Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Society GL ↓ 307 episodes

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 3, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Do 6 ao 10 decembro 10.12.2021

Contos de medo con Paula Carballeira e unha novela de intrigas no medievo ‘O nome da rosa’.

Do 29 novembro ao 3 decembro 03.12.2021

-Ramalladas. Un "hoteliño" para o can. Levan desde o ano 77 educándoos. -Turigrinos. Os peregrinos xa non levan equipaxe. -'A natureza no camiño'. Xogo de mesa para coñecer algúns animais e plantas ó longo da peregrinaxe.

Do 22 ao 26 novembro 25.11.2021

.os eólicos en Galicia con Bruno Centelle de SOS Groba .app “O chou” sobre os xogos tradicionais galegos con Paco Veiga .como se arranxa un órgano, Federico? Organería Acitores

Do 15 ao 19 novembro 19.11.2021

Paseos para a finde: -A Fraga de Moaña -Xardín botánico de Lourizán

Do 8 ao 12 novembro 12.11.2021

Unha deportes peculiares na cidade: hockey herba. Chegou a Vigo coa xente do Cable Inglés nos anos 30. Nos 80 había case unha decena de clubes pola cidade. Atlántico Hockey Club, o único na cidade, volve xerar canteira. Un lugar peculiar: o Monte do Seixo. Estación mitolóxica pola que nos guía Calros Solla, o antropólogo da tropa do Capitán Gosende.

Do 1 ao 5 novembro 05.11.2021

Os da marimba, Abmiram. Un ratiño de charla con eles sobre a música clásica e de como combinada con outros estilos mais actuais serve para achegala á xente.

Do 25 ao 29 outubro 29.10.2021

Proposta de outono. Un paseo polos soutos da Ribeira Sacra. Parar na cooperativa Sofragal en Nogueira de Ramuín e que Moncho vos conte tantas cousas da castaña. Ou quedade por aquí. Ide ata o gran complexo arqueolóxico do Monte Penide / Mirallo en Redondela e perdédevos entre mámoas e petroglifos. Hai 72 xacementos. Ou orintádevos antes botándolle un ollo a este museo virtual. http://montepenidepr...

Do 18 ao 22 outubro 15.10.2021

Falamos das traidas de auga que hai por Valladares para abastecer os veciños.

Do 11 ao 15 outubro 15.10.2021

Seica hai uns milleiros de anos estampouse un meteorito en Galicia. Deu con el o profesor de bioloxía Evaristo Alfaya paseando polos montes da Cañiza. Xeado de pulpo como entrante. Dende hai un cinco anos sírvenno na Pulperia Fuchela do Carballiño. E se logo vos presta un viño, pasamos pola na Adega Corisca, en Baldráns (Tui). O plan do sábado por eses lares: Rock no alboio.

Do 4 ao 8 de outubro 08.10.2021

"As miradas de Isaac" pódese visitar esta exposición sobre a figura de Isaac Díaz Pardo na sede de Afundación. Conversamos con Xosé Díaz, un dos comisarios. https://www.youtube.com/watch?v=v0SEYCLAuSc Conversamos con Ramilo, que leva practicando a marcha atlética dende que o mundo é mundo en Vigo, a finais dos anos 70. É un dos pioneiros na cidade, pero xa había quen a practicaba nos anos 40.

Do 27 setembro ao 1 outubro 01.10.2021

Palcos da Música. En Galicia temos moitos, algúns ínfimos e peculiares como o de Chandebrito. Un arquitecto e un músico que andan ó rescate deles, documentando os que sobreviven en https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/ As historias tocando neles darían para un libro interminable… Peripecias José, as do director emérito da banda de Valladares. Mais de 50 anos tocando neles.

Do 20 ao 24 de setembro 24.09.2021

Van un par de historias bonitas. A dun pioneiro no mundo do surf. Aitor Francesena ‘Gallo’, que vai estar en Patos esta finde nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional). Coñecemos as presas de regadío que están a poñer en valor na Comunidade De Montes de Coruxo, refuxio natural de moitos anfibios.

