AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles venres 24-05-2024 24.05.2024

A última hora dos grandes equipos galegos de fútbol e das eliminatorias de ascenso a 2ª RFEF foron parte dos contidos do Galicia en Goles deste venres. Ademáis o balonmán, co Cangas buscando a salvación matemática e o Cisne o ascenso a Asobal adquiriu protagonismo no polideportivo, xunto ao motor, co Rallly de Narón ou o piragüismo

Galicia en goles domingo mañá 19-05-2024 19.05.2024

O Deportivo caeu nos cuartos de final da Copa de Campións xuvenil ante o Sevilla nun encontro que necesitou dunha prórroga, na que o conxunto hispalense anotou os dous únicos goles do partido. Ademáis, o Crat Coruña caeu na última xogada do encontro ante o Navalcarnero na final da División de Honra feminia de rugbi.

Galicia en goles domingo tarde-noite 19-05-2024 19.05.2024

A falta dunha xornada o RC Celta de Vigo conseguiu asegurar a súa presenza un ano máis na primeira división. Fíxoo tras derrotar ao Granada nos Cármenes por un tanto a dous, nun partido non exento de sufrimento porque o conxunto andaluz dispuxo dun penalti no tempo de prolongación. O empate do Cádiz ante o Las Palmas provocou o descenso directo dos gaditanos. Na segunda división o Rácing de Ferrol...

Galicia en goles sábado 18-05-2024 18.05.2024

Este sábado o Galicia en Goles centrouse na penúltima xornada da 1ª RFEF, con horario unificado salvo o encontro do Deportivo en Zubieta, sen nada en xogo, que rematou con empate a 1 dos coruñeses ante a Real Sociedad B. Foi o mesmo resultado que se deu no Espiñedo no derbi entre Arenteiro e Celta Fortuna, mentres que o Lugo caeu en Logroño. Ademáis comezaron as eliminatorias de ascenso a 2ª RFEF...

Galicia en goles venres 17-05-2024 17.05.2024

O atletismo (co GP Cidade de Vigo e a Media Maratón da cidade olívica), o fútbol sala (coa final da Copa Galicia) ou a previa da final pola Liga de Rugbi feminino que desputa o CRAT Coruña foron parte dos temas do polideportivo tratados no Galicia en Goles do venres. Dentro do deporte rei, no fútbol, Roberto Carlos Carballo analizou a xornada de liga, co trascendental Granada - Celta do domingo, o...

Galicia en Goles especial Celta-Ath. Bilbao 15-05-2024 15.05.2024

A saída ao campo de Hugo Álvarez foi fundamental para os dous goles cos que os de Giráldez puideron dar a volta ao partido logo de rematar a primeira metade con derrota cun gol olímpico.

Galicia en goles domingo mañá 12-05-2024 12.05.2024

Na mañá deste domingo o Galicia en Goles centrouse na ida das semifinais polo ascenso a 1ª RFEF, coa derrota do Pontevedra CF por 2 goles a 1 no feudo do Zaragoza B. O equipo de Yago Iglesias viu como lle remontaron no segundo tempo e terá que darlle a volta á eliminatoria o vindieor domingo en Pasarón. Tamén queda todo por decidir no 1/4 de final da Copa de Campions xuvenil tralo empate a 0 entre...

Galicia en goles domingo tarde-noite 12-05-2024 12.05.2024

Riazor converteuse nunha festa na tarde deste domingo tralo regreso catro anos despois do Deportivo ao fútbol profesional. O conxunto coruñés necesitaba gañar ante o Barcelona Athletic e así o fixo, cun tanto de Lucas Pérez de falta directa. Tralo asubí final a Radio Galega seguiu a celebración no céspede, no vestiario e na sala de prensa do feudo coruñés. Previamente a radio pública galega contou...

Galicia en goles sábado 11-05-2024 11.05.2024

O deporte galego espertou este sábado con resaca de baloncesto. O histórico ascenso do Básquet Coruña á Liga ACB tivo como colofón a festa celebrada durante toda a tarde na explanada de Riazor. Alí estivo para contalo a Radio Galega, como tamén viviu o emocionante triunfo do Rácing de Ferrol sobre o Alcorcón que permite aos verdes seguir na carreira por un posto nos playoff de ascenso. Posto que c...

Galicia en goles venres 10-05-2024 10.05.2024

Será un venres que quedará marcado con letras de ouro na historia do baloncesto galego. O Galicia en Goles viviu unha noite para a lembranza no deporte da canastra. Primeiro coa salvación do Breogán, conseguida tras vencer ao Andorra no Pazo. Logo, co ascenso á ACB e o campionato da Leb Ouro do Básquet Coruña, conseguida tras gañar en Melilla na última xornada do campionato. Foi unha noite de fest...

Galicia en Goles especial Breogán-Andorra 10-05-2024 10.05.2024

O Breogán fixo as tarefas e derrotou ao Andorra nun partido no que sempre estivo por diante no marcador. Sen ter que agardar outros resultados, o conxunto lucense asegurou estar un ano máis na elite do baloncesto español. Tralo final do encontro, a festa inundou a cancha lucense, cunha perfecta unión entre público, corpo técnico e xogadores

Especial Palencia-Obradoiro 09-05-2024 09.05.2024
Galicia en Goles domingo tarde-noite 05-05-24 05.05.2024

A temporada vai pechando o pano e chegan tempos de bágoas e ledicias. Tamén de nervios e tensión. Asi se viviu no Galicia en Goles dende primeira hora da tarde, coa vitoria en Balaidos do Celta ante o Villarreal que alonxa aos de Claudio Giraldez a oito puntos do descenso. Na 2ª división o Rácing de Ferrol perdeu na recta final ante o Tenerife e ve alonxar o soño do playoff de ascenso. Mentres, no...

