AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en Goles especial Celta-Mallorca 06-12-2024 06.12.2024

Voltaron os sorrisos a Balaídos co triunfo claro do conxunto de Claudio Giráldez por dous tantos a cero ante o Mallorca de Jagoba Arrasate.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 05-12-2024 05.12.2024

Especial Copa do Rei co encontro entre o Barakaldo e o Racing de Ferrol con Raul Villares, Nesy Otero e Josu. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes sociais: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 04-12-2024 04.12.2024

Especial Copa do Rei coa narración do Ourense - Dépor con Javi Torres e Roberto Carlos e do Pontevedra - Vilarreal con Raul Villares e Baltierra. Declaracións dos protagonistas da xornada. Baloncesto feminino co Celta - Zaragoza con Gonzalo Alonso e o Ensino - Jairis con Emilio González. Presenta Paco Santos. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 03-12-2024 03.12.2024

Especial Copa do Rei co encontro da segunda rolda entre o Salamanca e o Celta e declaracións dos protagonistas. Narración: Roberto Carlos Carballo dende o Helmántico, Victor López e Jose Baltierra. Presenta: Paco Santos. Previa encontros do resto dos equipos galegos na Copa. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en goles FDS mediodía 01-12-2024 01.12.2024

Dou partidos de baloncesto e dous da terceira galega foron os principais argumentos do Galicia en Goles na matinal do domingo. O Uni Ferrol caeu na Malata ante o Gran Canaria, o COB Ourense fixo o propio co Tizona Burgos no Paco Paz, e no fútbol houbo tamén dúas vitorias visitantes, a goleada do Arousa en Somozas e o triunfo pola mínima do Noia en Viveiro

Galicia en goles Fin de semana 01-12-2024 01.12.2024
Galicia en goles Fin de semana 30-11-2024 30.11.2024

Este sábado houbo coincidencia horaria nos encontros de Celta e Deportivo, con sorte dispar para os dous equipos galegos. O equipo olívico caeu por 3 a 1 en Cornellá ante o Espanyol mentres que os coruñeses derrotaban ao Cádiz en terras andaluzas por 2 goles a 4. No fútbol da federación houbo pleno galego, con vitorias de Ourense CF na 1ª RFEF e de Compostela, Pontevedra e Fabril na 2ª RFEF. A mal...

Galicia en goles venres 29-11-2024 29.11.2024

Previa da xornada dos equipos galegos de primeira e segunda división e primeira, segunda e terceira Federación. Entrevista a Iván Fortes, ex xogador do Racing de Ferrol e do Eldense. Previa da xornada dos encontros de Copa do Rei dos equipos galegos con entrevista a Milucho, ollador do Vilareal e ex xogador do Pontevedra. Previa da xornada no polideportivo: Baloncesto e fútbol sala. Ciclismo: Pres...

Galicia en Goles especial Copa do Rei 27-11-2024 27.11.2024

Galicia en goles especial Castellón - Racing de Ferrol CON Raúl Villares e Nesy Otero e Nástic - Celta Fortuna con Gonzalo Alonso e Baltierra. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en goles FDS mediodía 24-11-2024 24.11.2024

Na edición matinal do Galicia en Goles deste domingo contouse o pleno galego na 1ª RFEF, cos triunfos de Celta Fortuna en Tarazona e do Ourense CF en Irún. Ademais na 2ª RFEF o Pontevedra empatou en Llanera e o Coruxo goleou no Vao ao Langreo.

Galicia en goles Fin de semana 24-11-2024 24.11.2024

Segue costándolle sacar puntos de Riazor ao Deportivo da Coruña, que empatou ante o Sporting a un gol nun partido que se lle puxo costa arriba no segundo tempo. No resto do fútbol o Compostela empatou en Salamanca na 2ª RFEF e segue coa boa xeira de resultados.

Galicia en goles Fin de semana 23-11-2024 23.11.2024

Partido frenético o que se viviu en Balaídos na noite do sábado, cun Celta que foi quen en tres minutos de igualar o encontro ante o Barcelona con dous tantos que ben puideron ser máis. Na 1ª RFEF o Arenteiro non puido pasar do empate ante o Osasuna Promesas mentres que no polideportivo hai que destacar as vitorias de Cangas e Celta Baloncesto. Asimesmo nas dúas primeiras horas o Galicia en Goles...

