AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles mediodía 19-04-2026 19.04.2026 2:55:57
Balsámica vitoria do Racing de Ferrol en Lezama moitas xornadas despois. O conxunto dirixido por Guillermo Fernández Romo venceu ao Athletic B cun solitario tanto de Chema. No polideportivo as vitorias do Parrulo, Guardés e Ensino deixaron unha moi boa mañá para o deporte galego.
Galicia en goles domingo 19-04-2026 19.04.2026 7:59:58
Tal e como aconteceu á mañá, o polideportivo deixou grandes novas para o deporte galego, cos triunfos de Breogán en Burgos e do Cangas no Gatañal. Pola contra no fútbol houbo resultados para tódolos gustos. O Pontevedra soña co playoff tras gañar ao Guadalajara. O Lugo afástase dese obxectivo tras empatar a cero na casa e o Arenteiro case certifica o descenso caendo na casa ante o Mérida.
Galicia en goles sábado 18-04-2026 18.04.2026 9:44:55
Non faltou á súa cita co deporte galego o Galicia en Goles deste sábado. Contaron os triunfos do Bergantiños en Oviedo e do Noia na casa ante o Alzira. Pola contra houbo que lamentar a derrota do Leyma Coruña en Fuenlabrada. No arrinque do espazo o Gran camiño e a última tirada con chegada en Santa Trega foi o protagonista. Na parte final do programa narrouse a final da Copa do Rei de fútbol, co t...
Galicia en goles venres 17-04-2026 17.04.2026 3:30:58
O Galicia en Goles deste venres contou a recta final da vitoria do Celta Fortuna ante o Cacereño. Asimesmo tivo especial relevancia o baloncesto, cun novo derbi. No Sar o Obradoiro mallou no COB e da un paso de xigante cara o ascenso directo.
Galicia en goles mediodía 12-04-2026 12.04.2026 2:55:54
Intensa xornada matinal a que viviu o Galicia en Goles co triunfo do Fabril ante a UD Ourense, que vale un ascenso. Tamén houbo tres encontros da 3ª RFEF e o Ensino - Xirona, que necesitou unha prórroga para deixar coma vencedor ao equipo catalán.
Galicia en goles domingo 12-04-2026 12.04.2026 7:59:48
Non foi unha boa xornada para os equipos galegos do fútbol profesional. O Celta estragou unha boa oportunidade de ascender á quinta posición e caeu goleado por cero a tres ante o pechacancelas, o Oviedo. Pola súa banda o Deportivo deixou escapar dous puntos no minuto noventa, logo do empate do Huesca tras un erro de Patiño. A mellor nova chegou na 1ª RFEF coas vitorias do Fortuna e do Pontevedra,...
Galicia en goles sábado 11-04-2026 11.04.2026 9:44:55
Cos dous equipos galegos do fútbol profesional tendo as súas citas esta fin de semana o domingo, o sábado do Galicia en Goles quedou moi baloncestístico. Porque o Coliseum viviu o derbi polo ascenso entre Leyma e Obradoiro, con triunfo para os composteláns, que dan un paso de xigante para estar na ACB. Nesta categoría, o Breogán caeu no Pazo ante Andorra. De volta ao fútbol, outro derbi, desta vez...
Galicia en goles venres 10-04-2026 10.04.2026 3:30:56
Este venres, á par que se vivía o Real Madrid- Xirona, chave na loita polo título de Liga, o Galicia en Goles analizou toda a xornada galega desta fin de semana, centrada non só no fútbol senón no resto de disciplinas deportivas.
Galicia en Goles especial Friburgo 3-0 Celta 09-04-2026 09.04.2026 3:59:51
Retransmisión e comentarios do partido de cuartos de final da Europa League entre Friburgo e Celta
Galicia en goles mediodía 05-04-2026 05.04.2026 2:55:55
O Arenteiro ten pé e medio en 2ª RFEF trala derrota na casa ante o Arenas. Nesa categoría o Bergantiños remontou e gañou en Valladolid, mentres que outra mala nova chegou no fútbol feminino, coa derrota a domicilio do Deportivo Abanca ante o Atlético de Madrid.
Galicia en goles domingo 05-04-2026 05.04.2026 7:56:36
Un gran segundo tempo permitiulle ao Celta gañar en liga tras moitos anos en Mestalla. Venceu ao Valencia e queda a un punto da zona de champions league. Non houbo tanta sorte na 1ª RFEF, coas derrotas do Lugo na casa e do Ourense CF en Avilés. No baloncesto o Breogán caeu en Valencia e o Obradoiro mallou no Palencia.
