Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Do 7 ao 11 setembro 11.09.2020 54:53
Quen non foi á Franqueira, á San Benito... ofrecido? Dos exvotos e outras tradicións populares conversamos co historiador Anxo Lemos. De cháchara un bo anaquiño tamén con Xoán Curiel. Poliédrico na súa música e na súa formación artística, vai polo seu 6 disco. 3 de nenos e 3 de adultos. Neste último colle cantigas medievais e dalles o "seu xeito".
Do 31 agosto ao 4 setembro 04.09.2020 58:02
Sobre as franxas de seguridade nos montes conversamos co presidente de Montes Valladares, Gregorio Álvarez, a única empresa madeireira en Vigo e a técnica do centro veciñal de Valladares, que axuda a orientarse no catastro. Sobre as necesidades das parroquias do rural vigués que quedan desatendidas, a pesar de pagar "os impuestos", escoitamos ós veciños e tamén a presidenta da Asociación de veciño...
Do 24 ao 28 agosto 28.08.2020 58:55
No resumo: -contos e outras historias locais con Avelino González -cultura nos tempos do covid co alcalde de Nigrán
Do 17 ao 21 de agosto 21.08.2020 58:00
Algunhas novidades na Mancomunidade de Montes de Valladares: o megaparque de xogos, os cabalos que comen as plantacións de árbores novas, a idea dun I+D no monte da Sobreira por parte do Concello... Conversamos co seu presidente, Gregorio.
Do 10 ao 14 de agosto 11.08.2020 54:37
Que traemos? O mais divertido do Esperta esta semana. E había moito onde escoller! Lánsbrica, chapas de cervezas e "los rokeros de la muerte" coas súas guitarras de paus... e a banda de Valladares tocando no Nova Olimpia. En que ano? Ahhh. Dádelle o play!
Do 3 ao 7 de agosto 07.08.2020 59:29
No resumo, unha volta: -polo Vigo romano con Anta da Moura e pola prehistoria con Marcos Escudero, da festa da prehistoria en Mos. -pola imaxinación. Que facer cun pau? Para un neno atalo a unha corda, pode ser un canciño. -polo campo de fútbol da Gándara (Valladares) con Juanote.
Do 27 ao 31 de xullo 31.07.2020 52:52
- José, xubilouse como director da Banda de Valladares. -Furancho da Balsa -A pandemia na medicina gráfica
Do 20 ao 24 xullo 23.07.2020 52:30
Desta semana destacamos: -a volta o rural. Osmo, a aldea modelo. -SinSal, festival con encanto. Foco na economía circular.
Do Esperta 15 ao 17 xullo 17.07.2020 51:04
Resumo co mais destacado do Esperta Valladares: -Coro Gaos da Coruña, co seu directo Fernando Briones sobre os ensaios online. -Forno Mosende, co panadeiro Jose Manuel, sobre o selo "pan do Porriño". -Rutas en bici polo Galiñeiro e o patrimonio que atopamos polo camiño.
Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? 03.01.2020 40:05
Dos xogos como elemento para relacionarnos cos demais e de como utilizamos o espacio dos patios nos coles para xogar vai a tertulia.
Contos polo correo do vento & A boa morte 27.12.2019 57:00
-Unha peziña radiofónica cos rapaces de "O correo polo vento" e os seus contos dramatizados e ilustrados para cativos. -Acompañar no proceso de nacer e no de morrer é o que fai Luzia Titán, dende a Fundación Eomaia.
Rondalla 20.12.2019 41:40
Esta cousa tradicional daquí, da parte mais baixa das Rías Baixas… ten representación doble en Valladares. Hoxe a do Centro Cultural de Valladares.
Conversas moi daquí e soños que se poden cumplir 13.12.2019 53:12
Así de vago e o título para este podcast. Non di nada e pode dicir moito. -"Somos tu deseo", a ambulancia que cumple os desexos das persoas en fase terminal ou que teñen limitacións de movemento por calquer circunstancia. -Freixo, xermolo de "proxectos piloto". Os incendios do 2017 teñen consecuencias agora xa... caída de árbores secas nos camiños. "Freixo seguro" pensa mais alá, no futuro. -O fut...
