AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 02-07-2024 02.07.2024 2:56:58
Levar a maxia do cine ás vilas e pobos sen salas de proxección é o obxectivo de Cine na Rúa, unha iniciativa que nos explica o seu responsable, Xoán Mariño. En Galicia hai arredor de 2.000 radioafeccionados, unha actividade que se mantén malia o empuxe das redes sociais. O presidente do Consello Territorial da Unión de Radioafeccionados cóntanos as razóns polas que seguen navegando nas ondas. Afon...
A tarde 28-06-2024 28.06.2024 2:56:58
Visita á feira Galiforest Abanca, en Sergude, con 100 expositores que amosan as últimas novidades en tecnoloxía e técnicas do sector agroforestal. Falamos co alcalde de Paderne, Sergio Platas, sobre a feira GastroLexítimo, que pon en valor o viño branco e a gastronomía tradicional da zona. Especial sobre o Resurrection Fest: conexións e entrevistas en directo con responsables deste festival de roc...
A tarde 27-06-2024 27.06.2024 2:56:58
"O Movemento", o novo tema de Sheila Patricia que invita a liberarse das cadeas e presións sociais. Os días 28, 29 e 30 de xuño teñen lugar en Friol as Olimpíadas Rurais. Consellos a ter en conta durante as vacacións con Miguel López Crespo. Abrimos o Gabinete de Pais para falar de como lle cambia a vida a un pai coa paternidade. O libro homenaxe d'Os Carunchos ao poeta Manuel María...
A tarde 26-06-2024 26.06.2024 2:56:58
A TVG produce a serie definitiva sobre o misioneiro de Tui Frei Rosendo Salvado, dirixida por Valentín Carrera. O gaiteiro Anxo Lorenzo e o violinista Eoghan Neff preséntannos o seu novo proxecto musical "Eoghanxo Unit". Moncho Lemos fálanos do thriller 'En las profundidades del Sena'. O lendario cantante de Tequila, Alejo Stivel, publica 'Yo debería estar muerto', un...
A tarde 25-06-2024 25.06.2024 2:56:58
As conexións ocultas entre Goya e Beethoven no novo libro da escritora Marta Torres. Electroestimuladores no deporte e os seus beneficios para os deportistas. Maximino Pérez resólvenos varias dúbidas que debemos ter en conta antes de poñernos ao volante. Alerta tras dúas lesións medulares por mergullos nun mes en Galicia. María Lara Martínez explícanos que ten Galicia para acadar tantos casos de p...
A tarde 24-06-2024 24.06.2024 2:56:58
No programa de hoxe coñecemos a Aràn, o primeiro avatar virtual creado pola Intelixencia Artificial. Imos tamén de roteiro coa Casa da Troia, que organiza novas visitas culturais teatralizadas polo centro histórico de Santiago. Falamos de picaduras de insectos no verán co noso colaborador Norberto Proupín. Todo sobre o fenómeno "swiftie" coa ilustradora, viñetista e deseñadora Patricia C...
A tarde 21-06-2024 21.06.2024 3:56:55
A xornada Primavera no Camiño celebra a súa primeira edición na Coruña con música, cultura, gastronomía e artesanía. A noite de San Xoán é sempre un dos momentos máis especiais e máxicos do ano. Falamos dos ritos e as tradicións asociadas a esta noite, tanto aquí en Galicia como noutros lugares do mundo co noso colaborador Agustín Vázquez. Sara Desiré Ruíz é unha educadora social e escritora que v...
A tarde 20-06-2024 20.06.2024 3:56:54
No programa de hoxe descubrimos a festa que celebran en Taboadela o día 21: a noite dos Morcegos. Ademais, conversamos con Los Morancos sobre o seu espectáculo 'Bis a bis', que chega ao Palacio da Ópera da Coruña este sábado. Pechamos a temporada da Tribo de Raquel Rosa facendo balance destes meses e escoitando a algúns oíntes e convidados. Tamén pasará Miguel López Crespo para falar do...
