AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: agalegaaudio.gal
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Galicia en goles mediodía FDS 04-10-2026 04.10.2026 2:13:48
A Liga ACB e a Endesa foron protagonistas no baloncesto galego na mañá do domingo. O Básquet Coruña derrotou ao Bilbao no Coliseum tras unha prórroga. Tamñen forzou o tempo extra o Obradoiro no Sar ante o Real Madrid, pero rematou perdendo. Na liga feminina o Ensino caeu no Pazo no arrinque ligueiro. Mentres no fútbol o Fabril caeu en Logroño.
Galicia en goles FDS 04-10-2026 04.10.2026 8:44:50
O encontro máis salientable do domingo tivo lugar no Molinón, onde o Celta Fortuna encadeou a cuarta xornada seguida sen gañar, tras caer por tres goles a dous ante o Sporting. Na 2ª RFEF houbo derbis galegos con vitoria do Bergantiños ante o Coruxo e o empate entre o Ourense CF e o Arousa. A mala nova chegou en San Lázaro coa derrota do Compostela ante o Vetusta.
Galicia en goles FDS 03-10-2026 03.10.2026 8:44:58
Os pratos fortes do Galicia en Goles deste sábado estiveron nas primeiras horas e nas últimas. Ao comezo o derbi da 1ª RFEF entre o Rácing de Ferrol e o Pontevedra deixou unha vitoria verde. Ao remate do espazo contaron a gran vitoria do Breogán en Manresa.
Galicia en goles venres 02-10-2026 02.10.2026 3:59:54
Este venres Paco Santos repasou a fin de semana deportiva galega. Tamén houbo protagonismo para os directos, co amigable de Riazor entre Deportivo e Porto, a 1ª RFEF e o balonmán,
Galicia en goles mediodía FDS 27-09-2026 27.09.2026 2:14:55
A primeira xornada da Liga ACB deixou bo sabor de boca en Lugo, co triunfo do Breo ante Joventut. Tamén sumou o primeiro punto a UD Ourense no couto ante o Cacereño.
Galicia en goles FDS 27-09-2026 27.09.2026 8:44:59
A xornada dominical do Galicia en Goles estivo centrada no fútbol da RFEF. Na 1ª o Pontevedra empatou en Pasarón ante a Ponferradina. Na 2ª RFEF o Bergantiños gañou e é líder, o Coruxo empatou na casa e o Compostela e Arousa perderon. O resto da xornada de 3ª RFEF tamén foi protagonista xunto ao polideportivo e a flamante campioa do mundo xunior de ciclismo, Alejandra Neira.
Galicia en goles FDS 26-09-2026 26.09.2026 8:44:56
O Galicia en Goles do sábado contou a igualada do Celta Fortuna ante o Sabadell, o triunfo do Lugo no derbi ante o Rácing e do Fabril ante o Real Unión. E no baloncesto houbo boas e malas novas na primeira xornada. o Obradoiro asaltou Andorra mentres que o Leyma caeu no Palau.
Galicia en goles venres 25-09-2026 25.09.2026 3:59:54
O Galicia en Goles deste venres narrou o amigable entre o Penafiel e o Deportivo. Tamén analizaron a fin de semana deportiva galega.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet