AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 25-09-2024 25.09.2024 3:56:54
Comezamos o programa conversando sobre calotes, enganos... non soamente dos que nos chegan dixitalmente, senón tamén dos sentimentais. Na mesa de actualidade, comentamos o peche definitivo de Vigozoo e outras novas curiosas. Tamén contamos con Moncho Lemos para recuperar esas series míticas que cumpren unha vintena de anos neste 2024, tamén as galegas, por suposto! Miriam Leirós, profesora e coord...
A tarde 24-09-2024 24.09.2024 3:56:55
Comezamos o programa falando sobre a cultura da morte nos distintos países e conversamos cuns artistas que decoran cadaleitos ao gusto das peticións. Poñemos enriba da mesa de actualidade as vivendas turísticas e todo o debate e ordenanzas que se están a producir nestas últimas semanas. Tamén falaremos cun docente sobre a disciplina que hai hoxe en día nas escolas. Ana Camiño explícanos en profund...
A tarde 04-09-2024 04.09.2024 3:55:28
As peticións do Santuario Vacaloura. Estamos nunha tenda de mascotas de Pontevedra que ofrece máis servizos de benestar para os animais. Administrativos, loxística e hostalería son os sectores nos que se demanda máis traballo á volta do verán. Series que veñen e series que vimos en agosto. A Cámara e a Xunta formarán a cerca de 260 persoas en comercio para impulsar a súa competitividade. A Orquest...
A tarde 02-09-2024 02.09.2024 3:57:13
Separacións nas vacacións. Viaxar en setembro. O calote do verán: o fillo en apuros. Faladoiro arredor da nova programación. Catrocentos anos da ruta da lá: de Cuenca a Burgos para chegar a Santiago. Arrefriados, catarros e gripes co Dr. Norberto Proupín.
A tarde 30-08-2024 30.08.2024 2:58:01
Festas dos Botes de Arzúa. Lúa de Dexo volve ao Festival do Tomate de Cantabria. A transformación de Venus e Marte con Borja Tosar.
A tarde 29-08-2024 29.08.2024 2:56:51
Óscar Doviso fálanos do VII Festival Internacional de Curtas de Comedia que comeza o domingo en Allariz. Coñecemos unha sombrerería centenaria que segue funcionando en Lugo. O director da Escola de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo, preséntanos a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei. E ademáis narramos a fin de etapa do día da Volta Ciclista a España.
A tarde 28-08-2024 28.08.2024 2:57:00
Queremos saber máis sobre Ceiba Rimas, a comunidade de improvisadores de rap en galego que organiza unha competición. Dende Oleiros fálannos os creadores de Suso, un robot que leva a compra a casa e fala en galego. Asistimos en directo ao final da etapa da Volta a España en Padrón.
A tarde 27-08-2024 27.08.2024 2:56:34
Esta TARDE recibimos a Ana Álvarez, unha emprendedora que fabrica produtos cosméticos naturais na pequena localidade ourensá de Sarreaus. A Asociación e criadores de ovino e caprino de Galicia proponse promocionar o uo da lá. Retransmitimos a chegada a Baiona da etapa da Volta Ciclista a España
A tarde 26-08-2024 26.08.2024 2:55:31
Celébrase en Cedeira o Ópera Studio do 22 ao 31 de agosto. Sea Starlight Galicia organiza saídas nocturnas a bordo dun catamarán dende o Porto de Vigo. Axenda festivaleira da semana con Marta Coira. O Congreso Sopa volve ao rural de Ourense.
A tarde 23-08-2024 23.08.2024 1:56:55
Ás porta do Entroido de verán en Redondela, coversamos sobre as súas orixes e programación. Falamos tamén do Día do Internauta, que se celebra cada 23 de agosto. Na sección de astronomía, Borja Tosar fálanos do Sinal Wow! e do silencio espacial.
A tarde 22-08-2024 22.08.2024 2:56:55
Viaxamos ata Culleredo para vivir o Festival de comedia, cultura rural e tradición oral "O castelo conta". Tomamos un café en A Sacabeira, un establecemento situado na antiga fábrica de Sargadelos en Cervo. Preguntamos polos intentos para crear unha cervexa 100% galega elaborada con cebada cultivada na Limia.
