CUAC FM

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: cuacfm.org

Autor

CUAC FM

Kategoria

Society

Strona podcastu

cuacfm.org

Ostatni odcinek

30 cze 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android 5 mln+ pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

17x31 Entrevista ao grupo De Ninghures 30.06.2026

Programa número 538, no que entrevistamos ao grupo De Ninghures. Estiveron connosco Adri, Aldara, Cataqui, Manu Lucas, Marta e Hadrián. Tocaron en directo o tema "Descolorido". Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema seu.

17x30 Entrevista á xornalista galega Tareixa Navaza 16.06.2026

Programa número 537, no que entrevistamos á histórica xornalista galega Tareixa Navaza . Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Pura Vázquez.

17x29 Entrevista á Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Facho 09.06.2026

Programa número 536, no que entrevistamos a dous integrantes da Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Facho: Alberte Corral Iglesias (presidente) e Xoán Castro Insua (vogal). Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Carlos Casares.

17x28 Entrevista a Elvira Rivas, coordinadora da Asociación Érguete 02.06.2026

Programa número 535, no que entrevistamos a Elvira Rivas, coordinadora da Asociación Érguete, de axuda a persoas con adiccións . Tamén tivemos a sección de Queeruña, a cargo de Diego Maseda.

17x27 Entrevista a Miguel Abelleira, Director da Escola de Arquitectura da UDC, que cumpre 50 anos 26.05.2026

Programa número 534, no que entrevistamos a Miguel Abelleira, Director da Escola de Arquitectura, que foi aberta hai 50 anos . Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa.

17x26 Entrevista a Afonso Becerra, director da revista galega de teatro Erregueté 19.05.2026

Programa número 533, no que entrevistamos a Afonso Becerra, director da revista galega de teatro Erregueté . Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.

17x25 Entrevista a Carme Fernández Pérez-Sanjulián sobre Ramón Otero Pedrayo 12.05.2026

Programa número 532, no que entrevistamos a Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC e experta na figura de Ramón Otero Pedrayo, de quen se cumpren 50 anos da súa morte .

17x24 Entrevista a Manuel Soto Castiñeira, presidente de ADEGA 05.05.2026

Programa número 531, no que entrevistamos a Manuel Soto Castiñeira, novo presidente de ADEGA, que está cumprindo 50 anos . Tamén tivemos a sección do club de lectura Queeruña, a cargo de Diego Maseda.

17x23 Entrevista a Beatriz Maceda, que nos falou sobre Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026 28.04.2026

Programa número 530, no que entrevistamos a Beatriz Maceda, que nos falou sobre Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.

17x22 Entrevista a María Ferreiro, nova Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego 21.04.2026

Programa número 529, no que entrevistamos a María Ferreiro, nova Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada a cargo de Eduardo Maroño.

17x21 Entrevista ás ilustradoras Sandra Lodi e Laura Suárez, gañadoras do Premio Castelao 2024 14.04.2026

Programa número 528, no que entrevistamos a Sandra Lodi e Laura Suárez, gañadoras do Premio Castelao 2024 de banda deseñada convocado pola Deputación da Coruña. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.

17x20 Entrevista a Recuncho Gamer 07.04.2026

Programa número 527, no que entrevistamos a Iago Gordillo e Rita Calvo, de Recuncho Gamer, a comunidade que fala en galego sobre o mundo dos videoxogos. Tamén tivemos a sección do Club de Lectura Queeruña a cargo de Eva Vieites.

17x19 Entrevista a Xurxo Lobato, que nos falou sobre Xosé Suárez, Día das Artes Galegas 2026 17.03.2026

Programa número 526, no que entrevistamos a Xurxo Lobato, que nos falou sobre o fotógrafo Xosé Suárez, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2026. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.

17x18 Entrevista a Manuel Ferreiro, coordinador do proxecto Universo Cantigas 10.03.2026

Programa número 525, no que entrevistamos a Manuel Ferreiro, coordinador do proxecto "Universo Cantigas", que recopila todas as cantigas medievais galego-portuguesas. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada a cargo de Eduardo Maroño.

17x17 Entrevista a Manuel Monge, experto en memoria histórica galega e coruñesa 03.03.2026

Programa número 524, no que entrevistamos a Manuel Monge, experto en memoria histórica galega e coruñesa. Tamén tivemos a sección de Queeruña, na que Diego Maseda nos falou sobre a actividade deste exitoso club de lectura das bibliotecas coruñesas.

17x16 Entrevista a 9 Louro, estrela da música urbana en galego 24.02.2026

Programa número 523, no que entrevistamos a 9Louro, unha das estrelas da música urbana en galego. Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada a cargo de Antonio Reigosa.

17x15 Entrevista a Sami Ashour, activista palestino 10.02.2026

Programa número 522, no que entrevistamos a Sami Ashour, activista palestino. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Eva Veiga Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.

17x14 Entrevista a Pepe Cunha de Ábrete de Orellas 03.02.2026

Programa número 521, no que entrevistamos a Pepe Cunha, presentador do programa de radio "Ábrete de orellas". Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Marica Campo.

17x13 Entrevista a Lucía Veiga, actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual 27.01.2026

Programa número 520, no que entrevistamos a Lucía Veiga, actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Fermín Bouza Brey.

17x12 Entrevista á Comisión o Castro, que defende o Museo Carlos Maside 20.01.2026

Programa número 519, no que entrevistamos a catro dos integrantes da Comisión O Castro: Iria Rivera (coordinadora), Abel Soto (A.C. Suárez Picallo), Marisol García (A.C. Alexandre Bóveda) e Carlos Babío (Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña). Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a ca...

17x11 Entrevista á Presidencia Colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda 13.01.2026

Programa número 518, no que entrevistamos a catro dos integrantes da Nova Presidencia Colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda: Marisol García, Luz Rivas, Jorge Castro e Carmela Galego. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Clara Pino.

17x10 Entrevista a Juan Lema, que nos falou sobre Fernando Calvet, Científico Galego do ano 2025 16.12.2025

Programa número 517, no que entrevistamos a Juan Manuel Lema Rodicio, presidente da Academia Galega das Ciencias, que nos falou sobre Fernando Calvet, Científico Galego do ano 2025. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de M...

17x9 Entrevista a Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega 02.12.2025

Programa número 516, no que entrevistamos a Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Sara Martínez Bello.

17x8 Entrevista sobre a Casa Cornide ao historiador Alfredo Vigo Trasancos 25.11.2025

Programa número 515, no que entrevistamos ao historiador Alfredo Manuel Vigo Trasancos, que nos falou sobre a Casa Cornide. Tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa.  Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Sofía Carril Calvo.

17x7 Entrevista a Ricardo Cao, Reitor da Universidade da Coruña 18.11.2025

Programa número 514, no que entrevistamos a Ricardo Cao, Reitor da Universidade da Coruña. Tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.  Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Lois Pereiro.

Słuchaj podcastu Recendo w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS