AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Galicia en goles FDS tarde-noite 21-09-2024 21.09.2024 9:00:54
Non foi unha boa xornada para os equipos galegos de fútbol. O Rácing de Ferrol segue sen gañar esta temporada tras caer 1 a 4 na Malata ante o Albacete. Tamén segue con malas sensacións o Deportivo que perdeu ante o Burgos por cero a dous. No fútbol da Federación o Celta Fortuna non pasou do empate a cero en Balaídos ante o Unionistas mentres que o Bergantiños rabuñou un empate na visita do líder...
Galicia en goles venres 20-09-2024 20.09.2024 3:31:01
O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Alí disputáronse as dúas semifinais da Copa Galicia de baloncesto masculino sen sorpresas. Gañaron os dous equipos ACB, o Básquet Coruña eliminando ao Obradoiro e o Breogán facendo o propio co COB. Asimesmo na última hora analizouse detalladamente o que será a xornada deportiva galega desta fin de semana.
Galicia en goles Fin de semana 15-09-2024 15.09.2024 10:15:54
Tres vitorias en tres encontros. Esa é a estatística do Celta coma local esta temporada. A súa última vítima foi o Valladolid, a quen derrotou por tres tantos a un. Mentre na segunda división o Rácing de Ferrol segue sen coñecer a vitoria na segunda categoría profesional, pero conseguiu un valioso empate nun campo ben complicado.
Galicia en goles Fin de semana 14-09-2024 14.09.2024 9:00:54
Na 1ª RFEF o único partido con presenza galega foi o disputado no Couto con igualada a cero do Ourense CF e Segoviana. na 2ª RFEF o Fabril venceu no derbi ao Compostela. No polideportivo o baloncesto tivo protagonismo co encontro de consolación do EncestaRías coa vitoria do Básquet Coruña ante Breogán e o triunfo do Ourense ante Mataró na Copa FEB.
Galicia en Goles especial Córdoba-Deportivo 13-09-2024 13.09.2024 3:45:55
O Deportivo segue sen gañar lonxe de Riazor. O equipo de Imanol Idiakez caeu por dous a cero nun partido no que non estivo atinado nas dúas areas. Así mesmo, o Torneo Encesta Rías viviu as súas semifinais, e no Galicia en Goles escoitaron aos protagonistas.
Galicia en goles Fin de semana 08-09-2024 08.09.2024 10:15:55
O Galicia en Goles dominical arrincou antes do mediodía e chegou ata as dez da noite de maneira ininterrumpida. Contouse a xornada galega que arrincou co empate a cero goles do Rácing de Ferrol ante o Mirandés na Malata. Na 1ª RFEF a gran nova chegou en Sestao, coa primeira vitoria do CD Lugo esta temporada. Mentres, na 2ª RFEF o Bergantiños goleou ao Avilés e o Compostela empatou in extremis no V...
Galicia en goles Fin de semana 07-09-2024 07.09.2024 9:00:57
O sábado non foi demasiado positivo para os intereses galegos, cun empate do Deportivo no campo dos Cármenes ante o Granada. Tampouco no que se refire á 1ª RFEF, onde o derbi de Balaídos entre Celta Fortuna e Arenteiro rematou nun gris empate. Posteriormente o Ourense CF caeu por tres a cero na casa do BarÇa Athlétic. Ademais vivimos o primeiro partido das Celtas da súa historia e o Torneo FEB no...
Galicia en goles venres 06-09-2024 06.09.2024 3:30:24
Non hai xornada de fútbol na primeira división esta fin de semana pero si no resto de competicións. Roberto Carlos Carballo analizou a fin de semana futbolística, coa última hora dos encontros do Deportivo, o Rácing, os conxuntos galegos da 1ª e 2ª RFEF e o arrinque da Terceira. Asimesmo contouse o amigable do Breogán ante o Porto e a histórica xornada deste sábado en Balaídos, co debút das Celtas...
Galicia en goles FDS mediodía 01-09-2024 01.09.2024 45:42
Previas e análise da xornada de onte e hoxe
Galicia en goles FDS tarde-noite 01-09-2024 01.09.2024 8:02:12
Entrevista a Jailson, do Celta; roldas de prensa de Claudio Giráldez, Cristóbal Parralo e Imanol Idiákez. Tamén escoitamos os protagonistas do Lugo, Ourense CF e Pontevedra, tras a xornadas nas categorías RFEF.
