AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episodes

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Galicia en Goles especial Copa do Rei 14-01-2025 14.01.2025

Oitavos de Copa do Rei: Ourense C.F - Valencia C.F. Roberto Carlos, Antón Vieites e Dani Portela dende O Couto. Declaracións post partido de Pablo López, Alberto Gil e Corberán. Presenta Paco Santos.

Galicia en goles FDS mediodía 12-01-2025 12.01.2025

a matinal do domingo estivo centrada no Breogán - Básquet Coruña que rematou con vitoria lucense. Asimesmo contamos o empate do Compostela ante o Numancia, o trunfo do Rácing Vilalbés ante o Polvorín e a derrota do Celta Baloncesto ante Xirona.

Galicia en goles Fin de semana 12-01-2025 12.01.2025

Non foi unha boa xornada para os conxuntos galegos da cuarta categoría do fútbol español. O Pontevedra non pasou do empate en Valladolid, o Coruxo fixo o propio no Vao co Avilés, mentres que o Fabril caía pola mínima en Ávila e o Bergantiños na casa ante o Gujuelo. Na parte final do programa contamos a final da Supercopa de España, coa goleada do Barcelona sobre o Real Madrid

Galicia en goles Fin de semana 11-01-2025 11.01.2025

O longo Galicia en Goles sabatino contou as igualadas galegas na 2ª división, co empate a cero do Racing de Ferrol ante o Cartagena na Malata ou o do Deportivo a domicilio ante o Málaga. Na 1ª RFEF o Fortuna tumbou por 2 a 1 ao segundo clasificado , a Real Sociedad B, mentres que o Ourense CF levou o derbi ante o Lugo con dous goles nos últimos 5 minutos de partido. No baloncesto, cara e cruz : tr...

Galicia en goles FDS mediodía 11-01-2025 11.01.2025

Retransmisión con Raúl Villares do Racing-Cartaxena, que rematou con empate a ceros

Galicia en goles venres 10-01-2025 10.01.2025

Especial Raio Vallecano - Celta con Roberto Carlos Carballo dende Vallecas, Víctor López, Profe Baltierra e Arbi que pitas. Arenteiro - Andorra con Antón Vieites dense Espiñedo. Declaracións de protagonistas ao final dos encontros.

Galicia en Goles especial Baskonia-Basquet Coruña 08-01-2025 08.01.2025

Especial Baskonia - Basquet Coruña con Javi Torres. Presenta Roberto Carlos. Marcadores: Iago Gayoso

Galicia en goles FDS mediodía 05-01-2025 05.01.2025
Galicia en goles Fin de semana 05-01-2025 05.01.2025
Galicia en goles Fin de semana 04-01-2025 04.01.2025
Galicia en Goles especial Copa do Rei 03-01-2025 03.01.2025

Especial Galicia en Goles co Racing de Ferrol - Rayo Vallecano e co Pontevedra - Mallorca. Declaracións dos protagonistas.

Galicia en Goles especial Breogán-Manresa 02-01-2025 02.01.2025

Especial Breogán - Manresa con Alfonso Pardo e Carlos Cotovad

Galicia en goles Fin de semana 29-12-2024 29.12.2024
Galicia en goles Fin de semana 28-12-2024 28.12.2024

O Galicia en Goles deste sábado comenzou e rematou da mesma maneira, con previas das san Silvestres da Coruña e Vigo. Na primeira delas coñecemos que a reforma de Riazor ofrecerá unha imaxe asimétrica, como Anfield. Logo o baloncesto colleu pulo coa narración das derrotas de Básquet Coruña no Coliseum ante o Bilbao e do Breogán en Málaga. No balocesto feminino o Ensino caeu en Salamanca e o Celta...

Galicia en Goles especial 27-12-2024 27.12.2024

Este venres Paco Santos atendeu ás xornadas de baloncesto e balonmán que pechan o ano 2024 e que serán o prato principal da axenda deportiva da fin de semana

Galicia en goles Fin de semana 21-12-2024 21.12.2024

Neste sábado o Galicia en Goles viviu a festa de Balaídos e o triunfo do Celta ante a Real Sociedad. Peor sorte tivo o Rácing de Ferrol que caeu pola mínima ante o Zaragoza. No fútbol da federación cara e cruz para Pontevedra e Compostela, cos granates vencendo e sendo campións de inverno e os santiagueses caendo en Valladolid. No polideportivo destacamos o triunfo do Breogán ante o Girona.

