Radio Manoplas
Radio Manoplas
Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.
Author
Radio Manoplas
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 29, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
3x1 #RadioManoplas: Ana Martínez González 06.12.2022 30:14
A entrevistada coa que iniciamos a terceira tempada é Ana Martínez González. Achegámonos até A Morada para conversar con Ana. Ela xunto a Fedra e Majo botaron a andar un proxecto que presentan como “un espazo de encontro, un lugar de lecer, asesoramento e formación, conectado coa comunidade e onde os coidados estean no centro”. Ana comezou os estudos de Traballo Social en Compost...
2x13 #RadioManoplas: Ángeles Pardo Fontán 17.10.2022 28:55
Pechamos a segunda tempada do falangullo con Ángeles Pardo Fontán. Casualidades fixeron que nacera en Marín, mais A Coruña foi a cidade na que se criou e Vigo -en concreto A Garrida- onde reside desde hai décadas. Estudou no colexio da Compañía de María e logo foi até Compostela para cursar o que agora coñecemos como Traballo Social. Ángeles comezou a súa andaina profesiona...
2x11 #RadioManoplas: Rita Gallego 31.08.2022 30:44
A entrevistada no undécimo falangullo desta tempada é Rita Gallego. Desde pequena foi unha cativa rebelde e cunha forte personalidade forxada nas rúas de Bouzas e Coia. Rita é unha persoa moi activa e chea de enerxía. Gaña o salario, escaso, traballando no Servizo de Atención no Fogar que presta ServiSAR para o concello de Vigo. As empregadas prefiren nomear así o servizo no cant...
2x10 #RadioManoplas: Mari Fidalgo 21.07.2022 34:48
A entrevistada no décimo falangullo da segunda tempada é Mari Fidalgo. Naceu e medrou en Salvador de Bahia no Brasil. Até alí chegou a súa familia na procura das oportunidades que non había en Pereiras, unha aldea de A Cañiza. Mari sacou a carreira de Psicoloxía. Desde cativa mamou o comunitario nunha familia vizosa nesa dimensión. O saber e bo facer de Mari no terreo...
2x8 #RadioManoplas: Begoña Álvarez Álvarez 30.06.2022 31:45
A entrevistada no oitavo falangullo desta tempada é Begoña Álvarez Álvarez. Escoitamos a Begoña, que se define como unha "muller de barrio", falar de como era a vida en Coia nos seus primeiros anos como barrio. Con ela debullamos varios temas: vida comunitaria, coidados, formación e moito máis. Iniciamos a conversa coas verbas de Begoña lembrando a figura da súa nai:...
2x7 #RadioManoplas: Marina Fuentes Barco 15.05.2022 36:40
A entrevistada no séptimo falangullo desta tempada é Marina Fuentes Barco. Conversamos con esta veciña de Vigo sobre tres grandes temas: saúde mental, drogas e cadea. Estudou Medicina en Compostela e tras visitar o psiquiátrico de Conxo ficou namorada da psiquiatría. Logo de rematar na universidade e tras facer a residencia no Nicolás Peña salta ao mundo das adiccións e das...
2x6 #RadioManoplas: Rebeca Martínez Gándara 02.05.2022 30:49
A entrevistada no sexto falangullo desta tempada é Rebeca Martínez Gándara. Medrou en Escolas Públicas, unha céntrica e pouco coñecida rúa de Vigo. As vivendas da Renfe deron acubillo a Rebe e a súa familia. Creceu nos anos da loita obreira en ASCÓN, onde traballou o seu pai, que lle serviron para concienciarse. Estudou no colexio García Barbón do que pasou ao instituto de Teis a...
2x5 #RadioManoplas: Bertila Fernández Pérez 13.04.2022 35:37
A entrevistada no quinto programa da segunda tempada é Bertila Fernández Pérez. Natural da Coia anterior ao polígono, barrio onde segue a vivir. Sendo moza participou activamente nos movementos veciñais do barrio, no seu caso ao abeiro da comunidade do Cristo da Vitoria . Desde noviña pulou, sempre xunto a outras, por mellorar as condicións de vida do territorio e das habit...
2x4 #RadioManoplas: Paula Verde Francisco 13.02.2022 31:15
A entrevistada do cuarto programa desta tempada é Paula Verde Francisco. Veciña de Bembrive, defínese como activista. En especial na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, sempre facéndeo desde a suma e desde o positivo. Nai de tres fillos, un deles con diagnóstico de trastorno do espectro autista (TEA). Abrazou a diversidade de Héctor buscando relación...
2x3 #RadioManoplas: Carmen Boado Aguinaga 30.01.2022 31:06
Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Carmen Boado Aguinaga. Medrou polo carreiros de Alcabre chegada de Euskadi, para logo facer barrio nas rúas de Coia. Carmen estudou a primaria no Javier Sensat, a secundaria no Coia 4 e sacou a enxeñaría de Telecomunicacións na Uvigo. Formación académica que completou con aquela na que non hai títulos na comunidade do Cristo...
2x2 #RadioManoplas: Ana Sieiro Moral 16.01.2022 30:22
Debullamos diferentes temas con Ana que ábrenos as portas de Achega , centro de psicoloxía e logopedia, para realizarmos a entrevista. "Cachorros de nadie" o libro de Reguera foi de inspiración para a súa vida que a colocou sempre preto das crianzas máis vulneradas. Logo de estudar Bioloxía ofrecéronlle traballar en Coruña, xunto a súa parella, nunha vivenda para nenos e nenas en...
2x1 #RadioManoplas: Laura González Vila 02.01.2022 31:53
Iniciamos SEGUNDA TEMPADA con Laura González Vila. Unha galega, de Coia, que vive en Toledo. Conversamos con ela sobre educación, ciencia, grupo de consumo, o galego e moitos máis asuntos. Laura traballa como profesora de secundaria en Fuenlabrada, antes percorreu moitos centros públicos de castela e da comunidade madrileña. Consciente dos límites que lle impón o sistema educativo procura estratex...
