AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en goles Fin de semana 02-11-2024 02.11.2024

A xornada sabatina comezou da mellor maneira posible, coa goleada do RC Deportivo ao Cartaxena no primeiro e, quen sabe, último encontro de Óscar Gilsanz no banco dos branquiazuis. Na 1ª RFEF houbo pleno tamén de triunfos galegos, co Arenteiro asaltando Zubieta e a segunda praza mentrs que o Lugo afianza a zona alta derrotando no Anxo Carro ao Athletic B pola mínima. A peor nova posible chegou en...

Galicia en goles venres 01-11-2024 01.11.2024

Aproveitando a festividade do 1 de novembro, houbo moito deportes en Galicia, con varios partidos de 3ª división, fútbol sala e baloncesto feminino. Ademais, no Galicia en Goles tamén analizaron a fin de semana futbolística e por suposto atenderon á gran cita na nosa terra, o Campionato de Europa de ciclocross que se desputa en Pontevedra.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 31-10-2024 31.10.2024
Galicia en Goles especial Copa do Rei 30-10-2024 30.10.2024

Encontros dos equipos galegos na Copa do Rei: San Pedro-Celta con Roberto Carlos, Jorge Paz e Víctor López. Bergantiños-Marbella con Fer Romero. Presenta Paco Santos. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 29-10-2024 29.10.2024

Retransmisión en directo dos encontros dos equipos galegos na Copa do Rey. . S.D. Compostela - Alavés e Guijuelo - Ourense. Antón Vieites e Alberto Mariano dende o Vero Boquete e Raúl Villares dende Guijuelo. Declaracións dos protagonistas de ambos partidos. Presenta Paco Santos. Marcadores Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Racing 1-1 Tenerife 28.10.2024

Especial Racing de Ferrol - Tenerife con Raúl Villares, Nesy Otero e Juancar. Presenta Paco Santos.

Galicia en goles Fin de semana 27-10-2024 27.10.2024

Non lle sentou nada ben ao deporte profesional galego o troco de hora que se viviu na madrugada do domingo. O Celta caeu derrotado claramente en Butarque por 3 a 0 ante o Leganés. Pola súa banda o Deportivo suma outra derrota máis, desta vez en Riazor ante o líder Rácing de Santander, e deixa moi tocado ao seu adestrador, Imanol ldiakez, que podería ter as horas contadas. Para completar o domingo...

Galicia en goles Fin de semana 26-10-2024 26.10.2024

O sábado marcado pola deblace madridista no Clásico ante o Barcelona foi unha xornada exitosa para o fútbol galego nas categorías RFEF. Celta Fortuna goleou á Segoviana e o Ourense CF sumou o primeiro triunfo da temporada en Lezama. Na 2ª RFEF vitorias de Pontevedra, Fabril e Bergantiños e empate do Compostela. E no polideportivo chegou a gran nova coa malleira do Básquet Coruña ante o Zaragoza, n...

Galicia en goles venres 25-10-2024 25.10.2024

Directo dos encontros Arenteiro- Unionistas de Salamanca da primeira Federación e do Real Valladolid - Obradoiro, da primeira FEB. Previa da próxima xornada para os equipos galegos de fútbol, baloncesto, fútbol sala e hockey.

Galicia en Goles especial Levante-Deportivo 24-10-2024 24.10.2024

Partido da segunda división entre o Levante e o Deportivo da Coruña con Roberto Carlos Carballo e Javi Torres. Marcadores Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 20-10-2024 20.10.2024

O domingo deportivo galego estivo marcado polo acontecido na Malata. Unha inxusta e inexplicable expulsión de Álex Lopez deixou máis de medio partido ao Rácing cun home menos, que tras unha defensa numantina, foi quen de manter o empate a cero ante o Huesca. Na 1ª RFEF o derbi ourensán caeu do lado do Arenteiro que derrotou ao Ourense CF no Couto cun solitario tanto de Diego Gómez. Na 2ª RFEF, vit...

Galicia en goles Fin de semana 19-10-2024 19.10.2024

O sábado deportivo galego estivo cheo de enventos ao máis alto nivel. Na primeira división o Celta fixo sufrir ao Real Madrid pero rematou caendo por un gol a dous en Balaídos. O Deportivo da Coruña segue sen gañar e sumou o terceiro empate consecutivo, desta vez ante o Eldense en Riazor. Finalmente, no derbi da 1ª RFEF, o Lugo venceu ao Fortuna pola mínima. No baloncesto a xornada tamén foi inten...

Galicia en goles venres 18-10-2024 18.10.2024

O Celta - Real Madrid será un dos pratos principais do deporte galego esta fin de semana. No Galicia en Goles deste venres analizaron o encontro e o resto da xornada futbolística galega. Tamén houbo tempo para o balonmán e o espectacular comezo do Atlético Guardés ou a convocatoria internacional do xogador do Cisne Cárlos Álvarez.

Galicia en goles Fin de semana 13-10-2024 13.10.2024

Ampla despregadura no Martínez Valero, onde o Deportivo igualou a cero ante o Elche. Ademais o programa contou as vitorias do Arenteiro e do Celta Fortuna xunto ao empate do Lugo, na Primeira RFEF. O peor resultado chegou no baloncesto, coa derrota do Breogán fronte ao Valencia no Pazo de Lugo.