Do 13 ao 17 setembro 17.09.2021

-vermú Povarelo -sidra de Bembrive -carreiras de obstáculos

Do 6 ao 10 setembro 09.09.2021

Aguacates, non sabemos por que van tan caros... así que preguntámoslle a Dani, o dono de Frutas Araujo en Balaídos. E conversa co "enxeñeiro musical" Pulpiño Viascón sobre a súa organeta, coa que vai pasear esta fin de semana polo salgueiral de Valladares.

Do 30 agosto ao 3 setembro 03.09.2021

A Senda do Moucho deu unha volta connosco polo regato da Senra. Desfrutádea tamén vós.

Do 23 ao 27 agosto 27.08.2021

Marchamos cara a As Neves coñecer o seu producto estrela, o requeixo, mmmm! E achegámonos ó Bioga Galicia, que agrupa a 70 empresas de biotecnoloxía.

Do 16 ao 20 agosto 19.08.2021

Conversamos co vigués Nico Rodríguez que ven de acadar a medalla de bronce nos xogos olímpicos en vela 470, co seu compañeiro Jordi Xammar. E cos Quinquilláns, que fan visitas teatralizadas en diversos puntos de Galicia.

Do 9 ao 13 agosto 13.08.2021

Un café co barista Marcos González, o da súa propia marca Root Café, e unha conversa con Paco Boluda sobre os galaicos.

Do 2 ao 6 de agosto 06.08.2021

Escoitamos “Peixe”, o disco de Xisco Feijóo. E descubrimos o mosaico romano de Panxó. Hoxe está en Nova York, de onde agarda recuperalo a asociación pola súa repatriación.

Do 26 ao 30 de xullo 30.07.2021

Este domingo 1 de agosto será o Lughnasadh. Que é? Mellor que nolo explique Manuel Santos-Estévez, un dos arqueólogos que traballou no castro do facho de Donón. Dos contos que circulan polo camiño a Compostela conversamos con Pep Bruno. Mil anos de contos: os bos sobrevivían, os malos... morrían de fame. Con el descubrimos ós xograres de boca. Nalgúns lugares da peregrinaxe tiñan ata 3 “contratado...

Do 19 ao 23 xullo 23.07.2021

Co gallo do 50 aniversario do Teleclube de Valladares imos dar unha volta pola nosa historia. Falamos do pasado. Dende Instituto de Estudios Vigueses cóntannos o que había ata a chegada dos teleclubes. Os primeiros na cidade foron o de Coruxo e o de Valladares. Conversamos cos pioneiros.

Do 12 ao 16 de xullo 14.07.2021

Os novos usos do monte ás veces son os máis tradicionais. Nos Ancares saben diso como demostran proxectos como A Carqueixa, que coa súa gandeiría case que heróica, están devolvendo a vida á contorna. Dende Waterpolo RCN Vigo teñen moito que contar. O proxecto de reflotalo neste clube comezou hai 10 anos… e vai dando xa froitos: O equipo senior masculino ven de gañar a liga autonómica e quedar sépt...

Do 5 ao 9 de xullo 09.07.2021

Paramos en Galifresh, a ver en que andan metidos. Unha papilla de brécol, berza e grelos que axuda ós maiores de 70 anos a mellorar o tránsito intestinal. Novas propostas de materiais cos que vestirnos… a partir de redes de pesca. Conversamos coa Cooperativa de Armadores. Jorge Romón é o xefe de proxectos e adentrános no mundo da pesca: medioambiental, social e económico.

Do 28 xuño ao 2 xullo 02.07.2021

Xacobeo 2021-22 A meta é Compostela cunha catedral que quedou ben aqueladiña despois de moitos anos de traballo de ferreiros e canteiros, entre outros. A pedra luce de novo gracias ós canteiros de Renovatio SL Sabíades que son de Vigo? Inda que Santiago é o epicentro, en Galicia temos moito mais patrimonio. Da súa situación conversaremos coa Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego.

Do 21 ao 25 xuño 25.06.2021

Dende Allariz, Asociación ANDREA traballa na conservación dos burros cos que tamén fan terapia os enfermos de Alzheimer. Chegou o verán, as vacacións… que plans tendes? Falamos de propostas de ocio, pero activo conTerritorio Comanche… vai por diante un verán cheo de propostas interesantes!

Listen to the ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.