1x13 #RadioManoplas: Tere García Álvarez 23.12.2021 31:01
Pechamos a primeira tempada de Radio Manoplas cunha entrevista a Teresa García Álvarez. Naceu no "Pirulí" mais medrou a cabalo entre Paraños, Barcelona e Vigo, cidade na que vive e traballa desde hai anos. Tere acóllenos no local de Médicos do Mundo, a entidade na que traballa desde 2009. Grazas á súa xenerosidade coñecemos os seus inicios nos consumos sendo ela moi n...
1x12 #RadioManoplas: Eva Pallás Figueira 28.11.2021 28:17
A entrevistada é Eva Pallás Figueira, ela medrou nunha casa de aldea en Toedo (A Estrada) e desde hai anos vive e traballa en Vigo. Coñecemos a infancia de Eva nunha vila do rural galego. Tiñan vacas, traballaban a terra e facían a morea de tarefas cotiás na aldea. A irmá maior e o irmán pequeno de Eva traballan entre fogóns, ela seguiu ese vieiro e desde hai anos é c...
1x11 #RadioManoplas: Diana Giráldez Monteagudo 14.11.2021 34:56
Nesta ocasión a entrevistada en Radio Manoplas é Diana Giráldez Monteagudo. Orixinaria de Panxón Diana vive e traballa no barrio de Teis en Vigo. Falamos con ela sobre educación. Diana estudou o ciclo superior de Educación Infantil para despois continuar na universidade facendo Maxisterio. Traballou en diferentes escolas, públicas e privadas, e nestes momentos desenvolve o seu pa...
1x10 #RadioManoplas: Beatriz Lorenzo Caamiña 01.11.2021 30:04
Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas Beatriz Lorenzo Caamiña. Chegamos ás dez entrevistas coa compaña de Bea que medrou nunha parroquia de Porriño para logo vir a Vigo. Na conversa falamos con ela sobre o empobrecemento que a acompaña desde hai anos o que a levou a ser boa coñecedora dos servizos sociais. Na procura de alternativas coincidimos na Oficina...
1x9 #RadioManoplas: Ana Álvarez Paz 18.10.2021 31:35
Nesta ocasión pasa polos micros de Radio Manoplas: Ana Álvarez Paz. Neste noveno falangullo Ana fala da súa infancia en Porto de Eguas, preto do Carballiño. Desde moza dedicouse ao ensino, igual ca nai. Desde hai anos, tras estudar Maxisterio e Historia, imparte clases no IES Alexandre Bóveda. Para Ana a educación trascende o currículo, froito disto busca enredos que...
1x8 #RadioManoplas: Maite Garmendia Eguinoa 22.08.2021 31:16
Octavo falangullo de Radio Manoplas nesta ocasión a entrevistada é Maite Garmendia Eguinoa. Vive en Elosu, preto da cidade onde naceu: Vitoria-Gasteiz. Estudou xornalismo mais a súa vida derivou cara o mundo da cooperación internacional, ela é traballadora na Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento - eLankidetza. Falamos sobre cooperación, traballo grazas ao cal viviu na súa querida Gu...
1x6 #RadioManoplas: Inma Araujo López 11.04.2021 32:47
Nesta ocasión a muller que fala no micro de Radio Manoplas é Inma Araújo López. Conversamos con ela sobre psicoloxía, adolescencia, abusos, pandemia e moito máis. Inma traballa como psicóloga en Alborada, no programa de intervención con adolescentes en conflito. Esta tarefa a combina coa participación en Amino (Asociación de Abuso y Maltrato Infantil No). Pechamos o programa coa...
1x5 #RadioManoplas: Aurita González González 11.03.2021 37:25
No quinto programa de Radio Manoplas a entrevistada é Aurita González González. Nada en Sarria pasou a súa infancia en Sober. Logo de casar aos 19 anos chegaron a Vigo, desde hai varias décadas mora no barrio de Coia. Conversamos con ela sobre as loitas veciñais nas que participou para mellorar as condicións de vida do barrio. Parte desas resistencias estiveron encami...
1x4 #RadioManoplas: Olga Silva Rubín 21.02.2021 28:12
No cuarto podcast de Radio Manoplas a entrevistada é Olga Silva Rubín. Conversamos con Olga sobre o que supuxo ser nai dunha filla con parálise cerebral hai máis de catro décadas. Comparte como viviu a crianza dunha filla e un fillo cunha parella que traballaba no mar durante a maioría do ano. Olga fala tamén de como viviron as semanas máis duras do confinamento no seu edificio. Pechamos o podcast...
1x2 #RadioManoplas: Susana Pérez Galán 18.01.2021 32:40
No segundo programa de Radio Manoplas a entrevistada é Susana Pérez Galán. Veciña de Vigo, mestra no colexio Salesianos e persoa con moitísimas habilidades para os coidados. Fala sobre a súa infancia a cabalo entre Canido, Teis e Coia. Crianzas, pandemia, coidados, drogas e moito máis en pouco máis de 25 minutos de conversa. Pechamos o programa coa súa recomendación musical...
1x1 #RadioManoplas: Marta Bautista Díaz 04.01.2021 30:09
Iniciamos a andaina de Radio Manoplas, podcast quincenal emitido desde Coia (Vigo). Intéresanos escoitar a persoas que teñen vidas inspiradoras. Media hora de programa para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas. O peche do programa o pon a canción escollida pola entrevistada. Podedes seguirnos na canle de IVOOX ( https://www.ivoox.com/podcast-radio-manoplas_sq_...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.