Galicia en goles venres 20-12-2024 20.12.2024

Retrasmisión do Castellón - Obradoiro con Gonzalo Alonso. COB - Betis con Miguel Álvarez. Málaga - Atl. Guardés. Lugo Sala - Parrulo. Previa da xornada dos equipos galegos.

Galicia en Goles especial Dépor-Castellón 19-12-2024 19.12.2024
Galicia en Goles especial Rácing-Almería 18-12-2024 18.12.2024

Especial Galicia en Goles coa narración do Racing de Ferrol - Almeria ( Raul Villares, Nesy Otero e Juancar), Bergantiños - Fabril ( Fer Romero) e Valencia F - Dépor F (Sara Gallego). Marcadores: Iago Gayoso. Presenta Roberto Carlos Carballo.

Galicia en goles FDS mediodía 15-12-2024 15.12.2024

No Galicia en Goles matinal atendemos á liga ACB co Real Madrid - Breogán, á xornada galega na máxima categoría do baloncesto feminino e aos partidos RFEF: Escobedo - Bergantiños e Viveiro - Lugo B. No polideportivo tamén contamos o Cangas - Granollers e na parte final do programa narramos o gran primeiro tempo do Rácing no Molinón.

Galicia en goles Fin de semana 15-12-2024 15.12.2024

Tras nove xornadas sen gañar o Rácing de Ferrol rachou a súa mala xeira de resultados vencendo ao Sporting de Xixón por un gol a tres e dando aire ao conxunto verde e ao seu corpo técnico. Pola súa banda o outro equipo galego da 2ª división, o Deportivo, non puido desputar o seu encontro ante o Tenerife por mor das alertas metereolóxicas que alertaban de refachos de vento superiores aos 100 km/h á...

Galicia en goles Fin de semana 14-12-2024 14.12.2024

O Galicia en Goles estivo moi centrado no Sánchez Pizjuán onde o Celta repetiu os resultados coma visitante das últimas xornadas. No día da homenaxe a Navas, o conxunto hispalense tumbou ao céltico cun solitario tanto. A gran nova chegou na Liga ACB coa gran vitoria do Básquet Coruña en Girona. na 1ª RFEF cara e cruz para os galegos, goleada do Arenteiro e derrota do CD Lugo no derbi dos Ancares

Galicia en goles FDS mediodía 08-12-2024 08.12.2024

A xornada matinal no Galicia en Goles contou dous partidos na 1ª RFEF con presenza galega, o empate a dous do Celta Fortuna ante o Barcelona e a derrota do Arenteiro en Sestao. No polideportivo hai que destacar o triunfo do Breogán en Gran Canaria no debut de Luis Casimiro coma adestrador celeste.

Galicia en goles Fin de semana 08-12-2024 08.12.2024

O Rácing de Ferrol caeu goleado por un tanto a cinco na Malata ante o Oviedo. Son xa nove partidos sen gañar, que deixan a Cristobal Parralo ao límite de ser destituído. No resto da xornada o Lugo empatou a cero en Tarazona, o Fabril caeu no desconto en Salamanca e o Bergantiños nas Eiroas.

Galicia en goles Fin de semana 07-12-2024 07.12.2024

Xornada sabatina no Galicia en Goles que estivo centrada en Riazor no encontro entre Deportivo e Zaragoza que rematou en igualada tras un gol maño no desconto. O tempo extra tamén lastrou ao Ourense CF que deixou escapar a vitoria en Zamora. Mentres na 2ª RFEF pleno galego cos triunfos de Pontevedra en Laredo e do Coruxo no Vao ante o Escobedo. No polideportivo cabe destacar a derrota do Básquet C...

Listen to the Todos os podcast | Galicia en goles podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.