Radio Manoplas

Radio Manoplas

Society GL ↓ 73 episodes

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

Author

Radio Manoplas

Category

Society

Podcast website

alicerces.arkipelagos.net

Latest episode

Jun 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

6×9 #RadioManoplas: Sandra Fernández Carrera 29.06.2026

A novena entrevistada da sexta tempada é Sandra Fernández Carrera. Vive en Santa Cristina (Oleiros), aínda que medrou pasando moito tempo nas rúas, nun contexto de forte pertenza comunitaria. Estudou INEF en Bastiagueiro e desenvolveu a súa traxectoria profesional no ámbito da actividade física e da saúde. Sandra conta as súas experiencias familiares. Están marcadas pola loita da súa nai, Dora, un...

6×8 #RadioManoplas: Sandra Lamelas Trasancos 18.06.2026

A oitava entrevistada da sexta tempada é Sandra Lamelas Trasancos. Vive en Navia, aínda que é orixinaria do Vicedo, municipio da Mariña Lucense. Traballa como directora de márketing nunha empresa do sector da construción, tras estudar en Pontevedra. Namorada dos idiomas, Sandra manifesta a súa tristura polo estado do galego. Ten unha filla chamada Jimena, que naceu cunha enfermidade rara: a síndro...

6×7 #RadioManoplas: Javier Erro 01.06.2026

A sétima entrevistada da sexta tempada é Javier Erro. Conversamos co psicólogo valenciano que estivo na III Feira do Libro Anarquista de Pontevedra presentando o seu libro El malestar es otra cosa. A entrevista naceu, porén, a partir da publicación Saldremos de esta. Guía de salud mental para el entorno de la persona en crisis, un libriño creado coa intención de ofrecer ferramentas e apoio ás pers...

6×6 #RadioManoplas: “Airea líderes, creando comunidades diversas” 08.05.2026

O sexto episodio da sexta tempada leva por título: “Airea líderes, creando comunidades diversas”. Este programa recolle parte do vivido o 14 de marzo de 2026 nunha das xornadas de Airea Líderes, un programa de formación en liderado baseado en competencias para persoas adultas con discapacidade e familiares de crianzas con discapacidade do desenvolvemento. Até un hotel de Brión cheguei grazas ao co...

6×5 #RadioManoplas: “Detencións policiais ás portas da casa” 06.04.2026

Quinto episodio da sexta tempada, titulado: “Detencións policiais ás portas da casa”. Neste programa unímonos a Radio Pimienta para presentarvos un episodio especial. A través das voces de María González Reyes, veciña de Serigne Mbaye, e de Sergio García García, membro de Sin Poli, escoitaremos as súas vivencias e reflexións tras a detención de Serigne e doutras seis persoas diante da súa casa o p...

6×4 #RadioManoplas: Anna Gabriel i Sabaté 22.03.2026

A cuarta entrevistada da sexta tempada é Anna Gabriel i Sabaté. Gústalle falar de Sallent, un pobo do interior de Catalunya cunha forte tradición de loitas obreiras, onde Anna medrou. Lembra a súa infancia e a súa formación na escola pública, marcadas polos valores de solidariedade e compromiso político que mamou na casa. Aos dezaseis anos, influída polas tensións entre as distintas tribos urbanas...

6×3 #RadioManoplas: Alejandra Morán Tenreiro 10.02.2026

A terceira entrevistada da sexta tempada é Alejandra Morán Tenreiro. Naceu e medrou en Fene, concretamente no barrio de San Valentín. Estudou Terapia Ocupacional e, desde hai dez anos, traballa no CAI (Centro de Atención Infantil e Xuvenil) de APAMP en Vigo, onde atenden crianzas con parálise cerebral e outras discapacidades, así como nenas e nenos en situación de vulnerabilidade. Alejandra suliña...

6×2 #RadioManoplas: “Sancionar o coidado, o caso de Eva” 03.02.2026

Segundo episodio da sexta tempada titulado: “Sancionar o coidado, o caso de Eva”. Na primeira tempada entrevistamos a Eva Pallás Figueira , e tras máis de cinco anos, volve pasar polos micros deste falangullo. Xunto con Lorena García Nantes, avogada do sindicato CUT, debullan a sanción imposta pola Xunta a esta cociñeira da escola infantil Rosalía de Castro . Eva foi sancionada por avisar a unha n...

