AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles domingo 31-05-2026 31.05.2026 7:59:56
A pesar de caer ante o Las Palmas na derradeira xornada da liga regular, o Deportivo desfrutou xunto a súa xente do ascenso a Primeira División na previa do encontro, no post sobre o terreo de xogo e logo en Catro Camiños. Un ascenso que tamén celebrou a UD Ourense tras vencer ao Conquense a domicilio e chegar, por primeira vez, á 1ª RFEF. Desa categoría quere escapar o Fortuna, que empatou a un g...
Galicia en goles mediodía 31-05-2026 31.05.2026 2:55:54
Na matinal do Galicia en Goles contaron o segundo punto da eliminatoria de semifinais da OK Liga que conseguiu o Liceo tras derrotar ao Calafell. Tamén estiveron no Ponte dos Brozos para contar o triunfo por dous goles a un do Arteixo ante o Compostela na ida da final da fase galega de ascenso a 2ª RFEF.
Galicia en goles sábado 30-05-2026 30.05.2026 10:44:54
O PSG conseguiu revalidar o título de campión de Europa grazas ao maior acerto na quenda de penaltis ante o Arsenal. Contouno, en chave galega, o Galicia en Goles. Tamén asistiron á IX edición da Romaría Celtista. Este ano celebrouse na Estrada, coa Peña Doutor Cota.
Galicia en goles venres 29-05-2026 29.05.2026 3:30:54
O venres do Galicia en Goles estivo marcado polo primeiro punto en xogo da serie de semifinais da OK Liga que se levou o Liceo ante o Callafell. Tamén contamos a remonta milagrosa do Zaragoza ante o Breogán, caían de cinco puntos a vinte segundos para o final, que lle permitiu aos maños, cun triple na última acción do partido, permanecer na Liga ACB e enviar ao descenso ao histórico Gran Canaria.
Galicia en goles sábado 23-05-2026 23.05.2026 10:44:49
O longo Galicia en Goles que tivo lugar o sábado deixou ao Celta un ano máis na Europa League. A vitoria ante o Sevilla contada dende Balaídos provocou un post partido festivo que se alongou ata a unha da madrugada. Non tivo tal final feliz a última xornada da 1ª RFEF, co descenso do Oureense CF e a surrealista 'non clasificación' do Pontevedra para os playoff de ascenso, en detrimento d...
Galicia en goles venres 22-05-2026 22.05.2026 3:30:55
O Menorca sorprendeu ao Básquet Coruña no terceiro partido dos cuartos de final do ascenso á Liga ACB e forzou o cuarto partido que se desputará o vindeiro domingo, na mesma cancha balear.
Galicia en goles domingo 17-05-2026 17.05.2026 9:29:51
Foi un longo Galicia en Goles que comezou co sufrimento do Deportivo para gañar ao Andorra e quedar a tan só unha victoria en dous partidos do ascenso directo. Logo a xornada unificada da 1ª RFEF non clarexou nada pero deixa moi tocada a permanencia do Ourense CF. O prato forte chegou ás 19h co Athletic - Celta que rematou en empate e a clasificación dos olívicos para competición europea. No polid...
Galicia en goles sábado 16-05-2026 16.05.2026 9:44:56
Sábado de playoffs con bo sabor de boca para os equipos galegos. Por unha banda a UD Ourense clasificouse para a final de ascenso a 1ª RFEF tras derrotar no Couto ao Reus. Comezou tamén a fase galega de ascenso a 2ª RFEF con partidos moi igualados. No polideportivo o Breogán completa unha semana perfecta vencendo ao Girona no Pazo e o Celta busca o ascenso á Liga Feminina tras gañar nas semifinais...
Galicia en goles venres 15-05-2026 15.05.2026 3:30:54
Este venres Roberto Carlos Carballo atendeu ás citas dos conxuntos galegos desta fin de semana, facendo unha previa de todos e cada un deles.
Galicia en goles mediodía 10-05-2026 10.05.2026 2:55:57
Con Rodrigo Pérez Pardo, o matinal do Galicia en Goles repasou os resultados galegos do sábado e fixo unha previa do emocionante domingo que lles agarda.
Galicia en goles domingo 10-05-2026 10.05.2026 7:58:51
O Galicia en Goles comezou contando a derrota do Lugo na casa e o triunfo a domicilio do Fortuna ante o Ourense CF. Logo viviuse unha última xornada de infarto na 3ª RFEF co ascenso do Arousa e a clasificación do Rácing Vilalbés e Estradense para os playoff. Logo a mala nova chegou coa goleada sufrida polo Coruxo na ida das semifinais de ascenso a 1ª RFEF. Coma postre, o Clásico do fútbol español...
