AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles sábado 13-04-2024 13.04.2024

Co Celta regresando á competición o pasado venres, o Galicia en Goles deste sábado centrouse na 1ª RFEF e na Liga ACB de Baloncesto. Nesta última o Sar foi un clamor contra a actuación arbitral na derrota do Obradoiro ante Manresa. o fútbol foi máis benévolo co deporte galego; o Deportivo afianzou o seu liderado tras vencer en Teruel e o Arenteiro fixo o propio na súa visita ao Cornellá. Polémica...

Galicia en goles especial Betis - Celta 12-04-2024 12.04.2024

O Celta abriu a xornada ligueira visitando ao Betis no feudo verdibranco. Un mal arrinque de segundo tempo lastrou aos de Claudio Giráldez que remataron perdendo por dous tantos a un, o gol celeste obra de Larssen xa no tempo extra. A falta do encontro do Cádiz ante o Barcelona, o equipo vigués mantén tres puntos de marxe sobre o descenso.

Galicia en goles domingo 07-04-2024 07.04.2024

Sen fútbol profesional galego nesta fin de semana, a 1ª RFEF foi a gran protagonista do Galicia en Goles deste sábado. O Deportivo afianzou o liderado tras vencer pola mínima ao Unionistas, cun solitario tanto de Barbero. Os coruñeses aumentan a tres puntos a distancia co Barcelona Atlético, que tan só puido empatar a un gol co Arenteiro. A nota negativa chegaba no Anxo Carro, cunha nova derrota d...

Galicia en goles sábado 06-04-2024 06.04.2024

O baloncesto foi o gran protagonista do Galicia en Goles deste sábado. A agónica e importante vitoria do Breogán que o saca momentaneamente do descenso, a derrota tras un último cuarto nefasto do Obradoiro, o trunfo coruñés na cancha ourensá no derbi da Leb Ouro e as tres citas galegas na Liga Feminina (vitoria do Uni Ferrol e traspés de Ensino e Celta Zorka) foron os temas destacados no programa...

Galicia en goles especial Amorebieta - Rácing de Ferrol 05-04-2024 05.04.2024

Un mal partido do Rácing de Ferrol rematou nunha clara derrota dos verdes ante un superior Amorebieta. Tralo encontro Raúl Villares conversou con varios dos protagonistas, entre eles Cubero e Jesús Bernal. Ademáis, no Galicia en Goles, fixeron previa en chave galega da final de Copa do Rei que disputan este sábado Mallorca e Athlétic de Bilbao.

Galicia en goles domingo 31-03-2024 31.03.2024

Xornada deportiva maratoniana. Pola mañá o Ensino levou o derbi galego ante Uni Ferrol e o Fabril caeu en Abegondo ante o Langreo. Sen pausa e no horario do xantar, o partido da xornada desputouse en Balaídos. Claudio Giráldez debutou como técnico local no feudo celeste cun empate a cero ante o Raio Vallecano, nun partido marcado polas polémicas decisións arbitrais. A continuación, na Malata, o Rá...

Galicia en goles sábado 30-03-2024 30.03.2024

A xornada deste sábado comezou co trunfo pola mínima do Deportivo en Cornellá que lle permite seguir líder e meter presións aos rivais polo primeiro posto. Non puido seguir o ritmo o Celta Fortuna que caeu na prolongacíon en Tarazona. Na 2ª RFEF, o empate do Pontevedra en Aranda de Duero na recta final do encontro foi aproveitado polo Ourense CF para auparse ao coliderado, logo de vencer en Oira a...

Galicia en goles venres 29-03-2024 29.03.2024

A edición do Galicia en Goles deste venres estivo centrada no encontro que desputou o COB en Fuenlabrada, así coma no decisivo partido pola permanencia na primeira división entre Cádiz e Granada. Xa en chave galega, Roberto Carlos Carballo analizou a fin de semana deportiva conversando con Manu Morgade (xogador do Ourense CF), Simón Lamas, adestrador do RC Vilalbés e co presidente da UD Ourense, F...

Galicia en goles especial Albacete-Rácing 25-03-2024 25.03.2024

O Rácing sacou un punto na súa visita a Albacete (1-1) grazas á maxia de Iker Losada pero o resultado puido ser moito mellor si os de Cristóbal aproveitaran un dos dous penaltis que tiveron. Álvaro Giménez e Héber estreláronse contra Vaclik.

Galicia en Goles mañá 24-03-2024 24.03.2024

A mañá de domingo viviu a contundente goleada sufrida polo Compostela en Cayón por 4 a 0. A mellor nova chegou en Riazor, coa vitoria do Liceo ante o Barcelona por 3 a 1. No Galicia en Goles tamén estiveron pendentes da roda de prensa de Cristóbal na previa do encontro en Albacete e da cita galega da Copa de España de ciclismo feminino que se desputou en Pontevedra.