A tarde 03-06-2024 03.06.2024 3:55:00
No programa de hoxe cruzamos a fronteira para achegarnos ao concello de Taramundi e coñecer as súas galiñas e os seus famosos ovos campeiros. Tamén aproveitaremos para falar dun novo establecemento que abrirá en Compostela e que se basea nos sabores da aldea: os chicharróns e o chourizo. A biblioteca madeiras do mundo é un proxecto de Agustín Bastón que podemos visitar en Cangas. A súa colección d...
A tarde 27-05-2024 27.05.2024 3:57:58
Coñecemos a iniciativa EcoVares, que ten por obxectivo incrementar a reciclaxe de botellas en bares e restaurantes. Esther Amaro, presidenta do Colexio de ópticos Optometristas de Galicia, preséntanos a campaña "Sen perderte de vista", que achegará a saúde visual a catro vilas da Galicia máis despoboada. O noso colaborador en seguridade, Iván Carril, explícanos as principais estafas arre...
A tarde 24-05-2024 24.05.2024 3:57:58
Pode que a regulación térmica das aves teña a súa orixe nos dinosaurios do Xurásico. Para saber máis, conversamos con Sara Gamboa, unha das autoras do estudo. Coñecemos a nova colección de roupa de elPulpo e Xose Antonio López Silva cóntanos curiosidades sobre a etimoloxía. Seguimos a xira de Treixadura, o grupo de referencia da música tradicional en Galicia, que xa comezou e que aínda ten datas p...
A tarde 23-05-2024 23.05.2024 3:57:55
A primeira plantación de té ecolóxico de Europa está en Galicia. Está en Paderne, en Betanzos (A Coruña), e chámase Orballo, unha empresa rural de infusións ecolóxicas. Falamos con Óscar Torres. Entrevista a Javier Taibo, director xerente do parque tecnolóxico Tecnópole, onde rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de toda Galicia xa poden inscribirse nun campamento tecnolóxico de verán. Proxecto Muller...
A tarde 22-05-2024 22.05.2024 3:57:58
Entrevista ao gañador cubano do Grammy Latino, Iván Melón Lewis, que actuou no XXVI Festival de Jazz de Primavera de Ourense. Francisco Almuiña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural falounos das expectativas do sector cara a este verán en Galicia. No “Sen Butacas” de Moncho Lemos falamos da serie “Somos o que comemos” sobre un experimento con 21 parellas de xemelgos sobre alimentación...
A tarde 21-05-2024 21.05.2024 3:57:57
A "aventura" do Avril con Kike Magdalena, que pasou 12 horas no novo tren de alta velocidade de Vigo a Madrid e volta a Galicia. Adelgazar a partir dos 50: ¿Hai forma de acelerar o noso metabolismo e conseguir peder peso? Falámola coa nutricionista Sandra Román. Os beneficios da meditación, da man de Xabier Akerman, médico naturópata. Steven Laureys, neurólogo belga, declarou: "O ef...
A tarde 20-05-2024 20.05.2024 3:57:58
Falamos de maquillaxe e “skincare” para homes con Víctor Manuel Oujo Sieira, asesor de imaxe e influencer. Guerra á depilación. Impera a depilación láser, quitar pelos do pube, do peito de home... e , ao memo tempo, medra a tendenza de deixar os pelos onde a natureza os pon. A nosa convidada, Konachadas (un proxecto persoal no que se conxuga o activismo e o humor) deunos as claves. Sección de segu...
A tarde 17-05-2024 17.05.2024 3:57:58
No Día das Letras Galegas, escoitamos os podcast gañadores do VI concurso Radio na biblio, conversando tamén con responsables e alumnado sobre o traballo que desenvolveron. Recuperamos, ademais, algúns termos que están en desuso da man da creadora de contidos Prado Rúa. Imos ata Ferrol para coñecer a exposición Pingas de humor crítico, de Xoán Andrade, e conversamos sobre a obra 'A reválida d...
