AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 30-04-2024 30.04.2024

Coñecemos o traballo dunha asesora capilar especializada en pelo rizo. Visitamos a nova edición de Equigal, o Salón Internacional do Cabalo. E, sabiades que facer ditados é un deporte en Francia?

A tarde 25-03-2024 25.03.2024

Entregamos varios queixos San Simón da Costa e coñecemos a torta de Narón, que leva noces e é de nova creación. Comentamos toda a revolta arredor de eliminar ou non Telegram con Iván Carril, experto en ciberseguridade que nos visita cada luns e coñecemos o sistema linfático co doutor Norberto Proupín. Temos un anaco para dar a ver a precariedade das telefonistas ademais de coñecer como lidian coas...

A tarde 22-03-2024 22.03.2024

Sabemos que cada vez as e os influencers especializados en maquillaxe empregan máis e máis produtos: que se colorete en líquido e en polvo, polvos matificantes, etc. Sara Seco explícanos cales son indispensables e cales non. Sabedes como calculaban os romanos cando chegaba a primavera? Pois explícao Xosé Antonio López Silva na súa sección Vía Clásica. Parece ser que hai un Interese crecente por pa...

A tarde 21-03-2024 21.03.2024

Iván Iglesias, director do medio nativo dixital Ouke_gal visitounos para falarnos de como xordía este medio naquelas eleccións municipais especiais de Ourense. Pedro Volta, o noso mago de confianza, contounos a historia de Jasper Maskelyne. Na Tribo de Raquel Rosa falamos de maternidade, deporte e crianza, recordando ás nais deportistas. Dani Dicostas, a cantante, recolle temazos de Paulina Rubio...

A tarde 20-03-2024 20.03.2024

Falamos co taller Belategui Regueira, que crea teas que despois chegan a lugares como a Fashion Week de París. Conversamos sobre libros de segunda man, sobre artistas silenciadas e o arte contado para andar pola casa coa escritora e historiadora da arte Clara González Freyre. En Sen Butacas con Moncho Lemos e Carlos Jiménez conversamos sobre a serie de éxito 'Mano de hierro', dispoñible...

A tarde 19-03-2024 19.03.2024

Descubrimos os futuros taxis aéreos e a ruta turística e didáctica que queren facer en Sobrado dos Monxes arredor do lobo. Comentamos como se establece a filiación e paternidade con Ana Camiño, a nosa avogada de confianza e visitamos o Museo da Felicidade de Madrid. Maxi Pérez, o noso colaborador experto en seguridade vial, descúbrenos máis cousas sobre rotondas e sobre sancións e pechamos o progr...

A tarde 18-03-2024 18.03.2024

Visitamos o estudo de cerámica e artes varias Beatriz Seijo Studio e indagamos na historia dos rótulos dos comercios do casco histórico compostelán con Aldara Cidrás. Falamos de que os animais e as nosas mascotas actúan por espello do que ven e o doutor Norberto Proupín descúbrenos moitas cousas sobre as alerxias. Visítannos dende o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia e pe...

A tarde 15-03-2024 15.03.2024

Os Concellos de Muros, Carnota, Dumbría e Cee acordan crear unha ruta costeira que unirá algúns dos recursos máis icónicos de Galicia e quixemos descubrila algo máis. Falamos con Cocoloco, unha nova empresa de accesorios para cans dunha parella emprendedora e creativa dos pés á cabeza pero, sobre todo, coruñesa. Coñecemos máis de Xulio César na colaboración Vía Clásica de Xosé Antonio López Silva...

A tarde 14-03-2024 14.03.2024

Coñecemos a orixe das cores e mesmo variedades impensables das mesmas coa profesora de Belas Artes Carme Hermo. Falamos de ansiedade nos máis cativos con Raquel Rosa na súa Tribo e coñecemos o libro 'Galicia, distrito industrial'. Miguel López Crespo recórdanos a importancia de coñecer os nosos dereitos como consumidores neste Día Mundial do Consumidor. Pechamos o programa relaxándonos e...

A tarde 13-03-2024 13.03.2024

Coñecemos á campioa de España de bodypainting, a canguesa Yovana Fandiño. Coñecemos que tipo de calzado debemos usar para cada actividade físico-deportiva e por que. Descubrimos o mundo das telenovelas e producións varias audiovisuais coreanas a través de Paula Cantelar e Moncho Lemos. Charlamos con Pepa Prieto polo seu novo libro 'Mis agendas semanales' e Xiana Albor, a nosa ambientólog...

A tarde 12-03-2024 12.03.2024

Falamos con Fernando Miranda, da Librería Miranda, esa librería de Bueu pola que pasan moitos escritores de renome en España. Seguindo con libros, falamos coas autoras de 'María Wonenburguer. La Atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda'. Coñecemos detalles da nova edición do encaixe de Camariñas deste ano. Ana Camiño descúbrenos o mundo das herdanzas repartidas...

A tarde 11-03-2024 11.03.2024

Antía Muiño saca novo sinxelo e cóntanos todos os detalles e, ademais, pechamos tamén con música falando con Enrique Ramil, que está agora en Mexico para comezar a xira despois de gañar unha Gaivota de Prata no Festival Viña del Mar. Coñecemos os problemas bucodentais dependendo das idades e visítanos Rocío García-Viso ou @rocio.matrona en redes, pois vén de sacar o libro 'El arte de crearte&...