Galicia en Goles especial Rácing-Levante 22-11-2024 22.11.2024

Galicia en Goles especial Racing de Ferrol - Levante con Raúl Villares, Nesy Otero e Juancar dende A Malata. Zamora - Lugo con Emilio González. Presenta Roberto Caros Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en goles venres 22-11-2024 22.11.2024

Post partido cos protagonistas do Racing de Ferrol - Levante e do Zamora - Lugo. Previa da xornada dos equipos de fútbol galegos. Polideportivo co post partido de baloncesto da selección española ante Eslovaquia e previa do fútbol sala. Presenta Roberto Carlos. Marcadores Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Pontevedra-Levante 19-11-2024 19.11.2024

Encontro da primeira rolda da Copa do Rei entre o Pontevedra e o Levante con Raúl Villares e Gonzalo Alonso dende Pasarón. Presenta Paco Santos. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 17-11-2024 17.11.2024

Negra xornada para o RC Deportivo coa derrota dos seus tres principais equipos, o primeiro ante o Almería por dous goles a un, o filial na casa ante o Coruxo por cero a un, o mesmo resultado que colleitou en Riazor o feminino ante o Espanyol. No resto da xornada Lugo e Arenteiro empataron no derbi do Polbo, o Ourense CF gañou no Couto ao Tarazona e o Compostel sufriu para vencer ao Llanera pola mí...

Galicia en goles Fin de semana 16-11-2024 16.11.2024

O sabado deportivo galego comezou moi cedo, co Wibar - Rácing de Ferrol que rematou coa derrota verde. O baloncesto foi prato principal do programa, coa narración das derrotas de Breogán e Básquet Coruña na liga ACB e os triunfos do Obradoiro e COB Ourense na 1ª Federación. O último gran evento sabatino foi en Pasarón, coa vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Bergantiños

Galicia en goles venres 15-11-2024 15.11.2024

Dinamarca – España con Césae Méndez e Jose Valtierra. Xornada internacional de seleccións. Xornada de polideportivo en directo. Entrevista a Adrián Cruz. Previa Eibar – Racing. Entrevista a Alberto López, adestrador do Vilalbés. Previa xornada polideportiva. Presenta Roberto Carlos. Redes e datos: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Depor 1-0 Eibar 11-11-2024 11.11.2024

Un gol no último minuto do encontro dou a vitoria aos de Óscar Gilsanz. O tano foi logrado por Mario Soriano, que non o celebrou por se ex do equipo armeiro.

Galicia en goles Fin de semana 10-11-2024 10.11.2024

O longo Galicia en Goles deste domingo contou o empate do Celta ante o Betis no feudo verdibranco, nun partido no que os béticos empataron no tempo de prolongación. Peor sorte correu o Rácing de Ferrol que caeu na casa por 1 gol a dous ante o Rácing de Santander. A mellor nova chegou no baloncesto coa gran vitoria do Breogán no Pazo anteo Barcelona, a segunda da temporada. Iguala na clasificación...

Galicia en goles Fin de semana 09-11-2024 09.11.2024

Este sábado o fútbol da federación colleu pulo con dous derbis desputados na nosa terra. En Balaídos o Celta Fortuna , cun solitario tanto de Dela de tiro directo, derrotou ao Ourense CF no choque da 1ª RFEF. Mentres nas Eiroas o Compostela barreu ao Bergantiños cun claro cero a catro. No baloncesto, o Obradoiro sumou o terceiro triunfo consecutivo , desta vez ante o Tizona no Sar.

Galicia en goles venres 08-11-2024 08.11.2024

Castelló- COB con Raúl Villares. Acto Deputación de Pontevedra con Gonzalo Alonso. Entrevista con Isma Martínez, adestrador do Balonmán Porriño. Entrevista a Adrián Armental. Entrevista a Pablo López, adestrador do Ourense. Entrevista a Jorge Cuesta, adestrador do Bergantiños. Entrevista a Jaime Paz, adestrador da Sarriana. Moncho López co post do Castelló - COB. Presenta Roberto Carlos. Marcadore...

Galicia en Goles especial Breogán - Laguna Tenerife. 07-11-2024 07.11.2024
Galicia en Goles especial Celta 1-0 Getafe 04.11.2024

Especial Galicia en Goles coa narración do Celta - Getafe. Dende Balaídos: Roberto Carlos Carballo, Víctor López e Moncho Carnero. Declaracións dos protagonistas do encontro. Presenta: Paco Santos. Central de datos e redes: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 03-11-2024 03.11.2024

A xornada dominical estivo marcada polo adiamento de varios partidos pola DINA. Así, no fútbol galego destacou o empate do Ourense CF ante o Andorra na 1ª RFEF, as vitorias de Fabril ante o Guijuelo, do Compostela no derbi ante o Coruxo, o empate do Pontevedra en Pasarón con Avilés e a derrota do Bergantiños en Valladolid, nos partidos da 2ª RFEF. No polideportivo houbo dobre derrota coruñesa, na...

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.