Galicia en goles Fin de semana 12-10-2024 12.10.2024

Xoán Galán conduciu as primeiras retransmisións da xornada. Gañaron o Racing de Ferrol en Cartaxena e o Deportivo feminino en Riazor. Mentres, o Basquet Coruña perdeu na súa visita ao Andorra. Os protagonistas nos micrófonos da Radio Galega foron Cristóbal Parralo, Manu Vallejo e Álvaro Giménez para analizar o 0-1 en Cartagonova.

Galicia en goles venres 11-10-2024 11.10.2024

Durante 3 horas e 30 minutos, Roberto Carlos Carballo conduciu a primeira edición da fin de semana. O centenario do Celta Atletismo coincidiu co premio da Cultura Galega ao club vigués pola proxección exterior Ademais foi noticia o comezo da liga masculina de fútbol sala co partido Burela 1 Jaén 4. No último treito chegou a análise da fin de semana, con especial atención aos encontros Cartagena-Ra...

Galicia en goles Fin de semana 06-10-2024 06.10.2024

Non foi un bo domingo, en xeral, para o fútbol galego. O Deportivo non foi quen de pasar do empate a cero en Riazor ante o Málaga nun encontro marcado polos incidentes na previa provocados polo "Frente Bokerón" malacitano. Na 1ª RFEF o Lugo remontou no Anxo Carro para salvar un punto ante o Nástic mentres que Compostela e Pontevedra caían na casa na xornada da 2ª RFEF. Nesta categoría a...

Galicia en goles Fin de semana 05-10-2024 05.10.2024

O Galicia en Goles que comezou as 13:45 deste sábado tivo de todo. Contouse a primeira vitoria da temporada do Rácing de Ferrol, pola mínima ante o Elx. Tamén por un único tanto, de Borja Iglesias, gañou o Celta en Las Palmas, nun partido marcado polas dúas expulsións en bando olívico. No fútbol da federación houbo derrotas de Celta Fortuna e Arenteiro e empate do Ourense CF. E no baloncesto houbo...

Galicia en goles venres 04-10-2024 04.10.2024

O Porriño deu un paso importante para continuar vivo na European Cup de balonmán feminino tras golear ao Sudtirol por 21 a 36 no encontro de ida. No Galicia en Goles contaron o encontro e falaron cos protagonistas no post partido. Ademais, como cada venres, houbo unha completa previa da fin de semana deportiva galega.

Galicia en goles Fin de semana 28-09-2024 29.09.2024

O Coruxo caeu no Vao ante o Salamanca nun encontro de alternativas. Tampouco puido coñecer a vitoria do Deportivo Feminino, que empatou a dous co Athletic de Bilbao en Riazor. E na 1ª Federación de baloncesto, malleira do COB na primeira xornada ante o Cartagena no Paco Paz.

Galicia en goles Fin de semana 29-09-2024 29.09.2024

O Galicia en Goles viviu outro domingo sen descanso. Dende as 11:45 ata a medianoite contou o empate do Celta en Balaídos ante o Xirona, a derrota do Rácing de Ferrol en Córdoba e a xornada no fútbol da federación, onde destaca o primeiro triunfo do Celta Fortuna e outro máis do Arenteiro. No polideportivo, ademáis do título mundial de Jorge Prado no motocross, tivo protagonismo o arrinque da Liga...

Galicia en Goles especial Albacete-Deportivo 27-09-2024 27.09.2024

Tivo que agardar á sétima xornada de Liga para vencer lonxe de Riazor o conxunto coruñés. E fíxoo cun puñado na mesa, anotando cinco goles, dous máis dos que levaba no resto das anteriores xornadas. Yeremay e Mella, con sendos dobretes, e Cristian Herrera foron os goleadores dun partido que rematou 2 a 5 e que lle permite aos de Idiakez recuperar o sorriso e cambiar a dinámica negativa coa que che...

Galicia en Goles especial Celta-Atlético 26-09-2024 26.09.2024

O Atlético de Madrid apenas tivo dúas ocasións e o gol no suspiro final non fixo xustiza ao que fixeron os de Claudio Xiráldez, que volveu contar con moitos dos xogadores do Celta Fortuna que dirixida en Primeira Federación.

Galicia en goles FDS mediodía 22-09-2024 22.09.2024

Resultados dispares para os conxuntos galegos na xornada matinal do domingo. O Ourense CF caeu na visita ao Amorebieta a pesar de dispor dun penalti a favor con empate a cero. Tamén perdeu o Compostela, cero a dous no Vero Boquete ante o Langreo . A única boa nova chegou no Pepe Quimerán, con vitoria do Coruxo ante o Llarena, remontando nos últimos minutos de encontro.

Galicia en goles FDS tarde-noite 22-09-2024 22.09.2024

Tres saídas a domicilio e tres derrotas. É a bagaxe do RC Celta esta temporada. Este domingo o Athletic de Bilbao foi o seu verdugo, derrotándoo por tres tantos a un. Na 1ª RFEF a gran nova chegou no Toralín coa vitoria do Arenteiro 1 a 2 ante a Ponferradina. Pola súa banda o Lugo caeu en Zubieta. E no polideportivo o Cangas perdeu ante o Logroño no regreso da Asobal ao Gatañal e o Breogán venceu...

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.