Radio Manoplas

Radio Manoplas

Society GL ↓ 73 episodes

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.

Author

Radio Manoplas

Category

Society

Podcast website

alicerces.arkipelagos.net

Latest episode

Jun 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

2x9 #RadioManoplas: Sandra Senra Gómez 22.04.2025

A entrevistada no noveno falangullo desta tempada é Sandra Senra Gómez. Nada en Sanxenxo onde pasou a súa infancia. Viviu en varias cidades  galegas e tras estudar Psicoloxía chega a Vigo, onde desde hai 19 anos  traballa na libraría "Libros para soñar". Gravamos a entrevista na  libraría onde a literatura -sobre todo aquela dirixida ás cativas- é o  eixo central desta conversa. A editorial galega...

5x2 #RadioManoplas: Mari Mar Revuelta Álvarez 18.03.2025

A segunda entrevistada da quinta tempada é Mari Mar Revuelta Álvarez. Mari Mar naceu en Turón, na cunca mineira de Asturias, en 1944. Con 18 anos ingresou na congregación das ⁠Dominicas da Anunciata⁠. Eran tempos de transformación na Igrexa: Concilio Vaticano II, Teoloxía da Liberación... e foi nas Dominicas onde Mar construíu unha vida para e coas xentes de abaixo. A súa vida relixiosa levouna po...

EXTRA #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico" 28.01.2025

Compartimos contido adicional do faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Tras pechar a parte "formal" da sesión, continuamos unha conversa aberta co público. Esta segunda parte non foi gravada cos micros, senón cun dispositivo TASCAM. Durante estes 30 minutos extra, escoitamos a Ian, Marta, Inma e Ramiro reflexionar sobre temas como a familia, o...

5x1 #RadioManoplas: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico" 26.01.2025

Iniciamos a quinta tempada de Radio Manoplas co faladoiro: "Alternativas comunitarias ao malestar emocional e psíquico". Inma, Ramiro, Ian e Marta compartiron con xenerosidade as súas reflexións e experiencias diante dunha sala da “parro” ateigada de xente. O encontro xirou arredor do malestar emocional e do papel que as comunidades desempeñan na súa xestión. Nunha hora de conversa, as c...

4x13 #RadioManoplas: Dixtinta, Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas 14.01.2025

Pechamos a cuarta tempada conversando con Itziar San Martín Landesa e María Fernández Costas, socias de Dixtinta. María e Itziar abríronnos as portas de Dixtinta, a imprenta dixital que rexentan desde o verán de 2022. A María o negocio vénlle de familia xa que medrou na imprenta familiar. Itziar pouco coñecía deste sector, mais a precariedade laboral e a procura de novos camiños xuntárona con Marí...

4x12 #RadioManoplas: "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas" 24.11.2024

O duodécimo programa da cuarta tempada é un faladoiro gravado con público en A Morada, titulado "Unha tribo para coidar ás infancias e adolescencias tuteladas". Compartimos o audio da conversa que tiveron Sergio, Eva e André o pasado xoves 21 de novembro en A Morada. Tres persoas cunha conexión profunda co sistema de protección: André foi tutelado desde os 5 anos, pasando por distintos centros de...

4x11 #RadioManoplas: "A bandeira vermella" 31.10.2024

O undécimo programa da cuarta tempada é un especial titulado "A bandeira vermella". Recuncamos cunha nova historia sobre Coia. Guiadas pola voz de Noa Covelo Lores , achegámonos a comprender como unha das tantas parroquias rurais da cidade transformouse -en moi pouco tempo- nun barrio ateigado de cemento e torres de edificios. En pouco máis de oito minutos percorremos as loitas e resistencias dunh...

3x13 #RadioManoplas: Especial "A Casa da Quintán" 13.10.2024

Especial fin da 3ª tempada "A Casa da Quintán". Levamos os trebellos até Pontecaldelas para gravar un programa moi especial en “A casa da Quintán”. Entramos neste centro de menores no que viven sete adolescentes de entre 12 e 17 anos. Rapazas tuteladas pola Xunta que residen nun centro especializado en saúde mental, polo momento o único na Galiza. Luna, Hayley, Luca, Valeria, Valentina e Dantina f...

