mundial da especialidade. Tamén analizaron a previa do GP de China de motocross, penúltima cita do mundial polo que loita Jorge Prado
En Xogo Motor 24-08-2024 24.08.2024 30:51
O Rally de Ferrol coroou ao piloto de Dumbría como campión galego de rallys, por oitava vez consecutiva. Nunha proba marcada polas neutralizacións, Senra foi o máis rápido por diante de Alberto Meira e do andorrano Joan Vinyes.
En xogo motor 20-07-2024 20.07.2024 30:58
Este sábado na sección adicada ao motor conversaron co piloto porriñés de 12 anos Íker Rodríguez, na previa da cita da categoría Pre Moto3 en Montmeló. Asimesmo repasaron anécdotas dos rallys arredor da carreira de Beny Fernández e a actualidade do Mundial de Motocross con Agustín Conde
En xogo motor 13-07-2024 13.07.2024 30:57
O espazo dedicado ao motor desprazouse á bisbarra do Sur do Condado para contar o acontecido na sétima cita do CGR, unha proba marcada polas moitas penalizacións a case tódolos pilotos por exceso de velocidade nos parques de asistencia. Andrés Vieites recolleu as declaracións dos pilotos que coparon o podio e do presidente da Escudería Surco Bruno Rivera.
En xogo motor 06-07-2024 06.07.2024 30:57
No espazo de motor semanal atenderon á segunda e última cita do Spuercampionato de España de rallys, desputada en terras viguesas. A vitoria de Ruiloba por diante de Cachón e Cohete Suárez e as súas declaracións, tanto na Radio Galega como no despregue a pé de treito da G2.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.