CUAC FM

Recendo

Society GL ↓ 343 episodes

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Author

CUAC FM

Category

Society

Podcast website

cuacfm.org

Latest episode

Jun 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

10x17 Entrevista a Bolboretas no bandullo 05.02.2019

Programa número 312, no que tivemos como convidados a David Díaz Díaz e Diana Fernández Gómez, creadores do blog de cociña en galego "Bolboretas no bandullo".

10x16 Entrevista a Cristina López Villar, autora de "Pioneiras do deporte galego" 29.01.2019

Programa número 311, no que tivemos como convidada a Cristina López Villar, autora do libro "Pioneiras de deporte galego". Tamén tivemos a sección de Artes plásticas, a cargo de Neves Seara.

10x15 Especial Telefónico sobre Festivais de Teatro 22.01.2019

Programa número 310, no que entrevistamos telefónicamente a: - Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. - Sabela Gago, directora do Festival Internacional de Teatro de Ourense.

10x14 Entrevista a Anuncio Moroño, da Asociación Irimia 15.01.2019

Programa número 309, no que tivemos como convidado a Anuncio Moroño, en representación da Asociación Irimia, que acaba de sacar o número 1.000 da súa revista. Tamén tivemos a sección de Medio ambiente, a cargo de Amancio Sotillo.

10x13 Entrevista a Lucía Aldao 08.01.2019

Programa número 308, no que tivemos como convidada a Lucía Aldao, que acaba de presentar o seu primeiro poemario "Todo isto antes era noite". Tamén tivemos a sección de Fotografía e Arquitectura, a cargo de Héctor Fernández.

10x12 Entrevista a AfroGalegas 18.12.2018

Programa número 307, no que tivemos como convidadas a Tiffany, Mar e Yosi, do colectivo AfroGalegas. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga.

10x11 Entrevista ao debuxante Santy Gutiérrez 11.12.2018

Programa número 306, no que tivemos como convidado ao debuxante Santy Gutiérrez. Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, na que se falou da enfermeira Isabel Zendal.

10x10 Especial Telefónico Variado sobre Culturmar e Centro de Arte Aire 04.12.2018

Programa número 305, no que realizamos un especial telefónico variado no que entrevistamos a: - Manolo García Sendón, presidente de Culturmar (Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial) - Neves Seara, galerista do Centro de Arte Aire, de Santiago de Compostela

10x9 Entrevista a Carlos Meixide 27.11.2018

Programa número 304, no que tivemos como convidado ao escritor, xornalista e humorista Carlos Meixide.

10x8 Entrevista a Amparo Alonso, Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial 20.11.2018

Programa número 303, no que tivemos como convidada a Amparo Alonso Betanzos, Catedrática da UDC e Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial. Tamén tivemos a sección de A Nosa Lingua, a cargo de Marcos Maceira.

10x7 Especial Telefónico sobre Webseries galegas 13.11.2018

Programa número 302, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre webseries galegas: - Enrique Lojo - Jorge Boquete, de Porco Bravú

10x6 Entrevista a Ignacio Benedeti 06.11.2018

Programa número 301, no que tivemos como convidado ao cineasta Ignacio Benedeti. Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara.

10x5 Programa sobre a Avespa Velutina 30.10.2018

Programa número 300, no que tivemos como convidados a María Xosé Servia, bióloga e profesora da UDC, e Anxo Cao, apicultor, que nos falaron sobre a incidencia da Avespa Velutina.

10x4 Especial Telefónico sobre Filosofía e Antropoloxía 23.10.2018

Programa número 299, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre Filosofía e Antropoloxía: - Xoán Carlos Garrido, da Aula Castelao, que organiza a Semana Galega de Filosofía - Guadalupe Jiménez, da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural

10x3 Entrevista á Irmandade Moncho Valcarce 16.10.2018

Programa número 298, no que tivemos como convidados a Xácome Santos e a Gumersindo Campaña, integrantes da Irmandade Moncho Valcarce. Ademais, tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Biblos Clube de Lectores. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.

10x2 Entrevista ao humorista Pedro Brandariz 09.10.2018

Programa número 297, no que tivemos como convidado ao humorista, actor e xestor cultural Pedro Brandariz. Ademais, tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Yolanda Naya. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carvalho Calero.

10x1 Entrevista a Xoán Costa, que nos falou sobre "O Diario Galego" 02.10.2018

Programa número 296, no que tivemos como convidado a Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, que nos falou do proxecto de posta en marcha de "O Diario Galego". Ademais, tamén tivemos a sección de Medio ambiento, a cargo de Amancio Sotillo.

9x34 Entrevista a Deborah García Bello, divulgadora científica 26.06.2018

Programa número 295, no que tivemos como convidada a Deborah García Bello, divulgadora científica. Ademais, tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Biblos Clube de Lectores. E a sección de Poesía Galega, na que Gema Millan recitou e homenaxeou a Xabier P. Docampo, que faleceu xustamente neste día.

9x33 Especial telefónico sobre o Rural Galego 19.06.2018

Programa número 294, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre o Rural Galego: - Isabel Villalba, presidenta do Sindicato Labrego Galego - José Antonio García, presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia - Paula Ares, colaboradora da Universidade Rural Galega Ademais, tamén houbo a sección de Poes&iacute...

9x32 Entrevista a Carlos Velasco, que nos falou sobre a memoria histórica na Galiza 12.06.2018

Programa número 293, no que tivemos como convidado a Carlos Velasco Souto, historiador e profesor da UDC que escribiu a introdución do libro "Os nomes do terror", que por primeira vez desvela os nomes dos asasinos na Guerra Civil e na posguerra na Galiza. Ademais, tamén houbo a sección de Feminismo, a cargo de Yolanda Naya.

9x31 Entrevista a Victorino Pérez Prieto sobre o personaxe de Prisciliano 05.06.2018

Programa número 292, no que tivemos como convidado a Victorino Pérez Prieto, que nos falou sobre a figura de Prisciliano. Ademais, tamén houbo a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara. E tivemos tamén a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Federico García Lorca.

9x30 Entrevista a Sara Romero Castro, responsable de políticas trans do colectivo ALAS Coruña 29.05.2018

Programa número 291, no que tivemos como convidada a Sara Romero Castro, responsable de políticas trans do colectivo ALAS Coruña. Ademais, tamén houbo a sección de Arquitectura e Fotografía, a cargo de Héctor Fernández.

9x29 Entrevista a Celia Parra sobre o documental "Versogramas" 22.05.2018

Programa número 290, no que tivemos como convidada a Celia Parra, produtora executiva e creadora da idea do documental "Versogramas", sobre videopoesía. Ademais, tamén houbo a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Luís Seoane.

9x28 Especial telefónico sobre Poetas Galegos 15.05.2018

Programa número 289, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas a Poetas Galegos: - Baldo Ramos - Carlos Negro Ademais, tamén houbo a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou dous poemas de María Victoria Moreno.

9x27 Entrevista a Jano Viñuela e Giovanna Lopalco, de Estudio Xiz 08.05.2018

Programa número 288, no que tivemos como convidados a Jano Viñuela e Giovanna Lopalco, do Estudio Xiz. Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Mónica Pazos, secretaria xeral de A Mesa pola Normalización Lingüística.

Listen to the Recendo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.