Galicia en goles sábado 04-04-2026 04.04.2026 9:44:50
Nun dos mellores partidos da temporada en Riazor, o Deportivo non foi quen de derrotar ao Malaga, e cedeu un empate a un gol que deixou sabor agridoce na parroquia branquiazul. Pola contra o Pontevedra regresou ao camiño victorioso logo de vencer ao Barakaldo en Pasarón. Na loita polo título de Liga, paso adiante do Barcelona que venceu ao Atlético e aproveitou o traspés do Real Madrid en Mallorca...
Galicia en goles venres 03-04-2026 03.04.2026 3:30:58
O venres santo non foi positivo para os equipos galegos de 1ª RFEF. Nos dous encontros programados para este día caeron os nosos conxuntos. O Rácing de Ferrol encadeou a cuarta cita sen gañar, perdendo en Guadalajara por 1 gol a 0. Máis dura foi a derrota do Celta Fortuna, lastrado polos erros propios, que caeu por 5 a 1 en Valdebebas.
Galicia en goles mediodía 29-03-2026 29.03.2026 2:55:57
A 1ª RFEF tivo dúas citas galegas na mañá de domingo. Unha, con vitoria para o Fortuna, remonta incluída no desconto ante o Atletic B. Outra, co empate a cero tantos no Couto do Ourense CF ante a Ponferradina.
Galicia en goles domingo 29-03-2026 29.03.2026 7:59:57
A tarde do domingo rematou da mellor maneira posible, co triunfo do Lugo en Cáceres na estrea de Álex Ortíz no banco lucense. Antes o Obradoiro gañou en Palma e segue a estela do Leyma Coruña. E na 2ª RFEF houbo empates da UD Ourense e da Sarriana a domicilio, vitoria do Coruxo ante o Bergantiños no derbi e goleada do Fabril, que acariña o ascenso directo.
Galicia en goles sábado 28-03-2026 28.03.2026 9:44:16
A pesar de no ter fútbol de primeira división polos compromisos da selección nacional, o Galicia en Goles do sábado foi intenso. Rematou co traballado empate do Deportivo no Molinón. Antes contaron a mala xornada galega na 1ª RFEF, con derrotas a domiclioo de Rácing de Ferrol, Pontevedra e Arenteiro. No polideportivo chegou a gran nova, a clasificación do Guardés para as semifinais da EHF European...
Galicia en goles venres 27-03-2026 27.03.2026 3:30:56
O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no comezo da xornada da Primera FEB, onde o líder, o Leyma Básquet Coruña, non deixou escapar o triunfo do Coliseum e mete presión aos seus rivais. Asimesmo a selección española de fútbol mallou en Serbia nun encontro preparatorio para o Mundial deste verán.
Galicia en goles mediodía 22-03-2026 22.03.2026 2:55:57
Gran mañá para o polideportivo galego cun novo título para o noso deporte. O Liceo, o club máis laureado da nosa historia, conseguiu a súa undécima copa do rei tras gañar ao Calafell na final por catro a un. Tamén chegaron boas novas no baloncesto, co triunfo do Breogán en Gran Canaria, que o achega ao obxectivo da permanencia. No fútbol o Coruxo empatou a un ante o Numancia.
Galicia en goles domingo 22-03-2026 22.03.2026 7:59:52
Do tres a cero ao tres catro final. Pouca explicación ten o que se viviu en Balaídos no Celta - Alavés, nun encontro que tivo dúas caras e que rematou con derrota galega. Na 1ª RFEF empataron na casa o Lugo , que cesou a Yago Iglesias, e o Rácing de Ferrol. Mellor foron as cousas na 2ª RFEF, cos triunfos do Fabril, máis líder, e da UD Ourense. O Bergantiños trouxo un punto de Salamanca.
Galicia en goles sábado 21-03-2026 21.03.2026 9:44:55
O Deportivo volveu gañar en Riazor. Pero tivo que sufrir para facelo. Un gol de Mulattieri na recta final do encontro permitiulle aos coruñeses manter a posición de ascenso directo unha xornada máis. Na 1ª RFEF o Pontevedra e o Ourense CF empataron a cero goles e no polideportivo destacou o pase do Liceo á final da Copa do Rei de hoquei sobre patíns, e o triunfo do Guardés ante o Elx na ida dos cu...
Galicia en goles venres 20-03-2026 20.03.2026 3:30:58
O Galicia en Goles do venres contou o derbi da Primeira Federación entre oi Arenteiro e o Celta Fortuna, que rematou en empate a un gol, grazas a un tanto anotado polo filial celeste no tempo extra. Tamén contaron o encontro da Primeira FEB entre o Leyma Básquet Coruña e o Tizona, con clara vitoria coruñesa.
Galicia en Goles especial Olimpique de Lyon 0-2 Celta 19.03.2026 5:55:56
Transmisión do partido de Europa League Olimpic de Lyon-Celta, ao mando de Roberto Carlos Carballo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.