Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Society GL ↓ 307 episodes

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 3, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Grupo Humanización Hospital Álvaro Cunqueiro 05.09.2019

Traballar en urxencias supón traballar cunha elevada carga: de estrés, física, emocional… Quen entra como paciente, ás veces, ten a impresión de que ten que esperar horas de mais, de que é un número agardando que saia na pantalla onde dirixirse… Ana Braña Rey vainos guiando para comprender como é o traballo da xente que nos recibe no Cunqueiro e das necesidades que eles teñen: como equipo, como pr...

Baloncesto. Mundial da China 30.08.2019

Comeza o Mundial de baloncesto en China. Repasamos os grupos, os favoritos, o team que leva España e o novo sistema de clasificación. Viaxamos polos últimos 40 anos do baloncesto en Galicia cun histórico do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto Pérez. Xogador, árbito e adestrador, que creou un clube feminino no ámbito pontevedrés.

Árbitraxe 23.08.2019

A arbitraxe como xeito de vida, como un deporte, como un elemento de transmisión de valores positivos. Conversamos con 3 árbitros de fútbol veciños de Valladares. Milucho, árbitro de veteranos. Maceira, árbitro vocacional por mais de 25 anos. Pérez Pallas, árbitro profesional en 2ª e agora no VAR.

Rock alternativo: Agoraphobia & Deportes de mar e montaña 14.08.2019

- Rock alternativo con Agoraphobia. Made in Boiro. -Traíñas, mountainbike e ciclocross. Conversamos con María Rodríguez, unha rapaza de 19 anos veciña de Valladares que practica este dous deportes.

Costa dos Castros & Morcegos de Galicia 09.08.2019

Costa dos Castros na zona de Oia. 12 castros en 7km e centos de petroglifos metidos polos montes, algún deles único en Europa. O mais importante non é isto, senón a creación dunha comunidade de veciños entorno ó patrimonio na zona de Oia. Morcegos de Galicia Tráennos múltiples beneficios. Son grandes consumidores de insectos e regulan as pestes agrícolas. Os galegos comen grandes cantidades de ave...

Petroglifos & Patinaxe 02.08.2019

O mundo dos petroglifos con Juan, o responsable de comunicación de Campo Lameiro. 22 campos de fútbol é o tamaño desta catedral do arte rupestre hai 4 mil anos. Queredes saber mais? Seica se descubriron recentemente petroglifos en covas, nas montañas de Ourense. Escoitade o podcast ou lede o clásico das guías de petroglifos por Galicia de Antonio Peña Santos ou calquera dos de Manuel Santos Estéve...

Sons da guitarra & sons do baixo 24.07.2019

Con Germán Son e mais a súa "Federica". Imos descubrindo os sons tímbricos da súa Stratocaster. Miguel, ó baixista do grupo vigués You Dog!!, da man do seu sobriño Dani.

Vigosaxforum & Clarinet Fest & Mostra Teatro Ribadavia 19.07.2019

CLARINTES. Gústavos o son? Conversamos con algúns dos profes do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares: Robert Spring, Massimo Mazzone e Andrés Valero. Tamén co pianista Pablo Rodríguez, cos directores artísticos e académicos e con algún dos alumnos. Unha xoia escoitar como viven a música. -SAXOS. Gústavos o son? VigoSaxForum: concer...

Fotografías e libros sobre a diversidade sexual 28.06.2019

Contos que axudan a comprender: “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, "Piratas no recreo", "22 segundos"... Conversamos coa escritora Iria Misa, a ilustradora Luz Beloso e con Cristina Palacios que as asesorou dende Arelas, asociación de familias de menores trans. "Amores entre iguais. Fotografía atopada 1880 -1947" 60 retratos de parellas de homes, mulleres ou persoas travestidas que Xosé Manuel Buxá...

Os colexios hai 50 anos. Reflexións sobre a arquitectura. 21.06.2019

Hai 50 anos os colexios solían estar nos baixos das casas. Os nenos iban a unha escuela e as rapazas a outra. Había un profe para todos os alumnnos, que estaban todos mesturados (grandes e cativos). O mesmo que os as materias, que as explicaba todas o mesmo mestre ou mestra. Imos coñecer eses inicios e as transformacións dende o ano 63… descubrir cantas escolas unitarias había por Valladares, as d...

Presos políticos 13.06.2019

A historia que contamos é a dos presos políticos do PCE(r). Partido Comunista de España (reconstituido). -A de Manuel Pérez Martínez, coñecido como Camarada Arenas, que estando dentro do cárcere pinta retratos. Algúns podemos miralos estos días no Café de Catro a Catro. -E a de Paco e Fernando, dúas persoas que, polas súas ideas, inda pasaron uns anos no caldeiro. As ideas son un arma moito mais f...

Montes de Beade & Unión Musical de Valladares 07.06.2019

A da banda de Valladares, que comeza o tour de concertos veraniegos e mais abre a inscripción para os cursos de clarinetes e saxos con moitos profes do Conservatorio de Mallorca. Imos coñecer os montes de Beade. Que árbores hai plantadas, que partes hai destinadas a uso social (pgrs, merendero, campo de fútbol... ). Falamos da xestión e dun cambio de antena de telefonía da parroquia cara o monte.

Conversa con Malores Villanueva sobre Antonio Fraguas e a cultura galega 31.05.2019

Conversamos con Malores Villanueva sobre a nosa cultura galega, o legado de Antonio Fraguas, a lingua, a relación cos políticos... Tremendamente interesante!