6×1 #RadioManoplas: Leticia Castro Torres 26.01.2026

Iniciamos a sexta tempada coa entrevista a Leticia Castro Torres. Medra en Boqueixón, entre as mesas do bar Casa Castro , unha iniciativa familiar que resiste no rural e evoluciona da man de tres xeracións . Leti traballou dous anos e medio na súa cociña, tarefa que compaxinou co seu emprego como educadora social no Plan Galego de Inclusión. Malia as limitacións e condicionantes do sector, pula po...

5×13 #RadioManoplas: “Construírmos un mundo sen prisións” 19.01.2026

Pechamos a quinta tempada cun faladoiro titulado: “Construírmos un mundo sen prisións”. O episodio foi gravado no Centro Social A Nubeira, no marco das xornadas anticarcerarias. Nesta conversa contamos coas voces de Xandra Táboas (Coordinadora Anticarceraria da Galiza), Alicia Alonso Merino (Baladre) e Raquel Crespo (Esculca). Comezamos a conversa con Alicia, que nos presenta tres publicacións de...

5×12 #RadioManoplas: “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?” 13.01.2026

O duodécimo programa da quinta tempada é un especial titulado “Pensarmos os coidados: que vellez desexamos?” Con este episodio ampliamos o equipo deste falangullo coa incorporación de Martín. Xunto a el, iniciamos Radio Manoplas Accións Comunitarias, da que podedes saber máis na nosa web. Ambos compartimos reflexións e dúbidas sobre o tipo de respostas que as nosas sociedades ofrecen no coidado da...

5×11 #RadioManoplas: Manolo S. Bayona 09.12.2025

A undécima entrevistada da quinta tempada é Manolo S. Bayona. Nace e medra no barrio da Sagrada Familia, na cidade da Coruña, mais a súa vida moveuse —e móvese— por diversos territorios acompañando a súa tarefa en Baladre , coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Este pódcast non se entende sen Nosotras las Personas , o programa que Baladre realiza en Radio Pim...

5×10 #RadioManoplas: Elisabeth Matute 30.09.2025

A décima entrevistada da quinta tempada é Elisabeth Matute. Naceu en Honduras e leva xa máis de catro décadas vivindo na Galiza. Daquela, cando chegou, non existía a lei de estranxeiría e nestes lares a súa presenza causaba estrañeza. Elisabeth participa en SINTRAHOCU, sindicato de traballadoras do fogar e os coidados, que naceu hai catro anos en momentos de pandemia. Xurdiu para artellar resposta...

5×9 #RadioManoplas: Zaida Jiménez Jiménez 23.09.2025

A novena entrevistada da quinta tempada é Zaida Jiménez Jiménez. Filla de "Mili", referente para Zaida de muller xitana. Lembra unha infancia moi feliz, nunha casa co tendeiro máis limpo de Castrelos. O dobre apelido Jiménez xa daba pistas da súa orixe dentro do sistema educativo, do mesmo xeito que o oficio dos seus pais no "mercadillo". Na casa apostaron, malia as dificultade...

5×8 #RadioManoplas: Mar Cendón 30.07.2025

A oitava entrevistada da quinta tempada é Mar Cendón. Mar viviu en Candeán, pero fixo a maior parte da súa infancia en Covelo. Durante anos tivo claro o seu interese polo Dereito, mais finalmente estudou Ciencias Políticas en Compostela, formación regrada que logo completou cun mestrado en Estudos de Xénero. O seu interese polo feminismo levouna a implicarse nos feminismos autónomos alí adquiriu m...

5x7 #RadioManoplas: "Sabemos morrer?" 15.06.2025

O sétimo programa da quinta tempada é un faladoiro gravado con público no salón de actos da comunidade do "Cristo da Vitoria", titulado "Sabemos morrer?". Para tal reto, falar da morte, contamos con: Marta, Irene e Mari Mar. Un auditorio ateigado de xente con idades e vivencias diversas acolleu a conversa con gratitude, malia a fondura do asunto. Comezamos con Mari Mar, que com...

