CUAC FM
Recendo
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
17x31 Entrevista ao grupo De Ninghures 30.06.2026 1:00:00
Programa número 538, no que entrevistamos ao grupo De Ninghures. Estiveron connosco Adri, Aldara, Cataqui, Manu Lucas, Marta e Hadrián. Tocaron en directo o tema "Descolorido". Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema seu.
17x30 Entrevista á xornalista galega Tareixa Navaza 16.06.2026 1:00:00
Programa número 537, no que entrevistamos á histórica xornalista galega Tareixa Navaza . Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Pura Vázquez.
17x29 Entrevista á Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Facho 09.06.2026 1:00:00
Programa número 536, no que entrevistamos a dous integrantes da Xunta Directiva da Agrupación Cultural O Facho: Alberte Corral Iglesias (presidente) e Xoán Castro Insua (vogal). Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Carlos Casares.
17x28 Entrevista a Elvira Rivas, coordinadora da Asociación Érguete 02.06.2026 1:00:00
Programa número 535, no que entrevistamos a Elvira Rivas, coordinadora da Asociación Érguete, de axuda a persoas con adiccións . Tamén tivemos a sección de Queeruña, a cargo de Diego Maseda.
17x27 Entrevista a Miguel Abelleira, Director da Escola de Arquitectura da UDC, que cumpre 50 anos 26.05.2026 1:00:00
Programa número 534, no que entrevistamos a Miguel Abelleira, Director da Escola de Arquitectura, que foi aberta hai 50 anos . Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa.
17x26 Entrevista a Afonso Becerra, director da revista galega de teatro Erregueté 19.05.2026 1:00:00
Programa número 533, no que entrevistamos a Afonso Becerra, director da revista galega de teatro Erregueté . Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.
17x25 Entrevista a Carme Fernández Pérez-Sanjulián sobre Ramón Otero Pedrayo 12.05.2026 1:00:00
Programa número 532, no que entrevistamos a Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC e experta na figura de Ramón Otero Pedrayo, de quen se cumpren 50 anos da súa morte .
17x24 Entrevista a Manuel Soto Castiñeira, presidente de ADEGA 05.05.2026 1:00:00
Programa número 531, no que entrevistamos a Manuel Soto Castiñeira, novo presidente de ADEGA, que está cumprindo 50 anos . Tamén tivemos a sección do club de lectura Queeruña, a cargo de Diego Maseda.
17x23 Entrevista a Beatriz Maceda, que nos falou sobre Begoña Caamaño, Día das Letras Galegas 2026 28.04.2026 1:00:00
Programa número 530, no que entrevistamos a Beatriz Maceda, que nos falou sobre Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.
17x22 Entrevista a María Ferreiro, nova Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego 21.04.2026 1:00:00
Programa número 529, no que entrevistamos a María Ferreiro, nova Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada a cargo de Eduardo Maroño.
17x21 Entrevista ás ilustradoras Sandra Lodi e Laura Suárez, gañadoras do Premio Castelao 2024 14.04.2026 1:00:00
Programa número 528, no que entrevistamos a Sandra Lodi e Laura Suárez, gañadoras do Premio Castelao 2024 de banda deseñada convocado pola Deputación da Coruña. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.
17x20 Entrevista a Recuncho Gamer 07.04.2026 1:00:00
Programa número 527, no que entrevistamos a Iago Gordillo e Rita Calvo, de Recuncho Gamer, a comunidade que fala en galego sobre o mundo dos videoxogos. Tamén tivemos a sección do Club de Lectura Queeruña a cargo de Eva Vieites.
17x19 Entrevista a Xurxo Lobato, que nos falou sobre Xosé Suárez, Día das Artes Galegas 2026 17.03.2026 1:00:00
Programa número 526, no que entrevistamos a Xurxo Lobato, que nos falou sobre o fotógrafo Xosé Suárez, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2026. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.
17x18 Entrevista a Manuel Ferreiro, coordinador do proxecto Universo Cantigas 10.03.2026 1:00:00
Programa número 525, no que entrevistamos a Manuel Ferreiro, coordinador do proxecto "Universo Cantigas", que recopila todas as cantigas medievais galego-portuguesas. Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada a cargo de Eduardo Maroño.
17x17 Entrevista a Manuel Monge, experto en memoria histórica galega e coruñesa 03.03.2026 1:00:00
Programa número 524, no que entrevistamos a Manuel Monge, experto en memoria histórica galega e coruñesa. Tamén tivemos a sección de Queeruña, na que Diego Maseda nos falou sobre a actividade deste exitoso club de lectura das bibliotecas coruñesas.
17x16 Entrevista a 9 Louro, estrela da música urbana en galego 24.02.2026 1:00:00
Programa número 523, no que entrevistamos a 9Louro, unha das estrelas da música urbana en galego. Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada a cargo de Antonio Reigosa.
17x15 Entrevista a Sami Ashour, activista palestino 10.02.2026 1:00:00
Programa número 522, no que entrevistamos a Sami Ashour, activista palestino. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Eva Veiga Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.
17x14 Entrevista a Pepe Cunha de Ábrete de Orellas 03.02.2026 1:00:00
Programa número 521, no que entrevistamos a Pepe Cunha, presentador do programa de radio "Ábrete de orellas". Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Marica Campo.
17x13 Entrevista a Lucía Veiga, actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual 27.01.2026 1:00:00
Programa número 520, no que entrevistamos a Lucía Veiga, actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Fermín Bouza Brey.
17x12 Entrevista á Comisión o Castro, que defende o Museo Carlos Maside 20.01.2026 1:00:00
Programa número 519, no que entrevistamos a catro dos integrantes da Comisión O Castro: Iria Rivera (coordinadora), Abel Soto (A.C. Suárez Picallo), Marisol García (A.C. Alexandre Bóveda) e Carlos Babío (Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña). Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a ca...
17x11 Entrevista á Presidencia Colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda 13.01.2026 1:00:00
Programa número 518, no que entrevistamos a catro dos integrantes da Nova Presidencia Colexiada da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda: Marisol García, Luz Rivas, Jorge Castro e Carmela Galego. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Clara Pino.
17x10 Entrevista a Juan Lema, que nos falou sobre Fernando Calvet, Científico Galego do ano 2025 16.12.2025 1:00:00
Programa número 517, no que entrevistamos a Juan Manuel Lema Rodicio, presidente da Academia Galega das Ciencias, que nos falou sobre Fernando Calvet, Científico Galego do ano 2025. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de M...
17x9 Entrevista a Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega 02.12.2025 1:00:00
Programa número 516, no que entrevistamos a Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Sara Martínez Bello.
17x8 Entrevista sobre a Casa Cornide ao historiador Alfredo Vigo Trasancos 25.11.2025 1:00:00
Programa número 515, no que entrevistamos ao historiador Alfredo Manuel Vigo Trasancos, que nos falou sobre a Casa Cornide. Tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Sofía Carril Calvo.
17x7 Entrevista a Ricardo Cao, Reitor da Universidade da Coruña 18.11.2025 1:00:00
Programa número 514, no que entrevistamos a Ricardo Cao, Reitor da Universidade da Coruña. Tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Lois Pereiro.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics