AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: agalegaaudio.gal
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Galicia en goles edición mediodía 23-09-2026 23.09.2026 30:55
A actualidade do deporte en Galicia
Galicia en goles edición mediodía 21-09-2026 21.09.2026 30:55
A avtualidade do deporte galego
Galicia en goles mediodía FDS 20-09-2026 20.09.2026 2:14:57
Houbo boas novas para o deportivismo na matinal do domingo. A sección feminina venceu en Granada mentres que o filial rabuñou un empate de Lezama. A mala nova chegou, para eles, no derbi xuvenil. O Celta venceu pola mínina no encontro desputado na Madroa.
Galicia en goles FDS 20-09-2026 20.09.2026 8:44:58
O domingo no fútbol profesional galego deixou o empate do Deportivo ante o Betis en Riazor e a derrota do Fortuna en Almería. No fútbol da RFEF a mellor nova deuna o Lugo, que segue coa boa xeira de resultados, tras gañar en Zamora.
Galicia en goles FDS 19-09-2026 19.09.2026 8:44:54
O Celta por fin puido desfrutar do primeiro triunfo da temporada. E fíxoo con goleada, por cinco a cero ante o Rácing de Santander. Tamén gañou o Rácing de Ferrol ante o Barakaldo. As malas novas chegaron no baloncesto, coa derrota do Breogán nas semifinais da BCL e na Asobal, con polémica no Gatañal na vitoria do Bidasoa ante o Cangas.
Galicia en goles edición mediodía 18-09-2026 18.09.2026 30:57
A actualidade do deporte en Galicia
Galicia en goles venres 18-09-2026 18.09.2026 3:59:52
O Galicia en Goles do venres contou o empate en Logroño do Pontevedra CF e o do Parrulo na Malata ante Santa Coloma. Tamén houbo tempo para falar das previas da fin de semana e atender ao baloncesto, cos amigables de Leyma Básquet Coruña e COB.
Galicia en goles edición mediodía 17-09-2026 17.09.2026 30:57
A actualidade dos equipos e deportistas de Galicia
Galicia en goles edición mediodía 16-09-2026 16.09.2026 30:55
Repaso pola actualidade dos equipos galegos
Galicia en goles mediodía FDS 13-09-2026 13.09.2026 2:29:58
Por fin chegou a primeira vitoria da temporada para o Rácing de Ferrol no debút esta temporada na Malata. Os verdes gañaron tres a dou ante o Real Unión de Irún. Pola súa banda o Compostela rabuñou un empate da súa visita a Portugalete.
Galicia en goles FDS 13-09-2026 13.09.2026 8:45:00
A xornada na Primeira División deixou o mesmo resultado nos partidos con presenza de equipos galegos. Sen embargo, as sensacións nun e noutro caso foron distintas. O Celta deixou de novo escapar dous puntos de Balaídos tras empatar a un co Málaga. os vigueses seguen sen gañar esta temporada. Mentres o Deportivo segue sen perder, tras rabuñar ese mesmo empate en Xetafe.
Galicia en goles FDS 12-09-2026 12.09.2026 8:44:55
Non foi unha boa tarde para os conxuntos galegos de 1ª RFEF coas claras e merecidas derrotas do Pontevedra e a UD Ourense ante o Athletic B e o Logroñés respectivamente. Mentres, no baloncesto, o Ensino gañou a Copa Galicia ante o Uni Ferrol e o Obradoiro rematou terceiro no Encestarías, tras vencer ao Alba Berlín.
Galicia en goles venres 11-09-2026 11.09.2026 3:59:54
O Galicia en Goles deste venres tivo no baloncesto un dos seus pratos fortes, coa desputa das semifinais da Copa galicia Feminina e do EncestaRias. Tamén houbo completa cobertura do Deportivo - Real Madrid da primeira división feminina.
Galicia en goles edición mediodía 10-09-2026 10.09.2026 30:55
Tebas na Coruña Marian Mouriño e o proxecto do RC Celta Presentacións no Racing de Ferrol e no Club Deportivo Lugo
Galicia en goles mediodía FDS 06-09-2026 06.09.2026 2:14:53
A edición matinal do Galicia en Goles contou a igualada do Fabril a un tanto en Riazor fronte ao Cacereño. Na 2ª RFEF o Compostela caeu mallado por cero a tres no Vero Boquete ante o Marino, mentres que o Bergantiños e o Arousa traen sendos empates de Euskadi, concretamente de Guernika e Amorebieta respectivamente.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet