AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en Goles especial España-Bélxica 10-07-2026 10.07.2026

A selección española de fútbol clasificouse por segunda vez na historia para as semifinais dun Mundial. Fíxoo tras, de novo, gañar na recta final do encontro cun gol de Mikel Merino.

Galicia en Goles especial España-Portugal 06-07-2026 06.07.2026

Cos comentarios de Anxo Tato, Roi Portas e Peli.

Galicia en goles mediodía 05-07-2026 05.07.2026

Na edición informativa do Galicia en Goles falaron da última hora do noso deporte, conversaron coas protagonistas da Bandeira Feminina de Esteiro e escoitaron aos asistentes ao Congreso nacional de adestradores de fútbol sala que se celebrou en Melide.

Galicia en goles tarde 05-07-2026 05.07.2026

No Galicia en Goles deste domingo estiveron na cerimonia de inauguración dos XVI Xogos do Eixo, que se celebrarán ata o venres en Santiago de Compostela. Tamén analizaron a última hora do Mundial de fútbol e a actualidade de Wimbledon e do Tour de Francia.

Galicia en goles mediodía 04-07-2026 04.07.2026

As protagonistas do Galicia 1 - Cataluña 3 de fútbol sala feminino e as reaccións aos últimos encontros dos 1/16 de final do Mundial de fútbol.

Galicia en goles tarde 04-07-2026 04.07.2026

A última hora do Mundial, do Tour de Francia e do Rally Rías Baixas ocuparon a portada do Galicia en Goles deste sábado. Tamén escoitaron a asistentes e ponentes do Congreso Nacional de adestradores de fútbol sala que se celebrou en Melide.

Galicia en goles venres 03-07-2026 03.07.2026

Na edición do venres do Galicia en Goles escoitaron aos protagonistas do encontro de fútbol sala masculinoientre Galicia e Catalunya, desputado en Lugo. Tamén analizaron a última hora do mundial de fútbol

Galicia en Goles especial España-Austria 02-07-2026 02.07.2026
Galicia en goles mediodía 28-06-2026 28.06.2026

As finais da Vigo Cup, o paraciclismo e o BTT centraron o Galicia en Goles matinal

Galicia en goles domingo 28-06-2026 28.06.2026

No último Galicia en Goles da temporada o Galicia en Goles contou o primeiro 1/16 de final do Mundial. Tamén analizaron o debut da selección española sub 19 no Europeo, con goleada ante Wales e presenza da canteira do Celta no partido. No polideportivo o pump track e o paraciclismo tamén tiveron protagonismo.

Galicia en goles especial España-Uruguai 27-06-2026 27.06.2026

A selección española venceu na última cita da fase de grupos e clasifícase coma primeira para 1/36 de final

Galicia en goles sábado 27-06-2026 27.06.2026

O encontro entre Veteráns do Xallas e do Real Madrid serviu para rendir homenaxe a un histórico do fútbol da Costa como Sergio Prego ''Doro''. Alí estivo o Galicia en Goles. Tamén en Pastoriza, nunha nova edición do All Star FútbolinLugo. No polideportivo destacou o C. galego sub 20 e sub 23 de atletismo, en Pereiro de Aguiar.

Galicia en goles especial Liceo-Igualada 23-06-2026 23.06.2026
Galicia en goles mediodía 21-06-2026 21.06.2026

Houbo que sufrir moito pero finalmente o Compostela puido celebrar o ascenso a 2ª RFEF a pesar de caer en Badalona por dous goles a cero. O conxunto santigués fixo faler o gran resultado colleitado na ida, desputada no Vero Boquete de San Lázaro.

Galicia en goles domingo 21-06-2026 21.06.2026

España goleou a Arabia Saudita no segundo partido da fase de grupos do Mundial. Non tivo tanta sorte o Liceo, que caeu por catro goles a dous en Igualada no cuarto partido da serie final polo título de liga. Agora a serie regresa á Coruña, onde se desputará o quinto e definitivo encontro o vindeiro martes.

Galicia en goles sábado 20-06-2026 20.06.2026

O Celta terá ao seu filial no fútbol profesional. Onte o Galicia en Goles contou o ascenso do Fortuna de Fredi a Segunda división. Tamén o do Antela a 3ª e do Malaga a Primeira división.

Galicia en goles especial España-Cabo Verde 15-06-2026 15.06.2026
Galicia en goles mediodía 14-06-2026 14.06.2026

Na matinal do domingo estiveron no campo de Vista Alegre de Boiro para acompañar aos equipos alevíns nun torneo de fútbol base onde tamén tivo presenza o Xabarín. Asimesmo en Meira celebrouse o Nacional de Traiñeiras, con bo papel para as embarcacións galegas.

Galicia en goles domingo 14-06-2026 14.06.2026

O Compostela deu un paso de xigante cara o ascenso tras gañar por 3 a 0 ao Badalona na ida da final estatal de promoción a 2ª RFEF. Pola súa banda, o Liceo goleou de novo ao Igualada no segundo partido da serie polo título de hoquei sobre patíns, e está a unha soa vitoria de acadar a novena liga da súa historia.

Galicia en goles sábado 13-06-2026 13.06.2026

A Ponferradina e o Celta Fortuna empataron a cero no encontro de ida da final de ascenso a 2ª división, deixando a resolución da eliminatoria para o partido de volta. Neste sábado o Galicia en Goles tamén contou a loita polo título no fútbol sala feminino e os posibles ascensos nas dúas categorías.

Galicia en goles venres 12-06-2026 12.06.2026

O Liceo consigue o primeiro punto da loita polo título tras golear ao Igualada por 8 a 2.

Galicia en goles mediodía 07-06-2026 07.06.2026

Na matinal do domingo o Atlético de Madrid gañou o Torneo Ourense Termal organizado polo Pabellón CF tras vencer na final ao Real Madrid. Mentres na OK Liga o Liceo venceu en Calafell no cuarto partido das semifinais e pechou o seu pase á gran final polo título.

Galicia en goles domingo 07-06-2026 07.06.2026

Tarde de ledicias no Galicia en Goles, que contou o ascenso do Leyma Coruña á ACB e a clasificación do Celta Fortuna para a final do ascenso a segunda división. Asimesmo o Compostela venceu ao Arteixo e será o representante galego que buscará unha praza na 2ª RFEF.

Galicia en goles sábado 06-06-2026 06.06.2026

A final four de ascenso á Liga ACB centrou o Galicia en Goles do sábado, que contou o triunfo do anfitrión, o Leyma Básquet Coruña ante Palencia. Posteriormente, na segunda semifinal, o Estudiantes fixo valer a súa condición de favorito para derrotar ao Oviedo e citarse cos laranxas na final deste domingo.

Galicia en goles venres 05-06-2026 05.06.2026

Previa da fin de semana deportiva galega con Paco Santos. Tamén contaron a derrota do Liceo en Calafell e o triunfo da selección española feminina ante Inglaterra

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.