CUAC FM

Recendo

Society GL ↓ 343 episodes

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Author

CUAC FM

Category

Society

Podcast website

cuacfm.org

Latest episode

Jun 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

16x12 Entrevista a Suso Iglesias, un dos creadores do Xabarín Club 17.12.2024

Programa número 488, no que entrevistamos a Suso Iglesias, xornalista e produtor audiovisual, que foi un dos creadores do Xabarín Club. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ricardo Seixo.

16x11 Entrevista á filósofa María Xosé Agra 10.12.2024

Programa número 487, no que entrevistamos a María Xosé Agra, catedrática de filosofía moral e política, e experta en teoría crítica feminista. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema da súa propia autoría sobre a paz e os dereitos humanos.

16x10 Entrevista a Fran Núñez, Director do Centro Dramático Galego 03.12.2024

Programa número 486, no que entrevistamos a Fran Núñez, Director do Centro Dramático Galego. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Chus Pato.

16x9 Entrevista a Alberto Ruano, Director do Laboratorio do Radón de Galicia 26.11.2024

Programa número 485, no que entrevistamos a Alberto Ruano, Director do Laboratorio do Radón de Galicia. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada, a cargo de Eduardo Maroño.

16x8 Entrevista a Pepe Ferreirós de Milladoiro 19.11.2024

Programa número 484, no que entrevistamos a Pepe Ferreirós, un dos fundadores do mítico grupo Milladoiro. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carballo Calero.

16x7 Entrevista a Senén Barro, do Proxecto Nós, sobre a presenza do galego na Intelixencia Artificial 12.11.2024

Programa número 483, no que entrevistamos a Senén Barro, un dos investigadores principais do Proxecto Nós, que desenvolve a introdución do idioma galego na Intelixencia Artificial.

16x6 Entrevista a Juan Rodríguez, da libraría "Galgo Azul" 05.11.2024

Programa número 482, no que entrevistamos a Juan Rodríguez, un dos promotores do "Galgo Azul", unha nova libraría que está dinamizando o barrio da Agra do Orzán. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Lois Pereiro.

16x5 Entrevista á compañía Os Náufragos Teatro 29.10.2024

Programa número 481, no que entrevistamos a Gustavo Del Río, director do grupo de teatro Os Náufragos, e a Sete Eiroa, un dos actores e axudante de dirección da compañía. Tamén tivemos a sección de Literatura Galega, a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clarión de Carballo. Na sección de Poesía Galega, Ge...

16x4 Entrevista ao proxecto "Aquí tamén se fala galego" 22.10.2024

Programa número 480, no que entrevistamos a varios participantes do proxecto Aquí Tamén se Fala Galego: Arcadio González Nóvoa, profesor de Filosofía e coordinador do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña, que puxo en marcha o proxecto, e a parte do alumnado participante, representado por Elyas El-Jeddab, Celia Morales e Isac Boquete, que cursan...

16x3 Entrevista á Asociación Cultural Reino de Galiza 15.10.2024

Programa número 479, no que entrevistamos a Guillermo Baños (presidente) e Marga Vázquez (secretaria) da Asociación Cultural Reino de Galiza. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.

16x2 Entrevista a Manel Cráneo, director de Viñetas dende o Atlántico, e a Eduardo Maroño 08.10.2024

Programa número 478, no que entrevistamos a Manel Cráneo, o novo director de "Viñetas dende o Atlántico", e a Eduardo Maroño, o noso novo correspondente de Banda Deseñada. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Miguel Anxo Fernán-Vello.

16x1 Entrevista a Xulio Fernández, da Plataforma Ulloa Viva, sobre o proxecto de Altri 01.10.2024

Programa número 477, no que entrevistamos a Xulio Fernández, un dos voceiros da Plataforma Ulloa Viva, que nos falou sobre o proxecto de Altri, e a Damián Romay, do Grupo Naturalista Hábitat, que será o noso novo corresponsal de Medio Ambiente. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Pereira Valcárcel.

15x34 Entrevista á asociación Mulleres Salgadas 25.06.2024

Programa número 476, no que entrevistamos a Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, que agrupa ás mulleres do sector pesqueiro de Galicia. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Carmen Torreiro.

15x33 Entrevista ao ilustrador e debuxante Manel Cráneo 18.06.2024

Programa número 475, no que entrevistamos ao ilustrador, debuxante e editor de banda deseñada Manel Cráneo, que tamén foi nomeado recentemente novo director do festival "Viñetas dende o Atlántico". Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Emma Pedreira.

15x32 Entrevista ao grupo Caamaño & Ameixeiras 11.06.2024

Programa número 474, no que entrevistamos á acordeonista Sabela Caamaño e á violinista e cantante Antía Ameixeiras, as dúas integrantes do grupo Caamaño & Ameixeiras. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Susana Ye.

15x31 Entrevista a Beatriz Maceda, que nos falou sobre Luisa Villalta 04.06.2024

Programa número 473, no que entrevistamos a Beatriz Maceda, que xunto a Eli Ríos escribiu o libro "Alma de violino" dedicado a Luisa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024. Tamén entrevistamos (por vía telefónica) a Laura Suárez, ilustradora do libro. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán...

15x30 Entrevista a Serxio Rodríguez, da Iniciativa polo Couto Mixto 28.05.2024

Programa número 472, no que entrevistamos a Serxio María Rodríguez Álvarez, da Iniciativa polo Couto Mixto. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Alberto Avendaño.

15x29 Entrevista a Laura Sarasola, de Caramuxo Teatro 21.05.2024

Programa número 471, no que entrevistamos a Laura Sarasola, unha das integrantes de Caramuxo Teatro.

15x28 Entrevista a Juan Lema, que nos falou sobre o matemático Xosé Rodríguez 14.05.2024

Programa número 470, no que entrevistamos a Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias. Falounos sobre Xosé Rodríguez González, o "Matemático de Bermés", que é o Científico Galego do ano 2024. Hoxe estreouse a nova sección de Literatura Galega, a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clari...

15x27 Entrevista ao artista e xornalista Siro López 07.05.2024

Programa número 469, no que entrevistamos ao artista e xornalista Siro López. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luisa Villalta .

15x26 Entrevista á regueifeira Lupe Blanco e a Escola de Regueifa de Carballo 30.04.2024

Programa número 468, no que entrevistamos á regueifeira Lupe Blanco e a parte do seu alumnado na Escola de Regueifa de Carballo. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Fandiño .

15x25 Entrevista ao bailarín e coreógrafo Fran Sieira 23.04.2024

Programa número 467, no que entrevistamos ao bailarín e coreógrafo Fran Sieira. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Emma Pedreira .

15x24 Entrevista a Felipe Senén, que nos falou sobre Francisco Asorey 16.04.2024

Programa número 466, no que entrevistamos ao historiador Felipe Senén López Gómez, que nos falou sobre Francisco Asorey, homenaxeado no Día das Artes Galegas do ano 2024. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ramón Cabanillas .

15x23 Entrevista ao poeta e mariñeiro Xosé Iglesias 09.04.2024

Programa número 465, no que entrevistamos ao poeta e mariñeiro Xosé Iglesias. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema do propio Xosé Iglesias .

15x22 Entrevista a Noel Turbulencias sobre o libro Galicia MusiCalidade 02.04.2024

Programa número 464, no que entrevistamos a Noel Miguélez "Turbulencias", que acaba de presentar o libro "Galicia MusiCalidade". Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou unha cantiga de Martín Códax .

Listen to the Recendo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.