Galicia en goles sábado 09-05-2026 09.05.2026 9:44:56
O conxunto olívico deu a badalada no encontro estrela do sábado no Galicia en Goles. Derrotou ao Atlético e aproveitou o picazo do Betis en Anoeta para acehgarse ao quinto posto que da acceso á maxima competición continental. Tamen soña en grande o Pontevedra, que goleou ao Athletic B e depende de si mesmo para pechar o posto de playoff de ascenso a 2ª división.
Galicia en Goles especial 08-05-2026 08.05.2026 5:29:51
Foi un longo e emocionante Galicia en Goles o que se viviu dende as 19:30 ata a unha da mañanciña. Contaron a agónica pero importante vitoria do Deportivo en Cádiz que permite aos coruñeses durmir en postos de ascenso directo. Tamén coma prato principal estivo o baloncesto e o regreso do Obradoiro á Liga ACB, que se viviu nunha festa non só no Sar senón na pantalla xigante fóra do recinto. E no fú...
Galicia en goles domingo 03-05-2026 03.05.2026 7:59:34
Tras case un mes de seca, o RC Celta venceu de novo. Fíxoo ante o Elx por tres goles a un e volve estar en postos europeos. Ademáis na xornada da RFEF, o Lugo gañou, o Coruxo clasificouse para os playoff de ascenso, e o Arenteiro e a Sarriana descenderon de categoría. No baloncesto o Breogán perdeu en Vitoria e o Coruña aprazou o ascenso do Obradoiro tras gañarlle ao Palma.
Galicia en goles sábado 02-05-2026 02.05.2026 9:44:52
Ferrol acolleu dous derbis na xornada do sábado. Un, no fútbol, que rematou con igualdade sen goles entre Rácing e Pontevedra. O outro, no fútsal, tamén con empate entre Parrulo e Noia. Noutro derbi, desta vez balonmán feminino, o Porriño asaltou A Sangriña para clasificarse para as semifinais polo título. Mentres, no baloncesto, o Obradoiro deu o primeiro dos dous pasos que necesita para regresar...
Galicia en Goles especial 01-05-2026 01.05.2026 5:55:58
De novo con polémica arbitral incluída, o Deportivo gañou en Riazor ante o Leganés e regresa, provisionalmente a postos de ascenso directo. Os branquiazuis necesitaron adiantarse por dúas veces ante un ateigado Riazor e sufrir ata máis aló do minuto cen, por un penalti en contra asubiado polo VAR e atallado por Álvaro Ferllo. Asimesmo iniciouse a xornada na 1ª RFEF coa derrota na casa do Fortuna e...
Galicia en goles mediodía 26-04-2026 26.04.2026 2:55:57
O Breogán certificou a permanencia gañando ao Joventut e permitese soñar con Europa. Tamén mantén opcións de ascenso o Básquet Coruña que gañou no Coliseum e agarda un picazo do Obradoiro. No fútbol a 2ª RFEF viviu unha penúltima xornada intensa, con horario unificado.
Galicia en goles domingo 26-04-2026 26.04.2026 8:59:52
Con este novo traspés o equipo olívico complica o obxectivo europeo. Na 1ª RFEF o Rácing de Ferrol empatou na Malata ante o Avilés e o Ourense CF caeu no Couto contra o Zamora. No baloncesto o Obradoiro sufriu máis da conta para gañar ao Estudiantes e seguir no liderato da 1ª FEB.
Galicia en goles sábado 25-04-2026 25.04.2026 9:44:54
O tenso encontro no Plantío entre Burgos e Deportivo, que rematou con polémica arbitral e reparto de puntos, centrou o Galicia en Goles do sábado, que tamén contou a xornada da 1ª RFEF e todo o polideportivo. Neste eido cómpre destacar o ascenso do San Sadurniño á Superliga masculina de voleibol, e a clasificación para a final europea do Guardés.
Galicia en goles venres 24-04-2026 24.04.2026 3:30:56
O Galicia en Goles deste venres atendeu ao Betis - Real Madrid, chave na loita polo título e polas aspiracións europeas do Celta. Asimesmo houbo que analizar toda a fin de semana do deporte da nosa terra.
Galicia en Goles especial Barça 1-0 Celta 22-04-2026 22.04.2026 2:59:59
Presentou Roberto Carlos Carballo. Narrado por Víctor López
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.