Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Do 22 ao 26 de agosto 26.08.2022 50:33
Rescatamos para o resumo a conversa con Loreto Pérez Román, xuiza de atletismo internacional.
Do 17 ao 19 agosto 19.08.2022 59:23
Nesta semana de especiais tirados de arquivo, vai un par de conversas da semana pasada. A proposta Vincios Verde Cultural e mais historia do Pedramola en Vinos.
Do 08 ao 12 agosto 12.08.2022 58:15
A regueifa, a improvisación, deste e doutro lado do Atlántico. Recuperamos a conversa co payador Wilson Salywonczyk.
Do 1 ao 5 agosto 05.08.2022 59:59
Viaxes e música para a fin de semana. Recuperamos as conversas con Dani Keral sobre o seu blogue Un Viaje Creativo, e con Samuel Diz, director de Música no Claustro.
Do 11 a 14 xullo 14.07.2022 1:00:38
Lembramos a conversa sobre a Copa do Mundo de Triatlón que se vai celebrar en Pontevedra. E ademáis subiremos a bordo do Ramón Margalef, que está na campaña SCAN IV de observación de cetáceos.
Do 4 ao 8 de xullo 08.07.2022 58:39
No #EspertaResumo unha historia curiosa. Falamos co grupo Bajo+6, pero tamén de como chegamos a eles.
Do 27 xuño ao 1 xullo 01.07.2022 59:02
Resumo dunha semana completiña, coma todas. Revisamos o urbanismo da N-550 da man dun grupo de arquitectos. Lembraremos a conversa coa xente de Hera Cider e proposta turística… ou lectora, ‘Hotel Roma’, de Fernando Lillo.
Do 20 ao 23 xuño 23.06.2022 59:12
20 anos non son nada! Que llo digan o P.N. Illas Atlánticas. O seguinte paso, ser Reserva da Biosfera, pero iso non, que os humanos teríamos o paso limitadísimo. Ademáis, conversa con xente que sabe moito de herbas mediciñais e de rituais do lume no San Xoán. Así vai o resumo desta semaniña.
Do 13 ao 17 xuño 17.06.2022 58:33
No resumo desta semana lembramos a conversa con Agrae sobre os beneficios que aporta aos cultivos o polvo sahariano e damos unha volta pola Ribeira Sacra, coa súa Casa-Museo do Chocolate e a necrópole de San Vítor de Barxacova.
Do 6 ao 10 xuño 10.06.2022 1:01:01
Resumiño da semana para amenizar esta mañá de domingo. Percorrer a Nacional VI en modo slowly, como se fósemos pola ruta 66. E descubrir cousas do oso pardo, que anda xa en Galicia por mais lugares que o Courel.
Do 30 maio ao 3 xuño 03.06.2022 54:23
Para o resumo desta semana quedamos coa conversa con Rosa Silveiro, presidenta do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía, en República Dominicana. E non hai moito máis que engadir!
Do 23 ao 27 maio 27.05.2022 56:53
Na escolla desta semana quedamos coa conversa coa xente de Troula, que celebran 20 anos, e a historia do Grupo Dacunha, panadería en Carral, que loita por recuperar variedades de trigo e millo do país.
Do 16 ao 20 de maio 20.05.2022 58:45
O órgano de San Clara en Pontevedra volveu á vida nun concerto da Orquesta Clásica de Vigo o día das Letras Galegas. Ademáis, neste resumo dominguero, daremos unha volta pola tempada do Valladares (fútbol, claro ). Por certo, esta tarde na Gándara homenaxe á dous xogadores que levan no clube dende cativos.
Do 9 ao 13 maio 13.05.2022 57:14
Paramos nunha fragua para coñecer como o ferro se transforma en arte. A Copa de España de ciclismo pasa este domingo por estes montes metropolitanos.
Do 2 ao 8 de maio 06.05.2022 1:01:35
Gaita e tamboril para p resumo da semana. O punteiro medieval que descubriu Pablo Carpintero. E as pandeiretas que fai Miguel Rivas no seu taller de Cabral.
Do 25 ao 29 abril 29.04.2022 59:13
Podedes acompañar o brunch con este libriño 'O péndulo', que foi presentado na Mercería Pepa da Cañiza. Unha interesante viaxe á nosa memoria histórica. E de como resignificar eses espacios tamén escoitaredes a Julio Prada.
Do 18 ao 22 abril 22.04.2022 58:43
Dúas historias ben xeitosas: falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay e con investigadores da UVigo que atoparon fósiles de libélulas de fai 145 millóns de anos.
Do 10 ao 13 abril 17.04.2022 1:01:35
Resumo dos especiais desta Semana Santa: as xoias de Silvereira, talladas en madeira e inspiradas na tradición, e a moda feita en Galicia por Jorge Álvarez, deseñador de roupa e autor dos traxes que vestiron as Tanxugueiras no Benidorm Fest.
Do 4 ao 8 de abril 08.04.2022 58:17
Aínda que esquivemos a nova, a guerra de Ucrania é unha realidade que está a traer a Galicia mulleres e nenos que precisan, ademais de acubillo, apoio psicolóxico. O proxecto Rosalía trata de acompañalos no seu proceso de adaptación. E coñecemos o traballo dos afinadores de piano falando con Antonio, o que se encarga do Centro Cultural e outros moitos.
Do 29 marzo ao 1 de abril 01.04.2022 57:31
Viravolta Cocina Retornada presentou unha nova mostaza, con sementes de grelo. E xa que estamos en tempo de lampreas imos dar unha volta ata a Herbón con Minia Del Rio.
Do 21 ao 25 marzo 25.03.2022 1:00:30
Mañá de domingo lembrando algunhas das conversas desta semana. A que mantivemos con Carlos Blanco, a piques de estrear nova obra de teatro. A charla con Pedro Rodríguez, e a súa experiencia como xogador de balonmano en Hungría. E Javier Romero, o escritor de Marea Negra.
Do 14 ao 18 de marzo 18.03.2022 1:02:38
Historias, das que lle pasan á xente e das que contan os obxectos. Como resumo desta pasada semana escoitaremos a conversa con Héctor Salvador e o traballo de recuperación dos timbais da antiga Banda de Música de Vigo.
Do 4 ao 11 de marzo 11.03.2022 1:01:13
Mañá de domingo… un café e a radio de fondo. No resumo deixámosvos a conversa que mantivemos coa Hazienda de Ferrero, sobre o mundo das pitayas. Tamén a charla con Martín Camiña, co que falamos de “Lingua do País”, o seu espectáculo de maxia. E o repaso á oleiría galega da man da exposición que organizou Anxo Lemos e aínda podemos visitar en Baiona.
Do 20 ao 24 decembro 24.12.2021 1:00:07
-Nadaliñas co cantautor ouresán Emilio Rúa. -A San Silvestre mais silvestre en Pontevedra. -King Kids, a banda xuvenil de Mos.
Do 13 ao 17 decembro 17.12.2021 57:29
Xente! A que vive esta tradición das rondallas intensamente en Valladares. E a que organiza o Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán).
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.