4x9 #RadioManoplas: "O híper de Coia" 06.10.2024

O noveno programa da cuarta tempada é un especial titulado "O híper de Coia". Neste episodio, mudamos o formato habitual de entrevistas para contar unha pequena historia. A través da voz de Noa Covelo Lores, adentrámonos no relato sobre o "híper" de Coia. En pouco máis de catro minutos, non só repasamos a historia da súa instalación no barrio, senón que tamén exploramos a conexión do Alcampo co pa...

4x8 #RadioManoplas: Esther Lora Rodríguez 11.09.2024

A octava entrevistada da tempada é Esther Lora Rodríguez. A nosa avogada favorita pasa polos micros de Radio Manoplas. Filla de Antonia (Cádiz) e José (Bouzas). O traballo no mar do seu pai condicionou a vida familiar, José pasaba a maior parte do ano embarcado. Esther lembra a Antonia "facendo todo", tamén recorda gozar do seu pai o pouco tempo que estaba en terra. Desde pequena facían...

4x7 #RadioManoplas: Noa Covelo Lores 05.08.2024

A sétima entrevistada da tempada é Noa Covelo Lores. Infancia e adolescencia feita a medio camiño entre Ponteareas e Vigo, en concreto en Coia. Familia primeiro e logo amizades vinculan a Noa a un barrio onde pasou pola escola infantil “Rosalía de Castro” e polo instituto. En Ponteareas, vila onde moitas familias coma a dela marcharon na procura de vivenda accesible, entrou en contacto co teatro n...

4x6 #RadioManoplas: Marisa Andrade Pérez 21.06.2024

A sexta entrevistada da tempada é Marisa Andrade Pérez. Veciña da Coia, foi testemuña da transformación da vella parroquia no polígono de vivendas. A construción do novo barrio levou por diante as formas de vida dos seus habitantes. As leiras convertéronse en lameiras durante un tempo, a moitas familias expropióuselle a vivenda, mentres o espazo enchíase de edificios e de novos poboadores. Un trau...

#RadioManoplas: Especial "Nuno entrevista a Diego" 09.05.2024

Programa especial gravado en directo nunha escola do barrio. Nesta ocasión o entrevistador fai de entrevistado, Diego responde ás preguntas de Nuno. O luns 6 de maio cargamos coa mochila de Radio Manoplas para montar o equipo na clase de 4º de primaria do CEIP Escultor Acuña. Alí gravamos este especial en directo e con público. Nuno (9 anos) fixo de entrevistador e Diego mudou de lugar, nesta ocas...

4x5 #RadioManoplas: Lara Boubeta Bamio 03.04.2024

A quinta entrevistada da tempada é Lara Boubeta Bamio. Esta canguesa comezou a xogar ao fútbol cos veciños nas rúas da vila, alí foi onde coñeceu a Maruchi. Unha "muller marabillosa" que lle amosou que o fútbol era tamén das mulleres. Lara inicia en fútbol sala, pero pronto fáiselle pequeno e pasa a xogar fútbol once. O Mundial gañado pola selección española feminina trouxo cambios, mais...

4x4 #RadioManoplas: Andrea Nunes Brións 27.03.2024

De Coia a Compostela para conversar con Andrea Nunes Brións. Nada en Marín, nunha familia chea de cultura onde literatura e música tiñan moita presenza. Andrea lembra o impacto -sendo unha rapaza- que lle provocou escoitar “Corazón Coraza” de Benedetti, versos que están nos inicios da súa querenza pola poesía. Andrea practicou baloncesto de xeito destacado. Iniciou de cativa nun equipo de Marín pa...

4x3 #RadioManoplas: Silvia Penas Estévez 22.03.2024

A persoa que estrea o rocho de Eduardo como estudo é Silvia Penas Estévez. Veciña de Balaídos, moi preto de Citroën onde traballaba o seu pai. Logo do primaria estudou no "Coia 2" e máis tarde -tras moitas dúbidas- fixo Filoloxía Galega. Título que posibilitou anos de traballo como docente en diferentes ámbitos, mais a súa vida tiraba máis polo arte. Na súa web atopamos como presenta o s...

4x2 #RadioManoplas: Especial "Falan as presas" 18.03.2024

O segundo programa da cuarta tempada é un especial que leva por título "Falan as presas". Nos meses de febreiro e marzo de 2024 fixemos entrevistas a catro persoas que viven ou viviron privadas de liberdade en prisións galegas. Tres homes e unha muller que falaron sobre a vida na cadea e sobre as consecuencias dese paso. A muller está xa en liberdade, un deles está en terceiro grao no CI...

