Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Do 7 ao 11 de xuño 11.06.2021 59:46
De reducir e reutilizar como compromiso social falamos con Cáritas para que nos conten como están os comedores sociais e cales son as súas necesidades. Tamén damos unha volta polo mercado de Teis. Lembrades o regateo das peixeiras a ú ltima hora? A versión moderna son packs de 12 euros. Un día van chinchos, outro centolas... Conversamos con La Pescadería de mi Barrio, que entrou nas redes sociais...
Do 31 maio ó 4 xuño 04.06.2021 53:46
Este sábado é o Día do Medioambiente. Na Senda do Moucho, ademáis de programar saídas ben xeitosas, sacaron un libro de sobre a flora que podemos atopar na serra dos Ancares. A que non sabíades que en Vigo, gracias ós peches perimetrais, a natureza recobrou cousiñas como orquídeas na zona da Travesía? Buscádeas, que ainda están en flor. Pauliña presenta este sábado en Valladares o seu novo traball...
Do 24 ao 28 de maio 28.05.2021 56:55
De como escribir con xeito no día a día, falamos con Armando Álvarez, xornalista deportivo no Faro de Vigo. Vinte anos contando os deportes aportan unha visión interesante de como está na cidade. Remata a xira da obra “Camiños!”, de ButacaZero, falamos co seu director, Xabier Castiñeira sobre a cultura tradicional galega. Estanos a protexer ou nos está obrigando a facer repetir sempre o mesmo. Ade...
Do 17 ao 21 de maio 21.05.2021 1:01:03
Hai tesouros que se esconden en caixiñas humildes. Damos voz a Rogelio Santos Queiruga, un pescador de Porto do Son que dende as redes sociais levou os nosos mares e os nosos peixes por todo o mundo. Na parte deportiva, conversamos con Jacobo Ucha, Boko, un dos novos directores deportivos da Federación Galega de Ciclismo.
Do 10 ao 14 de maio 14.05.2021 56:41
Con IXO Ingeniería descubrimos a fibra de carbono e das súas aplicacións tamén no mundo do ocio. Metaleros, xa está a venda Diovo III, o novo EP deste rapaces galegos.
Do 25 ao 29 de xaneiro 26.01.2021 53:06
Unha historia de vida extraordinaria. Juan Dual practica escalada, running e bicicleta. O que fai especial a vida deste deportista e que vive sen colon, sen recto, sen estómago nen vesícula. Fascinante.
Do 18 ao 22 de xaneiro 22.01.2021 57:37
Dende unha prespectiva pausada, reflexiva e teórica conversamos sobre o plan de urbanismo e o movemento okupa. Miguel Martínez, profesor de socioloxía, desenvolveu a súa investigación en moitas universidades. Dende Vigo ata Hong Kong, agora na de Upsala en Suecia. Na súa labor en Vigo estivo moi involucrado na participación cidadá e no desenvolvemento do PXOM de inicios do 2000. Con el falamos do...
Do 11 ao 15 de xaneiro 15.01.2021 59:39
Visitamos sitio con encanto para gozar da neve ó quente: Hotel Piornedo, no corazón dos Ancares. Ata San Simón viaxamos na compaña de Galicia Fiddle para conversar sobre os encontros musicais nos veráns nesta illa. Xacias, mouras e outras persoaxes máxicas habitan a natureza galega. A fada do Aloia guía os mais cativos por este parque natural para descubrir nas pozas curiosidades dos anfibios e re...
Do 4 ao 8 xaneiro 08.01.2021 56:55
Conversa distendida sobre: -xoguetes curiosos no Museo do xoguete galego en Allariz. -concertos e outras historias co saxofonista Glen Gibb. -historia dos nazis en Vigo cos irmáns Trigo.
Resumo do ano 2020 29.12.2020 1:34:44
Unha escolma moi ó chou. -contos e outras historias locais con Avelino González -cultura nos tempos do covid co alcalde de Nigrán -arquitectura Bauhaus en Valladares -Galicia Nomeada. Os nomes de lugares eran o gps nos tempos dos nosos avós.
Do 21 ó 25 decembro 24.12.2020 56:27
Escoitamos unhas coplas con moita retranca sobre a Panificadora. Coñecemos a súa historia e posibilidades de acción en Vigo con Uxío Reinoso de Vigo Industrial. E buscamos insipiración sobre o usos que se lle poidan dar a estas instalacións na cidade con Diego Garulo do proxecto Harinera ZGZ.