Sálvora, illa enigmática 05.12.2019 40:43
Percorremos a illa de Sálvora e coñecemos o oficio de farero con Julio Vilches. Pícavos a curiosidade de saber quen é? Procurade "Sálvora, diario de un farero" da editorial Hoja de Lata. Aí descubrimos autores moi implicados co entorno onde viven. Galegos, asturianos e do planeta, en xeral.
Música na Galicia 29.11.2019 53:41
-"Turoqua", o novo disco do creador de música tradicional Marcelo Dobode. - "Músicas galegas ilustradas", proxecto de Laura Romero co obxetivo, dar visibilidade ás mulleres nas bandas de música galegas actuales.
Bernés, 50 anos na Banda de Valladares 22.11.2019 58:02
Home cariñoso e divertido a partes iguales. "Bernés, con gorra ou sen gorra?" Esa é a cuestión principal para saber como toca mellor a percusión. Ten mil anécdotas destes 50 anos na banda. Aprendeu o "oficio" do seu pai para axudar na casa e acabou por comprometerse plenamente coa banda. Chegou a pagarlle a outro para que fora ó choio no reparto de fotos no lugar del e así poder ir tocar a un cert...
Situación laboral en PSA-Citroën Vigo 15.11.2019 49:06
Dende hai 10 anos aparecen baixas por ansiedade e estrés entre os traballadores. Cada vez as condicións laborais son mais precarias. Conversamos con Vitor Mariño da CUT e con Carlos, empregado da empresa multiservicios Clece.
O sistema público de pensións 31.10.2019 59:12
O Movemento galego pola defensa das pensións públicas ven de concentrarse en Madrid diante do Congreso dos Deputados hai 2 semanas. Conversamos sobre o sistema público de pensións e o sistema público de benestar coa plataforma de Vigo.
Pola ría de Vigo: caminatas e mais queixos 25.10.2019 52:51
Ata a Fraga de Moaña imos coñecer os queixos de A MeixoEira. Coa Senda do Moucho camiñamos polos montes que bordean a ría de Vigo. E surfeamos na historia do emigrante galego que fundou o Teatro Fraga.
Tertulia cos vellos "Retrincos" 18.10.2019 49:59
Retrincos, grupo folk de Valladares que hai 25 anos pasou polo Luar. Con Manolo e mais Cholo conversamos sobre o divino e o humano desta experiencia tan galega.
Os mestres e o sistema educativo 11.10.2019 58:09
Tertulia sobre o sistema educativo cun alumno de secundaria, unha mestra de primaria e mais un pedagogo.
Conto sobre a natureza e a sociedade do coidado 04.10.2019 42:38
"Indómita e a semente da inmortalidade" de Álex Mene. Tertulia co autor a modo de clube de lectura.
Teatro Escoitade 27.09.2019 47:18
Tertulia sobre os primeiros papeis, as persoaxes mais difíciles e as mais agradecidas no Teatro Escoitade con Raúl e mais Manolo. A escola de teatro e as compañías que veñen este outono a Valladares no ciclo de Teatro Amador, tamén tiveron o seu oco na cháchara.
Mundial Baloncesto. España, ouro! 20.09.2019 48:19
España, campeona do mundo baloncesto. Con Dani repasamos o famoso método que posibilitou esta fazaña de España. Lemos un anaco da sentida carta que lle escribiu Pau Gasol ó equipo. E con Juan Manuel Mejuto, un profesional do baloncesto en Pontevedra, comentamos esta épica victoria.
Tertulias after Revoltallo. Feedback & music 13.09.2019 1:04:17
-Con xente da orghanisaçao e mais da barra do bar. Repaso ós concertos, á rave, á sesión dj con xente no escenario... -Con dous músicos pegados ás cordas da guitarra e mais do baixo: Jairo Daponte e Rubén Palomo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.