AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles venres 28-06-2024 28.06.2024 56:00
No Galicia en Goles deste venres coñeceron un chisco máis á selección de Xeorxia, rival de España nos oitavos de final da Eurocopa de fútbol. Tamén houbo tempo para avanzar os contidos do clínic de baloncesto que se celebra en Ourense e do resto de actividades na fin de semana galega deportiva.
O Burela, hexacampión de liga 26.06.2024 3:34:10
Andrés Vieites desprazouse ata Burela para contarnos en directo o partido que proclamou ás burelás compo hexacampioas de liga. A previa, a emoción do partido e todas as voces das protagonistas cun Galicia en Goles dirixido por Roberto Carlos Carballo do que tomou a remuda Toni López xa no Contraataque.
España 1-0 Albania 24.06.2024 2:30:58
España cumpriu o trámite diante de Albania. reservando o groso dos titulares das dúas primeiras xornadas xa pensando nos oitavos de final,. Ferrán Torres marcou o gol do partido no minuto 13 ao cruzar un pase en profundidade de Dani Olmo. Comezara moi forte a selección española con ocasións de Merino e o dianteiro de Silleda Joselu. A partir do gol acougou España, que seguiu dominando á inocente A...
Galicia en goles domingo mañá 23-06-2024 23.06.2024 2:16:55
A selección española de baloncesto proclamouse campioa do torneo triangular que se deputou durante toda a fin de semana en Vigo. Este domingo derrotou a China por 70 a 46 no segundo partido preparatorio do combinado de Miguel Méndez de cara aos XXOO de París. Ademáis en Lalín desputáronse os Campionatos de España de Mountain Bike na modalidade de maratón.
Galicia en goles domingo tarde-noite 23-06-2024 23.06.2024 8:01:55
O partido estrela deste domingo no Galicia en Goles desputouse no Helmántico. Ante máis de quince mil espectadores, o Celta C Gran Peña tentou remontar a eliminatoria ante o Salamanca pero non foi quen de conseguilo. O empate a 0 final deulle o ascenso ao equipo charro. Tamén houbo atención especial ao resto de partidos de ascenso, tanto a 1ª como 2ª división e no polideportivo a Radio Galega esti...
Galicia en goles sábado 22-06-2024 22.06.2024 8:01:55
Vitoria e San Tirso convertéronse nos vencedores da Copa Deputación da Coruña femenina e masculina respectivamente. Contouno o Galicia en Goles xunto á xornada de fútbol sala, que rematou co ascenso do Lugo Sala a segunda división. Tamén houbo tempo para o torneo de fútbol base de michel Salgado e o all-star futbolinlugo en Guntín.
Galicia en Goles Especial Futsi-BurelaFS 22-06-2024 22.06.2024 2:15:56
Era un encontro a vida ou morte. Trala derrota do Burela nos penaltis no primeiro envite desputado en Vista Alegre ante o Navalcarnero, o equipo de Julio delgado debía gañar si ou si para manter con vida o soño do título de liga. E así o fixo. Venceu por dous a catro e forzou o terceiro encontro que, de novo, será desputado en cancha burelá.
Galicia en goles venres 21-06-2024 21.06.2024 3:29:58
Este venres arrincou o torneo triangular de baloncesto feminino que desputarán durante tres días a selección española fronte a China e Turquía, para preparar os XXOO de París. O primeiro encontro, con vitoria das de Miguel Méndez ante o combinado turco, contouse no Galicia en Goles. Ademáis houbo atención especial ao rali do Carballiño, á Eurocopa e á previa do fútbol sala.
España 1-0 Italia 20.06.2024 2:01:00
Narrado na Radio Galega cunha selección que tivo moitas ocasións para bater a porta de Donnarumma, que só a viu perforada por un xogador do seu propio equipo. Seguimos esperando polo debú de Joselu. O de Silleda podería ser da partida no intrascendente partido diante de Albania co primeiro posto xa decidido para a vermella.