Do 14 ao 18 decembro 18.12.2020 1:01:11
Historietas Xacobeas. Na Biblioteca Nacional de España teñen algo moi interesante: “Carteles para un Camino, 100 años de ilustración jacobea”. José Tono, o comisario da expo, contounos unha chea de cousas curiosas e interesantes. Sabíades que Lorca deseñou un? E Castelao, tamén. Coa ollada cara o futuro, ilustráronse estes carteis e historietas. Conversamos con algúns dos ilustradores. https://con...
Do 7 ao 11 decembro 11.12.2020 55:30
Escoitamos a: - Vigo Histórico sobre o túnel da Porta do Sol. -Instituto de Estudos Miñoráns sobre os muíños de vento na Serra da Groba. -o maratoniano galego Gustavo Nieves.
Do 30 novembro ao 4 decembro 04.12.2020 1:05:01
Como foi o Culturgal 2020 co director Xosé Aldea. Como se está a vivir no barrio de Navia novo. Que melloras se precisan?
Do 23 ao 27 novembro 27.11.2020 1:00:29
Historias sobre Domaio e o secadeiro de bacallau, o "Xurelo", a canteira do Cocho... Biografías de lugares na costa do Morrazo coa Illa dos ratos. https://ailladosratos.org/blog/ En Cangas está a sede do MUVI, Museo do videoxogo. Tamén o visitamos.
Do 16 ao 20 novembro 19.11.2020 1:01:48
Apodos. Todos temos un? Un paseo polos de Valladares, Bembrive e Beade. Co historiador Anxo Lemos coñecemos os do Valmiñor. Buscando historias da Guerra civil en Marín, tiveron que tirar de apodos, que acabaron no libro "Quen é quen".
Do 9 ao 13 novembro 13.11.2020 58:14
Tertulia "Vai-darlles". Unha publicación que recollía as inquedanzas artísticas de finais dos 80. Naceu en Valladares, pero coas miras abertas a ser unha canle do movemento que se estaba a producir en Vigo e arredores. Tamén un paneo pola actividade que están tendo as asociacións veciñais neste 2020. Conversamos coa de San Miguel de Oia e coa do Calvario.
Do 3 ao 6 novembro 09.11.2020 54:45
Hortos escolares e hortos urbanos. Como funcionan na cidade? Conversamos cun cole de preescolar de Coia e mais co Monte Alba. E con xente que traballa a horta de Navia. Damos tamén unha volta polo porto de Canido e botamos un palique con dous pescadores.
Do 26 ao 30 outubro 30.10.2020 58:29
Algúns medos foron cambiando (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos.
Do 19 ao 23 outubro 23.10.2020 58:50
Tradición furgoneteira en Galicia. Conversamos co alemán que a trouxo a Vigo nos anos 80.
Do 12 ao 16 outubro 16.10.2020 59:01
En Ciencias do Mar andan probando uns arrecifes artificiais para o xardín acuático do Porto de Vigo. De conversa con músicos que tocan nas rúas galegas: Adrian Timms e Los Coleguitass. E con técnicos de cultura que os regulan ou progaman nas vilas galegas.
Do 5 ao 9 outubro 09.10.2020 56:50
Centolas, nécoras... vida crece no xardín acuático da Laxe. Parolamos co departamento de sostenibilidade da Autoridade Portuaria. Un café? Delikia coida moitisimo o café, os bocadillos, sándwiches nas súas máquinas vending. Impresións coa xente do teatro. Nestes tempos, son quen de romper a cuarta parede? Na tertulia: Gargallada Teatro, Tiruleque, Hipócrita Teatro e mais Lohengrín.
Do 28 setembro ao 2 outubro 02.10.2020 55:04
-Cos kits autocultibables de Resetea, podemos ter na casa setas ostra. Conversamos con Iñaki, promotor das ideas de kits de brotes, bombas de sementes... -Que comían non castro de Santa Tegra? Cóntanolo Brais Currás, arqueólogo e investigador do CSIC. -Que se fai cos descartes? Cremas, productos para os dentes... Contános Ricardo Pérez, xefe do proxecto Descarsel no CSIC- Bouzas
Do 21 ao 25 setembro 25.09.2020 1:00:12
-Acadar un soño. Jair, un mozo da Guinea Bissau, acaba de chegar á UVigo para facer un mestrado en economía. Foi posible gracias á campaña de crowfunding que leva a cabo Brais Álvarez na UVigo. -Os nomes de lugares eran o gps nos tempos dos nosos avós. Nas terras de Galicia está nomeado todo. E para que non se perda esta memoria nace o proxecto Galicia Nomeada. Conversamos con Vicente Feijoo, coor...
Do 14 ó 18 setembro 16.09.2020 1:00:08
Castings, arquitectura La Bauhaus e hits con retranca galega. Personal 7 figuración, "o chalet" de Valladares e De Vacas, respectivamente.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.