Galicia en goles FDS tarde-noite 31-08-2024 31.08.2024 7:29:51
Seguimento á primeira xornada da División de Honra xuvenil, con entrevistas aos adestradores Sanfiz, do Montañeiros, e Manuel Pablo, do Deportivo. Entrevista con Raúl Jardiel, adestrador do Arenteiro. Tamén informamos da primeira xornada da Liga de balonmán feminino, con entrevistas ás xogadoras do Porriño e Guardés Mica Casasola e Cecilia Cacheda.
Galicia en goles FDS mediodía 31-08-2024 31.08.2024 45:48
Analizamos os partidos dehoxe e as previas do domingo
Especial Galicia en goles Vilarreal 4- 3 Celta 26.08.2024 2:56:58
O Celta perdeu no Madrigal nun partido que foi unha montaña rusa e no que puido haber máis goles. Con este resultado, o Celta queda con 6 puntos tras tres xornadas de competición.
Galicia en goles FDS mediodía 25-08-2024 25.08.2024 45:48
Na edición mediodía do Galicia en Goles repasaron o máis salientable da comparecencia de prensa de Cristobal Parralo trala derrota ante o Granada. Tamén falou polo conxunto verde o central Naldo. Asimesmo escoitouse a protagonistas do empate do Ourense CF en Tarragona e da derrota do Lugo en León
Galicia en goles FDS tarde-noite 25-08-2024 25.08.2024 7:59:58
O Galicia en Goles deste domingo estivo centrado na primeira xornada da 1ª RFEF. En Balaídos o Celta Fortuna desaproveitou unha vantaxe de dous goles e rematou empatando ante o Barakaldo. Peor lle foron as cousas ao Arenteiro que debutou en liga con derrota no campo do Tarazona. Ademais na Sangriña desputaronse as finais da Supercopa de Galicia de balonmán, con triunfo do Novás na categoría mascul...
Galicia en goles FDS mediodía 24-08-2024 24.08.2024 45:58
Analizamos a vitoria do Celta ante o Valencia, a derrota do Deportivo no Alcoraz e o encontro que enfrontará na Malata a Rácing de Ferrol e Granada.
Galicia en goles FDS tarde-noite 24-08-2024 24.08.2024 7:30:58
O Granada asaltou a Malata cun tanto a falta de cinco minutos para o final do partido. O Rácing de Ferrol non puido así sumar o primeiro triunfo da temporada e suma un punto de seis posibles. Ademáis, na 1ª RFEF, o Ourense CF debutou na categoría empatando a un no Nou Stadi mentres que o CD Lugo caía no Reino de León por dous goles a cero.
Especial GnG Celta-Valencia e Huesca-Depor 23-08-2024 23.08.2024 5:55:58
Cara e cruz para os dous conxuntos galegos do fútbol profesional que disputaron a segunda xornada de liga este venres. O Celta remontou o gol inicial do Valencia en Balaídos para rematar vencendo 3 a 1 e facendo pleno de vitorias no que levamos de temporada. No senso contrario, o Deportivo segue sen sumar tras caer derrotado no Alcoraz por 2 a 1 cun tanto do Huesca no tempo de prolongación.
Galicia en goles FDS mediodía 04-08-2024 04.08.2024 45:58
Bronce con polémica para o púxil galego Emanuel Reyes e resumo dos amigables de pretemporada.
Galicia en goles FDS tarde-noite 04-08-2024 04.08.2024 56:58
Balance da xornada de medallas españolas nos Xogos Olímpicos.
Galicia en goles FDS mediodía 03-08-2024 03.08.2024 45:58
Ribeira pendente de Ana Peleteiro e Previa da xornada de pretemporada galega de fútbol.
Galicia en goles FDS tarde-noite 03-08-2024 03.08.2024 56:58
Victoria do Celta e derrotas de Racing de Ferrol e Deportivo nos amigables da xornada.
Galicia en goles venres 02-08-2024 02.08.2024 56:58
A última hora dos Xogos Olímpicos de París, e o repaso da actualidade futbolística do día.
Galicia en goles FDS mediodía 28-07-2024 28.07.2024 45:58
O remeiro noiés Caetano Horta accede directo á semifinal no dobre scull lixeiro logo de remataren 2º na sua serie, por detrás de Suíza. Escoitamos ós protagonistas dos amigables en Galicia. A Dani Barcia e ó técnico Iago Iglesias no Pontevedra 0 - Deportivo 2, goles de Diego Villares e Hugo Rama. E a Josué Dorrio no Racing Club Ferrol e a Josema Raigal e Moisés Rodríguez no Ourense CF, trala victo...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.