A tarde 21-08-2024 21.08.2024 2:56:55
A Mancomunidade de concellos da Mariña luguesa retoma as actividades de xeoturismo para coñecer o territorio. En Compostela, Tamara Faríña fálanos do Nara Noodle Bar, o restaurante de gastronomía asiática que vén de abrir neste 2024. A influencer Nuska Chousa explícanos como proceder no cambio de plantío na hora do verán ao inverno. Tamén coñecemos o novo campo de golf da Sionlla e descubrimos o p...
A tarde 20-08-2024 20.08.2024 2:56:55
As algas son comestibles, pero non rematamos de incorporalas á nosa dieta. Descubrimos os seus beneficios e algunhas receitas . Falamos coa directora da serie Pulp Air, seleccionada para o festival estadounidense HollyShorts. Profundamos na historia de Galicia da man do historiador David Gesteira. Tamén imos ata Santa Comba, para coñecer a Granxa Villa Regina e como é unha visita a este lugar rexe...
A tarde 19-08-2024 19.08.2024 2:56:55
Antía Fraga, bióloga e creadora de Sinatura, un proxecto que organiza roteiros de senderismo cun toque diferente. Descubrimos con Pilar Alonso as Xacobleas, obleas artesanais de trigo. feitas a man. Imos ata o Museo Caseta de Pepe do Cuco en Carnota, o primeiro museo mariñeiro automatizado de Galicia Coñecemos a música de Naitinain.
A tarde 16-08-2024 16.08.2024 2:56:54
Cambio de quincena vacacional,. Praia ou montaña? Camping ou hotel? Están as vacacións de agosto sobrevaloradas?. Propostas musicais de Teletecho,e Cala Vento. Autobán celebrao seu décimo aniversario os días 16 e 17 de agosto na Coruña. Festival Desktop Publishing e BD organizado pola Asociación Cultural Autobán, que terá lugar paralelamente á celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024.. As nos...
A tarde 15-08-2024 15.08.2024 2:57:45
Conxuro da queimada. Recomendacións literarias. O papel da mascota na familia.
A tarde 14-08-2024 14.08.2024 2:57:46
O Concello de Nigrán estrea o sábado 17 de agosto o primeiro festival internacional de Blues da comarca. Michal Kornas, escultor de area en Silgar. Nuska Chousa: abono, fertilización e compostaxe. Festas de San Roque en Vilagarcía. A nova música de Paloma Paloma.
A tarde 13-08-2024 13.08.2024 2:56:01
Por que triunfa tanto o té matcha? Segunda edición do festival Perla Mural, que se celebra en Fene. O galego, idioma da realeza na Idade Media. Claudia Abril e Marina Carpente, música de raíz galega con personalidade e frescor.
A tarde 12-08-2024 12.08.2024 2:56:58
Coñecer o patrimonio a través dun ciclo de visitas en Tui. Maraiva, unha marca de cosmética natural feita en Galicia. Ernie estrea oficina e celebra o seu 20 aniversario. As perseidas con Borja Tosar. Battosai volve co primeiro avance do seu próximo disco.
A tarde 09-08-2024 09.08.2024 2:57:54
Condicións para montar unha piscina. Exposición 'Mexicráneos' en Lugo. Astronautas na Estación Espacial Internacional con Borja Tosar. MycoGalicia Plantae lanza unha publicación pioneira e única na Península Ibérica sobre os mixomicetos. XXI Festa do Pan de Ribadumia. Descubrimos o proxecto musical de Lode.
A tarde 08-08-2024 08.08.2024 2:57:46
Froján nos Solpores na Rebullón. Que é o método DETOX? Consellos para viaxar con cativos. Destilería Pepe Albela. A música de C Mirazo.
A tarde 07-08-2024 07.08.2024 2:57:18
Unha nova edición do Marisquiño en Vigo. Deporte no verán. Agricultura e coidado da horta. I Encontro Atlántico de Festivais do Cinema en Zas. Descubrimos a música de Alddara.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.