A tarde 08-03-2024 08.03.2024

Falamos cunha taberneira que tivo que atender á casa, aos fillos, á taberna, a sacar o carné e a moito máis ela soa. Chámase Aurora Loureiro e o Concello da Estrada concedeulle o XII Premio Honorífico ao Labor das Mulleres a Aurora Loureiro Baluja. Falamos da muller romana en Vía Clásica con Xosé Antonio López Silva. Coñecemos a novela 'Palabras para Oliva', cunha historia que é un autén...

A tarde 07-03-2024 07.03.2024

Falamos de galegos nas américas, de organizar vodas e de que implica ser a filla do medio ou a pequena. Charlamos con Mireia García, a xornalista que debuta na literatura coa novela 'Las palabras calladas'. Visítanos Jorge Blass en tempo de conversa con Pedro Volta e pechamos coa música de Alberto Espiño, que sacou novo tema.

A tarde 06-03-2024 06.03.2024

Falamos de ser bombeiro co divulgador Savia Nova, de desinformación co grupo de investigación Novos Medios. Comentamos a serie 'Reina Roja' con Moncho Lemos e Carlos Jiménez en Sen Butacas. Coñecemos a César Pérez Gellida, escritor de novela negra que, coa súa última publicación 'Bajo tierra seca' vén de gañar o Premio Nadal 2024. Tamén conversamos cuns aventureiros que se atop...

A tarde 05-03-2024 05.03.2024

Cé Rodríguez cóntanos que podemos empregar das nosas casas como fertilizantes e abonos, descubrimos un proxecto que conecta alumnado galego con bosnio e falamos de ser avogado de oficio con Ana Camiño (que nos atende facendo unha garda). A escritora Isabel Sánchez cóntanos a importancia de coidarnos a nós mesmos antes que os demais, algo que reflicte no seu libro 'Cuidarnos'. Falamos de...

A tarde 04-03-2024 04.03.2024

As mulleres españolas protagonizaron anuncios da banca antes de poderen abrir libretas de aforro por si soas. A que non o sabías? Descúbreo de man de Susana Martínez, profesora de Historia Económica. Tamén nos preguntamos por que hai tanto rollo para mercar entradas para concertos e festivais e por que tanta antelación. Tito Lesende, responsable de Comunicación da SGAE en Galicia bótanos un pouco...

A tarde 01-03-2024 01.03.2024

Falamos de libros adaptados para persoas con dificultade na lectura e tamén da nova novela de Inma Rubiales 'Todos los lugares que mantuvimos en secreto'. Coñecemos moito da nosa toponimia coa colaboración do latinista Xosé Antonio López Silva e con Agustín Vázquez debatimos sobre a necesidade de taxas turísticas. Pechamos o programa falando de peregrinar con autocaravana.

A tarde 29-02-2024 29.02.2024

Que fai que non fixemos o ferro ou que, aínda que tomemos lácteos, esteamos baixos de ferro? Preguntámosllo á nosa nutricionista de confianza, Rosana Alonso. Falamos dos cestos que fai Luis do Río e de todo o que aprende de seu avó. Na Tribo con Raquel Rosa comentamos o sono infantil e mitos asociados ao mesmo e con Miguel López Crespo de varios asuntos, como a suba do IVE da luz a un 21%. Pedro V...

A tarde 28-02-2024 28.02.2024

Falamos con BEFLAMBOYANT porque son unha marca de calzado vegano que resulta que fai os produtos con produtos alimenticios como as sobras das mazáns e demais. Volvemos charlar con Alexandre Soteliño, escollido de novo coma un dos mellores docentes de España. Falamos do atentado da discoteca Clangor de Compostela con Moncho Lemos e Carlos Jiménez, a propósito do documental que vén de sacar 'Hi...

A tarde 27-02-2024 27.02.2024

Pasan polo programa o famoso dj Rokiño e María Kilate para presentar o seu novo tema 'Hai que dalo todo'. Charlamos con Jacobo Diz, o único galego que vai competir polo mellor cordon bleu de España. Con Ana Camiño falamos de seguros de fogar e con Maxi Pérez seguimos repasando todo o relevante nas estradas.

A tarde 26-02-2024 26.02.2024

Marcus Fernández fálanos das tendencias en telefonía e falamos tamén das galletas Persuriñas, que chegan en toneladas a Bélxica. Seguimos repasando criterios de ciberseguridade con Iván Carril, coñecemos o insomnio de man de Norberto Proupín e falamos de retoques estéticos.

A tarde 23-02-2024 23.02.2024

Visítanos Sofía Espiñeira para adiantarnos máis do seu traballo. Desta vez é 'Herba de namorar'. Na 'Vía Clásica' falamos de humor na Antiga Roma con Xosé Antonio López Silva. Descubrimos o 'Libro secreto da filosofía' de José Carou.

A tarde 22-02-2024 22.02.2024

Homenaxeamos a Rosalía mediante unha actividade feita nun centro de Vilagarcía, no que o alumnado adaptou poemas da escritora a cancións de Feid ou Bad Bunny. Charlamos sobre bebés e mascotas e como adaptar uns aos outros con Raquel Rosa. Coñecemos, ademais, a Laura Pego, coñecida como Lau Panicanela, unha moza ribeirenseque acaba de sacar novo sinxelo: 'Jatabela'.

A tarde 21-02-2024 21.02.2024

Falamos con Sofía, creadora dunha ONG que axuda a nenos e nenas en Ghana a poder saír adiante. Leva escolas, orfanatos e pozos creados para eles. Tamén coñecemos a Salomé e o seu traballo de venda de tecidos e patróns para facer gancho. Pasa tamén polo programa Carlos Ares para presentarnos o seu novo traballo: 'Peregrino'. Con Moncho Lemos falamos do novo documental de Raffaela Carrá e...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.