Galicia en goles domingo mañá 16-06-2024 16.06.2024 2:16:58
Na edición matinal do Galicia en Goles viviron a primeira semifinal, tanto feminina como masculina, da Copa Deputación da Coruña. Ademáis houbo tempo para escoitar a tódolos protagonistas da festa do ascenso do Burela Pescados Rubén e coñecer a última hora da proba da Copa Galicia de ciclismo en ruta desputada no Porriño
Galicia en goles domingo tarde-noite 16-06-2024 16.06.2024 8:01:55
Decisións arbitrais marcaron o encontro que enfrontou en Barreiro a Celta C Gran Peña e Salamanca UDS. A derrota dos olívicos obrígaos a remontar na volta no Helmántico. Ademáis, no Galicia en Goles, contaron as finais das copas provinciais de Lugo e Pontevedra, así como as semifinais na de Coruña e a xornada da Eurocopa de Alemania 2024.
Galicia en goles sábado 15-06-2024 15.06.2024 8:01:57
Burela viviu un sábado de contrastes coa derrota do conxunto feminino no primeiro partido polo título de liga á mañá e o ascenso dos rapaces a primeira división á noite. Entremedias, no Galicia en Goles contaron a vitoria de España ante Croacia no seu debut na Eurocopa e estiveron pendentes dos torneos de fútbol base e do campionato de España de triatlón disputado na Coruña.
Galicia en goles venres 14-06-2024 14.06.2024 3:30:00
Burela vivirá un sábado cheo de emocións xa dende primeira hora da mañá. O conxunto feminino desputa o primeiro partido polo título ante o Navalcarnero mentres que os rapaces conseguirán o ascenso se gañan ante o Antequera. No día previo falaron con todos os protagonistas no Galicia en Goles. Tamén atenderon ao arrinque da Eurocopa de Alemania, ao rally de Ourense, á previa do Salamanca - Celta C...
Galicia en goles domingo mañá 09-06-2024 09.06.2024 2:16:55
O Pazo dos deportes de Riazor volveu vivir unha mañá máxica de hoquei sobre patíns. O Liceo, tras unha prórroga, foi quen de dobregar ao Noia e igualar a dous a serie de semifinais. O quinto e definitivo encontro será na vila catalá o vindeiro martes. Ademáis, nesta mañá dominical, o Galicia en Goles estivo no Campionato Galego de Traíñas en Bueu e no autonómico de BTT en Cuntis.
Galicia en goles domingo tarde-noite 09-06-2024 09.06.2024 5:25:57
O Gran Peña Celta C fixo valer o factor campo e derrotou ao UD Ourense no partido de volta da final da fase galega polo ascenso a 2ª RFEF. Esta vitoria permítelle ao conxunto celeste clasificarse para a rolda final, na que loitará por ese ascenso ante outro equipo do resto de España. Ademáis no Galicia en Goles deste domingo atenderon á final de Roland Garros, con triunfo do murciano Carlos Alcara...
Galicia en goles sábado 08-06-2024 08.06.2024 8:01:58
A Rosaleda permaneceu calada 45 minutos tras unha primeira parte primorosa do Celta Fortuna, que rematou con vitoria provisional dos celestes. Pero a remonta dos andaluces no segundo tempo deixou ao equipo de Fredi Álvarez sen o soño do ascenso. Ademáis, este sábado o Galicia en Goles estivo nos desenlaces da Copa de Ferrol, do Sar, da Deputación de Ourense e nas semifinais de Pontevedra. No polid...
Galicia en goles venres 07-06-2024 07.06.2024 3:30:00
O Pavillón dos Deportes de Riazor acolleu o terceiro partido das semifinais polo título de Liga de hoquei sobre patíns. A vitoria do Liceo ante o Noia permite aos verdes ampliar a serie ata o domingo cando menos, nun cuarto partido no que buscarán igualar a dous a eliminatoria. Ademais no Galicia en Goles atenderon ao Camiño do Futgal, que xuntou na Coruña a persoeiros do fútbol nacional e ao rest...