Galicia en goles domingo mañá 05-05-2024 05.05.2024

Este domingo a 2ª RFEF desputou a última xornada en horario unificado. Co Ourense CF xa ascendido e o Pontevedra clasificado para o playoff, tres eran os equipos galegos que se xogaban moito nesta última cita: o Compostela entrar nos cinco primeiros e poder loitar polo ascenso, o Fabril certificar a permanencia e o Rácing Vilalbés evitar o descenso. Finalmente tan só o conxunto coruñés conseguiu o...

Galicia en goles sábado 04-05-2024 04.05.2024

Tarde de emocións no Galicia en Goles deste sábado. O Celta Fortuna afianza o posto de playoff tralo empate en Zubieta e o Deportivo podería ascender se gaña ao BarÇa Athletic tras vencer pola mínima en Las LLanas. No baloncesto o Obradoiro segue con vidas tras vencer ao Andorra. O polideportivo trouxo máis grandes novas para o noso deporte: o ascenso do Raxoi á D. Honra feminina de hockey, a perm...

Galicia en goles venres 03-05-2024 03.05.2024

A última hora dos conxuntos do fútbol galego (Celta, Rácing, 1ª e 2ª RFEF), a trascendental xornada no baloncesto con Breo e Obra loitando pola permanencia e B. Coruña polo ascenso, o balonmán, o voleibol e tódolos asuntos da actualidade do noso deporte, con Roberto Carlos Carballo

Galicia en Goles especial 3ª Federación 01-05-2024 01.05.2024

O festivo 1 de maio trouxo a celebración da antepenúltima xornada de Liga no grupo galego da Terceira Federación. Co Bergantiños xa campión e o Pontevedra B e o Arzúa descendidos, a emoción estivo nos partidos dos equipos que pelexan por entrar na fase de ascenso á Segunda Federación

Galicia en Goles especial Racing-Mirandés 29-04-2024 29.04.2024

A previa, todo o que pasou no partido e as declaracións a pé de campo logo da derrota dos verdes na casa

Galicia en goles domingo 28-04-2024 28.04.2024

O domingo deportivo galego arrincou coa penultima xornada na 2ª RFEF con horario unificado. O Ourense CF aproveitou a súa primeira oportunidade de ascenso e venceu ao Vetusta por dous a cero, provocando a festa no campo de Oira. O Pontevedra xogará os playoff, polos que aínda pode loitar o Compostela. Pola parte baixa Fabril acariña a permanencia mentres que o Rácing Vilabés salvou a primeira bola...

Galicia en goles sábado 27-04-2024 27.04.2024

Non foi unha boa xornada para o Celta en Vitoria, coa clara derrota por tres a cero ante o Alavés. A boa nova chegou co filial, que goleou ao Logroñés e acariña o playoff de ascenso. Pola súa banda a cidade de Lugo viviu unha ledicia dobre, co equipo de fútbol collendo aire tralo triunfo ante o Navalcarnero e o mesmo co Breogán asaltando Granada para dar un paso á salvación na Liga ACB. A esta com...

Galicia en goles venres 26-04-2024 26.04.2024

Este venres Paco Santos analizou a xornada futbolística galega, que comezará coa dobre cita celeste, o filial recibindo á SD Logroñés e o primeiro equipo buscando un paso máis cara a permanencia en Vitoria. O outro partido da 1ª RFEF do sábado, o Lugo - Majadahonda e o derbi do domingo entre Deportivo e Arenteiro tamén ocuparon espazo informativo nun programa no que se seguiu o que acontecía no fú...

Galicia en goles domingo 21-04-2024 21.04.2024

O domingo futbolístico galego arrincou da mellor maneira posible en Riazor, onde o Deportivo feminino conseguía regresar tres anos despois á maxima categoría. Tras derrotar por 3 a 1 ao Cacereño a festa invadiu o céspede a sala de prensa e os aledaños de Riazor. En canto á 1ª RFEF o Fortuna caeu pola mínima en Tarragona e ve como se lle escapa a opción de ascenso directo. Outra derrota, a do Lugo...

Galicia en goles sábado 20-04-2024 20.04.2024

Nun maratoniano Galicia en Goles de once horas de duración, o deporte galego viviu un tobogán de sensacións. No partido máis madrugador, o Celta goleou ao Las Palmas e da un paso de xigante cara a permanencia. Logo, o Rácing de Ferrol caeu no feudo do pechacancelas pola mínima. Máis avanzada a tarde contouse a polémica derrota do Breogán no Pazo ante Gran Canaria e a vitoria do Deportivo ante a Cu...

Galicia en goles venres 19-04-2024 19.04.2024

Cada vez queda menos para que remate a liga regular na LEB Ouro de baloncesto. E o Leyma Básquet Coruña perdeu o colchón que tiña obre os seus rivais polo ascenso directo tras caer en Alacant por 84 a 74. Aínda así, a falta de tres xornadas, o equipo laranxa segue dependendo de si mesmo para ascender directamente á ACB. A boa nova chegou en Cáceres, coa vitoria do COB por 71 a 77 que o mantén con...

Galicia en goles domingo 14-04-2024 14.04.2024

Tras a derrota con mala imaxe de Amorebieta, o Rácing de Ferrol retornou a senda da vitoria na Malata, vencendo ao Huesca e situándose a un punto das eliminatorias de ascenso a primeira división. Na 1ª RFEF o Celta Fortuna goleou por 4-1 ao Lugo e afianza o posto de playoff. Os olívicos están a sete puntos do líder, o Deportivo, que aumentou a súa diferenza cos perseguidores tras as derrotas de Ná...

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.