A tarde 15-05-2024 15.05.2024 3:58:00
A sala Mardi Gras estreou un cartel co que os traballadores ordenan silencio a quen faga ruído nos recitais. Os asistentes poden solicitar o seu uso. Falamos con Tomi Legido, responsable da sala. Entrevista a Jorge Balado, vicepresidente de FeGaSerFu para pulsar o sector dos servizos funerarios. Maratón de cinema e contidos galegos da plataforma Agalega.gal na sección semanal de Moncho Lemos. Entr...
A tarde 14-05-2024 14.05.2024 3:57:57
A tenda "Bebiños", de Santiago de Compostela, especializada en complementos de bebés, sufriu importantes destrozos por parte duns ladróns que rebentaron a porta. Entrevista a Simón Pardiñas, odontólogo. Maís dun 60% dos españois utilizan colutorios... Fan ben? ¿Son realmente necesarios? Pode supoñer un risco para a nosa saúde? O aquapark de Cerceda 'abre' a temporada de verán....
A tarde 13-05-2024 13.05.2024 3:57:58
As mariscadoras da Illa teñen un novo problema que se suma ós que lles obrigaron a parar a extracción: unha especie invasora, o "Ocinebrellus", que come as ameixas. Falamos da última colección de calcetíns de edición limitada que acaba de lanzar a empresa galega Somos Océano: David, el Gnomo. Entrevista á autora Bea Gregores. Antela Editorial, unha empresa ourensá, vén de presentar o seu...
A tarde 10-05-2024 10.05.2024 3:58:58
Coñecemos un proxecto pioneiro en Galicia de observación en directo do proceso de aniñación e cría dos lagarteiros, o Bird Brother. Tamén uns minutos de concienciación mediomambiental por medio do proxecto '1m2 contra a basuraleza', que celebra a súa oitava edición o próximo mes. Ademais, afondamos na primeira novela do enxeñeiro industrial Leopoldo Salinas, 'El tiempo vencido'...
A tarde 07-05-2024 07.05.2024 3:57:58
Con Marta López, da empresa Rizzola falamos de coidados da pel e o cabelo con cosmética galega. Entrevista a Celia Grandía para conversar sobre un establecemento de turismo terapéutico que xestiona en Ponte Caldelas. Coa avogada Ana Camiño tratamos o tema da devolución de cousas que se atopan desde o punto de vista da legalidade. O Refuxio de Cambados fai vintecinco anos e iniciou unha serie de ac...
A tarde 06-05-2024 06.05.2024 3:58:00
Entrevista a Inma Serrano, unha das grandes voces do panorama musical español. Leva 30 anos enriba dos escenarios desde o seu debú en 1994. Entrevista a Javier Quintela. É un atelier que ten unha colección de vestidos de noiva e de festa que se poden probar e modificar ao gusto de cadaquén. Sección de seguridade con Iván Carril. Tapóns solidarios para elaborar papeleiras. María e Laura Lara Martín...
A tarde 03-05-2024 03.05.2024 3:58:00
Escritoras modelo: Adolfo Domínguez e Nice Things escolleron este ano dúas escritoras como modelos e imaxe de marca: Lúa Mosquetera e Cristina García Andrade. Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos. Con esta iniciativa trátase de chegar a toda a poboación galega con dúas categorías, unha para adultos e outra para estudantes. Feiraco celebra o Día da...
A tarde 02-05-2024 02.05.2024 3:58:00
Ruliña Fashion Show, un desfile de moda galega para dar cabida e espazo a aqueles e aquelas deseñadoras que están comezando. Será en Vigo o 16 de xuño. Falamos con Lidia, organizadora. Viñeron este ano as andoriñas? Se non veñen haberá máis moscas e mosquitos? Entrevista a Sergio Paris, técnico de CEIDA. Co gallo da proximidade do Día da Nai, fixemos unha proposta de agasallo: fotografar a mamá. E...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.