5x6 #RadioManoplas: Pura González Carnero 08.06.2025

A sexta entrevistada da quinta tempada é Pura González Carnero. Naceu nunha parroquia de Sober hai 100 anos, mais cedo mudouse a Coia coa súa familia. No Turreiro de Coia despachou na tenda familiar até que casou. Recorda Pura que no turreiro facíanse "as mellores festas de todo Vigo". Foi testemuña da transformación de Coia. Habitantes coma ela, da Coia tradicional, viviron como a const...

5x5 #RadioManoplas: Alberte Cea Rodríguez 20.05.2025

O quinto entrevistado da quinta tempada é Alberte Cea Rodríguez. Naceu no seo dun fogar da Coia tradicional. Medrou nunha familia de "clase obreira con conciencia de clase" nos anos de expansión do polígono. Na súa casa lembran como superaron o intento de expulsión do territorio: a súa nai e outras veciñas mobilizáronse diante da Falanxe para defender o dereito a permanecer no barrio, lo...

5x4 #RadioManoplas: Irene Esperón Rodríguez 14.05.2025

A cuarta entrevista da quinta tempada é Irene Esperón Rodríguez. Irene naceu e medrou en Marín, pero aos trece anos chegou a Vigo, onde reside. Chega recomendada pola anterior entrevistada, Conchi, coa que comparte tarefa no seminario de comunicación en situacións difíciles que realizan co alumnado de Enfermaría. Desde cativa lembra ter sempre facilidade para escoitar, e fixo deste don a súa profe...

4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo 22.04.2025

A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo. Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear un fogar protector, onde o sentido da xustiza estaba sempre presente. Familia na que a creatividade e a...

5x3 #RadioManoplas: Conchi Estévez Villar 22.04.2025

A terceira entrevista da quinta tempada é Conchi Estévez Villar. Conchi estudou Enfermaría en Compostela. En Portugal atopou emprego ao rematar a carreira, como tantas da súa xeración. Daqueles anos lembra ter adquirido a necesidade de formarse para ser unha profesional máis competente. Lembra tamén a importancia do grupo, da comunidade como sostén fronte á dureza da tarefa. Especializada en saúde...

2x12 #RadioManoplas: Estefanía Rodrigues Araujo 22.04.2025

A entrevistada no falangullo número doce da segunda tempada é Estefanía Rodrigues Araujo, máis coñecida por Fani. Abrimos  a entrevista falando sobre Educación Social, estudos universitarios que  esta moza cursou no campus de Ourense. Grazas a este grao exerce de  educadora na mini residencia de protección “O Seixo”, en Vigo. Debullamos  con ela o funcionamento do sistema de protección infantil, o...

3x5 #RadioManoplas: Avelino Da Rocha Pérez 22.04.2025

Avelino Da Rocha Pérez pasa polos micros de Radio Manoplas nun reencontro entre entre alumno e profesor da escola infantil. O entrevistado medrou en Tui, nun internado onde máis tarde comezou a  súa andaina laboral como educador en anos nos que Educación Social non  existía como título universitario. En 1984 abre en Coia a escola infantil “Rosalía de Castro”-daquela  nomeada como gardería- e Aveli...

1x3 #RadioManoplas: Eva Gil Rodríguez 22.04.2025

Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, mais segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich . Xente que viña participando nese espazo creou ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) , organización na q...

1x7 #RadioManoplas: Ana Pardo Fernández 22.04.2025

No séptimo falangullo de Radio Manoplas a entrevistada é Ana Pardo  Fernández. Veciña de Vigo mais dise de Pesqueiras, municipio lugués de o  Saviñao. Logo de rematar os estudos de Traballo Social na Uvigo leva  anos exercendo a profesión en diferentes entidades. Na actualidade o fai  en Provivienda, asociación onde leva a coordinación. Conversamos  con Ana sobre traballo social, sobre a súa taref...

Listen to the Radio Manoplas podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.