Venezuela. Exilio político 24.05.2019

20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Hoxe parte I: escoitamos o punto de vista de exiliadas políticas

Santuario de animais Vacaloura & Rock vigués D'Esmorga & The Turre's Band 16.05.2019

Musical e animal este Esperta: -Vacaloura Santuario Animal. Moito cariño e amor polos animais neste lugar tan especial en Compostela. -D'Esmorga. Vigueses, moito rock e moi bo rollo. Presentan "Entre Whisky e Cervexas" -E ben festeiros son The Turre's Band. Dende Torroso, Mos, a banda dos torreiros!

En defensa do sistema público de pensións 10.05.2019

"Goberne quen goberne, as pensións deféndense!" Este é o lema da concentración que ten lugar os primeiros luns de mes diante do MARCO, en Vigo, ás 20h. Conversamos co Movemento galego pola defensa das pensións públicas.

Sementeira & CD Valladares & 25 aniversario Cementerio Valladares & Xurxo Souto roteiro en Vigo & San Isidro labrador 03.05.2019

- A historia dun cementerio contada por dous veciños de Valladares, Julio e Abel. O particular de Valladares, 25 anos xa. -Festa da Sementeira en Matamá. Labrar, sementar millo, moer, cocer o pan… e celebralo cun concerto, o das Tanxugueiras. -San Isidro, patrón dos labradores, está a ser preparado para o traslado de Saians ata Freixo. -Do Berbés ata o Calvario Xurxo Souto vai guiar o roteiro lite...

Primavera do Cine & Orquesta Mondragón & Os medos no franquismo 26.04.2019

Agora que anda a sombra do aguilucho revoloteando, falamos dos medos profundos cos que se vivía durante o franquismo con Isidro Caseiro, veciño de Valladares. As lecturas de "Madame Bovary", "El gran dictador" e "Noticia Bomba!" acompáñannos nesta viaxe con Javier Gurruchaga, ademáis da súa música, of course. Ladies and gentlemen! a Orquesta Mondragón, este domingo nas festas de San Telmo en Tui....

Para que serve a política? & "Os Concellos e os alcaldes de Vigo" do Instituto de Estudios Vigueses 17.04.2019

Con dúas eleccións á vista… queremos saber que importancia ten no día a día da xente? Conversamos con Rubén Ramos, xornalista e profesor na Universidade de Castilla La Mancha, ademáis de adicarse á política nun concello de Zaragoza. Un conglomerado de Concellos formaban o Val do Fragoso no século XVI... e foron uníndose ata conformar o actual Concello de Vigo. Imos coñecer parte da nosa historia c...

No IES. Aprender a aprender 12.04.2019

Na última xornada da semana cultural, antes de marchar de vacacións de Semana santa: -Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "eu protesto". O contan os alumnos. -Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e ma...

Salceda: Break dance & Tui: Play-Doc & VigBay Maratón & Galicia: o liño 05.04.2019

En Salceda vai haber moito break dance “Who Rules Galicia”, eh? XX anos da Vig-Bay... a correr Vigo-Baiona 42km 15 anos do Play Doc. Moito documental, música e ambiente cinematográfico en Tui. En Galicia hai uns séculos o liño cultivábase en infinidade de lugares. En Valladares se lle adican 2 semanas con expo, cantares e proxeccións audiovisuais.

A cornella, o LSD galego & Feira do mel de Porriño 27.03.2019

A cornella, cornezuelo, dentón, caruncho, cornello, cornecho... é un fungo que sae no centeo. Ten efectos alucinóxenos e chegou a provocar unha febre económica no rural galego. Falamos coa productora Illa Bufarda que está a preparar un documental sobre todo isto. Que outras cousas se recollían nos campos ó labrar? Ferros, goma das zapatillas... Diso tamén falamos cun veciño de Valladares. Na Feira...

Conversas co escritor Xabier Paz e o clube de lectura do Centro Veciñal de Valladares 22.03.2019

Conversamos co escritor Xabier Paz sobre a súa escrita, os seus gustos literarios... e co clube de lectura do Centro Cultural de Valladares.

Festival Permacultura no Sahara & Begoña Riobó e Anxo Pintos & Ruth Matilda: fotografías de Galicia anos 20 15.03.2019

Na música, a violinista Begoña Riobó, que vai estar xunto co zanfonista Anxo Pintos no Memorial Moxenas. Nas imaxes: Imos de ruta antropolóxica pola Galicia dos anos 20 coas imaxes de Ruth Matilda Anderson, que fixo un retrato das mulleres galegas do rural. Un deses retratos é o dunha muller con orixes en Camos. E en Nigrán andan á pista. Na ecoloxía: Viaxamos ata as portas do Sahara co BNomad, I...

Malaherba Colectivo & Tanxedoras & Os Terribles de Donas 07.03.2019

Imos ir ata Matamá para falar co Colectivo Malaherba. Este sábado celebran unha xornada conxunta Freixo-Matamá pola recuperación do monte. E na parte musical, o mes de marzo en Valladares ríndeselle homenaxe ó gaiteiro Moxenas. Falamos con: - Tanxedoras, 3 mulleres que veñen presentar o seu último disco, unha homenaxe ó antropólogo Alan Lomax, acompañadas do acordeonista Roberto Comesaña. - Os Ter...

Listen to the ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.