Galicia en goles domingo mañá 02-06-2024 02.06.2024 2:16:58
A final da eliminatoria galega polo ascenso a 2ª RFEF deu comezo no Couto cun espectacular partido entre UD Ourense e Celta C Gran Peña que rematou con empate a tres goles. O Galicia en Goles matinal estivo centrado neste encontro de ida que deixa todo por decidir para volta que se desputará en Barreiro. Un empate serviríalle ó equipo pontevedrés para superar a eliminatoria gracias á súa mellor cl...
Galicia en goles domingo tarde-noite 02-06-2024 02.06.2024 8:01:52
Unha de cal e outra de area para o fútbol galego nesta primeira fin de semana de xuño. O Deportivo goleou en Castalia ao Castellón por dous tantos a catro e proclamouse campión absoluto da 1ª RFEF. Pola contra, o Pontevedra quedou sen ascenso a dita categoría tras empatar a un en Pasarón ante o Betis B e nn ser quen de remontar o resultado adverso da ida. Ademáis, o Rácing de Ferrol caeu pola míni...
Galicia en goles sábado 01-06-2024 01.06.2024 8:31:52
O sábado o Galicia en Goles centrou a súa atención en dous encontros: a ida das semifinais polo ascenso a 2ª división desputada en Balaídos, con empate a 2 entre Celta Fortuna e Málaga. Ademáis houbo cobertura especial da final da Champions League que gañou o Real Madrid en Wembley ante o Borussia Dortmund. Contouse a festa nas dúas vilas onde naceron os futbolistas galegos do conxunto branco: Cur...
Galicia en goles venres 31-05-2024 31.05.2024 4:14:58
Con case dezaseis mil afeccionados no feudo vigués, o combinado de Diego Martínez sucumbiu ante a eficacia panameña, que aproveitou as dúas ocasións que tivo no partido. Na previa, durante e no post partido o Galicia en Goles contou todo o que alí acontecía, dende o himno galego ata os protagonistas da zona mixta de Balaídos
Especial Galicia en Goles Depor 2-1 Castellón 29.05.2024 2:31:57
O Deportivo viaxará a Castellón cunha mínima vantaxe para decidir o campión da temporada na Primeira Federación). O cadro coruñés remontou no segundo tempo o tanto inicial dos castellonencos. Foi o Dépor o que tivo a gran oportunidade para marcar primeiro pero Lucas Pérez perdoou nun penalti que forzara David Mella. Antes do descanso Douglas Aurelio superaba a Puerto cun lanzamento cruzado. Durant...
Galicia en goles domingo mañá 26-05-2024 26.05.2024 2:16:55
Balaídos e os seus arredores tinguíronse de celeste dende primeira hora da mañá. Gastronomía, foliadas, gaitas, xogos para nenos e moito celtismo foron os ingredientes para unha festa previa ao RC Celta - Valencia que viviu a Radio Galega na edición matinal do Galicia en Goles. Ao mesmo tempo, non moi lonxe do feudo vigués, en Barreiro desputábase a volta das semifinais para o ascenso a 2ª RFEF. O...
Galicia en goles domingo tarde-noite 26-05-2024 26.05.2024 8:01:55
Balaídos e a Malata desfrutaron do último partido de Celta e Rácing de Ferrol coma locais nesta temporada. O conxunto celeste, que remataba a Liga empatando a dous co Valencia, celebrou a permanencia cos seus afeccionados antes, durante e depois do partido no feudo vigués. Pola súa banda o Rácing de Ferrol apuraba as últimas opcións de entrar nos playoff de ascenso enfrontándose na penúltima xorna...
Galicia en goles sábado 25-05-2024 25.05.2024 9:01:54
O Galician en Goles do sábado viviu con emoción e paixón a derradeira cita da liga regular na 1ª RFEF. O Deportivo, que logo volveu festexar en Riazor e Catro Camiños o ascenso, nada se xogaba ante o Real Unión, ao que derrotou por 3 a 1. Si que tiñan moito en xogo os irundarras, que se aproveitaron do empate do Sabadell en Lugo para conservar a categoría. Moito máis en xogo, actuar coma local ou...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.