AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 07-10-2024 07.10.2024 3:58:28
O neurólogo ,Xosé Manuel Aldrey, da Unidade de desenvolvemento cognitivo ou da memoria do CHUS fálanos dos problemas de perda de memoria e como exercitala. Convidamos a Áxel Smith, do restaurante Simpar en Santiago, gañador do Campeonato Mundial de Callos en Donostia. Novo sinxelo de “A sombra dos soños", grupo de rock, folk, heavy, en galego, de cinco membros capitaneados por José Carballido...
A tarde 03-10-2024 03.10.2024 3:56:42
Educación: aprenden os nenos menos hoxe que antes?. O sector turístico, en contra do novo rexistro de viaxeiros que entra en vigor en decembro e obriga a recoller numerosos datos. A nosa colaboradora,Nuska Chousa, móstranos como preparar e gardar as sementes para o ano que vén. Un percorrido pola oficina de Obxectos Perdidos de Pontevedra. Qué se fai con eses obxectos se ninguén os reclama? Que é...
A tarde 02-10-2024 02.10.2024 3:57:45
Falamos de expresións que se usaban moito antes e as que usa a xente nova agora. O problema social para acceder a unha vivenda. 25 anos da Asociación Criadores da Raza Porcina Celta. "Celia" é un asistente de conversación desenvolvido polo centro atlanTTic da Universidade de Vigo como apoio para combater a soidade non desexada e detectar enfermidades cognitivas neurodexenerativas. A biól...
A tarde 01-10-2024 01.10.2024 3:56:03
Os ciclistas foron dos primeiros deportistas masculinos en asumir a depilación., con Juan Carlos Muñiz. Pte Federación Galega De Ciclismo. Analizamos as saídas laboraís dos estudos da FP. Nina Villasuso, do Colegio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña, cóntanos que debe incluir un botiquín de urxencia e onde convén gardalo. Convidamos a Dani Polo, director de Galicia Ilusiona, o espectáculo que tr...
A tarde 26-09-2024 26.09.2024 3:56:54
Na primeira hora do programa falamos sobre as maneiras de mocear. Como foron evolucionando cos anos? Sabemos xa a cronoloxía do xuízo polo asasinato de Samuel Luiz e contámolo no programa, na nosa mesa de debate. Tamén falamos cos deseñadores das botas que levou Madonna, que son nada máis e nada menos que de Ordes! Nuska Chousa recoméndanos como recoller e gardar as sementes para o ano que ven e M...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.