CUAC FM
Recendo
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
7x18 Entrevista sobre os 40 anos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda 01.03.2016 1:00:00
Programa número 214, no que entrevistamos a: Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da A.C. Alexandre Bóveda, Ana Mourelle, socia e directiva con longa traxectoria na Agrupación, e a Francisco Peña, ex-presidente. E tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística.
7x17 Entrevista ao grupo de teatro Noite Bohemia 23.02.2016 1:00:00
Programa número 213, no que entrevistamos a varios integrantes do grupo de teatro Noite Bohemia: o director Javier Fernández Mariño e os actores Nacho Pena e Mario Rodríguez. E tivemos a sección de Fotografía e Arquitectura, a cargo de Héctor Fernández.
7x16 Especial sobre traíñas 16.02.2016 1:00:00
Programa número 212, no que fixemos tres entrevistas telefónicas a clubes de remo galegos: - Manuel Juncal, do Clube do Mar Bueu - María Figueiro, de Amegrove. - Benigno Silva, adestrador do equipo feminino de Cabo de Cruz.
7x15 Programa sobre a Fundación Manuel María 02.02.2016 1:00:00
Programa número 211, no que entrevistamos a Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María. E tivemos a sección de Nova Música Galega, a cargo de Vituco Neira, que nos falou sobre o grupo Biribirloke.
7x14 Programa sobre Ora Galega e as Irmandades da Fala 26.01.2016 1:00:00
Programa número 210, no que entrevistamos a Moncho do Orzán, de Ora Galega, que nos falou sobre as Irmandades da Fala. E tivemos a sección de Música lusófona, a cargo de Brais Morán, que nos falou sobre o bluesman galega Javier Prado.
7x13 Especial sobre galerías de arte 19.01.2016 1:00:00
Programa número 209, no que fixemos tres entrevistas telefónicas a galerías de arte: - Víctor M., da Galería Montenegro (Vigo). - Asunta Rodríguez, da Galería Trinta (Compostela). - María Carmen Vidal, da Galería Visol (Ourense).
7x12 Programa coa asociación Terra e Leite 12.01.2016 1:00:00
Programa número 208, no que entrevistamos a José Manuel Andrade, da asociación Terra e Leite, que nos falou sobre a situación do sector leiteiro. E tivemos a sección de Historia, a cargo de Uxío-Breogán Diéguez, que nos falou sobre o centenario das Irmandades da Fala.
7x11 Especial sobre temas variados 15.12.2015 1:00:00
Programa número 207, no que fixemos tres entrevistas sobre temas variados: - Antonio Franco Carreira, luthier. - Martín Fernández Maceiras, do Proxecto Gaelaico, que busca restos da cultura celta na Galiza. - Xosé Antón Parada, que traduciu ao galego o Código de Hammurabi. E Gema Millán recitou unha panxoliña de Nadal da época dos S&ea...
7x9 Entrevista a Xan Arias, da editorial Trifolium 01.12.2015 1:00:00
Programa número 206, no que entrevistamos a Xan Arias, da editorial Trifolium e presidente da Asociación de Editores Coruñeses. E Gema Millán recitou un poema de Xosé Neira Vilas na súa sección de Poesía Galega.
7x8 Entrevista sobre o documental "A viaxe de Leslie" 24.11.2015 1:00:00
Programa número 205, no que entrevistamos a Marcos Nine e Daniela Arias, director e guionista do documental "A viaxe de Leslie", que trata sobre a estraña morte do actor Leslie Howard nun accidente aéreo en Cedeira, durante a II Guerra Mundial. Tamén tivemos a sección de Feminismo, con Victoria Louro.
7x7 Monográfico sobre Turismo rural 17.11.2015 1:00:00
Programa número 204, no que fixemos un monográfico sobre turismo rural, coas seguintes entrevistas: - Marta López, da Casa As Triegas, en Paderne do Courel. - Víctor Tembrás, de By the way tours. E Gema Millán recitou un poema de Uxío Novoneyra na súa sección de Poesía Galega.
7x6 Entrevista á Librería Berbiriana 10.11.2015 1:00:00
Programa número 203, no que entrevistamos a Cristina Barbeito, da Librería Berbiriana. Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, con Xacobe Meléndrez Fassbender. E Gema Millán recitou un poema de Xosé María Díaz Castro na súa sección de Poesía Galega.
7x5 Monográfico sobre a poetisa María do Carmo Kruckenberg 03.11.2015 1:00:00
Programa número 202, no que entrevistamos a Mercedes Queixas, que veu falarnos sobre María do Carmo Kruckenberg. Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, con Roberto Catoira, que nos falou sobre Xoán Vicente Viqueira. E Gema Millán recitou un poema de María do Carmo Kruckenberg na súa sección de Poesía Galega.
7x4 Entrevista á Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria 27.10.2015 1:00:00
Programa número 201, no que entrevistamos a Marisa Vidal, representante da Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, con Amancio Sotillo. E Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garza na súa sección de Poesía Galega.
7x3 Celebración do programa número 200 20.10.2015 1:00:00
Programa número 200, no que reunimos a algunhas das antigas locutoras e técnicas de Recendo, como Carmela Garrido, Fina Bastón, Amancio Sotillo e Irwin Varela. E Gema Millán recitou un poema de Miguel Mato (outro dos nosos colaboradores) na súa sección de Poesía Galega.
7x2 Entrevista a Nave 1839 13.10.2015 1:00:00
Programa número 199, no que entrevistamos a René Freire, unha das persoas do equipo que vai xestionar a Nave 1839 (antiga Casa Tomada). Tamén contamos coa sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado, que falou do novo disco de Xabier Díaz. E Gema Millán recitou un poema de Ramiro Fonte na súa sección de Poesía Galega...
7x1 Entrevista a Isabel Risco 06.10.2015 1:00:00
No programa nº 198 entrevistamos á actriz Isabel Risco. Ademais tivemos a sección de Audiovisual, a cargo do novo corresponsal Antonio Brea, que falou sobre o Festival Curtocircuito; e tamén a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Manuel María.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.