Galicia en Goles tarde 24-03-2024 24.03.2024

No Galicia en Goles deste domingo viviuse un dos partidos máis trepidantes da temporada. O CD Lugo caía por cero a tres na recta final do primeiro tempo e rematou vencendo por 4-3. Isto permite a Roberto Trashorras celebrar a primeira vitoria como técnico dos lucenses. Ademais, en Pasarón, o Pontevedra tamén tivo que remontar ante o Marino de Luanco para alcanzar o primeiro posto na 2ª RFEF. E no...

Galicia en goles sábado 23-03-2024 23.03.2024

Un sábado pleno de deporte na Radio Galega con atención especial á vitoria do Obradoiro ante o Breogán por 83 a 72 que da aire aos santiagueses e deixa aos dous conxuntos con 7 trunfos, loitando pola permanencia. No fútbol da 1ª RFEF o Deportivo afianzou o liderato gañando ao Majadahonda, o Celta Fortuna fixo o propio co posto de playoff goleando ao Fuenlabrada e o Arenteiro sorprendeu a domicilio...

Galicia en goles venres 22-03-2024 22.03.2024

O Zaragoza foi un duro rival para o Uni Ferrol nos cuartos de final da Copa da Raíña de baloncesto feminino. O equipo de Lino López caeu por 49 a 75 nun encontro que retransmitiu íntegramente o Galicia en Goles xunto co seguemento do encontro amigable de fútbol entre España e Colombia. Ademáis nesta edición do venres analizouse a xornada deportiva dos diferentes equipos galegos, así como das citas...

Galicia en goles venres 15-03-2024 15.03.2024

A presentación da fase herculina da Ligas Genuine, a última hora dos conxuntos galegos de fútbol, baloncesto e balonmán ante unha nova xornada ligueira, o inicio do Campionato Galego de Ralis e o pase de Galicia á final nacional da Copa das rexións Uefa.

Galicia en goles sábado 16-03-2024 15.03.2024

Retransmisíon do Deportivo - Sabadell que rematou con empate a un gol, no regreso de Óscar Cano a Riazor, e do trunfo do Ourense CF en Oira. Seguemento da xornada galega do básket feminino e do intenso derbi de balonmán que enfrontou a Atlético Guardés e Porriño. Ademáis, o minuto a minuto da derrota do Obradoiro en Murcia.

Galicia en goles domingo 10-03-2024 10.03.2024

Retransmisión dos partidos Nástic de Tarragona-Deportivo e Obradoiro-Valencia. Retransmisión dos partidos Real Madrid-Celta, Lugo-Unionistas, a Segunda e a Terceira RFEF.

Galicia en goles sábado 09-03-2024 09.03.2024

Retransmisión dos partidos Cartagena-Racing de Ferrol, Celta Fortuna-Ponferradina, Tarazona-Arenteiro e Breogán-Unicaja.

Galicia en goles venres 08-03-2024 08.03.2024

A vitoria do Básquet Coruña ante Estudiantes, o empate do Cangas e a previa da xornada deportiva da fin de semana

Galicia en goles domingo 03-03-2024 03.03.2024

Todo o deporte do domingo: De 11.45 a 14.30 retransmisión dos partidos Girona-Obradoiro e Oviedo Vetusta-Pontevedra. E de 15.00 a 23.00 horas os partidos Deportivo-Lugo e Compostela-Torrelavega.

Galicia en goles sábado 02-03-2024 02.03.2024

Retransmisión dos partidos Racing de Ferrol-Racing de Santander, Unionistas-Celta Fortuna, Arenteiro-Nástic e Joventut-Breogán.

Galicia en Goles especial Celta-Almería 01-03-2024 01.03.2024

Benítez estaba na corda frouxa, pero superou o "match ball" con esta vitoria pola mínima co gol de Óscar Mingueza no minuto 73 de partido.

Galicia en goles domingo 25-02-2024 25.02.2024

Retransmisións dos partidos Fabril-Ourense CF (de 12 a 14h), Cádiz-Celta e Eldense-Racing de Ferrol (de 14 a 16h cos protagonistas de 16 a 16.45h), Lugo-Fuenlabrada, Osasuna Promesas-Deportivo, Vilalbés-Compostela, Pontevedra-Zamora e a Terceira. Entrevista a Swedberg, autor do 0-2 do Celta, entrevista de Roberto Carlos Carballo. O Celta empatou a dous goles no Mirandilla, recibiu o gol da igualad...

Galicia en goles sabado 24-02-2024 24.02.2024

As retransmisións dos partidos Celta Fortuna-Sestao, Logroñés-Arenteiro, Coruxo-Oviedo Vetusta, UD Ourense-Celta C, Ensino-Celta, Cangas-Nava e Noia-Valdepeñas. Ademais, conexións coa Volta O Gran Camiño, penúltima etapa entre Xinzo de Limia e Ribadavia; conexións coa Gala da Federación Galega de Ciclismo, en Ribadumia.

Galicia en goles venres 23-02-2024 23.02.2024

As previas dos partidos máis importantes, o accidente de tráfico do racinguista Álvaro Giménez... e moito máis. Con Roberto Carlos Carballo.

Galicia en goles domingo eleccións tarde 18-02-2024 18.02.2024

Os protagonistas na sala de prensa e zona mixta do Racing: Cristóbal, PInchi e Moi Delgado.

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.