4x1 #RadioManoplas: María Reimóndez Meilán 17.02.2024

A entrevistada coa que iniciamos a cuarta tempada é María Reimóndez Meilán. Nada en Lugo, mais os estudos de Tradución e Interpretación a trouxeron a Vigo onde reside desde hai anos e na que di encaixar moi ben. Dende cativa comezou a escribir alentada pola súa nai. A escrita é fundamental na súa vida, lembra que nos seus inicios xa estaba a pulsión por contar historias de vidas pouco representada...

3x12 #RadioManoplas: Gabriela Legaspi Fernández 21.10.2023

Gabriela Legaspi Fernández pasa polo micro de Radio Manoplas no duodécimo falangullo da terceira tempada. Naceu no Perú e aos dous anos e medio chegou a Galiza en adopción. Na actualidade dinamiza Manaia Moza, sección xuvenil da asociación Manaia "formada por mozos e mozas adoptadas e/ou acollidas entre 14 e 30 anos. O seu obxectivo é crear un punto de encontro sen participación das súas fami...

3x10 #RadioManoplas: Haydée Agras Moral 20.06.2023

Haydée Agras Moral pasa polos micros de Radio Manoplas no décimo falangullo da terceira tempada. Veciña de Coia en concreto do barrio do Rocío, moi preto da súa casa, no “campo rojo”, pasou horas xogando ao fútbol. Nos 90 as nenas non eran benvidas neste deporte, mais como Haydée dicía vivía nun “capítulo de Oliver e Benji constante” e de tanto teimar rematou como xogadora profesional onde gañou v...

3x9 #RadioManoplas: Raquel Doval Carregal 13.06.2023

Raquel Doval Carregal pasa polos micros de Radio Manoplas na novena entrevista da terceira tempada. Medrou no centro de Vigo, mais desde hai dez anos residen no barrio de Teis. Estudou Traballo Social e xa desde os inicios apostou por facer desta profesión unha ferramenta de transformación social mobilizando recursos para mellorar a vida das vulneradas. Raquel alerta sobre a situación laboral do t...

3x8 #RadioManoplas: Iria Vázquez Silva 07.06.2023

Iria Vázquez Silva achégase aos micros de Radio Manoplas na oitava entrevista da terceira tempada. Veciña da Travesía de Vigo onde medrou xogando nos descampados no seo dunha familia numerosa. Logo de repasar a súa infancia que Iria lembra con agarimo entramos na etapa universitaria marcada polos estudos de Socioloxía. Estuda en A Coruña motivada polo seu interese no social que logo collería xeito...

3x6 #RadioManoplas: Cintia Micaela Fresenga Araújo 16.04.2023

Cintia Micaela Fresenga Araújo pasa polos micros de Radio Manoplas na sexta entrevista da terceira tempada. Chegou a Vigo con 14 anos desde Uruguai. Primeiro pai, logo ela xunto a nai e irmáns, deixaron o chiquito país latinoamericano na procura dun futuro mellor. Na Galiza padeceron a violencia das políticas migratorias e tamén condutas racistas no ámbito educativo. Logo de rematar o instituto fi...

3x4 #RadioManoplas: Mariló Fernández Besada 14.02.2023

Mariló Fernández Besada abriunos as portas da súa casa para gravar unha nova entrevista. Medrou en Coia até os seis anos para logo xogar en Alcabre. Tiña vontade estudar Medicina mais a vida a levou a ser enfermeira. En 1984, anos nos que a heroína facía unha desfeita entre a mocidade,  Mariló xunto a outros compañeiros inician o traballo no centro  preventivo e asistencial de drogodepen...

3x2 #RadioManoplas: Sara Faro Lubiáns 29.12.2022

A segunda entrevistada da terceira tempada é Sara Faro Lubiáns. Sara  é unha moza de Coia, barrio ao que chegaron os seus avós desde Arbo.  Estudou no Coia 2 onde participou activamente no "Comando Igualdade",  grupo humano no que alén de formarse teceu relacións ao redor dos  feminismos que transformaron a súa vida e con ela a da súa contorna máis  próxima. Na actualidade...

Listen to the Radio Manoplas podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.