Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Do 29 maio ao 2 xuño 2023 02.06.2023 1:00:04
Escoitamos a un peregrino da parroquia recén chegado do camiño francés e coñecemos a guía ‘Santiago para picheleiros’. Ademais, unha ruta pola Costa da Vela facendo coastering. #resumoesperta
Do 22 ao 26 maio 2023 26.05.2023 59:06
Alá vai o Rally Rías Baixas. 'Os pilotos bos teñen os mosquitos pegados nas ventanillas laterales', Walter Röhrl. Isto no #resumo, xunto coa conversa dos distintos pans no mundo.
Do 15 ao 19 maio 2023 19.05.2023 1:02:42
Neste #resumo, imos ata Ribadeo coñecer un galeón español da Armada Invencible. E un proxecto para camiñar un chisco fora das rutas de peregrinación, RurAllure.
Do 8 ao 12 maio 2023 12.05.2023 58:27
Bo domingo! Neste #resumoesperta. Traemos o concurso internacional de piano de Vigo. E logo un clásico motero, os bocatas no Paparra. E como plan movido, kitesurf na enseada de Cesantes
Do 1 ao 5 maio 2023 05.05.2023 59:27
Vai proposta dominguera para este #resumoesperta. Ximnasio para o cerebro, divertido! O libro ‘Dibujo, luego pienso’ de Javirroyo. E visita á Galería Maraca.
Do 24 ao 28 abril 2023 28.04.2023 57:34
Un par de excursións para este domingo #resumoesperta. A botica de Doade en Beariz, e a fortaleza milenaria do Galiñeiro.
Do 17 ao 21 abril 2023 21.04.2023 58:37
Conversas de vagar para este domingo. A do canteiro Xabi Garrido, que nos atendeu cunha cerveciña mirando o mar de Oia. Ese mesmo mar inspirou o poemario de Feliciano Rolán, veciño da Guardia.
Do 12 ao 14 abril 2023 14.04.2023 59:40
Por se non chegástedes ós directos, vai o primeiro #resumoesperta da tempada. Unha de deportes, horseball. E unha de historias vitais, a vida dos afganos en España. https://www.youtube.com/watch?v=0fQFb0AMrH8&feature=youtu.be
Do 19 ao 23 decembro 23.12.2022 54:46
Neste domingo de nadal, van un par de conversas xeitosas. A que tivemos co arqueiro Miguel Alvariño e mais o ‘mini concerto’ con Caruncho.
Do 12 ao 16 decembro 15.12.2022 1:01:26
Quedamos na casa este domingo pola mañá para escoitar as historias do #resumoesperta. As que traen ‘os forestales’, a xente que se está a formar como brigada dos montes na mancomunidade e mais a do torneo de xadrez que ten lugar no pavillón de Valladares.
Do 5 ao 9 decembro 08.12.2022 49:47
Lembramos conversas de hai un tempo atrás neste #resumoesperta. As traiñas de Tirán e mais a visita de Sara, clown peruana.
Do 28 novembro ao 2 decembro 02.12.2022 58:48
Unha estupenda conversa para este domingo co neurocientífico Carlos Spuch. #resumoesperta
Do 21 ao 25 novembro 25.11.2022 59:43
Conversas con proxectos locais… novos, como o proxecto Vikensen artesanía en madeira, e de toda a vida como o viveiro de pescados e mariscos López Novóa. #resumoesperta
Do 14 ao 18 novembro 18.11.2022 57:53
#resumoesperta escoitando ao arquitecto César Portela, un paseo polos escaparates de Pontevedra coa Asociación Sete Espadelas, e propostas de agasallos para o Nadal, calcetíns de SomosOcéano.
Do 7 ao 11 de novembro 11.11.2022 1:00:18
Un paseíño guiado con Guido Álvarez, @guidoguia, e a conversa con Héctor Salvador, que estivo en Vigo na Semana de Cine Submarino, no #resumoesperta
Do 2 ao 4 novembro 04.11.2022 1:01:27
Murolo Foods e os Bolechas neste #resumoesperta. Pasta italiana con espíritu galego… o mesmo que levan os seis irmáns deseñados por Pepe Carreiro.
Do 24 ao 28 outubro 28.10.2022 57:22
Neste domingo, un agasallo musical! El hechizo de Nora, versións rock-pop dos 80. E unha de historias de cementerios bonitos, que os hai ben chulos.
Do 17 ao 21 outubro 21.10.2022 59:49
Hai momentos que son únicos neste ‘tenderete da radio’. Chegaron ata nós un par de curas obreros e o director do documental sobre 'La cárcel de los curas', en Zamora e vai, e non caen as capas da rondalla…?!?!
Do 10 ao 14 outubro 14.10.2022 1:01:06
Apetece unha ruta polos pazos galegos? Ímonos coa historiadora Beatriz Liz de Cea.
Do 3 ao 7outubro 07.10.2022 1:07:55
Domingo pola mañá, conversa para o ‘brunch’ con Engra, de como foron cociñando o seu disco. #resumoesperta
Do 26 ao 30 setembro 30.09.2022 58:39
Botámonos ó monte. Paseiño polo Courel con Guillermo Pardavila e o Proxecto Cuco.
Do 19 ao 23 setembro 23.09.2022 57:18
Unha conversa pausada con alguén que habitualmente vai rápido. Moncho Seoane, copiloto de rallys.
Do 12 ao 16 setembro 16.09.2022 58:54
Na escolma desta semana vai a conversa con Santiago Bonay sobre o barallete. E tamén Son galego, son cubano, o disco de Roi Casal con letras de Neira Vilas sobre a emigración.
Do 5 ao 9 setembro 09.09.2022 58:37
50 anos de teatro Escoitade, unha tertulia divertida para resumir esta semana.
Do 29 agosto ao 2 setembro 02.09.2022 58:26
Para o resumo conversas con apaixonados do seu traballo. David Russell, que percorre o mundo coa súa guitarra, e Alfonso Iglesias, xerente de Melsacra.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.